GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
EMENDAS ORZAMENTOS 2015 O Grupo Municipal Socialista, de conformidade coa regulación contida no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, e considerando a necesidade de incrementar recursos para facer fronte ás necesidades inescusables que actualmente non teñen dotación orzamentaria, presenta en forma e en prazo as seguintes ALEGACIÓNS Á APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DO ANO 2015, por un importe de 5.795.200 euros. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Cada ano, os orzamentos municipais deben ter como obxectivo, non só a cobertura dos servizos básicos, que por lei ten encomendada a administración local, senón tamén a atención e xestión dos problemas e necesidades da cidadanía, en colaboración co resto das administracións. E mesmo deben ser capaces de abordar o desenvolvemento e planificación da cidade, mirando cara o futuro, sen resignarse á facer unha mera xestión do día a día, valeira de iniciativa. Pero, ademais, no contexto actual, resulta inaceptable darlle as costas ás consecuencias derivadas da crise, e non facer o posible para paliar algunhas delas, como son as necesidades de vivenda, as políticas activas de emprego e as de benestar social. Certamente, o Grupo Municipal Socialista, entende que o orzamento presentado, non da unha resposta satisfactoria aos retos da nosa cidade, nin ás demandas das persoas e familias en situación de risco de exclusión social. Por iso nos pareceron decepcionantes, resignados e pouco útiles, ademais de opacos, xa que non adiantan cales van ser as prioridades de actuación, nin que investimentos se destinan aos diferentes barrios. Neste senso, presentamos un paquete de emendas, agrupadas por áreas, e dirixidas a aspectos concretos, delimitados e cuantificados, propoñendo dotar de orzamento, os compromisos adquiridos e aínda sen cumprir, así como a execución de inversións pendentes e comprometidas en acordo plenario, e/ ou aprobadas pola cidadanía nos orzamentos participativos. Facendo visibles un conxunto de necesidades prioritarias, que requiren de orzamento para poder ser resoltas, contribuíndo así, coa nosa achega e traballo, a mellorar a proposta do Goberno Local, en beneficio da cidadanía ferrolá. 1