1 minute read
1 Constrúe o teu futuro
Os nenos e as nenas teñen o dereito a non traballar. O traballo infantil, ademais de provocar problemas de saúde, priva os nenos e as nenas de tempo para xogar e para estudar.
Como
o ves?
En que che gustaría traballar cando sexas maior?
Sabes que tes que estudar para conseguilo?
O dato Segundo datos de UNICEF, calcúlase que hai máis de 150 millóns de nenas e nenos de entre 5 e 17 anos que traballan.
Obxectivo en acción
Reflexionar sobre por que é importante valorar a educación, que nos formará para desempeñar unha profesión de forma digna na idade adulta.
Os deseños xeométricos
Os deseños xeométricos son característicos da arte islámica. Este tipo de decoración baséase na combinación de círculos, polígonos e estrelas de tres, seis e oito puntas.
A estrela de oito puntas fórmase con dous cadrados superpostos, un deles xirado 45°.
No seguinte azulexado de arte islámica aparecen tres tipos de estrelas poligonais. Rodea o número de puntas que presentan: 3 4 5 6 7 8 9
CREA