1 minute read

Os planos no cine

Os planos cinematográficos

O cine utiliza diferentes planos para contar historias. Os principais son:

Plano xeral: os personaxes vense enteiros, da cabeza aos pés. Utilízase para situar o personaxe nun lugar e mostrar a súa relación con el ou con outros personaxes.

Plano medio: enmarca os personaxes desde a cintura cara a arriba. Dá importancia ao suxeito e ao mesmo tempo ao lugar. Emprégase para escenas de diálogo.

Primeiro plano: céntrase no rostro e os ombros dun personaxe. Utilízase para mostrar como se sente porque realza as súas emocións.

Observa as dúas fotos da esquerda e escribe debaixo o tipo de plano que aparece en cada unha.

Faino virtualmente en anayaeducacion.es

This article is from: