MOCIÓN RELATIVA AO ACCESO ÁS NOVAS TERAPIAS, PARA AS PERSOAS DOENTES DE HEPATITE C

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol, a través do seu voceiro, Gerardo López Castrillón, conforme ao disposto no regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación a presente MOCIÓN PARA GARANTIR A FINANCIACION PRESUPOSTARIA DE PREVENCIÓN E ACCESO DAS NOVAS TERAPIAS, ÁS PERSOAS DOENTES DE HEPATITE C, co obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno Ordinario e debatida en base ás consideracións seguintes:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A enfermidade hepática causada polo virus da hepatite C é unha enfermidade contaxiosa, que constitúe un grave problema de saúde pública. O cadro clínico pode ir dende un padecemento leve, que dura unhas cantas semanas, ata unha afección grave de por vida. Segundo a OMS entre o 55 e o 85% das persoas infectadas, desenvolverán unha infección crónica, e delas, un 15 ou 30%, correrán o risco de evolucionar cara unha cirrosis hepática ou cáncer de fígado, no prazo de 20 anos. Segundo a “Asociación Española para el Estudio del Hígado (AEEH)”, estímase que en España existen 900.000 persoas que sofren hepatite C e que arredor do 70% descoñece que a padece, delas, aproximadamente unhas 3.500 pertencerían a comarca de Ferrolterra. Unha cifras baseadas en datos parciais que indican unha prevalenza do 2% da poboación, pero que é preciso actualizar . Ata hai pouco tempo os medios de tratamento dispoñibles, cunha gran toxicidade e graves efectos secundarios, tiñan como resultado altas taxas de fracaso terapéutico, dándose ademais numerosos casos de doentes que non podían someterse a elas por intolerancia a algún dos fármacos empregados. Esta situación veuse radicalmente alterada coa aprobación recente de novos fármacos e a súa comercialización no territorio español pola Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios o 5 de marzo de 2014. O día 24 de setembro de 2014, a, daquela, ministra de Sanidade Sra. Mato, anunciou un acordo co fabricante dun novo fármaco para combater a hepatite C, do que inmediatamente poderías dispoñer os médicos e prescribilo a aqueles doentes que o precisaren. En Galicia, un protocolo de posicionamento terapéutico e un documento de priorización están sendo aplicados, pola Subcomisión para o Tratamento de Enfermidade Hepática, constituída na Consellería de Sanidade. Pero a día de hoxe, sucédense as declaracións de hepatólogos, reclamando que os criterios para a dispensación do tratamento no sistema público, sexan máis inclusivos, estimando que os tratamentos urxentes a aplicar no Estado, afectan a un mínimo de 30.000 persoas. 1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Por elo os expertos insisten na necesidade de dispor dunha cifra real que debería facerse cunha mostra suficiente a escala estatal ou screening da enfermidade, conformando un rexistro unificado de doentes de hepatite C, e iniciar, á máxima brevidade, un proceso de diagnostico precoz desta infección, para que as persoas afectadas poidan dispor das vantaxes das terapias temporais e da administración dos tratamentos recentes e futuros. Por outra banda, a inquedanza das sociedades e comunidades científicas e as queixas dos doentes de hepatite C, é cada vez maior, nomeadamente dos post-transplantados non negativizados, e dos que se atopan en fase cirrótica (F4), van en aumento ao comprobar como nuns casos a súa situación non é contemplada dentro dos criterios de elixibilidade que se aplican para o acceso ao fármaco, e, noutros moitos, que a solicitude cursada polos seus hepatólogos, unha vez determinado que se cumpren os requisitos establecidos, son rexeitados ou non contestados. O pasado o 14 de xaneiro o Consello Interterritorial de Saúde, acordou unanimemente poñer en marcha un Plan Nacional para a hepatite C e conformar coas comunidades un rexistro de doentes da enfermidade, para dispoñer de datos actualizados das persoas afectadas, cantas están sendo tratadas e o estadio da enfermidade, que debería estar listo a finais de xaneiro. Pero, lamentablemente, non houbo acordo na creación dun fondo específico, para atender ás necesidades da posta en marcha desta nova estratexia para atallar a hepatite C. Certamente, consideramos urxente e necesaria unha actuación coordinada e común das autoridades sanitarias, para que o Sistema Nacional de Saúde asegure unha prevención eficaz desta enfermidade e unha atención sanitaria con tódolos recursos terapéuticos ao noso alcance. Pero tamén, resulta imprescindible a creación dun fondo específico para combater a hepatite C, a través do Fondo de Cohesión Sanitaria, de xeito que se garantan as necesidades orzamentarias da poboación afectada no conxunto do estado, con criterios de equidade. Por todo elo o Grupo Municipal Socialista presenta para o seu debate e votación en Pleno as seguintes propostas de RESOLUCIÓN: PRIMEIRA.- Urxir ao Goberno de España a incorporar unha partida orzamentaria específica no Fondo de Cohesión Sanitaria, que asegure a aplicación do Plan Estratéxico Nacional da Hepatite C, tanto na súa detección precoz, como a asistencia con novas terapias que cumpran os criterios clínicos, en condicións de equidade en todo o territorio de España.

2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

SEGUNDA.- Demandar da Consellería de Sanidade, que adopte as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a hepatite C, se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes aos que lles sexa prescrita polos médicos especialistas do SERGAS, de xeito inmediato á súa prescrición.

En Ferrol, 21 de Xaneiro de 2015

Asdo. : Gerardo López Castrillón Voceiro do Grupo Municipal Socialista

ILMO.SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

3


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.