Novembro2014

Page 1

novembro 201 4

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

“ O presuposto de 201 5 é un relatorio do que non se fixo nestes últimos anos, que pretende agochar a inacción do goberno local e salvar os mobles no derradeiro momento”, Natividad González, voceira.

ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2015

Páxs.3-5


novembro 201 4

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

DENUNCIAS E PROPOSTAS Descomposición da empresa de Turismo Comedor escolar CEIP Valón Emendas socialistas orzamentos 201 5

aos

PLENO NOVEMBRO Posicións Socialistas Rexeitamento municipal 201 5

orzamento

Mocións Programa de atención á saúde Aspaneps Contra a Pobreza Enerxética

GALERÍA DE IMAXES

1 2 3-5 6 7 8 9


DENUNCIAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

DENUNCIAMOS QUE O GOBERNO TEÑA ANULADO A EMPRESA MIXTA DE TURISMO

Votamos en contra do orzamento da Sociedade do ano 201 5 por consideralo vexetativo e carente de iniciativas e actuacións en materia turística. Criticamos a desaparición da Oficina Municipal de Turismo e urximos a súa recuperación.

No Consello de Administración da Sociedade Mixta de Turismo, o concelleiro Ramón Veloso explicou o sentido do voto negativo ao orzamento da Sociedade Mixta de Turismo para o ano 201 5, aludindo ao estado vexetativo do mesmo debido a falla de iniciativa política do goberno local.

O concelleiro socialista tamén solicitou información sobre os gastos de comunicación, pedindo o detalle dos mesmos, que ascende a máis de 70.000€, e información sobre o destino das subvencións da Deputación que se ingresan na conta do Concello, e non na da Empresa como corresponde ás subvencións finalistas. Segundo o concelleiro “estes orzamentos soamente reflicten actuacións xa repetidas na programación, esquecendo a importancia económica e cultural que, para a cidade, debe ter o turismo, situándose de costas ás potencialidades que pode ofrecer o Concello como é o turismo de natureza, de congresos, gastrónomico, e cultural e patrimonial”. Coordinación das concellerías

Dende o Grupo Municipal Socialista se reclama tamén, a necesidade de utilizar, a prol da promoción do turismo, tódalas sinerxias que se poidan acadar. Así critican a falla de coordinación entre as distintas concellerías do goberno que, de actuar conxuntamente, poderían xerar maiores posibilidades de atracción do turismo á cidade. Así as concellerías de Turismo, Deportes, Festas e Cultura están a actuar como compartimentos estancos sen colaborar en planificar nin programar, concluíu Ramón Veloso.

Neste senso o concelleiro lembrou que os populares paralizaron o proceso, xa iniciado, de contratación de persoal mediante oposición para a Empresa de Turismo, e criticou o esquecemento do proxecto de comarcalización por parte do goberno local. Ramón Veloso denunciou tamén o abandono da iniciativa “Ferrol Convention Bureau” que pretendía desenvolver o turismo de reunións e congresos, atraendo a cidade innumerables convencións de profesionais e persoas interesadas dos máis variados sectores, e que carece de consignación orzamentaria. Ao respecto o concelleiro alertou da dificultade de recuperar o tempo perdido e da importancia dun bo posicionamento, e cualificou como “imperdoable que, por culpa do goberno local, Ferrol estea a perder tódolos trens neste eido, máxime cando dispoñemos dun Auditorio que podería acoller unha programación estable e de futuro”. Así mesmo o concelleiro fixo fincapé na necesidade de que a empresa mixta de turismo fomente unha imaxe externa que sexa facilmente recoñecible e identificable, xusto o contrario do que está a suceder, xa que o goberno local do Partido Popular eliminou a Oficina Municipal de Turismo. Os socialistas urximos a necesidade de recuperala como punto de referencia obrigado nunha cidade que se precie de tal.

1


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

DENUNCIAS

RECLAMAMOS UN COMEDOR ESCOLAR PARA O COLEXIO DE VALÓN, MEDIANTE EMENDA AOS ORZAMENTOS DA XUNTA, E INSTAMOS AO ALCALDE A QUE APOIE ESTA DEMANDA

“Trátase do único centro do Concello que non dispón neste momento dun servizo tan necesario, e que ademais se atopa na zona rural, polo que moitos menores se achegan ao centro en autobús escolar o que, unido a falla de comedor, dificulta a súa participación nas actividades extraescolares”. O Grupo Municipal Socialista, a través do seu concelleiro Ramón Veloso, reclama mediante emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia a posta en marcha dun comedor escolar para o colexio “A Laxe” de Valón, instando ao alcalde a que apoie esta demanda diante da administración autonómica e habilite fondos nos orzamentos municipais para o seu funcionamento. Segundo o concelleiro socialista “trátase do único centro do Concello que non dispón neste momento dun servizo tan necesario, e que ademais se atopa na zona rural, polo que moitos menores se achegan ao centro en autobús escolar o que, unido a falla de comedor, dificulta a súa participación nas actividades extraescolares”.

Neste senso, os socialistas pídenlle ao alcalde que actúe pensando no interese dos veciños e veciñas de Ferrol, e que faga cumprir á Xunta a súa responsabilidade na xestión dos comedores escolares. Así mesmo congratuláronse de que finalmente se atendera a reclamación feita sobre a posta en funcionamento do comedor do colexio público de Ponzos, que os socialistas impulsaron coas súas reivindicacións constantes, e emendas nos orzamentos municipais e da Xunta de Galicia.

2

Ao respecto, Ramón Veloso solicitou que por parte do goberno local se proceda con dilixencia a xestionar esta demanda, por estar neste momento tramitándose os orzamentos da Xunta. Unha necesidade que require unha partida específica nos orzamentos da Xunta para o 201 5, como así o reclamou o Grupo Municipal Socialista a través do parlamentario e voceiro de educación no parlamento galego, Vicente Docasar, que demandou un financiamento suficiente para esta infraestrutura. O concelleiro resaltou que se trata dunha demanda de toda a comunidade educativa do colexio, que supón acondicionar un espazo con cargo os orzamentos da Xunta, e prever nos orzamentos do concello a posta en funcionamento do comedor escolar. Os socialistas consideran que “o esforzo inversor da Xunta, ten que ir dirixido a dotar suficientemente aos colexios públicos, e resolver dunha vez por todas o agravio comparativo que están a sufrir as familias ás que lle corresponde a devandita escola, e evitar que algunhas teñan que renunciar a levar ao seu fillos a este colexio público, porque carece desta infraestrutura tan necesaria para a conciliación familiar.”


EMENDAS ORZAMENTOS 201 5 PRESENTAMOS AS NOSAS MUNICIPAL PARA O ANO 2015

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

EMENDAS AO

ORZAMENTO

Presentamos alegacións por un importe de 5.795.200 euros. Conseguimos mellorar o orzamento para o barrio de Recimil, en 370.000 euros. Cada ano, os orzamentos municipais deben ter como obxectivo, non só a cobertura dos servizos básicos, que por lei ten encomendada a administración local, senón tamén a atención e xestión dos problemas e necesidades da cidadanía, en colaboración co resto das administracións. PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL.- 700.000 € Dada a situación que atravesa a nosa cidade que supera con creces as taxas de paro, tanto estatais como da comunidade autónoma galega, faise máis que necesario, ademais de reclamar ás administracións competentes as accións dirixidas a paliar o problema máis grave que teñe a cidadanía facer paralelamente un esforzo dende a administración local dirixido a promover e procurar os mecanismos necesarios para o fomento do emprego. Neste senso, consideramos ineludible deseñar un plan de emprego municipal que abarque os seguintes eixos: 1 .- POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO: 1 00.000 €. 2.- OFICINA DE INFORMACIÓN E APOIO Á POSTA EN MARCHA DE NOVAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS: 60.000 €. 3.- CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, mediante a CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á CONTRATACIÓN de persoas desempregadas: 50.000 €. 4.- LIÑA AXUDAS DE AUTOEMPREGO PARA MENORES DE 35 ANOS: 50.000 €. 5.- SUBVENCIÓN DE CUOTAS Á SEGURIDADE SOCIAL PARA O AUTOEMPREGO PARA MAIORES DE 35 ANOS: 50.000 €. 6.- LANZADEIRA DE EMPREGO E SEMINARIOS DE MADURACIÓN DE IDEAS: 40.000 €. 7.- CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES. PROGRAMAS DE EMPREGO PARA OBRAS DE MANTEMENTO E REHABILITACIÓN DO CASTELO DE SAN FELIPE. A través dos mesmos, se contrataría a traballadores/as desempregados/as do municipio para a realización de obras e mantemento: 300.000 €. 8.- PROGRAMA DE IMPULSO E MELLORA DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR TURÍSTICO: 50.000 €.

3


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

EMENDAS ORZAMENTOS 201 5

UNIVERSIDADE E I+D+i.­ 15.000 €

9.- ACONDICIONAMENTO DUN ESPAZO PARA HABILITAR UN VIVEIRO DE EMPRESAS EN FERROL, CONVENIO COA UDC PARA A SÚA XESTIÓN: 1 5.000 €.

URBANISMO, SERVIZOS, AMBIENTE.­ 3.250.000 €

MEDIO

E

IGUALDADE.­

DESENVOLVEMENTO DO CONVENIO DE DEFENSA, por tratarse

1 4.- BARRIO DE RECIMIL En cumprimento dos acordos plenarios sobre o futuro do barrio de Recimil, propoñemos as seguintes actuacións:

1 0.1 .- SÁNCHEZ AGUILERA, co ACONDICIONAMENTO EXTERIOR E XARDÍNS CASA DO CORONEL, MELLORA da PRAZA CANIDO e PROXECTO EDIFICIO PRINCIPAL: 600.000 €.

1 4.1 .- PLAN SOCIOCOMUNITARIO RECIMIL: 70.000 €.

1 0.-

dun proxecto vital para a configuración do urbanismo do espazo central da cidade, priorizando estos dous espazos:

1 0.2.DESENVOLVEMENTO PROXECTO CAMPING e ÁREA DE AUTOCARAVANAS EN COVAS: 500.000 €. 11 .- PARTIDA ESPECÍFICA PARA MANTEMENTO DO BARRIO DE RECIMIL (subprograma 1 521 ): 300.000 € 1 2.- REURBANIZACIÓN DA RÚA DA IGREXA: 2.000.000 €. 1 3.- PLAN DE XESTIÓN DE SEGURIDADE E PROMOCIÓN DAS PRAIAS E ADAPTACIÓN DUNHA DELAS PARA USO COMPARTIDO CON ANIMAIS DOMÉSTICOS: 1 50. 000 €.

4

BENESTAR 702.500 €

1 4.2.- ACONDICIONAMENTO DAS VIVENDAS PARA AS PERSOAS ADXUDICATARIAS: 400.000 € (300.000 € máis). 1 5.- UBTS E PLAN COMUNITARIO SAN PABLO: 40.000 €. 1 6.- PLAN DE IGUALDADE para o desenvolvemento das accións do II Plan e inicio do III plan: 1 00.000€. 1 7.- COMEDOR SOCIAL ZONA URBAN.- 40.000 €. 1 8.- ASPANEPS.- 40.000€ (20.000 € máis da partida existente inicialmente). 1 9.- DIGNIDAD: 2.500 €; ARRAIGO: 2.500 €; ADRA: 2.500 €; SECRETARIADO XITANO: 2.500 €; ASOC. INMIGRANTES: 2.500 €.


EMENDAS ORZAMENTOS 201 5

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MERCADOS.­ 300.000 €

20.- PLAN INTEGRAL DE MERCADOS MUNICIPAIS: 300.000 €.

MEDIO AMBIENTE E ZONA RURAL.­ 380.000 €

21 .- PLAN MOBILIDADE E FOMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO: 1 50.000 €.

22.- PLAN COMPOSTAXE RURAL: 1 5.000 €. 23.- PASARELA PEONIL EN ESMELLE: 200.000 €. 24.- CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS VILAR-PRIOR: 80.000 €.

XUVENTUDE.­ 160.000 €

25.- RECUPERACIÓN DA CASA DA XUVENTUDE XESTIONADA POLA MOCIDADE (CREACIÓN DO CONSELLO DA XUVENTUDE), SUBVENCIÓNS EN CONCURRENCIA COMPETITIVA, E PROGRAMA ARDORA: 60.000€.

26.- AXUDAS Ó ALUGER PARA A MOCIDADE FERROLÁ: 1 00.000 €.

EDUCACIÓN.­ 33.000 €

27.- COMEDOR ESCOLAR VALÓN (costes funcionamento): 33.000€.

ACCESIBILIDADE.­ 60.000 €

28.- MELLORA DA ACCESIBILIDADE NA PISCINA DE CARANZA E NA MALATA: 60.000 €.

CULTURA.­ 130.000 €

29.- ESCOLA DE TEATRO: 50.000 €.

30.- ESCOLA MUNICIPAL DE CERÁMICA: 30.000 €. 31 .- PROGRAMACIÓN CULTURAL DE VERÁN: 50.000 €.

5


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

POSICIÓNS SOCIALISTAS

COMPARECEMOS PARA EXPLICAR O NOSO REXEITAMENTO AOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

Veloso: "O PP non vai facer en seis meses ou que non fixo en tres anos e medio". Comparecemos para expresar os motivos do noso rexeitamento aos orzamentos municipais do próximo ano, aos que presentamos 31 emendas por importe de 5,7 millóns de euros das que só se aceptaron dúas. Ramón Veloso referiuse ao documento que se someteu ao pleno como "uns presupostos balance dos tres últimos anos e medio, que inclúen cousas que malamente van poderse facer nestes seis meses escasos que quedan". As contas para 201 5 pecharán, dixo "catro anos perdidos que esperemos que rematen o antes posible". O concelleiro expresou a súa preocupación por varias cuestións que se reflicten nos orzamentos. Mostrouse "moi incrédulo" co capítulo de investimentos, especialmente polo que sucedeu en anos anteriores. Así, lembrou que "atendendo ao recollido nas sucesivas liquidacións orzamentarias" en 201 2 gastáronse 200.000 euros de fondos propios e en 201 3 un total de 5,2 millóns, dos que máis de catro eran obras do Ateneo e outras "atrasadas do Urban, adxudicadas por Irisarri.". Polo que se refire ao ano en curso sinalou que "podemos baixar á rúa co documento orzamentario e ver onde están os 1 ,3 millóns de Abrir Ferrol ao mar, á costa de Mella co seu ascensor que vai cara á lúa, os xardíns de San Francisco ou a rehabilitación da casa de Carvalho Calero." Como imos crer esta pequena historia,cando a maioría do presuposto de 201 5 é unha fotocopia do que non se fixo nestes últimos anos", preguntouse. Lembrou Veloso, que 201 5 será o último exercicio do plan Urban e apuntou que, coas présas, estanse pagando con estes fondos obras como "a capa de rodaxe dá rúa do Sol" mentres se suprimiron investimentos na casa de Carvalho Calero, ou no centro de interpretación do Baluarte. Cuestionou os usos que se están dando ao antigo Hospicio, que ía ser destinado a gran centro cívico para o barrio da Magdalena, e lembrou que se rachou o consenso acadado para as obras." Só tiñan que licitar e adxudicar, porque os cartos xa os trouxemos os socialistas", asegurou o concelleiro, que acusou o goberno de "non ter ganas de traballar".

6

Criticou tamén, o descenso da partida destinada a transporte público, que pasou dos 652.000 euros de 2011 aos 280.000 actuais. Veloso acusou o goberno do PP de presumir de "campeóns" en materia de benestar cando "ou que hai que mirar e como repercuten nas persoas os recursos, e non só os cartos". A falta de ocupación das residencias de maiores, a desaparición da oficina de dependencia da Xunta, a desaparición das axudas para coidadores de dependentes e o desmantelamento dos equipos municipais destinados a infancia e mocidade, problemas de drogodependencia, etc. foron algúns exemplos sinalados polo edil, que indicou que as Unidades Básicas de Traballo Social limítanse, na actualidade, a realizar un traballo administrativo e non social, por mor de atoparse saturadas.


MOCIÓNS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MOCIÓN PARA INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A GARANTIR E IMPULSAR O PROGRAMA DE ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL INFANTOXUVENIL NA ÁREA DE FERROL, DESENVOLVIDO POLA ASOCIACIÓN ASPANEPS No pleno ordinario presentamos unha moción referida á Saúde Mental da infancia e a adolescencia, defendida pola concelleira María López,que a cualificou como unha preocupación primordial no desenvolvemento de programas de prevención e intervención en todo o mundo, de xeito que son múltiples as recomendacións de organismos sanitarios internacionais sobre o tema. María López argumentou que a propia Organización Mundial da Saúde, destaca a súa importancia e pide atención ao tratamento e prevención dos trastornos emocionais e de conduta que pode presentar ao redor do 20% da poboación mundial entre 0 e 1 7 anos. No caso da cidade de Ferrol o programa vense desenvolvendo en base a un convenio de colaboración entre o SERGAS e ASPANEPS, que a pesar do incremento da demanda, vemos como, dende o 201 0 o orzamento é menor para atender os maiores requirimentos. Así, no ano 201 4 e ata o mes de outubro acudiron por primeira vez un total de 1 98 nenos e 1 23 nenas, realizándose en asistencia directa 848 entrevistas de acollida, primeiras consultas e retornos, ademais de 4.1 50 consultas sucesivas. Pero dende os primeiros orzamentos do Goberno do Sr. Feijoo o orzamento destinado ao desenvolvemento deste programa na nosa área foron sucesivamente recortados, chegando a perder para o ano 201 5 preto do 30% do orzamentado no ano 2009, en proporción inversa á crecente demanda. Para poder manter a prestación de calidade que dispensan e atender a maior demanda con moito menos orzamento, a entidade veuse abocada a facer un ERE, ademais de que os salarios dos e das profesionais que alí traballan foron minguando na mesma porcentaxe que a partida destinada a ASPANEPS, polo que atravesan unha difícil situación que, de non reverter, se faría insostible. Á vista dos orzamentos da Xunta previstos para o ano 201 5 continúan visualizándose os recortes, en particular para a atención á saúde mental dos nenos e nenas menores de idade, a pesares dos anuncios de recuperación económica. Os socialistas creemos que para ser cribles os devanditos anuncios deben ter xusto reflexo nas partidas dirixidas á parte máis necesitada de protección social. Por elo a concelleira propuxo que o Concello de Ferrol instase á Xunta de Galicia a: PRIMEIRO.- Repoñer para o exercicio do ano 201 5 os orzamentos que a Consellería de Sanidade destina a asistencia aos enfermos mentais a través de ASPANEPS FERROL a como mínimo os mesmos niveis que tiñan no ano 2009. SEGUNDO.- Iniciar a integración desa atención na rede SERGAS respectando o equipo de profesionais que levan anos prestando esa atención dende ASPANEPS FERROL, para garantir a continuidade do programa. Lamentablemente, estas propostas foron rexeitadas polo grupo do PP.

7


MOCIÓNS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE FERROL CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA E POLA PROTECCIÓN DOS CONSUMIDORES VULNERABLES

A segunda moción socialista sobre pobreza enerxética, foi defendida polo concelleiro Jaime Pena, que describiu esta situación como unha consecuencia máis da grave crise social e económica que estamos a padecer. Na súa exposición, a definiu como aquela situación que sofren os fogares cuxos membros son incapaces de facer fronte ao pago dos servizos da enerxía suficientes para a satisfacción das súas necesidades domésticas e/ou ven obrigados a destinar unha parte inasumible dos seus ingresos, ao pago da factura enerxética das súas vivendas. Estudos socioeconómicos, cifran en máis de 300.000 persoas de Galicia as que teñen graves dificultades para facer fronte ao recibo da luz ao final de mes, véndose obrigadas a elixir entre que cuestións básicas de subsistencia, poden permitirse e cales non. O propio INE e o IGE nas enquisas de condicións de vida, sinalan que en torno aos 1 00.000 fogares en Galicia non poden manter a súa casa a unha temperatura adecuada, cos riscos que iso comporta especialmente para as persoas con factores de risco máis alto, como nenos, anciáns ou enfermos. Fronte a este grave problema, argumentou o concelleiro, existen diferentes posicionamentos: mirar a outro lado, expor unha solución de conxuntura, ou adoptar medidas que remedien situacións dramáticas que poden ser evitadas con solidariedade e tamén coa lexislación. Así mentres a Unión Europea ten instado aos diversos Estados membros a adoptar medidas para protexer aos consumidores máis vulnerables e a loitar contra a pobreza enerxética, en Galicia tense actuado tarde, pouco e mal. Cremos imprescindible ser sensibles á situación que moitos dos nosos veciños e veciñas padecen, e por tanto, estimamos a oportunidade de que a Xunta de Galicia utilice todos os resortes que ten ao seu alcance, e ademais inste ao Goberno de España a aprobar unha lei para solucionar os problemas máis urxentes e prexudiciais de pobreza enerxética, e que marque a orientación prioritaria das administracións á hora de afrontar as principais causas polas que esa pobreza enerxética se produce.

8

Por todo elo o concelleiro Pena propuxo os seguintes acordos, ao concello en Pleno: 1 ) Instar a Xunta de Galicia a habilitar unha liña de axudas sobre un servizo mínimo de subministro de enerxía (electricidade e gas), que garanta que ningún fogar poida ser privado dun mínimo de cobertura enerxética de subsistencia entre o 1 de novembro e o 31 de marzo de cada ano, garantindo o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza enerxética. 2) Que esta liña de axudas se desenvolva no ámbito das políticas de benestar social, mais alá da colaboración coa Consellería de Economía e Industria, e se arbitren medidas que faciliten ás familias a súa solicitude. 3) Demandar ao Goberno de España a que, de forma inmediata, presente no Congreso dos Deputados para o seu debate e aprobación un proxecto de lei de protección dos consumidores vulnerables e contra a pobreza enerxética. Desgraciadamente estas propostas foron rexeitadas polo grupo do PP


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MOCIÓNS

O GMS CONSIGUE, CUNHA EMENDA DE SUSTITUCIÓN, O APOIO UNANIME A MOCION PRESENTADA POR EU, PARA ENTREGAR AS VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA DE O BERTON A voceira socialista Natividad González, interviu para rexeitar a situación que están a vivir as persoas que teñen adxudicadas provisionalmente as vivendas de O Bertón, reivindicando o valor da política para resolver os problemas das persoas, como acontece neste caso, onde a paralización das actuacións en materia de vivenda, provocou graves perxuízos ás familias, que xa deberían disfrutar da vivenda dende o ano 201 0. Por elo, co fin de garantir o acceso a ditas vivendas en condicións de legalidade, fixo a seguinte proposta: “Esixir do Instituto Galego da Vivenda e Solo que rematen os traballos de urbanización pendentes do Polígono do Bertón coa máxima celeridade, co fin de que se poidan expedir as licencias necesarias para que as persoas adxudicatarias provisionais accedan ás súas vivendas nas condicións de habitabilidade requiridas pola lexislación vixente”. Foi aprobada unanimemente por toda a corporación.

GALERÍA DE IMAXES

Na Conferencia sobre Astano "Los gigantes del mar", con Amable Dopico. Concentracion diante do Concello, para denunciar os recortes económicos que, nos últimos anos, afectan á Aspaneps (Asociación de Pais e Nais de nenos con problemas psicosociais).

Na Gala 50 aniversario da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, no Pazo Municipal.

25 DE NOVEMBRO: Actos conmemorativos con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. 9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.