1 minute read
Escenografía para unha noite de lúa
Asemblea de ideas Sigue os pasos e crea unha escenografía nocturna cos elementos que ti queiras.
1 Reúne os seguintes materiais. Pinta o exterior da caixa de cor negra.
2 Forra o interior da caixa co papel azul. Pinta o chan de cor gris.
3 Engade salpicado branco para crear efecto estrelado.
Papel pinocho azul
Caixa de cartón de aproximadamente 45 x 35 x 20 cm
Cartolina negra
Papel de xornal
Cartolina branca
4 En cartolina negra, debuxa e recorta os edificios. Engade detalles.
5 En cartolina branca, debuxa, colorea e recorta o resto dos elementos.
6 Pega os elementos en dous planos: ao fondo, os edificios, a lúa e o gato; en primeiro plano, os demais.
O cine de animación de Brenda Chapman e Tim Burton
Brenda Chapman (1962) é unha directora, guionista e animadora estadounidense. Dirixiu a película O príncipe de Exipto (1998) dos estudos DreamWorks Animation, o que a converteu na primeira muller en dirixir unha película animada nun dos estudos de animación máis importantes.
Despois dirixiu outras películas como Brave (2012), para a que creou o personaxe dunha dama medieval que rompe con todos os estereotipos de princesas característicos das películas de Disney.
Tim Burton (1958) é un director de cine, escritor e debuxante estadounidense. As súas películas, inspiradas en grandes obras da literatura gótica, caracterízanse por un estilo moi orixinal, con personaxes únicos e atmosferas tenebrosas cargadas de detalles.
A súa técnica de animación favorita é o stop motion, que consiste en tomar fotos fixas a bonecos articulados en distintas posicións, para conseguir sensación de movemento. Utilizou esta técnica en películas como A noiva cadáver (2005).