Operación mundo: Ciencias Sociais 3º Primaria (demo)

Page 1

DEMO

INCLÚE

C

EN

lic

ia

PRIMARIA

E

ZA 12 MES

Ga

3

S

LI

PROXECTO DIXITAL

Ciencias

Sociais a ria ate rarse io, m o a d Est incorp o Me d a erí rco nto pod ceme vo ma mico o nó ñe Co se o n auto era. o c ativ stable m r no sí o e a

a

ic ón

r pe

O u

o d n

m


Que imos aprender?

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVO EN ACCIÓN

PÁX.

1 2

C omo encontrar lugares

Gardiáns de paisaxes

8

Situación de aprendizaxe. Unha emerxencia sanitaria no fogar que require atención médica e traslado ao hospital en ambulancia relaciónase cos planos e o GPS. Obxectivo en acción. Realizamos un plano que localice os centros de saúde da localidade.

26

Situación de aprendizaxe. A degradación das paisaxes naturais pola intervención humana e a súa repercusión nos seres vivos que as habitan. Obxectivo en acción. Elaboramos propostas para gozar das paisaxes de forma sostible, sen danalas.

REPASO TRIMESTRE 1

3 4

Podemos redeseñar a cidade?

Queremos cambiar de vida?

50

Situación de aprendizaxe. Descrición da cidade verde de Vitoria-Gasteiz como modelo de cidade sostible. Obxectivo en acción. Elaboramos propostas que defendan e apoien a creación de cidades máis seguras e sostibles.

70

Situación de aprendizaxe. Unha nova nadadora siria, Yusra, abandona o seu país fuxindo da guerra, reiniciando a súa vida en Grecia, onde forma parte do equipo olímpico. Obxectivo en acción. Redactamos normas ou leis que protexan a todas as persoas que forman parte da nosa sociedade.

REPASO TRIMESTRE 2

5 6

A voltas coa historia

A historia ten idades!

AR

ISCIPLIN

INTERD

86

Situación de aprendizaxe. Exponse a interacción que tiveron os seres humanos coa natureza ao longo da historia e a necesidade de reducir o consumo de recursos naturais na actualidade. Obxectivo en acción. Presentamos alternativas respectuosas co medio para reducir o consumo de recursos naturais, substituíndo os materiais que utilizamos.

98

Situación de aprendizaxe. Un experimento social para demostrar a invisibilidade da pobreza na sociedade actual. Obxectivo en acción. Actuamos contra a pobreza realizando pequenas accións no noso día a día que melloren a vida das persoas máis desfavorecidas.

REPASO TRIMESTRE 3

ODS


SABERES PARA APRENDER, APLICAR E INVESTIGAR

• • • • •

O noso planeta móvese! Representamos o planeta azul Como chego a calquera sitio? Que hai ao meu arredor? Como podo orientarme?

• Que entendemos por paisaxes? • Que diferenzas atopamos entre as paisaxes que están preto e lonxe do mar? • Como son as paisaxes no interior de España? • Como é o relevo das costas e as illas españolas? • Por que a nosa comunidade é especial?

Actividades para traballar competencias • Un mapa que representa a sanidade no planeta • Onde está o hospital? • Dentro do hospital

• Que impacto temos as persoas nas paisaxes? Actividades para traballar competencias • Como é o meu ámbito? • Gozar sen danar • O volcán diferéncianos • Salvemos o lince

PROXECTO INTERDISCIPLINAR · Aproveitamos ou desperdiciamos alimentos?: Eu reutilizo

• • • • • •

Que é unha localidade? Que nos atopamos nunha localidade? Como conseguimos unha boa convivencia na localidade? Quen dirixe e axuda no mantemento dunha localidade? Onde se sitúan as localidades? Que sabes da comunidade?

Actividades para traballar competencias • Diferenzas entre vila, aldea e cidade? • Elementos para unha localidade sostible • Que normas porías na túa localidade? • Podemos axudar á localidade? • O referendo de 1978 • Pagamos con euros!

• • • •

Recoñece os distintos grupos de poboación Por que aumenta ou diminúe a poboación? A poboación de España foi sempre igual? Quen forma a poboación de Galicia?

Actividades para traballar competencias • Recoñeces os distintos grupos de poboación? • Como contribuír a que a poboación cambie? • Algunhas persoas saen de España e outras chegan • Por que tes que vir a vivir a Galicia?

PROXECTO INTERDISCIPLINAR · Protexemos a vida submarina: Augas do mundo

• • • •

Como pasa o tempo! En que idade estamos? Coñecemos o pasado a través dos seus restos Conservamos e compartimos o noso pasado

Actividades para traballar competencias • Identifica as diferenzas • Xogo de rapidez

• • • • • •

Como viviamos ao principio dos tempos? Que cambiou a escritura? Cristianismo e islam Cantos descubrimentos! E nos últimos anos... E en Galicia, ¿qué aconteceu?

Actividades para traballar competencias • Sempre convivimos en sociedade • A riqueza e a pobreza. Existe termo medio? • As necesidades básicas • Reducir a pobreza mellora a convivencia? • Que podes facer ti contra a pobreza?

PROXECTO INTERDISCIPLINAR · O que o tempo nos deixou: Visitamos?


2

Gardiáns de paisaxes

A noso arredor vemos constantemente diferentes paisaxes, como praias, bosques, vales ou desertos, nas que conviven todo tipo de seres vivos.

En moitas ocasións, as nosas paisaxes sofren as consecuencias do mal uso que as persoas facemos delas: incendios provocados por descoidos, abandono de lixo e residuos, redución de zonas naturais para construír edificios turísticos, etc. Todas estas intervencións humanas no medio natural repercuten nos seres vivos e poden chegar mesmo a provocar a extinción de moitas especies.

Como o ves? Cres que podemos evitar que as paisaxes se estraguen? Como poderiamos deter a desaparición de animais e plantas das nosas paisaxes?

Para esta unidade...

O dato Os bosques albergan 8 de cada 10 especies de animais e plantas do planeta, que son fundamentais na calidade do aire.

Obxectivo en acción Fai propostas para gozar das nosas paisaxes locais de forma sostible que poidan presentarse no concello da túa localidade.

As paisaxes

Sigue o fío!

26

1 Que entendemos por paisaxes?

As paisaxes de interior e de costa

2 Que diferenzas atopamos entre as paisaxes que están preto e lonxe do mar?


15

O relevo de interior en España

O relevo de costa en España

O relevo de Galicia

Coidamos as paisaxes

3

4

5

6

Como son as paisaxes no interior de España?

Como é o relevo das costas e illas españolas?

Por que a nosa comunidade é especial?

Que impacto temos as persoas nas paisaxes?

27


1 Que entendemos por paisaxes? Sabes que causas poden provocar a transformación das paisaxes do teu arredor?

Que é e como pode cambiar unha paisaxe? Unha paisaxe é unha grande extensión de terreo que pode observarse desde un lugar determinado.

«Cóntocho nun momento», en anayaeducacion.es encontrarás un resumo da unidade.

As paisaxes cambian co paso do tempo, debido a dous tipos de causas: naturais e artificiais. Causas naturais, provocadas pola natureza

28

Terremotos.

Erupcións volcánicas.

Secas prolongadas.

Erosión por vento, chuvia, xeo, etc.


U2

Causas artificiais, provocadas polas persoas

Construción de infraestruturas como estradas, vías de ferrocarril, pontes, etc.

Construción de edificios. Pode ser un só ou moitos, formando vilas ou cidades.

Instalación de muíños eólicos, presas, etc., para obter enerxía.

Deforestación ou talla masiva de árbores nos bosques para cultivar a terra.

1 Que causas humanas poden modificar unha paisaxe?

Cando elixas a paisaxe, busca outra fotografía desa mesma paisaxe hai 50 anos. Observas diferenzas?

2

Busca información acerca das paisaxes que hai ao teu arredor e elixe unha fotografía actual da que máis che guste.

Coméntaas cun compañeiro ou compañeira.

29


2 Que entendemos por paisaxes?

Como se clasifican as paisaxes? Podemos clasificar as paisaxes de diferentes formas: Segundo fosen modificadas ou non polas persoas, as paisaxes poden ser naturais ou artificiais. Para saber se unha paisaxe é natural ou artificial, debemos fixarnos nos elementos que a compoñen.

As paisaxes naturais Son aquelas que non foron modificadas polas persoas.

Os elementos naturais dunha paisaxe son aqueles que non foron creados polas persoas, como a vexetación ou flora, a fauna, a auga (ríos, mares, lagos...) ou o relevo (montañas, vales, etc.).

As paisaxes artificiais Son aquelas que foron modificadas polas persoas.

Os elementos artificiais du­ nha paisaxe son aqueles crea­ dos polas persoas, como os edificios, as estradas, pontes e túneles, zonas de cultivo, etc.

30


U2

Segundo a súa proximidade a un mar ou a un océano, as paisaxes poden ser de interior ou de costa.

Paisaxe de interior

As paisaxes de interior

Relevo de montaña

Son aquelas que están lonxe do mar. Pódense distinguir nelas relevo de montaña e relevo de chaira.

As paisaxes de costa Son aquelas que están preto do mar. Pode ser unha costa alta ou unha costa baixa. • Na costa baixa, o terreo encóntrase ao mesmo nivel que o mar e fórmanse praias.

Relevo de chaira

• Na costa alta, o terreo encóntrase elevado por enriba do mar e fórmanse cantís.

3 Como podemos saber se unha paisaxe é natural ou artificial?

Paisaxe de costa Costa alta

4 Mira as imaxes e resolve as cuestións. A

B

Costa baixa

• Fai unha lista dos elementos naturais e artificiais que observas na paisaxe da imaxe A. • Como cres que terá afectado a construción de casas na imaxe B á fauna da zona?

Toma nota! Máis da metade do territorio do noso país encóntrase en risco de desertización a causa do cambio climático! Isto supoñería a perda de decenas de especies. 31


2 Que diferenzas hai entre as paisaxes que están preto e lonxe do mar? Como se chaman as formas que adquire o terreo ao noso arredor?

Que é o relevo? O relevo é o conxunto das diferentes formas do terreo. Estas formas do relevo son diferentes se a paisaxe é de costa ou de interior.

As paisaxes de costa Dentro da paisaxe de costa podemos encontrar as seguintes formas do relevo: cabos, penínsulas, golfos, baías, illas e arquipélagos.

Arquipélago. Conxunto de illas próximas entre si.

Illa. Superficie de terra rodeada de auga por todas as partes.

32


U2

Cabo. Parte de terra que se interna no mar.

Baía. Forma similar ao golfo, pero máis pequena.

Golfo. Grande entrada da auga na terra con forma de media lúa.

Península. Superficie de terra rodeada de auga por todas as partes menos por unha chamada istmo.

Istmo

33


2 Que diferenzas encontramos entre as paisaxes que están preto e lonxe do mar?

As paisaxes de interior O relevo das paisaxes de interior pode ser de montaña ou de chaira.

Relevo de montaña As principais formas de relevo das paisaxes de montaña son os outeiros, as montañas, as serras, as cordilleiras e os vales.

Relevo de chaira As principais formas de relevo das paisaxes de chaira son as chairas, as mesetas e as depresións. Montaña. Grande elevación do terreo. Ten tres partes: Cume

Cordilleira. Conxunto de serras aliñadas.

Faldra ou aba

Serra. Conxunto de montañas aliñadas.

Outeiro. Terreo elevado, de menor altura que a montaña, e con forma redondeada.

Val. Terreo máis ou menos chairo, situado entre montañas, polo que normalmente discorre un río.

34


U2

1 Que diferenza hai entre o relevo dunha paisaxe de interior e o dunha paisaxe de costa? 2 Fai no teu caderno un debuxo onde aparezan as distintas formas do relevo das paisaxes de interior. 3

Busca información sobre as diferentes formas que hai de chamar aos outeiros e anótaas no teu caderno. Coñecías algunha delas?

4 Clasifica estas formas do relevo segundo sexan de costa ou de interior: península – cordilleira – depresión – val – baía outeiro – arquipélago – golfo – cantil – meseta Paisaxe de costa

Paisaxe de interior

?

?

Meseta. Extensión chaira elevada.

Como é o meu ámbito? Busca información para contestar estas preguntas relacionadas coa túa localidade. • Encóntrase nunha paisaxe de interior ou de costa? • Que especies de animais habitan alí? • Que especies de plantas son características? • Que medidas tomarías para protexer esa paisaxe?

Para entender mellor as formas do relevo, observa o vídeo dun paseo en globo en anayaeducacion.es.

Chaira. Gran superficie plana de terreo.

Toma nota! Depresión. Chaira situada por debaixo do terreo que a rodea.

Dentro das paisaxes de España podemos atopar máis de 50 000 especies animais e 10 000 especies de plantas diferentes. 35


3 Como son as paisaxes no interior de España? Sabes por que España ten unha biodiversidade tan grande? Unha das claves é o relevo. EUROPA

O relevo interior de España é moi diverso. Está formado por unha meseta central, catro sistemas montañosos que a bordean, cinco sistemas montañosos exteriores e dúas depresións.

ÁFRICA Ecu

M a r

c ai izo co

A maior parte do territorio español forma parte da Península Ibérica. –G ran parte da Península está ocupada pola Meseta Central.

a M l a G

–O Sistema Central divide a Meseta en dúas partes: Submeseta Norte e Submeseta Sur.

CORDILLEIRA CANTÁBRICA o e MeL d

MESETA

R n

IC O

S UBM E S E T A S UR

s de Toledo Monte

CEN T R AL R R A S E

E N A M O R ir uiv

alq uad G RA o I d n LE sió e L r p I De D

C 200 km

ÉR

P O R T U G A L

A

IB

CE

A

SISTEMA

R NT

do

M

Bordeando a Meseta encontrámonos os Montes de León, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e Serra Morena.

36

IS

I

E

Sistemas que bordean a Meseta

100

Montes Vascos P D ep re S s

SUB MES ETA NOR TE L

OC ÉA NO AT L Á N T I C O

0

r

T

–D entro da Meseta, sitúanse tamén os Montes de Toledo.

Altitude (m) 3 500 2 000 1 500 1 000 700 400 0

ado

C a n t á b r i c o

nt e ón s

A Meseta

ASIA

O

R

CORDILLEIRA

CA TI É BB SU

I PEN

M

BÉT

ICA

a

M r


U2

Gozar sen danar Unha das estacións de esquí máis importantes de España é a de Serra Nevada, na cordilleira Penibética. Esta paraxe natural foi modificada polo ser humano ao establecer alí unha atracción turística e deportiva. Reflexionade en grupo sobre as consecuencias para a fauna e a flora deste lugar.

1 Adiviña a forma do relevo da que se fala. As pistas poden axudarte, ordénaas. • Separan España de Francia. (NEPEOSRI). • Sistema que divide a meseta central en dúas partes. (TEMASIS TRALCEN). • Sistema montañoso que bordea polo sur a Meseta. (RRASE NAREMO). 2 Nomea os sistemas montañosos exteriores á Meseta. 3 Analiza o mapa e di entre que sistemas montañosos se encontran as depresións do Ebro e do Guadalquivir.

F R A N C I A

4

Investiga cal é o punto máis alto da Península Ibérica. En que sistema montañoso se encontra? É o punto máis alto de España?

5

Axúdate do mapa do relevo de España e describe a un compañeiro ou compañeira unha forma do relevo que elixas para que a outra persoa a adiviñe. Podes usar pistas do tipo «está ao norte/sur/leste/oeste de...», «está entre ..... e .....», etc.

ANDORRA

E

E

ra lei

ro

O

S

a te i r s o C

Co rd il

Eb

N

e

d

i

t

e

Ca

t

à al

Depresións Fóra da Meseta atopamos a depresión do Ebro e a depresión do Guadalquivir.

o e á n r r

Sistemas exteriores Fóra da Meseta sitúanse outros sistemas montañosos: o Macizo Galaico, os Montes Vascos, os Pireneos, que separan a Península de Francia, a Cordilleira Costeira Catalá e os sistemas Béticos, formados polas cordilleiras Subbética e Penibética.

6 Os esquíos son animais que podemos atopar por toda a Península. Prefiren vivir en bosques, polo que podemos encontralos na zona norte coñecida como a España verde. De momento non se considera unha especie en perigo, pero a súa supervivencia podería verse ameazada se non se toman precaucións. Se un esquío quixese viaxar desde o Macizo Galaico ata os Pireneos, por que sistemas montañosos tería que pasar?

Toma nota! Os bosques son os ecosistemas peor conservados de España. Se seguimos así, a finais de século apenas quedará algún nos Pireneos. 37


4 Como é o relevo das costas e illas españolas? Por que hai persoas que prefiren ir ás praias dunha zona antes que a outras? Non todas as costas de España son iguais. E ti, con cal quedas?

O volcán diferéncianos As Illas Canarias son de orixe volcánica. Isto fai que a súa flora e a súa fauna sexan diferentes ás do resto de España. Busca información e elabora unha lista de catro especies animais e catro vexetais e os posibles danos que poderían sufrir pola acción humana.

As costas da Península A Península Ibérica está bañada polo mar Cantábrico, o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. As costas reciben diferentes nomes segundo o lugar no que se encontren e presentan características distintas. As costas atlántica galega, cantábrica e mediterránea do leste en Cataluña son altas, rochosas e acantiladas.

Mar Cantábrico Cabo Ortegal

Cabo de Peñas

Cabo de Ajo

0

Cabo Matxitxako

100

200

300 km

FRANCIA

Cabo Fisterra

ANDORRA

Cabo de Creus Golfo de Roses

Costa atlántica Cantábrica Atlántica galega Atlántica andaluza

Costa mediterránea

OCÉANO

Mar Menor Cabo de Palos

Golfo de Cádiz

Cabo de Gata

r

Cabo de Trafalgar

o

Estreit

ralta de Xib

Golfo de Almería

Ceuta

Melilla

38

d

e

neo

Cabo de La Nau

ATLÁNTICO

A costa atlántica andaluza é baixa, chaira e areenta.

e

Golfo de Valencia

it

á rr

M

Mediterránea do leste: catalá

Delta do Ebro

a

r

Mediterránea do leste: de levante

Golfo de Sant Jordi

P O R T U G A L

Mediterránea do sur

M

Na Rexión de Murcia e na Comunidade Valenciana, a costa mediterránea do leste é baixa, chaira e areenta.

A costa mediterránea andaluza alterna zonas chairas con zonas altas acantiladas.


U2

O relevo das illas A España pertencen dous arquipélagos: o balear, no mar Mediterráneo, e o canario, no océano Atlántico. Relevo das illas Baleares Menorca Puig Major 1445

Cabrera

Eivissa

M a r Formentera

0

o Mallorca

i t d M e

20

O arquipélago balear está composto polas illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera.

60

40

80

e

e

rra Se

na ta un am Tr

r

r

á

n

Destaca a Serra Tramuntana, en Mallorca.

Pico Altitude (m) 1 500 1 000 700 400 0

100 km

A maior parte das súas costas son altas, aínda que tamén son baixas nalgúns puntos.

Relevo das Illas Canarias Alegranza La Graciosa

O C É A N O Roque de los Muchachos 2426

A T L Á N T I C O

Lanzarote Lobos

La Palma

Pico

Tenerife

Fuerteventura

Teide 3 718

Gran Canaria La Gomera Pico de las Nieves 1949

El Hierro 0

20

40

60

80 100 km

1 Que mares e océanos bañan as costas da Península Ibérica? 2 Nomea as costas da Península Ibérica. 3 Que diferenzas encontras entre o arquipélago balear e o arquipélago canario?

Altitude (m) 4000 3500 2000 1500 1000 700 400 0

O arquipélago canario está composto polas illas de Gran Canaria, Lanzarote, Fuerteventura, Tenerife, La Gomera, El Hierro e La Palma. O relevo é moi montañoso, debido á súa orixe volcánica. O volcán Teide, en Tenerife, é o pico máis alto de España. As costas canarias son altas e acantiladas.

Toma nota! Durante os últimos 30 anos, moitos ecosistemas costeiros foron destruídos, diminuíndo a súa biodiversidade e os beneficios que reportan ao ser humano. 39


5

FALTA PÁGINA GALICIA

40


U2

FALTA PÁGINA GALICIA

41


6 Que impacto positivo teñen as persoas nas paisaxes? Que podemos facer para conservar os ecosistemas e a súa biodiversidade? As paisaxes non son só unha bonita estampa que fotografar. Nelas desenvólvese a vida dos seres vivos, incluído o ser humano. Non obstante, a miúdo as persoas realizamos actividades que as prexudican gravemente. Por iso, é importante levar a cabo pequenas accións que axuden a protexelas. Iso significa converternos en gardiáns e protectores de paisaxes. Algúns consellos que podemos seguir para conseguilo son:

42

Non malgastes a auga. Usa a auga que necesites, sen desperdiciala.

Pon en uso a regra das 3R: reducir, reutilizar e reciclar. Deste modo diminúense os residuos.

Separa o lixo para a súa posterior reciclaxe. Así dáselle unha segunda vida a un obxecto que xa non servía.

Aforra enerxía utilizando o máximo tempo posible a luz do sol para iluminarte.


U2

Respecta a natureza cando vaias de excursión ao campo. Non deixes ningún resto.

Ten coidado de non provocar incendios accidentais en zonas naturais.

Non botes produtos químicos polos desaugadoiros. Usa papeleiras e colectores especializados.

Utiliza o transporte público ou medios de transporte non contaminantes.

1 Elixe unha das 8 medidas mencionadas e explica a un compañeiro ou compañeira por que cres que é importante. 2

Pensa e engade dúas medidas máis á lista. Podes poñer as túas ideas en común co grupo.

3 Escribe unha historia na que unha paisaxe que che guste sufra un problema e haxa persoas que se encarguen de solucionalo. 4

Elixe unha paisaxe que che guste da túa localidade ou provincia. Busca información e escribe tres problemas causados polas persoas que estean a estragar esa paisaxe e propón unha solución a cada un.

Toma nota! O noso país desenvolveu unha serie de medidas para loitar contra a destrución de paisaxes e os seus ecosistemas. Unha delas é recuperar especies en perigo de extinción. 43


P O R TA F O L I O

Que aprendín? 1 Indica cales das seguintes causas de transformación da paisaxe son naturais e cales artificiais. Erupcións volcánicas

Secas e inundacións

Deforestación

Construcións

2 Que é o relevo? 3 Nomea os diferentes tipos de relevo que existen.

5 Copia e completa estas oracións sobre o relevo de montaña. a) No relevo de montaña podemos encontrar c..., m..., s..., c... e v... . b) As c... son un conxunto de serras que, á súa vez, son un conxunto de montañas. c) Os v... son terreos planos entre montañas por onde adoita discorrer un r... . 6 Nomea os sistemas montañosos do interior. 7 Encontra na sopa de letras os nomes destes accidentes xeográficos. • Cabos: Fisterra, Creus, Gata, Trafalgar, Palos, Peñas.

4 Observa as imaxes e escribe o nome da forma de relevo representada en cada unha delas.

• Golfos: Cádiz, Valencia, Almería.

8

A

B

R

A

S

P

E

N

S

A

M

E

A

Z

N

E

A

I

A

L

A

I

G

B

A

Ñ

I

E

L

C

P

A

L

O

S

A

C

V

M

S

I

X

A

X

X

S

N

A

E

C

X

L

F

I

S

T

E

R

R

A

R

G

A

T

A

I

L

I

I

D

N

C

R

E

U

S

A

Z

A

I

A

Z

T

B

L

A

V

O

Z

Z

En parellas, elaborade tarxetas cos accidentes xeográficos de España (unha por accidente). Logo, colocade as tarxetas boca abaixo. Por quendas, ide destapándoas e sinalando no mapa o que vos toque.

9 Propón unha solución para cada problema que as persoas causamos nas paisaxes. O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder

44


U2 TIVO OBXEC IÓN EN ACC Reflexiona, detecta causas e corrixe accións que degradan os nosos ecosistemas 1

Reflexiona sobre as posibles formas de gozar das paisaxes de forma sostible mediante a técnica da roda lóxica. Estas reflexións proporcionaranche ideas para considerar propostas que poidas presentar no teu concello para protexer e manter as paisaxes do teu ámbito.

Que é unha paisaxe? Como pode ser?

1 Que podemos facer para evitar a destrución das nosas paisaxes? Quen son os responsables?

4

Roda lóxica

2

Que cambios poden producirse nas paisaxes?

3 Por que as persoas estragamos as paisaxes? Que consecuencias ten iso?

Considera isto!

Como aprendín? 1 Aprendiches algo novo? Que imaxes recordas? Que che gustou máis do que aprendiches? Que utilidade ten o que aprendiches? En que che servirá na túa vida diaria? 2 Reflexiona sobre aquilo no que podes seguir mellorando en diante, amplía a reflexión cara ao que os teus compañeiros e compañeiras poden mellorar.

Cres que a cidadanía, cada persoa, é a principal responsable da destrución das paisaxes e os seus ecosistemas? Opinas que é importante tomar conciencia e tratar de protexer a biodiversidade do noso país? Que consecuencias negativas cres que podería ter o feito de que desaparecesen especies de animais e plantas?

45


5

A voltas coa historia

Dende a aparición dos primeiros seres humanos, hai máis de dous millóns de anos, as persoas interactuaron co medio ou a natureza que as rodea. Desgraciadamente, non sempre o fixeron correctamente e contribuíron, entre outras cousas, á contaminación ou á extinción de especies. Actualmente, cada vez máis persoas levan a cabo unha vida respectuosa coa natureza. Por exemplo, hai artistas que realizan as súas creacións con obxectos que encontran pola rúa, mesmo no lixo!

Como o ves? Cres que os teus antepasados usaban os mesmos materiais ca ti? Paréceche boa idea converter refugallos en obras de arte? ¿Por que? ¿Que cres que pasará se non cambiamos a nosa forma de vida?

O dato O papel tarda 3 meses en biodegradarse. Calcúlase que o plástico tarda entre 100 e 1 000 anos en facelo.

Para esta unidade...

Obxectivo en acción Para reducir o consumo de recursos naturais, podemos substituír os materiais que utilizamos por outros máis respectuosos co medio? Elabora un cartel ilustrado coas túas alternativas.

86

A historia e o paso do tempo. O tempo histórico

Sigue o fío!

1 Como pasa o tempo!


4

As idades da historia

As fontes históricas

Os museos e os monumentos

2

3

4

En que idade estamos?

Coñecemos o pasado a través dos seus restos

Conservamos e compartimos o noso pasado

87


1 Como pasa o tempo! Sabes como medir o tempo e situar feitos nos diferentes momentos da historia?

Que é a historia? A historia é a ciencia que estuda os acontecementos que ocorreron no pasado. Os máis importantes son feitos históricos. Por exemplo, o descubrimento de América, en 1492, é un feito histórico.

Como entendemos o paso do tempo? Para entender mellor o paso do tempo, situamos os acontecementos no pasado, no presente ou no futuro.

Explica que é un feito histórico e busca información sobre algún que encontres interesante. Infórmate tamén de como se chaman as persoas que estudan e escriben a historia.

2 Imaxina que podes viaxar no tempo. Irías ao pasado ou ao futuro? Que che gustaría facer ou coñecer? Cres que sería emocionante? Futuro

Presente

Pasado Representa os acontecementos qu e xa aconteceron.

1

Reflicte os feitos que están a acontecer neste momento.

Indica os acontecementos qu e aínda non acontecero n.

Identifica as diferenzas Observa estas imaxes do Coliseo de Roma e completa unha ficha resolvendo as cuestións formuladas.

Pasado

Presente

Vexo as diferenzas. Que diferenzas aprecias entre o pasado e o presente? Penso no futuro. Como pensas que podería ser no futuro? Antes e agora. Con que fin se construíu e o utilizaban as persoas no pasado?

88

Futuro

Para que cres que se utiliza agora? Imaxina para que se podería utilizar no futuro. Reflexiono e encontro as vantaxes. Por que cres que é importante a reutilización de materiais, obxectos, monumentos, etc.?


U5

Toma nota! O tempo histórico Para situar os momentos e os acontecementos do pasado no tempo histórico, usamos a datación, a través de diferentes unidades de medida do tempo. Para datar feitos recentes, utilizamos: días, semanas, meses e anos. • 1 semana = 7 días • 1 mes = 4 semanas • 1 ano = 12 meses Para datar feitos antigos, empregamos: lustros, décadas, séculos e milenios. • 1 lustro = 5 anos

• 1 século = 100 anos

• 1 década = 10 anos

• 1 milenio = 1 000 anos

Un antes e un despois Para medir o tempo histórico, na civilización occidental, tomamos como punto de referencia o nacemento de Cristo, que se considera o ano 1. Por iso, dise que os feitos aconteceron antes de Cristo (a. C.) ou despois de Cristo (d. C.). Antes de Cristo (a. C.)

Podemos utilizar diferentes unidades de datación para coñecer o tempo de descomposición de diferentes tipos de residuos.

3 Calcula cantos anos obterías ao sumar un ano, un lustro, unha década, un século e un milenio. 4 Cando cres que sucederon estes acontecementos, antes (a. C.) ou despois de Cristo (d. C.)? a) A existencia de dinosauros na Terra. b) A primeira viaxe á Lúa. c) A entrada de España na Unión Europea. d) As pinturas rupestres da cova de Altamira.

Despois de Cristo (d. C.)

Nacemento de Cristo

89


2 En que idade estamos? Liña do tempo

Por que dividimos a historia en diferentes idades?

As idades da historia Para estudar mellor a historia dividímola en cinco grandes períodos, chamados idades. PREHISTORIA

As idades da historia son a Prehistoria, a Idade Antiga, a Idade Media, a Idade Moderna e a Idade Contemporánea. Cada unha delas empeza e remata cun feito histórico. Para ordenalas, podemos usar unha liña do tempo.

2000000 a. C.

3000 a. C.

A Prehistoria comeza coa aparición dos primeiros seres humanos, hai máis de dous millóns de anos, e acaba coa invención da escritura, hai 5 000 anos.

A liña do tempo é un recurso gráfico que nos axuda a ordenar o que foi pasando ao longo da historia desde o máis antigo ao máis recente.

Xogo de rapidez En parellas, elaborade tarxetas que conteñan os feitos que marcan o principio e o final de cada idade e os nomes de cada idade da historia. Cando as teñades todas, xogade a poñelas en orde cronolóxica o máis rápido posible. Se tedes cronómetro podedes apuntar os tempos.

Caída do Imperio romano

Revolución Francesa

Prehistoria

Idade Antiga

Idade Contemporánea

Idade Moderna Descubrimento de América

Invención da escritura

Aparición dos primeiros seres humanos

Idade Media

Momento actual

90


U5

IDADE ANTIGA

IDADE MEDIA 476 d. C.

A Idade Antiga abrangue desde a invención da escritura ata a caída do Imperio romano no ano 476 d. C.

IDADE MODERNA 1492 d. C.

A Idade Media está comprendida entre a caída do Imperio romano e o descubrimento de América en 1492.

?

3

Presente

A Idade Contemporánea empeza coa Revolución Francesa e chega ata a actualidade. É a idade na que vivimos.

1 2 3 4 5 6 7 8

Hai máis de 2 millóns de anos.

2

1789 d. C.

A Idade Moderna comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución Francesa no ano 1789.

1 Elabora unha liña do tempo coas idades da historia, sinalando a data do comezo e do final de cada unha. Segue o exemplo: PREHISTORIA

IDADE CONTEMPORÁNEA

1 Idade

Busca información en internet e relaciona cada un destes descubrimentos e inventos coa idade da historia en que se produciu. • Imprenta

• Prehistoria

• Penicilina

• Idade Antiga

• Lume

• Idade Media

• Electricidade

• Idade Moderna

• Xeometría

• Idade Contemporánea

Copia o encrucillado nunha folla de cadros e complétao para descifrar a palabra secreta (columna azul). Cal é?

da historia na que apareceron as primeiras persoas.

2 Imperio

que rematou no ano 476 d. C.

3 Invención

que indica o principio da Idade Antiga.

4 Momento ata o que chega a Idade Con-

temporánea.

5 Idade

da historia que empeza co descubrimento de América.

6 Continente

descuberto a finais da Ida-

de Media.

7 Feito

final da Idade Moderna.

8 Idade

da historia situada entre a Idade Antiga e a Idade Moderna.

91


3 Coñecemos o pasado a través dos seus restos Imaxinas como podemos obter información das distintas épocas históricas?

Que son as fontes históricas?

«Cóntocho nun momento», en ana­ yaeducacion.es encontrarás un resumo da unidade.

As fontes escritas

As fontes históricas son elementos escritos, orais e gráficos e materiais que nos dan unha información importante sobre os feitos do pasado. As historiadoras e os historiadores utilizan estas fontes para analizar o pasado e explicar o que sucedeu. Poden ser de dous tipos: escritas e non escritas. Cartas

As fontes escritas Son aquelas que recollen os feitos históricos a través da escritura sobre distintos materiais.

Tipos de fontes escritas As máis comúns son: Prensa

• Cartas, memorias e diarios • Carteis

Libros

• Xornais • Documentos legais como tratados, contratos... • Libros • Inscricións en pedra, barro ou metal

As fontes non escritas

Inscricións

Son aquelas que plasman a historia sen facer uso da escritura.

Tipos de fontes non escritas As fontes non escritas poden ser materiais, gráficas ou orais. • Fontes materiais: moedas, ferramentas, edificios, esculturas, xoias, armas, vestidos, etc. • Fontes gráficas: mapas, fotografías, películas e pinturas. • Fontes orais: cancións, lendas e entrevistas.

92

Para entender mellor as fontes históricas, observa o vídeo «As fontes históricas» en anayaeducacion.es.


U5

As fontes non escritas

1 Explica a diferenza entre os dous tipos de fontes históricas. Pon dous exemplos.

Fontes materiais

2 Resolve estas adiviñas para descubrir que tipo de fonte histórica é: Armas

Saio cada día así que me chaman diario. Estou repleto de noticias, acontecementos e comentarios.

Moedas Ferramentas

De forma circular e feita de metal, con imaxes e letras para comprar vasme usar. Fontes gráficas

3

Que fontes históricas usarías para descubrir estas situacións do pasado? Comenta co resto da clase. • Ano en que comezou unha guerra. • Como evolucionou a vestimenta. • A ruta seguida por Cristóbal Colón cando descubriu América

Mapas

• As técnicas de caza que usaban os nosos antepasados para alimentarse.

Fotografías

Pinturas

4

Busca en internet e escribe o titular dunha noticia histórica da túa localidade, provincia ou comunidade autónoma. Despois, responde: Que tipo de fonte histórica usaches?

Toma nota!

Fontes orais Cancións

As fontes históricas deben ser conservadas e en ocasións reutilizadas. Por exemplo, hai construcións da Idade Media ou Moderna que na actualidade son hoteis. 93


4 Conservamos e compartimos o noso pasado A que edificios ou dependencias debemos acudir para coñecer obxectos, datos e feitos do pasado?

Os museos Os museos son os lugares onde se conservan e mostran os tesouros do noso pasado. Grazas a eles podemos coñecer o que fixeron os nosos antepasados, que forma parte do noso patrimonio cultural e histórico. Os museos poden ser de distintos tipos: de arte, históricos, arqueolóxicos, de ciencia e tecnoloxía, de historia natural, etc. Neles podes contemplar distintas exposicións de pinturas, esculturas, obxectos valiosos, artesanía...

1 Que son os museos? Visitaches algún? Narra a túa visita. 2 Que museo che gustaría visitar? Onde está e que expón? Explica por que che gustaría visitalo. 3 O museo de historia local encargouche que redactes normas sobre como comportarse nun museo, para incluílas no seu folleto de visitas escolares. Redáctaas.

Museo Nacional do Prado, Madrid

Os museos están organizados en salas, onde se expoñen coleccións de obras de arte ou obxectos históricos, clasificados por temática, época, país, etc.

Ademais de expoñer, os museos dedícanse a investigar, conservar e restaurar as obras ou obxectos que conteñen.

94


U5

Museo de Huelva

Os museos móstrannos a historia a través dos obxectos. Estes ás veces son moi fráxiles, por iso se expoñen en vitrinas.

Os obxectos que se exhiben nos museos teñen gran valor artístico, histórico e cultural, e axudan a difundir a historia da humanidade.

4 Reflexiona e comparte cos demais. • Por que cres que son importantes os museos? • Imaxina que ninguén se preocupase por estudar e conservar o legado dos nosos antepasados. Sería diferente o noso presente? Por que? 5

Busca en internet os museos da túa localidade ou da túa provincia. Elabora unha ficha de investigación como esta e compártea co resto da clase.

. Nome do museo: .... ..... Ano de fundación:

..... Que se expón nel? lan nel: ..... Persoas que trabal

6

O museo vivente da miña clase. En pequenos grupos, pensade un acontecemento importante que ocorrese en clase ao longo do curso. Ensaiade e representádeo na aula. Explicade que sucedeu e cando. Por que cres que é importante recordar ese momento? Como te sentes cando o recordas?

O obxectivo dos museos é a divulgación da cultura, a investigación e as actividades educativas.

Toma nota! Os museos tamén nos axudan a seguir aprendendo e a reflexionar sobre o noso estilo de vida. 95


4 Conservamos e compartimos o noso pasado

Os monumentos Chamamos monumentos ás obras arquitectónicas ou escultóricas que teñen un gran valor artístico ou histórico. Forman parte da historia dun lugar. En case todas as localidades encontramos monumentos: igrexas, castelos, pazos, torres, murallas, estatuas... Monumentos arquitectónicos

96

Sagrada Familia, Barcelona.

Praza de España, Sevilla.

Alcázar de Segovia.

Real Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.


U5

Monumentos escultóricos

Monumento ás Cortes de 1812, Cádiz.

Fonte de Cibeles, Madrid.

Transparente da catedral de Toledo.

Os emigrantes, Oleiros.

1 Reflexiona e comparte cos demais. • Viches algún monumento na túa localidade? Cal? Que simboliza? • Por que cres que son importantes os monumentos? 2

Busca en internet ou noutras fontes os monumentos da túa localidade ou a túa provincia. Elixe un deles e explica cando se realizou e cal é o seu significado.

3 Investiga e describe os monumentos escultóricos que ves nesta páxina completando o cadro. Monumento

Como é?

Para que serve?

Que simboliza?

?

?

?

?

?

?

?

?

97


P O R TA F O L I O

Que aprendín? 1 O paso do teu tempo. Escribe no teu caderno un acontecemento importante que forme parte do teu pasado, outro que se relacione co teu presente e un terceiro suceso que pensas que podería acontecer no teu futuro. 2 Ordena de maior a menor as seguintes unidades de tempo tendo en conta a súa duración. Lustro

Milenio Minuto

Hora

6 Poderías acudir a fontes escritas para buscar información sobre como foi a vida na Prehistoria? Por que? 7 Copia e completa a táboa e clasifica as seguintes fontes históricas:

libro – pintura – entrevista – xornal mapa – anel – vasilla – carta Fontes Escritas

?

Década

3 Pensa e reflexiona: Se o día seguinte ao 31 de decembro do ano 1 a. C. foi 1 de xaneiro do ano 1 d. C., onde está o ano cero? Poderíase relacionar con algún feito histórico? 4 Escribe diante e detrás de cada idade da historia os eventos que marcan o seu inicio e o seu final.

Fontes non escritas Orais

Gráficas

Materiais

?

?

?

8 Ordena as letras para encontrar tres fontes históricas: A O B O E R A a) L I _ R _ b) C _ D _ O c) M _ _ D _ 9 Que é un museo? E un monumento?

?

3 a. C.

2 a. C.

1 a. C.

Prehistoria

1 d. C

2 d. C

Idade Antiga

Idade Moderna

3 d. C

4 d. C

Idade Media

Idade Contemporánea

Comenta cun compañeiro ou compañeira: hai algo que vos chame a atención? 5 Busca información sobre a Prehistoria e enche unha ficha como esta no teu caderno:

a: Idade históric

se soubeches a resposta

Final: .....

se precisaches axuda

rimentos: .....

Algúns descub

s: ..... Algúns invento ..... Forma de vida:

98

–S e encontras un resto antigo debes... a) Avisar as autoridades. b) Quedar con el, así só poderei velo eu. c) Deixalo onde está. O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno:

Comezo: .....

Restos que se

10 Sinala a resposta correcta.

ou se non soubeches responder r no noso país:

poden encontra

.....


U5 TIVO OBXEC IÓN EN ACC

Reduzo o consumo de recursos substituíndo materiais 1

Antes de plasmar no cartel as túas propostas para reducir o consumo de recursos naturais, a través da técnica «Viaxes no espazo e no tempo» pensa en como se reutilizou e reciclou ao longo da historia. Algunhas alternativas que incluirás no teu cartel poderían levarse a cabo no pasado. A historia pódeche dar ideas!

Viaxes no tempo

Pasado, idades da historia

Como reutilizaron e reciclaron en diferentes momentos da historia? Coidábase o medio? Como o facían?

Presente, agora

Futuro, dentro de moito tempo

Reutilízase e recíclase na actualidade o suficiente para coidar o medio de xeito óptimo?

Que idea se che ocorre para conseguir que no futuro se coide máis o medio e á vez a nosa vida sexa cómoda?

Considera isto!

Como aprendín?

Cres que ao longo da historia as persoas reutilizaron obxectos materiais? Por que pensas que é tan importante reutilizar?

1 Aprendiches algo novo? Que imaxes recordas? Que che gustou máis do que aprendiches? Que utilidade ten o que aprendiches? En que che servirá na túa vida diaria? 2 Reflexiona sobre aquilo no que podes seguir mellorando en diante e amplía a reflexión cara ao que os teus compañeiros e compañeiras poden mellorar.

99


© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.