Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Page 1

LÍRICA 4.º eso

Galeg

Primeiro terzo do século XX

Literatura NARRATIVA TEATRO

C

a

d

e

r

n

o

d

e

a

c

t

i

v

i

d

a

d

e

s


w Liña de tempo A fiestra valdeira Cóxegas e moxetes

TEATRO

A carón do lume O fidalgo

O Drama do O bufón de El-Rei cabalo de axedrez

De Ruada

A lagarada

Cantigas da terra Toxos e flores

Teatro de máscaras

O mariscal

A man da santiña

NARRATIVA

Os arquivos do trasno Teoría do Pantelas, Nacionalismo Galego home libre Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros

Os camiños da vida Arredor de si

O porco de pé Cousas

Os dous de sempre

Proel POESÍA

De catro a catro Cantares Galegos (Leiras Pulpeirpo)

Revistas e publicacións

Montañesas

Vida de don Quijote y Sancho (Unamuno)

No desterro

Vento mareiro

O galo Mar ao norde

Da terra asoballada

Do ermo

Na noite estrelecida

Revista Orpheu Impresiones y paisajes (Lorca) (Portugal)

Revista A Águia (Portugal)

III centenario da morte de Góngora Revista Ronsel

Revista Nós Revista Alfar Manifesto Máis alá

Movementos e vangardas

Fauvismo Expresionismo Cubismo

1900

Futurismo

Caligramas de Apollinaire Creacionismo (V. Huidobro) Ultraísmo (Guillermo de Torre) Dadaísmo Estridentismo

1910

Revistas Cristal, Resol e Yunque

Hilozoísmo ou Imaxinismo Neovirxilianismo

Lírica paisaxística (Franciscanismo) Saudosismo (T. de Pascoais)

El señor Presidente (M. A. Asturias)

La deshumanización del arte (Ortega y Gasset)

Del sentimiento trágico de la vida (Unamuno) Revista A Nosa Terra

Primeiro terzo do século XX 1930

Irmandade Nacionalista Galega (V. Risco)

Irmandades da Fala

Fundación da RAG

Lírica

Neotrobadorismo

Surrealismo

1920

Agrarismo Solidaridad Gallega

Cantiga nova que se chama Riveira

Revista de Occidente

Platero y yo (J. R. Jiménez)

Revista Prometeo

Nao senlleira

A rosa de cen follas

1936

1939

Partido Galeguista

Seminario de Estudos Galegos

A lírica entre dous séculos A lírica das Irmandades

Estatuto de Autonomía

A lírica das vangardas

Tipos psicolóxicos (C. G. Jung)

A interpretación dos soños (S. Freud) A vontade de poder (Nietzche) 1900

1910

Automóbil (H. Ford)

Filosofía (K. Jaspers: existencialismo)

1920

Teoría da relatividade (Einstein)

1930

Desintegración do átomo (Rutherford)

1936

1939

Penicilina (Fleming) Televisión (Bird)

Primeira emisión transatlántica de radio 1.º de maio Día internacional do traballo República I Guerra chinesa Mundial Rexeneracionismo Maioría de idade de Afonso XIII (crise do 98)

Revolución Rusa

Mussolini Stalin Ditadura de Primo de Rivera

Crise económica II República

Hitler Guerra Civil

rodeira


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

A lírica entre dous séculos A lírica das Irmandades A lírica das vangardas

rodeira

Antonio Noriega Varela

1. Le este poema e responde as cuestións:

A lírica entre dous séculos Características • A maioría dos poetas seguen a temática e a estética das figuras do Rexurdimento: costumismo, sentido cívico, intimismo... • Posteriormente, sufriron unha evolución influídos polo modernismo español e portugués.

Antonio Noriega Varela (1869-1947)

Xosé Crecente Vega (1896-1948)

• Autor de Do ermo, obra que tivo varias edicións, cambios de título (inicialmente, Montañesas) e ampliación e supresión de poemas.

• Autor dun único libro, Codeseira, 1919.

— Poesía costumista: poemas centrados na dura vida campesiña e nas alegrías festeiras. — Lirismo da natureza: ausencia de anécdota e aparece só o poeta e a natureza: aproximación emotiva ás cousas humildes da natureza (franciscanismo). Dentro desta liña, inclúense os seus sonetos, con influencias dos poetas portugueses (Antero de Quental, Teixeira de Pascoães, Guerra Junqueiro...). Liña franciscana, pero cunha maior preocupación estética.

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas dos toxos. Dos toxales as tenues froliñas, que sorríen, a medo, entre espiñas. Entre espiñas que o ceio agasalla con diamante-las noites que orballa.

Autores

• Dúas liñas temáticas: poesía costumista e lirismo da natureza.

As froliñas dos toxos

• Poesía ruralista e costumista próxima ao século XIX, pero con trazos formais que o achegan a autores máis modernos.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!: as froliñas dos toxos son douro. De ouro vello son, mai, as froliñas dos bravos toxales, ¡das devocións miñas…! Antonio Noriega Varela

— No poema hai unha aproximación emotiva a un elemento da natureza, cal é? — Como se chama esta aproximación emotiva? Por que recibe ese nome? Indágao. — Analiza como se fai a aproximación emotiva nun cadro coma este. CAMPO SEMÁNTICO DO PALABRAS RELACIONAUSO DO DIMINUTIVO «APRECIO» DAS COA XOIARÍA .........................

.........................

.........................

OUTROS PROCEDEMENTOS

.........................

— Indica que palabras do texto denotan a presenza do autor. Que efecto produce esta presenza? — A partir das respostas anteriores, determina o tema do poema.


rodeira

rodeira

— No poema aparecen estes recursos estilísticos.

— Agora compara os dous poemas tendo en conta estes aspectos: • Temática.

personificación - metáfora - anadiplose - hipérbato

• Tipo de poesía ao que pertence cada un deles. • Recursos estilísticos empregados.

Localízaos e explica o efecto que se consegue en cada caso.

• Tipo de composición.

— Analiza a métrica e a rima do poema.

— Deseguido, completa un cadro coma este: VERSO

Nin-ro-si-ñas-bran-cas

SÍLABAS

RIMA

.................

.................

— A poesía de Noriega segue dúas liñas temáticas. Indica razoadamente a que liña pertence este poema. 2. Le agora estes dous poemas:

SEMELLANZAS

DIFERENZAS

.........................

.........................

— Por último, elabora unha análise comparativa tendo en conta as respostas anteriores. 3. Elabora un poema semellante ao de Noriega.

Anoitecer

Laverquiña

Vai o sol na furada. Os sapos preguiceiros cansados baixo as pedras de estar acochadiños, saen tocar a frauta ás beiras dos camiños e escóitanse as regas os grau grau barulleiros das ras. Pasan voando por entre os maciñeiros os roncós. E parellas de ledos paxariños agrúchanse, piando, na quentura dos niños entre a follaxe espesa de silvas e loureiros. Unha nena nunha fonte cun rapaz parrafea. Enchendo as corredoiras vén a habenza prá casa. Ei, marelo, pra adiante —un labrego que pasa.

Laverquiña que te axotas das degaradas gaivotas oíndo o salvaxe berro; musa que a mariña estrañas, olla as azules montañas desde as praias do desterro. Esquece o mar, lembra o gado miúdo e o regalado vivir, as tumbadas festas e as cantigas dos pastores, que fan grilandas coas flores amareliñas das xestas.

Toca ás Avemarías a campana da aldea... E no curral seus rezos murmuran dúas veciñas e lámbense dúas vacas tocando as campaíñas.

— Escolle un elemento da natureza. — Bota man de diminutivos, de palabras do campo semántico do aprecio... — Cos elementos anteriores, compón o poema. 4. Facede un recital poético na clase cos poemas compostos. — Primeiro, lede en voz baixa o voso poema varias veces. — Por orde, recitade cada poema con voz clara, pausada e imprimíndolle o sentimento necesario. 5. Observa as reproducións destas dúas pinturas. Serías quen de dicir se son realistas, naturalistas, costumistas ou impresionistas? Razoa a túa resposta.

Antonio Noriega Varela

Coleccion Cova Caixa Galicia

Xosé Crecente Vega

Coleccion Cova Caixa Galicia

Responde estas cuestións. — Que se describe no poema de Crecente Vega? — Que momento do día é? Xustifica a túa resposta con palabras do texto. — Que elementos caracterizan a paisaxe e en que orde aparecen? — Quen é a protagonista no poema de Noriega Varela? — Que trazos dela destaca Noriega? Que lle aconsella? — Que recursos emprega para describila e aconsellala?

Manuel Colmeiro, Ponse o sol, 1928.

Francisco Lloréns, Paisaje, 1920.

6. Agora compara o poema Anoitecer de Crecente Vega coa pintura de Colmeiro, Ponse o sol. Que aspectos teñen en común? Poden adscribirse ao mesmo movemento artístico? Por que? Desde un punto de vista artístico sería máis doado relacionar o poema de Crecente coa pintura de Lloréns? Por que?

6

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

7


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

rodeira

A lírica entre dous séculos A lírica das Irmandades A lírica das vangardas

Ramón Cabanillas 1. Le estes fragmentos.

A lírica das Irmandades da Fala Características • Non renuncia ao legado das figuras do século XIX (Rosalía, Pondal e Curros). • Exploración de novos horizontes con resultados de gran calidade literaria.

B

A ¡Axiña esperta Galicia que xa se escupe ós caciques e fai ruxir-la inxusticia! Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas (1876 - 1959) • Influencias: as figuras do Rexurdimento (Rosalía, Pondal e Curros); a poesía modernista iberoamericana (Rubén Darío); os poetas románticos europeos (Heine, Bécquer, Baudelaire...). • Dúas liñas poéticas: poesía lírica e poesía narrativa. Poesía lírica

Poesía narrativa

Expresión do eu lírico mediante o intimismo, o costumismo, a poesía social...

Relatos épicos ou didácticos cunha forte carga lírica.

No desterro (1913); Vento mareiro (1915); Da terra asoballada (1917); A rosa de cen follas (1927); Da miña zanfona (1954)

O benito San Amaro (1925); Na noite estrelecida (1926); Camiños no tempo (1949); Samos (1958)

LIÑAS POÉTICAS

• O benito San Amaro (1925) refire a lenda deste santo. • Samos (1958), relato didáctico e descritivo sobre a vida e a historia deste mosteiro. • Na noite estrelecida (1926), composta de tres partes ou sagas: — «A espada Escalibor». Conta como Artur chega a ser rei e presenta a Merlín e os cabaleiros da Mesa Redonda. — «O cabaleiro do Sant Grial». Busca do Santo Grial, que Galaaz atopa en Galicia. — «O soño do rei Artur». Despedida do rei Artur. Carga ideolóxica nacionalista moi clara: partindo de elementos céltico-artúricos búscase a dignificación do noso pasado e da nosa cultura.

Os mozos mariñeiros de fiada lémbranse rindo alleos de coidados cheira a aceite e pemento requeimados rustrido de xurés en caldeirada. Ramón Cabanillas

C Vereda, vereda torta en duras laxes aberta, arrodeada de toxos, cuberta polas lameiras... vereda torta, ti onde me levas! Ramón Cabanillas

D Nas follas dos salgueiros pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso estala en gargalladas ollando, sobre o espello das augas, os espidos corpos, cristal e neve dun fato de driadas. Ramón Cabanillas

• Poesía social: influencia de Curros. Centrada na loita anticaciquil e na denuncia do sufrimento labrego. • Poesía intimista: influencia dos románticos (Heine, Bécquer ou Rosalía). Sensibilidade amorosa, conmoción ante a natureza ou sentimento dolorido da vida. • Poesía costumista: indagación e reivindicación das raíces da nosa cultura, con novidades formais e trazos de tenrura e humor. • Poesía modernista: busca da evasión mediante unha ambientación exótica ou medieval e a primacia das cores, dos sons e da musicalidade.

— Relaciona cada fragmento coa liña poética á que pertence. Razoa a resposta. 2. Velaquí o poema completo do que forma parte o fragmento B. Na taberna Os mozos mariñeiros de fiada lémbranse rindo alleos de coidados cheira a aceite e pemento requeimados rustrido de xurés en caldeirada. Conta o patrón nun corro a treboada do ano setenta —historia de afogados— e empuxándose, inando, entran mollados os homes dunha lancha de enviada.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

9


rodeira

rodeira

Pasa de man en man a xerra roiba de albariño, e namentres cae a choiva e o vento fai tremer a casa enteira,

— No poema pódense establecer dúas partes. Indica que versos abrangue cada unha e o seu contido. PARTES

detrás do mostrador clarexa o ceo nas trenzas de ouro, no mirar sereo, no sorriso de luz da taberneira.

— Que tipo de composición é? Un romance, unha silva, un soneto...? Razoa a túa resposta. — Que recursos estilísticos destacan no poema? Que efecto se persegue con cada un deles? — Cal é o tema? Xustifica a túa resposta con palabras do poema. 3. Agora volve ler o poema de Crecente Vega Anoitecer e compárao con este de Cabanillas. Ten en conta estes aspectos. • Temática.

VERSOS QUE ABRANGUE

CONTIDO

Primeira

.........................

.............................................

Segunda

.........................

.............................................

— O poema ten unha estrutura paralelística. Sinala como está construída e cal é a súa función. — No poema predominan dous campos semánticos: o do sufrimento e o da natureza adversa. Tira exemplos que xustifiquen esta afirmación. CAMPO SEMÁNTICO DO SUFRIMENTO

CAMPO SEMÁNTICO DA NATUREZA ADVERSA

.........................

.........................

• Tipo de poesía ao que pertence cada un deles. • Con que finalidade empregou o poeta este léxico?

• Recursos estilísticos empregados.

— Camiño e vereda son un símbolo. Que se agocha detrás deste símbolo? Para que o emprega o autor?

• Tipo de composición. — Deseguido, completa un cadro coma este:

— Ademais dos recursos anteriores, tamén hai estoutros. Identifícaos e explícaos.

SEMELLANZAS

DIFERENZAS

.........................

.........................

anáfora - quiasmo - antítese - hipérbato - enumeración - epítetos

— Por último, elabora unha análise comparativa tendo en conta as respostas anteriores. 4. Le agora estoutro poema de Ramón Cabanillas.

— Sinala o tema. Xustifica a túa elección. • Descrición dun camiño dunha montaña inhóspita. • A vida vista como un longo camiño de sufrimento. • A morte como final dunha vida desgraciada.

Camiño, camiño longo, camiño da miña vida, escuro e triste de noite, e triste e escuro de día… camiño Iongo da miña vida!

Camiño, camiño longo. A choiva, a neve e as silvas enchéronme de friaxe, cubríronme de feridas… camiño longo da miña vida!

Vereda, vereda torta en duras laxes aberta, arrodeada de toxos, crebada polas lameiras… vereda torta, ti onde me levas!

Vereda, vereda fonda de fontes tristes, sin agoa; sin carballos que den sombra, nin chouzas que den pousada… vereda fonda, ti cando acabas!

— Indica razoadamente a cal das liñas da poesía lírica de Cabanillas pertence. — Busca un poema de Rosalía de Castro cunha temática semellante e elabora unha análise comparativa con Camiño longo. Sigue estas pautas. • Analiza aspectos coma estes nos dous poemas: — Símbolos empregados. — Campos semánticos utilizados. — Os recursos estilísticos. — O tipo de composición... • Deseguido, establece as semellanzas e as diferenzas entre os dous. • Por último, redacta a análise comparativa incluíndo todos os datos anteriores.

10

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

11


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

rodeira

1. Relaciona estas características e estes poetas coa vangarda na que se inscriben.

A lírica entre dous séculos A lírica das Irmandades A lírica das vangardas

A. Busca, a través do escarnio, do azar e da irracionalidade, a destrución da cultura tradicional. B. Presenta unha escritura irreflexiva e automática que reflicta o subconsciente, as vivencias oníricas, os delirios... C. O poema é unha realidade autónoma, creada xustapoñendo imaxes baseadas en relacións arbitrarias, pero que son froito da intelixencia. D. No poema empréganse imaxes visuais, mediante a disposición tipográfica dos versos, e distorsións sintácticas para reflectir a libre reconstrución da realidade. E. Dinamízase a linguaxe (prescíndese, por exemplo, dos adxectivos) para reflectir a civilización da velocidade.

As vangardas Características das vangardas mundiais • Antirromanticismo e antisentimentalismo: rexeitamento da natureza, do eu individual, do sentimento... • Deshumanización: o ser humano desaparece das creacións. • Busca da arte pura: o artista é o creador dunha realidade autónoma, non é un imitador da realidade.

1. Vicente Huidobro.

• Futurismo.

2. Marinetti.

• Cubismo.

3. André Breton.

• Dadaísmo.

4. Apollinaire.

• Surrealismo.

5. Tristán Tzara.

• Creacionismo.

2. Observa as reproducións destas dúas pinturas. Serías quen de adscribilas a algún movemento artístico de vangarda? Investiga na vida dos autores e nos movementos artísticos do momento para dar unha resposta razoada.

• Innovación da linguaxe figurada: ruptura da orde sintáctica lóxica, facéndoa irracional e automática, e uso de metáforas sorprendentes e de difícil comprensión.

Movementos ou ismos mundiais

• Futurismo: rexeitamento da estética tradicional e enxalzamento da vida contemporánea, con dous temas principais: a máquina e o movemento. No poema, destrución da sintaxe, polo tanto, maior dinamismo e rapidez. Autores: Filippo T. Marinetti, José A. Negreiros... • Cubismo: ruptura da perspectiva tradicional. Orixinais disposicións tipográficas (caligramas), distorsións sintácticas, alusións a conceptos espaciais. Autores: Guillaume Apollinaire, Pierre Reverdy... • Dadaísmo: proposta de destruír todo o existente e negación da creación e do creador: o

• Surrealismo: busca da creación a partir do mundo do inconsciente: os soños. A poesía como liberación: escrita automática, imaxes irracionais e símbolos... Autores: André Breton, García Lorca... • Creacionismo: o poeta é un pequeno deus que crea, coa palabra, unha arte que non imita a realidade. A imaxe é o centro desa creación. Autores: Vicente Huidobro, Manuel Antonio... • Ultraísmo: propón a redución da lírica ao seu elemento primordial: a metáfora. Supresión de adxectivos superfluos, ausencia de puntuación e de rima, espazos en branco... Autores: Gerardo Diego, Jorge Luis Borges... • Estridentismo: meestura de varios ismos. Apareceu en 1922 e caracterizouse pola súa modernidade, cosmopolitismo e aspecto urbano. Tamén polo seu inconformismo, humor negro, e esnobismo; foi moi irreverente e rexeitaba de todo o antiguo. O seu antecedente inmediato foi o futurismo ruso.

Carlos Maside, Lavandeiras, 1934.

Coleccion Cova Caixa Galicia

• Expresionismo: acentuación ou deformación da realidade para conseguir expresar adecuadamente os valores que se pretenden poñer en evidencia. Manifestouse como unha reacción parcial ao impresionismo. Autores: Gustav Klimt, Oskar Kokoschka y Egon Schiele…

azar é o creador da obra de arte. Autores: Tristan Tzara, Marcel Duchamp...

Coleccion Cova Caixa Galicia

• Fauvismo: de orixe francesa; o seu obxectivo era a síntese forma-cor. Buscaba a representación que resultaba da superposición de cores equivalentes á luz. Quería expresar sentimientos mediante a cor. Autores: Henri Matisse.

Maruja Mallo, Desnudo surrealista, 1927.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

13


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

As vangardas galegas Fermín Bouza Brey Luís Amado Carballo Manuel Antonio Álvaro Cunqueiro

As vangardas galegas Características • Carácter individualizador determinado por unha serie de condicionantes: — O espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala. — A influencia do saudosismo de Teixeira de Pascoães: unha actitude de culto ao sentimento. — A presenza do sentimentalismo, pois non hai unha total deshumanización na obra de arte. • Tendencias na poesía galega: — Renovación + tradición: neotrobadorismo e hilozoísmo. — Vangarda pura: creacionismo e surrealismo. • O manifesto vangardista ¡Máis alá!, asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro: manifesto estético + político con crítica ao ruralismo e aos escritores do pasado; defensa afervoada da nosa lingua e do individualismo da nosa literatura, e chamamento á mocidade galega, para romper co pasado e afrontar o porvir. • As revistas foron os principais medios de difusión das vangardas galegas: Alfar (A Coruña, 19201929), Ronsel (Lugo, 1924), Resol (Santiago de Compostela, 1932-1938) ou Cristal (Pontevedra, 1932-1933).

Movementos ou ismos galegos • Hilozoísmo, animismo ou imaxinismo: o tema principal é a paisaxe, recorrente na historia da nosa literatura, pero é unha paisaxe humanizada: os elementos da natureza (animais, ríos, árbores, o Sol, a Lúa...) aparecen personificados. No poema, hai unha sucesión continuada de imaxes plásticas, visuais e auditivas. Autor: Luís Amado Carballo. • Neotrobadorismo: grande influencia dos Cancioneiros medievais; así, recréanse temas (amoroso...), recursos formais (paralelismo, refrán, leixaprén...) e ambientes (paisaxes primaverais, fontes, ríos...). Autores: Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro. • Creacionismo: creación dunha realidade autónoma, xustaposición de imaxes... Autor: Manuel Antonio. • Surrealismo: inxenuo, sentimental, que desbota o automatismo poético e a carga dramática característica dos textos surrealistas. Autor: Álvaro Cunqueiro.

rodeira

1. Le este texto. Como moi ben sinala o escritor mexicano Octavio Paz, as raíces da vangarda parten do Romanticismo. Antes desta corrente a vida e a poesía eran dúas entidades ben delimitadas, disociadas cabalmente. O movemento romántico anula esta disociación: «Ao afirmar a primacía da inspiración, a paixón e a sensibilidade, o Romanticismo borrou as fronteiras entre a arte e a vida: o poema foi unha experiencia vital e a vida adquiriu a intensidade da poesía.» [...] A vangarda parte, pois, do Romanticismo como actitude rebelde; recolle del o seu carácter rupturista (segue, por tanto, unha tradición recente de ruptura) e disolve a dualidade Vida/Arte. Sen embargo, a vangarda tamén é unha reacción contra o sentimentalismo en que aquel movemento se asentaba. Os novos poetas rexeitan a directa plasmación dos sentimentos e propugnan, en consecuencia, unha obra máis sofisticada ou, se se quere, máis imposible de definir sentimentalmente. [...] Dúas características definen inicialmente a vangarda: o seu cosmopolitismo e o seu carácter políglota. A extensión do movemento abrangue desde os Urais a Lisboa, aínda que o centro aglutinador de toda esta efervescencia fose París. Pero París sería máis o centro dunha actitude artística que unha mera cidade capitalina. Por primeira vez na historia do continente europeo, despois da Idade Media, os movementos literarios adquiren un carácter transnacional ao compartillaren unhas idénticas inquietudes estéticas e, ás veces, ideolóxicas, superando as fronteiras dos diversos estados. Román Raña: «Introdución» a Manuel Antonio, De catro a catro e outros textos

— Xustifica estas afirmacións con palabras do texto. • Antes do Romanticismo, a vida e a poesía non tiñan nada que ver unha coa outra. • O Romanticismo uniu a arte e a vida, ao incluír na arte o sentimento e a sensibilidade. • A vangarda, igual que o Romanticismo, presenta unha actitude de ruptura co anterior. • A vangarda rexeita o sentimentalismo no que se baseaba o Romanticismo. • As obras vangardistas realizáronse nas principais cidades europeas e nos distintos idiomas do continente. — Este texto pode dividirse en tres partes. Indica o que abrangue cada unha e o seu contido. PARTES

ABRANGUE...

CONTIDO

Primeira

....................

....................

Segunda

....................

....................

Terceira

....................

....................

— Responde: • Cales son os dous movementos de ruptura dos que se fala no texto? • Que ruptura provoca o Romanticismo? E as vangardas? • Por que se di que as vangardas proceden do Romanticismo?

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

15


rodeira

rodeira

• En que se diferencian as vangardas do Romanticismo? • Cales son as dúas características das vangardas? Explícaas. — Tendo en conta as características que viches das vangardas, estás de acordo co que se di no texto? Razoa a túa resposta. 2. Le estes fragmentos de poemas e clasifícaos, nun cadro como o que vai deseguido, segundo o ismo vangardista do que forman parte.

A

C

As nubes choutan á comba coa corda do arco da vella e polo monte os camiños foxen co medo das tebras.

Fermín Bouza Brey (1901-1973) • Produción poética: Nao senlleira (1933), Seitura (1955) • Iniciou unha liña poética marcada pola influencia da tradición medieval: o neotrobadorismo. • Os seus poemas presentan unha lograda conxunción de recursos formais da lírica medieval (paralelismo, leixaprén, refrán...) con estrofas e ritmos propios da literatura popular (versos octosílabos, pareados, tríades...).

S.O.S. ¿Que dan os almanaques pra esta media-noite? pero aínda non sabemos de que banda vai chegar a media-noite E o faro extraviado vai esgotar o seu clock de S.O.S.

Luís Amado Carballo

B

Manuel Antonio

No niño novo do vento hai unha pomba dourada meu amigo! Quen poidera namorala.

D

Álvaro Cunqueiro

Cegoñas xeográficas no meu noivado noivo. Un tempo craro coma un illó de vidro. Eu no meio de litoráis e avións platino, cidadán de correntes submariñas color morno. Álvaro Cunqueiro

NEOTROBADORISMO

HILOZOÍSMO

SURREALISMO

CREACIONISMO

........................

........................

........................

........................

3. Le o poema U... ju juu... (poema futurista) de Vicente Risco. Podes atopalo na antoloxía final deste caderno. — O poema presenta características do cubismo. Extrae exemplos de: • Disposicións tipográficas orixinais: ...... • Distorsións sintácticas: ........ • Alusións a conceptos espaciais: ........

1. Le o poema e extrae exemplos das seguintes características da lírica medieval. O pumariño da noite quer froitificar estrelas. O tanxer de ista cantiga é a siñal para alcendelas... —ai, meu amor— ...e a siñal para alcendelas. Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar, no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar... —ai, meu amor— ...de herbiñas de namorar. As nove ondas do ensoño espreita co seu engado pra enguedellar a toleira desta noite de noivado. —ai, meu amor— ...desta noite de noivado. Así ao fontegal da espranza, antes de que saia o día iremos enguedellados catar a flor da auga fría... —ai, meu amor— ...catar a flor da auga fría. ¡O alén! No pumariño madurecen os luceiros, nosos dous corazóns bailan tolos nos ledos turreiros, ¡Ai, meu amor! No labradío das ondas albea a flor do luar lámpada para o teu leito de herbiñas de namorar. ¡Ai, meu amor! Se algún malfado nos fere, axotaremos o mal a bicos, ou caramiña dun virxe caramiñal... —ai, meu amor— ...dun virxe caramiñal. Fermín Bouza-Brey

— Ten, ademais, un trazo do futurismo. Tira exemplos de: • Destrución da sintaxe para que o poema gañe en dinamismo e rapidez: ...... — Por último, presenta trazos do ultraísmo. Exemplifica: • Metáforas: ................. • Desaparición de adxectivos superfluos: ........... • Ausencia de puntuación e de rima: ........... • Espazos en branco: ............... — Este poema é vangardista? Xustifica a túa resposta.

16

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

CARACTERÍSTICAS DA LÍRICA MEDIEVAL

EXEMPLOS DO TEXTO

• Temática amorosa. • Refrán. • Locus amoenus ou paisaxe idílica. • A ribeira do mar como lugar de encontro dos amantes. • A noite como momento do encontro dos amantes. • A auga como símbolo do encontro amoroso.

............................................ ............................................ ............................................ ............................................ ............................................ ............................................

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

17


rodeira

rodeira

2. Le o seguinte poema e busca no dicionario o significado das palabras que descoñezas.

Luís Amado Carballo (1901-1927)

Gándara • Produción poética: Proel (1927), O Galo (1928) (póstuma) • Creou unha escola, o hilozoísmo ou imaxinismo, moi ben acollida pola crítica do momento e con continuadores como Euxenio Montes, Manuel Luís Acuña... • A paisaxe é o tema fundamental da súa poesía, en concreto, a paisaxe das terras do Lérez, natural, rural e humanizada, mediante o recurso da personificación e dunha sucesión de imaxes plásticas, visuais e auditivas. • Canto á forma, Amado Carballo é conservador na métrica e vangardista no uso das metáforas.

Naquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios, e morre de amor. Naquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba seus píos e morre de amor. Non criba seus ritmos, non pousa seus raios e albean de frío os albres delgados e morre de amor. Non ceiba seus raios, non tece seus fíos e albres e mámoas albean de frío ca poldra que morde no mato cativo.

1. Le este poema de Luís Amado Carballo e busca no dicionario o significado das palabras que descoñezas. Abrente

3. Sinala o tema do poema e xustifica a túa elección. a. Na gándara brilla o sol en todo o seu esplendor. b. A friaxe invernal domina a gándara ante a ausencia do sol. c. Un paxaro morre de amor no seu niño situado nun bidueiro. 4. No poema aparecen varios recursos formais recuperados da cantiga de amigo medieval. Sinálaos e coméntaos. RECURSO

PALABRAS DO TEXTO

................................

................................

5. Tamén hai elementos léxicos comúns coa cantiga de amigo: louzanos, lanzales ou delgados.

Ant’os teixos piñeirales o rexoubante camiño cingue os chorosos herbales en feixes amañecidos.

As campanas da parroquia brincan na alma do campo como puchos rebuldeiros na esponxa dos toxos bravos.

No mar derretiuse a lúa. No peitoril da montaña está o sol a madurar ant’unhas nubens de palla.

No río desperto aboya morta a paisaxe calada, na corrente van as cores desfeitas y esnaquizadas.

A campía aterecida abre os olliños mollados no dondo berce do abrente con tenro mimo dourado.

O mozo vento mareiro funga un cantar esquecido que chove frores nas leiras entumecidas de frío.

2. Indica brevemente cal é a idea esencial de cada estrofa.

— A que campo sémico da cantiga de amigo pertencen estas palabras? — O uso destas palabras é o mesmo aquí que na cantiga de amigo medieval? Cal é a diferenza?

ESTROFA

Primeira

CONTIDO

Descrición do camiño

— Que outras diferenzas atopas con respecto á cantiga de amigo medieval? 6. Ademais das pegadas da cantiga de amigo, no poema hai trazos vangardistas como imaxes visuais, sinestesias, personificacións moi plásticas... Identifícaas e explícaas. 7. Este poema é unha mestura de tradición e vangarda. Estás de acordo con esta afirmación? Por que?

3. Agora sinala o tema do poema. Xustifica a túa resposta. • Descrición obxectiva de diferentes elementos da natureza. • Visión humanizada da paisaxe rural ao amencer. • Descrición da paisaxe rural ao amencer. 4. Busca e anota as palabras que nos permiten deducir que o momento do día é o amencer. 5. Ese amencer é frío e chuvioso. Copia todas as palabras do poema que fan referencia a iso.

18

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

19


rodeira

rodeira

6. O poema é unha sucesión de personificacións. Búscaas e analízaas nun cadro coma este.

Manuel Antonio (1900-1930)

PERSONIFICACIÓN

ELEMENTO PERSONIFICADO

CALIDADE HUMANA ATRIBUÍDA

Rexoubante camiño

Camiño

Rexoubar, murmurar

• Produción poética: Con anacos do meu interior (19201922), Foulas (1922-1925), Sempre e máis dispois (1923), De catro a catro (1928) (única publicada en vida), Viladomar (1928). • Tres etapas na evolución da súa poesía: — Primeira etapa ou de formación: poemas soltos e outros integrados en Con anacos do meu interior, Foulas e Sempre e máis dispois. Combinación de elementos tradicionais (patriotismo, rima...), modernistas (ton melancólico, ritmo...) e vangardistas (imaxes suxestivas, innovacións na disposición gráfica, na puntuación...). Temas: a noite, o mar, a morte, as tebras, o fatalismo... — Segunda etapa, formada polo libro De catro a catro, cumio da vangarda galega. Estrutura circular, con dezanove composicións que describen a viaxe marítima dun eu poético que vai da ilusión á saudade, pasando polas experiencias cotiás dunha aventura. Presenza constante do mar, un mar fondo, serio, alumado polas estrelas, pola lúa, polo sol, dotado de realidade existencial: a soidade, a monotonía, a saudade, o silencio, o desarraigamento, a vida e a morte. Na forma, rompe cos esquemas métricos tradicionais e usa trazos vangardistas: disposición irregular dos versos, espazos en branco, maiúsculas, humor, símbolos, xustaposición de imaxes, mecanicismo (radiogramas, léxico específico do mar, código morse...). — Terceira etapa, representada pola obra Viladomar. Recuperación do ton e da forma poética tradicionais, presentes nos primeiros libros do autor. O eu lírico móstrase nostálxico e saudoso coa infancia, co pasado...

— Explica razoadamente que sentimentos che provocan as personificacións anteriores. 7. Identifica que recurso hai en cada unha destas expresións do poema e explica o efecto que se consegue. metáfora - epíteto - comparación - sinestesia

• Nubens de palla: metáfora • Dondo berce: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . • Dondo berce do abrente: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . • Tenro mimo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . • Mimo dourado: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . • As campanas da parroquia brincan na alma do campo como puchos rebuldeiros: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . • Na esponxa dos toxos bravos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . • Toxos bravos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8. Agora razoa se este é un poema hilozoísta ou non. 9. Observa esta fotografía e elabora un poema hilozoísta a partir dela.

1. Le estes fragmentos de poemas de Manuel Antonio e di razoadamente a que etapa pertencen. Fíxate na temática. A. Que dan os almanaques pra esta media-noite? Pero aínda non sabemos de que banda vai chegar a media-noite E o faro extraviado vai esgotar o seu stock de S-O-S.

B. Eu vinte cidade convulsa anestesiada unha noite: Chovía no sedento da miña repulsa e no sedento ermo do teu día.

— Fíxate ben nos elementos da imaxe e anota os nomes. — Deseguido, inventa unha personificación e unha metáfora con cada un deles. — Redacta o poema incluíndo as personificacións e as metáforas. — Revisa o poema e corrixe o que non te acabe de convencer. — Lelle o teu poema ao resto da clase. 10. Entre todos, comparade os poemas e comentade como, a partir dunha mesma imaxe, se poden elaborar poemas moi diferentes.

20

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

C. TAMÉN esta hora chegou a mirarse no espello do Mar Por eso eu estou vendo —aínda era neno...— a miña fasquía verde e salgada arrandeada polo vento dos naufraxios.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

21


rodeira

rodeira

Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

Intencións Encherémo-las velas coa luz náufraga da madrugada Pendurando en dous puntos cardinais a randeeira esguía do pailebote branco Coas súas mans loiras acenan mil adeuses as estrelas

• Produción poética: Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933), Cantiga nova que se chama riveira (1933), Dona do corpo delgado (1950), Herba aquí e acolá (1980). • Dúas tendencias na súa poesía: — Vangarda pura: en Mar ao norde, onde o mar é o eixe central, hai trazos de cubismo e de creacionismo (esquematismo, deshumanización...); en Poemas do si e non, poemas amorosos con trazos surrealistas, por exemplo, verso longo e imaxes irracionais. — Neotrobadorismo: en Cantiga nova que se chama riveira ou en Dona do corpo delgado. Son poemas elegantes e sensuais, con gran musicalidade e unha adxectivación suxestiva. • Herba aquí e acolá recolle poemas de diferentes datas, estilos e temas: aproximación lúdica aos mitos clásicos, reflexións sobre o tempo ou a morte...

Inventaremos frustradas descobertas a barlovento dos horizontes pra acelerar os abolidos corazóns dos nosos veleiros defraudados Alaremos polo chicote dun meridiano innumerado Na illa anónima de cada sigradura esculcaremos o remorso da cidade Ela noctámbula desfollará como unha margarida prostibularia a Rosa dos Ventos do noso corazón Encandearemos adeuses de escuma pra tódalas praias perdidas Xuntaremos cadernos en branco da novela errante do vento. Pescaremos na rede dos atlas ronseles de Simbad E cazaremo-la vela sobre o torso rebelde das tormentas pra trincar a escota dunha ilusión.

1. Consulta no dicionario o significado das palabras que descoñezas. 2. Este é o poema inicial de De catro a catro, o que presenta a saída da viaxe en barco. Indica que sentimento predomina. • Medo ante o descoñecido.

• Sorpresa pola viaxe.

• Ilusión pola aventura. 3. O mar ten unha presenza constante no poema. Tira do texto todas as palabras relacionadas con el. 4. Exemplifica estes recursos formais vangardistas empregados por Manuel Antonio no poema.

Autopoética de Cunqueiro Xeito de traballo: Non podo dicir ren. Coma se a luz fixese un redondel branquísimo no escuro. Eu vou entrando nel e poñendo verbas, verbas. Cando xa me sinto eu todo naquela mesma luz, van saíndo outras verbas diferentes, case que un mundo. Este é o poema. Obra: Quixera esquencer a feita. Paréceme comezar agora mesmo a dicir a primeira verba dun verso novo. Se me din se eu escribín Poemas do si e o non ou Cantiga nova, diría que non sei. Puido ser e ben puido non ser. Poesía galega: Non teño criterio formado. Coido que non hai máis que Cancioneiros, Rosalía, Pondal, Carballo e Manuel Antonio. Entre todos eles percibo certo amor e parentesco, como o sinto entre Iglesia Alvariño e eu, sen que saiba ben en que pende. Quizabes: escuridade no oír, coñecencia dun trasentido do mundo e da contrafigura da Natureza, agudizamento da soidade, sobrerrealismo, preferencia do ritmo sobre a rima. Que sei eu! Autopoética e poesías (1935). Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro.

— Responde estas cuestións: • Como describe Cunqueiro a elaboración dun poema? Que recurso estilístico emprega para describila?

A. Xogo cos espazos e coa disposición dos versos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Que opina sobre a súa obra? Que sentimento lle provoca? Que recurso estilístico usa para falar das súas creacións?

B. Renuncia á rima: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Segundo Cunqueiro, cales son os poetas máis significativos da nosa literatura? Que teñen en común?

C. Imaxes visuais e suxestivas: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . D. Personificacións e comparacións plásticas: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5. Busca o último poema de De catro a catro na antoloxía do caderno e comenta: — Que sentimento predomina? É o mesmo que no primeiro poema? Cales son as razóns do cambio? Xustifica as túas respostas con palabras do poema.

22

1. Le este texto:

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

2. Le estes fragmentos de poemas de Cunqueiro e determina a que ismo vangardista pertencen. Razoa a túa resposta. A. No niño novo do vento hai unha pomba doirada, meu amigo! Quen poidera namorala.

Canta o luar i o mencer en frauta de verde olivo. Quen poidera namorala, meu amigo!

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

23


rodeira

B.

Noivado I Cegoñas xeográficas no meu noivado noivo. Un tempro craro como un illó de vidro. E no medio de litorais e avións platino cidadán de correntes submariñas color morno.

3. Le agora estoutro poema e realiza unha análise comparativa con Gándara de Fermín Bouza-Brey. A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado. Na verde fror as letras van de amor! O cabaleiro do cabalo negro levaba unha fita colléndolle o pelo. Na verde fror as letras van de amor! No meio do río cambiaron as vistas, el para o pano i ela prá fita. Na verde fror as letras van de amor! As visas lles viron no río cambiar e o pano e a fita por se namorar. Na verde fror as letras van de amor! Con amor vivirás!

— Sinala os trazos formais e de contido comúns nos dous poemas. — Di a que movemento de vangarda pertencen os dous. Razoa a resposta. 4. Organizade unha audición de cancións baseadas en poemas de Noriega Varela, Cabanillas, Manuel Antonio, Cunqueiro... — Podedes ir a esta páxina web: http://sondepoetas.blogspot.com 5. Inventa un poema vangardista. Elixe unha destas opcións.

Narrativa Primeiro terzo do século XX

A. Poema surrealista. Compón un poema sobre un soño teu. Ten en conta que debes romper co mundo real e racional.

Grupo Nós

B. Poema cubista. Crea un caligrama. Fai un debuxo sinxelo e dispón os versos do teu poema sobre as liñas do debuxo.

Xeración do 25

C. Poema dadaísta. Elixe, ao chou, seis palabras dun dicionario. Deseguido, crea un poema de seis versos. En cada verso, cómpre que coloques unha das palabras seleccionadas. D. Poema neotrobadoresco. Crea un poema con temas e recursos propios das cantigas medievais.

rodeira

24

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

rodeira

A prosa entre dous séculos

A renovación do Grupo Nós na prosa

Manuel García Barros, Ken Keirades (1876-1972) • En 1932 publicou Contiños da terra, relatos breves costumistas e cómicos de estética decimonónica. • De forma póstuma, publicouse As aventuras de Alberte Quiñoi, que narra as aventuras dun rapaz labrego; son unhas memorias do propio autor. • A súa obra destaca polo seu galego próximo á fala popular, manexado con mestría e cun léxico concreto moi rico.

Prosa de ficción: novela • Temática máis variada: novela realista urbana, histórica, psicolóxica... • Novas técnicas narrativas: introspección e monólogo interior, ruptura da secuencia temporal..., tomadas da narrativa europea do momento (Virginia Wolf, Thomas Mann, James Joyce...). • Principais obras: Os dous de sempre de Castelao (realista); O porco de pé de Vicente Risco (realista); A romeiría de Xelmírez de Pedrayo (histórica); Arredor de si de Pedrayo (psicolóxica)...

A prosa das Irmandades Características • Grande avance da prosa: — Pola aparición do ensaio, importante medio de difusión da ideoloxía nacionalista. — Polo desenvolvemento da prensa en galego: o xornal máis importante é A Nosa Terra (1916-1936). — Polas diferentes coleccións de narrativa: as das editoriais Céltiga (19221936) ou Lar (1924-1927).

Ensaístas • Johán Vicente Viqueira (1886-1924): autor de numerosos artigos publicados en A Nosa Terra. • Antón Vilar Ponte (18811924): artífice da renovación ideolóxica das Irmandades e autor de numerosos artigos, discursos, ensaios..., recollidos en 1971 no volume Pensamento e sementeira. • Ramón Vilar Ponte (18901953): o ensaísta máis brillante das Irmandades. O seu libro Doctrina nazonalista (1921) é o primeiro tratado teórico do nacionalismo galego.

Prosistas • Leandro Carré Alvarellos (1884-1976): autor de varias noveliñas, algunhas publicadas na colección Lar: Naiciña (1926) ou O xornal de Mavi (1927). • Xosé Lesta Meis (1887-1930): o narrador máis destacado das Irmandades. É o autor das novelas Manecho o da rúa (1926) e Estebo (1927), de estilo realista e centradas na aldea galega e na emigración a Cuba.

Periodización do Grupo Nós 2.ª etapa: galeguismo • En 1917, os ourensáns entran en contacto coas Irmandades e adhírense ao galeguismo. • Cren na asunción e no coñecemento da propia cultura para acadar a universalidade. • Desenvolven un intenso labor político e cultural: no eido político, participan nas Irmandades e na fundación do Partido Galeguista; no eido cultural, destaca a revista Nós (1020) e o Seminario de Estudos Galegos.

Prosa de ficción: conto • Consolidación do conto literario, breve e sintético. • Diversificación temática buscando sempre a orixinalidade. • Principais obras: Cousas e Retrincos de Castelao; Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros de Vicente Risco; Contos do camiño e da rúa de Pedrayo...

1. Le estes fragmentos: A

A prosa do Grupo Nós

1.ª etapa: pregaleguismo • O núcleo do grupo naceu en Ourense cara ao 1914 e era coñecido como o cenáculo ourensán: Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo. • De clase social acomodada, tiveron acceso a unha educación e a unha formación cultural moi boas. • Neste momento, estaban desvinculados da nosa cultura e do nacionalismo. Eran individualistas e procuraban o exótico.

Prosa científica: o ensaio • Por primeira vez, úsase a nosa lingua para a expresión científica. • Abránguense todas as áreas do saber: política, historia, literatura, etnografía, arte... • Principais obras: Teoría do nacionalismo de Risco (política); Ensaio histórico sobre a cultura galega de Pedrayo (historia da cultura); As cruces de pedra na Galiza de Castelao (arte)...

3.ª etapa: posguerra • O comezo da guerra en 1936 supón a ruptura da unidade do grupo: — Risco renuncia ás súas crenzas galeguistas. — Pedrayo e Cuevillas vense obrigados ao silencio cultural e político. — Castelao exíliase. — Outros, como Ánxel Casal (último editor da revista Nós), son executados.

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada terra é como se fora o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo do norte para o sul, do este para o oeste noutro tanto; poderala andar outra vez e máis: non a has dar andado. E de cada vez que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos. Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito máis grande de como ti a ves. [...] Do grandor do teu espírito depende todo, canto máis pequeno sexa, máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa terra, para ti, non terá cabo, nela estará o mundo con tódolos seus climas. Se o teu pensar se detén na códea das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; es ti, que endexamais poderás concibir nada grande. Vicente Risco, «Da medida das cousas», Leria

B Adrián lía novamente aos poetas que de neno o fixeran chorar, non sabía por qué. Despois, en Madrid, tivera vergonza daquelas bágoas. Agora Solovio sabe moi ben a razón das bágoas e non ten que se avergonzar delas. De noite, á luz dunha vela, acompañado pola música da chuvia nos vidros, Adrián percorría un a un os poemas de Queixumes. En Europa, en cuartos confortables, ao pé das rúas onde se fai a actualidade do mundo, Adrián lera aos poetas novos. Non lle producían a impresión do pequeno libro esquecido na alcoba da casa vella, perdida na campía galega. Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si

— Resume cada fragmento. — Comenta a relación entre os dous textos. Ten en conta o que sabes sobre a evolución ideolóxica do Grupo Nós.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

27


rodeira

— Elaborade un esquema coas características de cada etapa. — Agora comentade: • A que se refire o autor coa expresión «o valor da obra de Risco»?

Vicente Risco (1884-1963) • Produción narrativa: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919), relato; O lobo da xente (1925), relato; A trabe de ouro (1925), relato; A coutada (1926), historia dialogada; O porco de pé (1928), novela; Os europeos en Abrantes (1929), novela inacabada. — Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919), relato situado no mundo de ultratumba ateigado dun humor macabro. Supón a ruptura temática cos tópicos do século XIX e introduce na nosa narrativa o esoterismo e o mundo máxico e marabilloso, con continuadores como Castelao, Pedrayo, Dieste, Cunqueiro... — En A coutada, o protagonista sofre a inadaptación á vida urbana e defende a volta á vella casa fidalga, en consonancia coa ideoloxía de Risco. — O porco de pé conta a historia de don Celidonio, un comerciante foráneo que se instala en Auria (trasunto de Ourense). Alí vai ascendendo ata chegar a ser alcalde e heroe local, pero impoñendo un sistema de valores baseado no culto á utilidade e á acumulación do diñeiro. O protagonista, caracterizado como un porco, serve para criticar a vulgaridade, o materialismo da nova burguesía, a perda de galeguidade... • Produción ensaística: Teoría do nacionalismo galego (1920), «Nós, os inadaptados» (1933), Mitteleuropa (1934), Leria (1961). — Teoría do nacionalismo galego, ideario das Irmandades e guía para as seguintes xeracións de galeguistas, sinala os trazos diferenciais (históricos, sociais e culturais) que configuran Galicia como unha nación. — En «Nós, os inadaptados» exponse a evolución ideolóxica do grupo Nós. — Mitteleuropa é unha crónica de viaxes que reflicte a visión de Risco sobre as grandes transformacións que está a sufrir Europa. — Leria é unha recompilación de artigos xa publicados con algún texto novo.

• A que fai referencia coa expresión «as fraquezas da súa vida»? 2. Le este fragmento de O porco de pé: Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para baixo. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no verán súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de don Celidonio. Se lle escachasen a testa, que tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro que por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento.

— Sinala as tres partes nas que se divide o texto. — Define estas palabras do texto relacionadas co porco. carrolo - serda (ou cerda) - unto - lardo - zorza

— Extrae do fragmento outras palabras que tamén se asocien a este animal. — Explica a razón pola que Risco bota man dos termos relacionados co porco. — Identifica estes recursos estilísticos no fragmento anterior e explica o efecto que producen. hipérbole - comparación - metáfora

— Risco ofrécenos unha visión caricaturizada de don Celidonio: como elabora a caricatura?, que pretende transmitirnos con ela? 1. Le este texto sobre Risco. Foi en Fingoi [...] onde souben da morte de Vicente Risco. [...]. Mais, con ser esperada, a noticia non deixaba de nos resultar impresionante. Don Vicente Risco non podía irse deste mundo sen que a nosa conciencia galega sentise un fondo abalón. De volta de Fingoi para Lugo e mentres camiñaba na escuridade da noite véuseme á memoria a imaxe do Risco que tiña ollado por derradeira vez na Rúa Nova compostelá; era a imaxe dun homiño vello, enguruñado, moi cegarato, de andar indeciso, co que se ían cruzando ledos fatos de rapazas e rapaces sen repararen nel. Camiñaba, solitario e teimoso, cara á catedral. Contemplando aquela figura cativa, delongada, interiormente atariñante, máis inclinados nos sentiamos a pensar nos valores da súa obra que nas fraquezas da súa vida. ¡Con máis motivo debiamos de o facer agora, na hora da súa morte!

A sátira é o principal recurso literario desta obra. Pero este recurso xa o utilizou Risco en 1919 en Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros onde o personaxe principal é un trasunto literario do propio autor e, precisamente este mesmo personaxe, o doutor Alveiros, vai ser o contrapunto de don Celidonio en O porco de pé.

Ramón Piñeiro, Olladas no futuro

— Entre todos e coa axuda do profesor ou profesora, deducide as tres etapas do pensamento risquiano. Podedes botar man dos esquemas do Grupo Nós e de Vicente Risco, buscar información en Internet, nos manuais de Literatura...

28

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

29


rodeira

rodeira

— Escolle o enunciado que mellor resuma a relación entre os dous textos. Xustifica a túa elección.

Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) • Produción narrativa: Pantelas, home libre (1925), relato; O purgatorio de D. Ramiro (1926), relato; Os camiños da vida (1928), novela; Arredor de si (1930), novela; Contos do camiño e da rúa (1932), contos; A romeiría de Xelmírez (1934), novela. — Entre os relatos destaca O purgatorio de D. Ramiro, de temática de ultratumba, tamén nun ton humorístico. — Contos do camiño e da rúa, sete narracións sobre as vivencias de personaxes da fidalguía desde unha visión melancólica e, á vez, humorística. — Os camiños da vida, novela realista dividida en tres volumes, que conta o paso da fidalguía á burguesía comercial. — Arredor de si, novela psicolóxica na que Pedrayo describe a súa evolución do individualismo da mocidade ao compromiso con Galicia da madureza. — A romeiría de Xelmírez, novela histórica de asunto medieval. Destaca a reconstrución do Santiago do século XII, en pleno esplendor e nunha Galicia conectada coa cultura europea do momento. • Produción ensaística: Pelerinaxes (1929), Ensaio histórico sobre a cultura galega (1933). — Pelerinaxes, crónica da viaxe a pé desde Santiago ata Santo André de Teixido, con reflexións sobre a vida aldeá e descricións da paisaxe galega. — Ensaio histórico sobre a cultura galega describe a historia e a cultura de Galicia desde a Prehistoria ata o século XX, destacando catro momentos de esplendor: céltico, románico, barroco e romántico.

• O paso do esplendor á decadencia do pazo dos Doncos. • A emigración cara a América na familia dos Doncos. • O paso da decadencia ao esplendor do pazo dos Doncos. — Con que léxico se describe o esplendor? E a decadencia? — Localiza estes recursos estilísticos e comenta o seu valor expresivo. personificación - comparación - enumeración - gradación

2. Le este fragmento: Lembrábase do celtismo dalgúns escritores galegos que o emocionaban: de neno, no derradeiro do Bacharelato. Máis adiante tivera vergonza daquela idea provincial e anticuada. Agora dicíase para si: «Tiñan razón. Comezo a percatarme do que hai de diferente en min e nos galegos. Porque non fun cidadán das culturas que ensaiei, porque atopaba aos galegos inferiores e desgraciados». Unha grea de pensamentos pesimistas gallopaba implacable polo cerebro de Solovio. «É moi tarde. Estou e está condenada sen remedio». Por primeira vez referíase á personalidade de Galicia. Lonxe dela, lembrándose das paisaxes familiares e da morte de don Bernaldo, só ollara o anaco verdecente de terra. Agora na noite antuerpiana, xa lle concedía un espírito magoado, dolorido, sen cura. Voltaba máis triste que nunca. Cando dun barco asulagado na noite negra xurdiu un cantar: «Santo Cristo do Fisterra —Santo da Barba Dourada—, dame vento pra pasar —A laxe de Touriñana». Desde unha proa invisible respondía unha voz de vello, ulinte a todos os alcohois dos portos: «—Lanchiña que vas en vela —leva brusas e refaixos— para a miña Manuela». Como nas Cousas de Castelao. ¿Que lle acontecía ó intelixente europeo? Sentiu Adrián os ollos queimados por bágoas de neno e anulada toda capacidade reflexiva. Ao deitarse aquelas bágoas tiñan un sabor de perdón. E ditoso afundiuse no sono.

3. Busca no dicionario o significado das palabras que non coñezas. 1. Le estes dous fragmentos de Os camiños da vida. Un é do comezo da novela e outro, do final. O dos Doncos era nomeado Pazo da Seara. Un dos mellores daquelas xurisdiccións. O corpo da casa, ergueito en fina cantería, obra limpa dos barrocos do dezasete, só se franqueaba ós camiños pola grande fachada composta de capela barroca lindamente tallada en pilastras. [...] Polo sur e poñente, o pazo, plantado como un señor dominaba a larganza das mellores terras do seu patrimonio. Seguindo os consellos de dona Ramoniña, foi visitar os Doncos. Vivían como lagartos nos cuartiños do poñente a Xenoveva e o trenco. [...] Das grandes salas húmidas, do oco baleiro da capela e das cortes viña un cheiro de balor, de tempo morno, acugulado, de cousa finada e cumprida. A Sabela casara cun señoritiño do Ribeiro. Aló vivían dunhas viñas e dunhas hortas. Inda conservaban un anaco da Seara, mal levado á parcería por un parente da Tutana, e polas mañás o Laureano daba leccións de letras e números na solaina do norte, cunha grande vara de abelenda na mán. Pagábanlle con legumanzas, porco, manteiga e algunha queipa de mariñas ou castañas. Unha grande fenda corría pola parede leste do pazo como o sinal dunha chispa do ceo.

30

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

4. Sinala o tema do fragmento. Xustifica a túa resposta con palabras do texto. • A soidade dun galego en Anveres. • O pesimismo do protagonista ante a realidade de Galicia. • A paz experimentada polo protagonista ao asumir como súa a realidade da terra natal. 5. Este texto ten dúas partes diferenciadas. Le o contido e indica as liñas que ocupa cada unha. Primeira parte Reflexión do protagonista sobre a súa actitude cara a Galicia e pesimismo ante a realidade galega. Segunda parte Reacción do protagonista ante as cantigas duns galegos e asunción da realidade galega como propia.

6. Indica que acontecemento fai que o protagonista cambie de opinión sobre Galicia.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

31


rodeira

rodeira

7. Completa este cadro sobre os sentimentos do protagonista en cada unha das partes. PRIMEIRA PARTE

SEGUNDA PARTE

Vergonza da idea provincial e anticuada do celtismo.

............................................

8. Indica que provoca eses sentimentos en cada caso. Vergonza: a idea de que os galegos son inferiores aos demais.

9. Razoa se se trata dun texto descritivo ou narrativo. 10. Sinala o tipo de narrador que hai no texto e xustifica a túa elección. • Narrador omnisciente • Narrador testemuña • Narrador protagonista 11. Na primeira parte, o narrador emprega un estilo para reproducir os pensamentos do protagonista. Indica que estilo é. • Estilo indirecto • Estilo directo — Anota as palabras do texto que exemplifiquen o estilo anterior. 12. Analiza os recursos estilísticos do texto. — Sinala cal é o significado desta gradación. Un espírito magoado, dolorido, sen cura.

• Nos modificadores do substantivo espírito dáse unha progresión (magoado, dolorido) que remata coa idea de que a súa ferida e a súa dor son incurables.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) • Produción narrativa: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), novela breve; Cousas (19261929), relatos; Retrincos (1934), relatos; Os dous de sempre (1934), novela. — Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: o protagonista é un esqueleto que narra as aventuras dos seus compañeiros de camposanto. Castelao inclúe dúas constantes na súa obra: o compromiso social e o humor. — Cousas: considerada a obra máis orixinal de Castelao. Cada cousa consta dun debuxo e dunha pequena anécdota que ten como protagonista un tipo popular (un vello, un pobre, un mariñeiro...). Presenta, ademais, unidade perfecta entre debuxo e texto, carácter sintético e sen artificios e combinación de realismo, lirismo e humor. — Retrincos: cinco relatos con vivencias autobiográficas da infancia ata a madureza. En cada relato, hai unha reflexión implícita sobre a condición humana: a ilusión, o envellecemento... — Os dous de sempre: desenvolve a vida de dous personaxes de forma paralela, Pedriño e Rañolas, prototipos de persoas diferentes: Pedriño é o home pasivo, acomodaticio, sen ambición; Rañolas é o home activo, inconformista e ambicioso. • Produción ensaística: As cruces de pedra na Bretaña (1929), Sempre en Galiza (1944, no exilio), As cruces de pedra na Galiza (1950, póstumo) — As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza son froito da súa investigación sobre os cruceiros de Bretaña e de Galicia, feita para o Seminario de Estudos Galegos. — Sempre en Galiza é un ensaio histórico-político no que Castelao reflexiona sobre o autogoberno, a defensa do idioma, o exilio, o sentimento de Galicia..., desde unha óptica nacionalista progresista.

• A ferida e a dor que sente Galicia reflicten a perspectiva dun futuro próspero. — Na expresión anterior hai outro recurso literario. lndica razoadamente cal é. — Tira da segunda parte do texto exemplos destas figuras e explica o seu uso. hipérbato - epíteto - interrogación retórica

— Na segunda parte, establécese un diálogo entre mariñeiros a través dun subxénero lírico popular. Sinala razoadamente que subxénero é. • Panxoliña • Cantiga

1. Lede estes dous textos sobre a obra de Castelao. Castelao foi un escritor profesional, non, naturalmente, no sentido de que vivira de escribir, senón no sentido de que posuía unha elevada técnica como escritor, e era moi consciente do que facía neste terreo. Non importa que amase as formas sinxelas. Esa sinxeleza supón unha grande perfección formal lograda a forza de corrección constante dos orixinais. Con todo o seu sentimentalismo, Castelao escribe nunha prosa clásica, de ritmo moi coidado. Así, a arte literaria de Castelao é unha dobre síntese. Por unha parte de elementos populares e cultos; por outra de emoción e razón. Non hai en galego prosa máis equilibrada ca a súa. Ricardo Carballo Calero, Homenaxe a Castelao.

• Cantar de reis — Nun momento da segunda parte, hai metaliteratura, é dicir, hai unha referencia a outra obra literaria. lndica en que treito se dá a metaliteratura. — Busca esa obra á que se fai referencia e explica as semellanzas co que se conta neste texto. 13. Explica a relación deste texto cos fragmentos de Risco («Da medida das cousas», Leria) e de Otero Pedrayo (Arredor de si) que xa comentamos antes. 32

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

A aguda e fonda sensibilidade humana de Castelao domina a súa extraordinaria sensibilidade artística. O lapis do artista non fai senón expresar o sentir do home. [...] Nos seus debuxos transparéntase a entrañable identificación coas xentes que malviven do seu duro traballo e que sofren a inxustiza coma un desatino prefixado, inmutable. [...] O seu lapis non se embirra de ira. Coincide, si, na intencionalidade moral condenatoria —sempre patente—, pero inclúe, ao mesmo tempo, unha afervoada identificación cordial coa víctima. Mesmo por iso, a súa obra ten unha riqueza de contido

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

33


rodeira

rodeira

humano que transcende dos lindeiros do laio e acada a súa plena expresión na sabedoría sutil do humor. Ramón Piñeiro, Olladas no futuro.

— Respondede estas cuestións: • Que características da obra de Castelao se indican no texto A? E no texto B? — A partir destes dous textos, comentade entre todos esta afirmación: «O Castelao artista plástico e o Castelao escritor son practicamente o mesmo». 2. Le esta cousa de Castelao. Cando Bieito quedou orfo de pai e nai chegou das Américas un parente e levouno consigo. Na víspera de emprender o viaxe colleu o camiño do monte e alá enriba, no curuto de todo, deixou ben agachado un ichaviño. Foi a idea sentimental dun neno de doce anos. Dispois, nas Pampas arxentinas, apurráronlle todos os cans, cando aínda non sabía gobernarse na sociedade dos campos sen camiños. E moito padeceu para deprender a encararse cos homes, rillando as ganas de chorar. A troco de anacos do espírito, Bieito conquireu un sentido novo e traballando sen acougo ganou riquezas dabondo. Casouse, nascéronlle fillos e prendeuse en terra allea. Os trafegos da súa vida non lle deran lecer para lembranzas sentimentaes e foi ó cabo de trinta anos de loita cando Bieito alentóu forte e pudo virarse cara o pasado. E neste punto, a morriña metéuselle na caixa do peito. Cacheando nos currunchos da memoria as farraspiñas esquecidas do seu ledo vivir de neno, Bieito sempre remataba pensando no ichaviño que deixara gardado no curuto do monte. E non podendo vivir máis tempo sen visitar os eidos nativos, meteuse nun barco e chegou á Terra. As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselos, os fieitos e todas as cousas que ía topando no camiño enchían de ledicia o seu corazón. Cando chegou ó curuto do monte, os ollos revíanlle felicidade. No mesmo sitio en que o deixara encontrou o ichaviño, e non hai parolas no mundo que poidan darvos idea da emoción de Bieito naquel intre. Despois marchouse cabo dos fillos. Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa na ucha do peito.

— Consulta e anota o significado das palabras do texto que non coñezas. — Indica cal é o tema do relato. Razoa a túa resposta. — Este texto está estruturado en introdución, nó e desenlace. Indica as liñas que abrangue cada parte e o contido de cada unha delas. — Explica como foi a vida do protagonista. Xustifica a túa resposta con palabras do texto. — No texto hai dúas metáforas para se referir ao corazón. Extráeas e explica o seu valor expresivo. — Busca outras metáforas que haxa no texto e explícaas. — Tamén hai unha enumeración. Cópiaa e explica o seu uso.

• Sinxeleza e claridade. • Mestura de realismo, lirismo e humor. — Busca este relato no libro Cousas e observa o debuxo que o acompaña. Que información nos achega? Esa información complementa o relato? Como o fai? — Á vista do debuxo e do relato, comenta razoadamente esta afirmación: «Castelao emprega nos textos e nos debuxos de Cousas unha mesma técnica: expresar o esencial co menor número de trazos». 3. Le estes fragmentos de Sempre en Galiza. A ¿Ten Galiza un idioma propio? Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas [...] pero abondaríalle ser a fala do povo traballador para estar diñificado de por si, pois o galego é unha executoria viva do traballo e unha cédula honrosa de cibdadanía e democracia. Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma. B Algúns homes –galegos tamén– andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfeición baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. [...] Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa variedade de culturas, é o siño distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahí vai a demostración: un can de Turquía oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por qué? Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...

— Indica o tema de cada fragmento. A defensa da diversidade lingüística. A perda de galegofalantes. A normalización lingüística. A dignidade e o valor da lingua galega. — Elabora un comentario no que expoñas a túa opinión sobre o tema anterior. — Establecede un coloquio onde expoñades as vosas opinións. 4. Formade grupos e creade unha cousa. Seguide estas pautas. — Baseádevos nunha anécdota protagonizada por un personaxe ou un elemento da vosa localidade. — Un membro do grupo fará un debuxo que ilustre o relato. — Seguide, no texto e no debuxo, estes trazos propios da obra de Castelao: Sinxeleza e claridade / Combinación de realismo, lirismo e humor. — Por último, expoñede as vosas «cousas» no taboleiro da aula. 5. Vede a curtametraxe baseada en O pai de Migueliño (anexo final deste caderno) e establecede un coloquio sobre a adaptación. http: //www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=3011

— Xustifica con palabras do texto estas características da escrita de Castelao:

34

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

35


rodeira

A prosa das vangardas Rafael Dieste (1889-1981)

rodeira

— Indica como están descritos o fillo e o pai. O FILLO

O PAI

..............................................

..............................................

— Responde razoadamente: o fillo e o pai teñen caracteres antitéticos? — Busca no texto estes recursos estilísticos e explica o seu valor expresivo. anáforas - comparacións - metáforas — O final é unha hipérbole. Cópiaa e explica o seu valor expresivo.

• Produción narrativa: Dos arquivos do trasno (1926). — Dos arquivos do trasno son un total de vinte relatos que reflicten o carácter do home galego: sinxelo, bondadoso, nostálxico, orgulloso... Neles, tamén aparece o mundo real e o imaxinario e marabilloso (os mouros, a Santa Compaña, a morte...) con elementos líricos e humorísticos.

1. Le Nova York é o noso e responde as cuestións seguintes. O neno tiña algo que lles dicir aos outros nenos que andaban a enredar con el na beiramar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía cara de malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha fogueira íntima. Esbandallaba tódolos xogos con aquel seu desacougo, mesmo como de gato alporizado por veciñanza de treboada. Era un raro rebuldar o seu, con súpetos enlevos. Seu pai chegara aquel mesmo día de Nova York e os demais nenos non lle preguntaban nada, nin lle facían máis mimos e respectos que outros días. Quizais por iso, porque a pregunta non chegaba, foi polo que rabuñou a quen el coidaba que calaba adrede. Sacou do peto un asubío noviño, de forasteira feitura e moito rebruñido, e púxose a chifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta no peto, domeándose moito o enfonda-la man para demostrar un peto fondo, coma os petos en que se gardan as mellores cousas. Arredor dos seus ollos bulía unha sorrisa dubidosa, ninguén sabe se mala ou suplicante. Mais non lle preguntaron nada. Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar no peirao vello. Traxe azul. Viseira de carei. A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio. E nos ollos, afeitos a longanías e grandes rumbos, ningunha fachenda. Houbo un intre en que o fillo do navegante andou a rentes de chorar. E as súas bágoas dispararíanse como frechas quentes e coraxudas. Pero non chorou. Ergueuse con máis cara de malo aínda, o peito en arco, a manciña pechada, os labres a tremer. Ergueuse así, garboso, o neno e dixo soamente: —¡Nova York é noso!

— Este relato ten unha estrutura paralelística e simétrica, é dicir, cada parágrafo vaise centrando de forma sucesiva nun personaxe: o fillo ou o pai. Completa este cadro. PARÁGRAFO

Primeiro

36

CÉNTRASE NO PERSONAXE DO...

Fillo

CONTIDO ..............................................

Segundo

..............................................

..............................................

Terceiro

..............................................

..............................................

Cuarto

..............................................

..............................................

Quinto

..............................................

..............................................

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

2. Le este relato de Dos arquivos do trasno e responde as cuestións seguintes. O neno suicida Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquedante —un neno suicidárase pegándose un tiro na sen dereita— falou o vagamundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira, e dixo: —Eu sei a historia de ese neno. Pronunciou a palabra "neno" dun xeito moi particular. Así foi que, os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento. —Eu sei a historia de ese neno —repetiu o vagamundo. E, tras dunha solerte e ben medida pausa, encomenzou: —Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vello era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo espírito puro. A noso señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba? Así foi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme, fíxose a carne do home. E na carne do home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo, a terra nai pariu. Pariu un vello en coiro. De como despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha capa enriba, levárono a diante do xuíz coma se tivesen sido testigos: Aquí lle traemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns mal entrañados. Nin roupa lle deixaron. O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e mantido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bo mozo. Ata parece que perdeu anos. Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá en Lourdes estivo dúas veces; da segunda tan amoazado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron que fora miragre da virxe. Cando adquiriu experiencia dabondo pensou que o mellor era manter secreta aquela extrana condición que o facía máis mozo cantos máis anos corresen. Así, non o sabendo ninguén —non sendo un ou dous amigos fieles— podería vivir mellor a súa verdadeira vida. Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta ós quince anos a súa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada dia gustaba máis ás mozas e andou enliado con moitas e coas máis bonitas. E ata disque unha princesa... Pero disto non estou certo.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

37


rodeira

Cando chegou a neno encomezou a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a sorpresa con que o vían entrar tan ceibe nas tendas a mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro de viseira calada teno seguido ó longo de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos e o almibre nos beizos. A derradeira vez que o topei, tiña el oito anos, andaba moi triste. ¡Pesaban, ademais, tanto no seu espírito de neno os recordos da súa vellice! Logo encomezou a lle escarabellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando pasasen algúns anos recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señora rica e sen fillos. Despois... ¡Quen sabe o que pasaría despois! A lactancia, os paseos nun carriño, cunha sonalla de axóuxeres na manciña tenra. E o remate... ¡Ou! O remate poñía espanto. Cumpri-lo seu sino de home que vive ó revés e refuxiarse no seo da señora rica —poida que cando ela durmise— para ir alí devecendo ata se trocar primeiro nunha sambesuga e despois en arumia e logo en pequenísima semente... O vagamundo ergueuse moi pensabundo, coas mans nos petos, e deu algúns paseíños todo amargurado. Ó cabo dixo: —Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz. Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño sorrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Cando todos desortían máis enfervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moi abertos. O vagamundo desaparecera sen pagar.

— Indica cal é o tema do relato. Xustifica a túa resposta con palabras do texto. — No relato cóntanse dúas historias. Determina cales son e a relación que teñen entre elas. — Establece a estrutura de cada unha das historias: indica as liñas que abrangue cada parte e o contido. — Cada historia ten un narrador diferente. Indica razoadamente cal é o narrador de cada unha delas. 2. Dieste definía a función do final do relato deste xeito: «O remate é unha imaxe que fai estoupar o conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente».

— Comenta se esta afirmación se reflicte ou non neste relato. Razoa a resposta. 3. A vida ao revés é tamén a protagonista da película El curioso caso de Benjamin Button, baseada no conto do mesmo nome de Scott Fitzgerald. — Mirade esta película e establecede as semellanzas e as diferenzas con O neno suicida de Dieste. 4. Por grupos, buscade «Chámanlle a marquesiña» de Alfonso D. Rodríguez Castelao, en Cousas, e o relato «Na morte de Estreliña», en Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste.

Teatro Primeiro terzo do século XX O teatro entre dous séculos O teatro das Irmandades O teatro do Grupo Nós O teatro das vangardas

— Lédeas devagar e buscade no dicionario as palabras que non coñezades. — Establecede o tema de cada un dos relatos. — Elaborade unha análise comparativa de ambos os relatos, indicando as semellanzas e as diferenzas entre os dous. • Tede en conta estes aspectos:

38

— Descrición da protagonista.

— Léxico empregado.

— Recursos utilizados.

— Brevidade e sinxeleza.

— Lirismo.

— Tipo de final.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |

rodeira


Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

rodeira

O teatro entre dous séculos O teatro das Irmandades O teatro do Grupo Nós O teatro das vangardas

O teatro entre dous séculos Os coros populares • Estrea de numerosos espectáculos en toda Galicia. • Os máis importantes: Toxos e Flores (Ferrol, 1915), Cantigas da Terra (A Coruña, 1917), De Ruada (Ourense, 1919)

Xesús San Luís Romero (1872-1966) • Autor de numerosas obras teatrais. • A máis representada: O fidalgo (estreada en 1918), un logrado drama anticaciquil.

Xavier Prado Rodríguez Lameiro (1874-1942) • Autor de sainetes como Almas sinxelas, Estebiño ou Os trasacordos de Mingos. • Teatro costumista e rural con sátira contra os poderosos e defensa dos humildes desde un punto de vista cómico.

1. Le este fragmento do sainete Estebiño, de Xavier Prado Lameiro. Fuco.- [...] Dios dea saúde e boa temperanza nos eidos, que vindo as cousas ben, inda se ha de un ir gobernando. Ana.- Se Dios quer. Pior é dos probes; dos que non teñen unha miga dun terreo onde coller un froitiño, e manter unha facendiña. Fuco.- Hai razón. Ises, inda tendo saúde e onde ganar o xornal, están xiringados. Os cartos hoxe non teñen tripas ningunhas. Ana.- ¡Que han de ter, señor, que han de ter! Antronte foi mi padre á vila vender un pouco centeo; pois dos catro pesos que lle deron por il, chegou á casa con vinte reás, e soamente mercou catro cachafalladas que cumprían e leve Xudas se valían todas outros vinte.

— Indica quen son os personaxes e que podemos deducir deles: • En que medio viven: urbano ou rural? • A que se dedican? Como o sabes? • Que visión teñen do medio no que viven: optimista, pesimista, realista, resignada, crítica...? — Xustifica as túas respostas con palabras do texto.


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

rodeira

— No texto, podemos distinguir dúas partes. Completa un cadro coma este: PARTES

CONTIDO

ABRANGUE DESDE ... ATA ...

Primeira parte

............

............

Segunda parte

............

............

— Sinala cal é o tema do fragmento. Xustifica a túa escolla con palabras do texto. • Visión pesimista do mundo rural. • Descrición cómica do mundo rural.

O teatro entre dous séculos O teatro das Irmandades O teatro do Grupo Nós O teatro das vangardas

• Visión realista do mundo rural. — Explica se este fragmento presenta as características propias do teatro de Lameiro: costumismo, sátira contra os poderosos, defensa das clases humildes e comicidade. Razoa a túa resposta. — Indica que nivel de linguaxe empregan os personaxes. • Culto, con gran precisión léxica e uso de cultismos. • Coloquial, con expresións populares, uso de diminutivos, frases feitas, repeticións, exclamacións, léxico propio do medio no que viven... • Vulgar, con incorreccións e numerosas palabras malsoantes. Tira do texto exemplos das características do nivel de linguaxe escollido. Responde: cres que o nivel de linguaxe usado é o adecuado para a temática do fragmento? Por que?

O teatro das Irmandades Novos temas • Intención propagandística. • Recreación de episodios singulares da nosa historia, co enxalzamento dos mitos: Prisciliano, Pardo de Cela... • Reivindicación social, coa emigración como principal problema do país. • Recuperación cultural: a dignificación da lingua e da cultura popular.

Novas formas • Intento de normalizar e universalizar o noso teatro, por iso conviven formas tradicionais con innovadoras: — Formas dramáticas tradicionais: o drama histórico e o teatro social-costumista. — Formas dramáticas innovadoras: o drama simbolista, o teatro cómico e infantil, a comedia burguesa, a ópera...

Autores Manuel Lugrís Freire (1863-1940) • Grande animador da vida cultural e política de Galicia: cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista. • Obras: A ponte (1903), Minia (1903), O pazo (1917), Estadeíña (1919) • A ponte, primeira obra teatral en prosa do noso teatro, contén unha importante carga reivindicativa: denuncia directa do caciquismo. • Lugrís Freire apostou polo teatro social ou de tese, cun claro afán didáctico.

Compañía que representou o sainete, Almas sinxelas, de Xavier Prado Lameiro (circa 1933).

42

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

Antón Vilar Ponte (1881-1936) • Fundador das Irmandades da Fala, nas que se ocupou de impulsar o teatro galego. • Cofundador do Conservatorio Nazonal de Arte Galego (1919) do que tamén foi director. • Teatro propagandístico e didáctico, destinado a espallar a ideoloxía nacionalista das Irmandades. • Volume de tres pezas Tríptico (1928): A patria do galego (ataque ao caciquismo), Almas mortas (o problema da emigración) e Entre dous abismos (crítica da superstición). • Outras obras: Os evanxeos da risa absoluta (anunciación do Antiquixote) (1934), Nouturnio de medo e de morte (1935).

Ramón Cabanillas (1876-1959) • O seu teatro é poético, modernista no estilo e con tendencia á mitificación de ambientes e personaxes. • Compuxo dúas obras a instancias de Antón Vilar Ponte: A man de Santiña e O Mariscal. • A man de Santiña: composta para a inauguración do Conservatorio Nazonal de Arte Galego. Primeiro intento de comedia burguesa do noso teatro, con personaxes ben caracterizados psicoloxicamente. • O Mariscal: traxedia histórica en verso centrada en Pedro Pardo de Cela, símbolo da rebelión fronte a Castela e das aspiracións de autogoberno. Armando Cotarelo Valledor (1879-1950) • Teatro realista, con personaxes de caracterización psicolóxica complexa. • Variada produción teatral: — Dramas labregos: Trebón (1922), Lubicán (1924) — Dramas mariñeiros: Beiramar (1931) — Comedia sentimental: Sinxebra (1923) — Traxedia histórica: Hostia (1926) — Ópera: Ultreya (1932)


rodeira

rodeira

1. Le este fragmento de A ponte de Manuel Lugrís Freire. Antón: Boas tardes. Ánxela e Sabela: Santas e boas. Ánxela: ¿E o meu Pedro? ¿Saleu do cárcel? Antón: Saleu. Ánxela: ¿E daquela, por que non vén agora? ¿Pasoulle algo? ¿Está enfermo? Sabela: Si, Antonciño... ¿que pasou? Antón: (Sentándose) Acougue, Ánxela. Non está enfermo; vén sano e salvo. Ánxela: ¿E estonces? Antón: Entretúvose un pouco na ponte co fillo do señor Xulio, e virá axiña. Ánxela: ¡Xesús! Mesmo me ferve o sangue no corpo por velo. Antón: Férvelle tamén a el, comadre. Pero, de calquera maneira, el quixo que eu viñese diante para que non lle fixese mala vosté unha sorpresa. (Séntanse Ánxela e Sabela) Sabela: Antonciño, por estas (Fai a siñal da crus cos dedos da man direita), que si saleu Pedro do cárcel foi por causa miña. Antón: ¿E logo? Sabela: Encendinlle unha vela ó santo do teu nome, e recei corenta e nove padrenuestros tódalas noites, e mais... Antón: (Atallando) ¡Bah! ¡Bah! Dispense, miña tía; Pedro saleu do cárcel porque houbo unha alma de ben que traballou por el. Sabela: ¿E logo..., os corenta e nove padrenuestros!... Antón: ¡Leria! Todo eso son cousas de vellos. Se con rezos e ceras se arreglase a xusticia na terra, non necesitábamos leises, nin guardia civil, nin nada. Sabela: (Santiguándose) Dios che perdone. Antón: Estou por esas cousas moi perdonado. ¿Por que non reza para que Dios mande un raio e fenda ó Vinculeiro, esa praga que tanto mal fai nas vidas e mais nas honras? Ánxela: Eso é verdá. Sabela: ¡San Paio me valla! Non se pode meter un na xusticia do ceo. Ánxela: (Con enerxía) É certo, pero tampouco teñen direito esa casta de homes a meterse na xusticia da terra. Sabela: ¡Ánxela, tamén ti?... Antón: ¡Ben, Anxeliña, ben! Miña tía aínda cre na Compaña, na Estadea, no mal de ollo, nas figas e... nas pedras das agullas. Miña tía representa un tempo que dá as boqueadas. Vosté é a vítima que nos fai volve-los ollos buscando a xusticia, que non quer vir. O Vinculeiro é un criminal, un xudío, un inquisidor como os que nos pintan certos libros... Sabela: (Atallando) O Vinculeiro é o demo. Antón: Será, señora, será. Tódolos vinculeiros que asoballan a nosa terra, que viven do noso traballo, que trafican coa xusticia, son os que nos empuxan para que pasemos pola ponte que separa o mundo da tiranía do mundo da libertá, da igualdá, da verdadeira redención.

— O diálogo establécese entre tres personaxes: Antón, Ánxela e Sabela. Responde estas cuestións: • Que relación teñen entre eles?

• Busca no dicionario o significado da palabra «vinculeiro» e anótao. • Que figura social representa este personaxe na obra: o demo, o cacique, o labrego, o médico, o boticario...? Xustifica a túa elección a partir do tipo de teatro que cultivou Lugrís Freire. — No texto teatral, podemos distinguir o diálogo e as acoutacións. Sinala que tipo de información nos achegan aquí as acoutacións. — O texto pódese dividir en dúas partes. Completa un cadro coma este. PARTES

CONTIDO

ABRANGUE DESDE ... ATA ...

Primeira parte

............

............

Segunda parte

............

............

— Indica razoadamente cal é o tema do texto. — Determina que nivel de linguaxe empregan os personaxes: culto, coloquial ou vulgar. Xustifica a túa resposta con exemplos do texto. — No texto, aparece dúas veces a palabra «ponte», unha delas con significado denotativo e outra con valor simbólico. Explica en que consiste ese valor simbólico. 2. Le este fragmento de A man de Santiña de Ramón Cabanillas. Ó erguerse o pano son as nove da mañán dun domingo de sol roibo, no mes de maio, e atópanse no salón Rosario, Misiá Manoela e Marirrosa. Rosario: (Namentras axeita a mantilla, cara ó espello, axudada de Marirrosa) ¡Chegaremos tarde! ¡Santiña sempre a derradeira! ¡¡Santa!! ¡¡Santiña!! Misiá Manoela: ¡Ai, que rapaza! ¡Para oír unha misa tanta compostura! Marirrosa: ¡Déixea, tía! ¡Que lle quere pedir a catorce anos! Rosario: ¡Imos entrar dimpois de mudar o libro! ¡¡Santiña!! Santiña: (Vén arranxando os cabelos, coa mantilla sen pór) (A Rosario) ¡Hoxe erguéchete de mal aire!

— Indica de que se fala no fragmento anterior. — Identifica cal é o personaxe máis importante e sinala que se nos di del. Xustifica a resposta con palabras do texto. — Completa un cadro coma este sobre as acoutacións. ACOUTACIÓNS

INFORMACIÓN QUE ACHEGAN

...............................

...............................

3. Por parellas, inventade a continuación do texto de A man de Santiña. — Pensade e comentade que lles pode suceder a estes personaxes.

• Que podemos deducir de cada un deles?

— Escribide o diálogo entre eles e as acoutacións que consideredes necesarias.

• Ven o mundo do mesmo xeito? Que representa Sabela? E Antón? E Ánxela?

— Buscade a obra A man de Santiña e comparade a vosa continuación coa verdadeira.

— No texto fálase doutros dous personaxes: Pedro e o Vinculeiro.

44

• Que se nos di de cada un deles?

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

45


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

rodeira

1. Le este fragmento de O bufón de El-Rei de Vicente Risco.

O teatro entre dous séculos O teatro das Irmandades O teatro do Grupo Nós O teatro das vangardas

A raíña Yolanda camiña dediante. Ortruda, a azafata, que é moi vella vén detrás dela. Falan baixiño. Paran as dúas diante dun poial de pedra. Ortruda.- Eiquí é o sitio. (A raíña bota un salaio). Agora deixareivos. Yolanda.- Este querer pode máis ca min, Ortruda... Endexamais pensei ter tanta coraxe. Cegoume Guindamor, dende que eiquí chegou de cabaleiro errante, e ganou aquil torneio. Cegoume, e por il douno todo, e por il son valente... Ortruda, somentes hai unha cousa que me pon medo... Ortruda.- O bufón?... Ise é o de menos... É un pobre tolo, i-anda ademais borracho todo o día... Cando o voso esposo e señor non-o fai beber, embebédano os homes de armas i os fidalgos de garda. Cando non, bebe cos criados na cociña... Yolanda.- Non, non-o sabes ben: non víche-los seus ollos fitarme cando pensa que non-o ven; relocen na escuridade coma os dos lobos... Din ademais que é moi sabido, que non é o que pensan...

— Responde estas cuestións sobre os personaxes: • Como está caracterizada Ortruda? E a raíña Yolanda?

O teatro do Grupo Nós Características • O teatro deixa de ter unha función propagandística; é unha arte en por si. • Elimínanse os elementos costumistas e realistas en favor dos poéticos e simbólicos. • Incorpóranse tendencias da dramaturxia europea. • O teatro concíbese como un espectáculo total, síntese de diálogo, música, danza, pintura...

Autores Vicente Risco (1884 - 1963) • Autor de O bufón de El-Rei, drama simbolista situado nunha corte medieval de tipo artúrico: unha raíña adúltera e o seu amante son delatados ante o monarca polo seu bufón, ser deforme, envexoso e intrigante. • A través do bufón, Risco trata a relación entre a deformidade física e a moral, coma en don Celidonio en O porco de pé. Ramón Otero Pedrayo (1888 - 1976) • Teatro moi experimental e novidoso, con didascalias moi elaboradas e de gran valor expresivo, espazos simbólicos ou indefinidos, personaxes que poden ser persoas, animais, obxectos ou entes abstractos... • A lagarada contén elementos simbolistas: inclusión do universo mítico tradicional, o diálogo das pipas na adega... • O desengano do prioiro é unha alegoría da vida fronte á morte: a vida representa o mundo tradicional, mentres que o mundo moderno identifícase coa morte. • Teatro de máscaras: pezas breves expresionistas e acompañadas de ideas para a súa escenificación. Alfonso D. Rodríguez Castelao (1886 - 1950) • Desde novo, amosa moito interese polas tendencias dramáticas europeas, o Teatro da Arte: orixinalidade, espírito popular, estilización escenográfica e síntese de múltiples artes. • Os vellos non deben de namorarse componse de tres lances que contan o tópico do vello namorado dunha moza e os tres rematan coa morte do vello. Ten unha posta en escena expresionista con cabida para o esperpento, os elementos parateatrais (as máscaras, por exemplo) ou os personaxes da cultura popular (o sapo visguento).

• No texto, fálase doutros dous personaxes. Quen son? Que se di deles? Ortruda e a raíña Yolanda teñen a mesma opinión sobre un dos personaxes citados? Cal é a opinión de cada unha delas? — Xustifica estas afirmacións con palabras do texto. A. A raíña Yolanda acode a unha cita secreta co seu amante. B. A raíña Yolanda está moi namorada de Guindamor. C. Ortruda non considera que o bufón sexa perigoso. D. A raíña Yolanda só ten medo do bufón. — Busca en Internet información sobre o rei Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda e establece as semellanzas temáticas con esta obra de teatro. 2. Le este fragmento. O Sanatorium do Doutor Sangrapitos. O Doutor que é un grande vello, peludo rexo e burleiro, sae cun serrón de operar sanguento e a blusa lixada de sangue. Óense berros. Don Hixinio. (tremando) —Bos días, Doutor. Véñome a consultar. ¿E eses berros? O Doutor. —Pois pase á sala de agarde e teña paciencia. ¿Eses berros? Maiores serán os que de vostede cando lle rabuñemos o estómago. Don Hixinio. —E logo a anestesia, os modernos métodos… O Doutor. —Seica é parvo. lso é bo para mediquiños madamitas e para doentes de alfeñique. Eu traballo frente a frente co mal, sen tapuxos, ¿entende? Vaise. Ramón Otero Pedrayo, Teatro de máscaras

— Indica como está caracterizado cada un dos personaxes. Razoa a túa resposta. — Neste fragmento hai sátira e tamén humor. Explica como se consegue cada un deles. PROCEDEMENTOS SATÍRICOS

• A utilización da palabra Sanatorium.

PROCEDEMENTOS HUMORÍSTICOS

• O nome do doutor.

• ......................................................... • .........................................................

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

47


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

rodeira

2. Le este fragmento de Os vellos non deben de namorarse de Alfonso D. Rodríguez Castelao. (O ángulo dun durmidoiro. Unha cama e, na cabeceira, unha fiestra pechada. Unha candea acesa enriba da mesa de noite. O vello está despíndose. [...] Ao lonxe canta o mozo.) O mozo.- Ela casouse cun vello, ¡non sei que estaba pensando! O vello, funga que funga, toda a noite está roncando. O vello.- ¡Roncar e fungar...! Sofrir, digo eu... (O vello rosma cousas que non se entenden. Sigue despíndose e, cando se queda en camisa e vai sacar os pantalóns, sopla a candea e o teatro queda ás escuras. Aprovéitase a escuridade para meter no leito un moneco, idéntico ao vello, e cunha careta igoal á que el leva posta. O vello agáchase. O mozo volve a cantar dende lonxe.) O mozo.- Dime, casadiña nova, cómo che vai de casada. —O meu home está moi vello, non me sirve para nada. (Ábrese a fiestra, pouco a pouco, coma se a empurrasen dende fóra, e o luar vai entrando no durmidoiro, caendo enriba da cama. Aluméase a escea. Aparece o moneco, a durmir, coma se fose o señor Fuco. Na fiestra asómase a Morte, a ollar o moneco, abalando as manxadoiras. O vello, que se agachou, pega un pulo e ponse enriba do moneco. Bótalle as mans á gorxa e forcexea para afogalo. O actor que represente o vello imitará os estertores da morte que proveñen do moneco. O mozo canta por terceira vez.) O mozo.- Anque che vexo casada, eu non che perdo cariño, que vas a quedar viuda, e podo casar contigo. (Cando «morra» o moneco desaparecerá a Morte que axexaba na fiestra. O vello [...] vírase cara o público e sácase a careta que leva posta, guindando con ela. Entón aparecerá demudado de Morte, véndoselle a caveira que tiña debaixo da careta de vello. Fuxe dispois pola esquerda, por diante do telón negro que cerra o cadro desta escea.)

— Indica razoadamente cal é o tema do fragmento. — Explica o contido de cada unha das partes do texto. CANCIÓN DO MOZO

ACOUTACIÓNS

.............................

.............................

— Observa o texto das acoutacións e comenta razoadamente e con exemplos esta afirmación. Para Castelao o teatro é unha «arte total».

48

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

O teatro entre dous séculos O teatro das Irmandades O teatro do Grupo Nós O teatro das vangardas

O teatro das vangardas Características • Concíbese o teatro como unha arte total. • Asume as tendencias das vangardas europeas do momento: simbolismo, expresionismo, saudosismo... • Presenta a influencia de dramaturgos como Ibsen ou Maeterlinck.

Autores Rafael Dieste (1899-1981) • Obras: A fiestra valdeira (1927), O drama do cabalo de xadrez (1927) • A fiestra valdeira: comedia ambientada nunha vila costeira, con don Miguel, un indiano rico que fora mariñeiro, como protagonista. Divídese en tres lances: exposición, nó e desenlace. — Primeiro lance: Don Miguel, un indiano rico, encárgalle un retrato seu a un pintor (Antonio). Cando está rematado, a muller e a filla de don Miguel non aceptan o cadro porque reflicte elementos mariñeiros, signo da súa orixe humilde. Propoñen un xardín fidalgo como fondo do cadro. — Segundo lance: O pintor e os amigos de don Miguel opóñense a este cambio porque amosaría un don Miguel falso. — Terceiro lance: todos se reconcilian co pasado mariñeiro e recuperan a súa integridade e autenticidade. A obra trata as dúas posturas ante a identidade galega: asumila como propia e diferenciada ou rexeitala por considerala marxinal. Mestura de ambientación naturalista ou costumista con finos apuntamentos psicolóxicos e función simbólica do retrato.


rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

rodeira

1. Le este fragmento de A fiestra valdeira e indica razoadamente a que lance da obra pertence. Dona Balbina.- ¿Ti queres ou non que lle quiten a fiestra ó cadro? Don Miguel.- Donosiña non me falou de lle quita-la fiestra. Dona Balbina.- (Fuxindo de pleitos.) Supoñamos que non. Fáloche eu. ¡Canto mellor non quedaría un fondo de xardín fidalgo ou cousa de xeito somellante! Ademais isa fiestra, véndose as lanchas, o peirán, as redes... Don Miguel.- Gústanme moito. Dona Balbina.- (Seria, reconcentrada e garimosa.) Porque te-los ollos pechados. Ninguén, non sendo ti, que si non es rudo es confiado de máis, iñora o que o pintor vén dicindo con isa fiestra. Don Miguel.- ¿E que vén dicindo? Dona Balbina.- (Reprochadora e cariñenta.) Babián, babián... Vaia dunha vez: vén dicindo que fuches mariñeiro. Eso é. Don Miguel.- (Asombrado pola dialéctica, pero comprendendo.) ¿E non o fun? ¿Non o son aínda por dentro?

2. Por parellas, facede unha lectura dramatizada deste fragmento de A fiestra valdeira de Rafael Dieste. Don Miguel.- O único que eu quero pregarlle é que faga ise sagrifizo por un vello que quer deixar contenta á súa filla, coa seguranza de que o vello non é desagradecido e sabe responder aos favores alleos con folgura. Antonio.- Algo mais teño ideia de lle haber dito que vostede esquence agora. Coa enmenda que me propón non soio estragoariamos a unidade do cadro senon tamén a unidade espiritoal de vostede. Non sei se me entende. Eu non sei dicir as cousas como é debido. Don Miguel.- Siga, siga, que algo entendo. Antonio.- Quero dicir o seguinte; ao dar da unidade que é vostede unha versión falsa, pintando un cadro falso, un cadro que nin sequera é vostede, alá no fondo, quer que se pinte, o don Miguel de don Miguel quizais non sofra alteramento –¡que eu coido que si!– pero o don Miguel dos demais sófreo, dinde logo, e perde armuña e gracia para se virar cousa torta e desvinculada. Don Miguel.- (Con ansiedade) Fale, fale, que poida que niso que vostede está dicindo haxa algo máis fondo que o capricho dunha filla. (Arrepentíndose) Pero non coide que cío na miña teima. Antonio.- A súa teima non é súa. Non é súa, ¿veo ben? Por iso non pode figurar no seu retrato. Sería –quero que me entenda ben– sería o retrato de outro. [...] É o don ninguén ausurdo, tortamente perifolado e desvinculado que a súa filla quixera para fachendear. [..] Por cariño á súa filla non debe vostede ceder. ¿Pode un pai amostralo seu cariño a unha filla deixándolle o retrato de outro en troques do propio? Un pai quer que, cando morra, lémbreno e síntano perto como era, e non como non era, e menos como non quería ser.

— Respondede estas cuestións: • ¿Que relación hai entre os personaxes? • ¿Como se manifesta o conflito central da obra neste fragmento? • ¿Que argumentos empregan os personaxes para defenderen as súas posturas? 3. Coa axuda do voso profesor ou profesora, vede A fiestra valdeira de Rafael Dieste. — Deseguido, establecede un coloquio para expresardes a vosa opinión razoada sobre a obra.

50

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

COMENTARIO

O vello que quería ver o tren Eran de alá da montaña... Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados cumios. ¡Longa viaxe fixeran —no rexo carro de bois, que rinchaba, xemía e daba tombos polos agres camiños montesíos— para lle dar cumprimento ao antollo do vello. Moito tempo tivera secreto aquel desexo. Un día, coa mimosa cortedade dun neno que pide unha lambetada posta, como nun altar, nos máis altos andeis do armario, o vello tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. El non quería morrer sen ve-lo tren. A filla e o xenro riron boamente daquela tolería. O pobre vello, non tiña volta, estaba xa un pouquiño lelo. ¡Pasaba a vía tan lonxe! E ademais ¿que demos lle importaba ós seus anos ve-lo tren? En troques o neno púxose da parte do avó. E petou testarudo cos zoquiños no chan. ¡Eu quero ve-lo tren! ¡Eu quero ve-lo tren! Catro reflexións ao vello e catro azoutas ó pícaro e todo quedou en nada pola primeira vez. Pero repetiuse a escena, soubo o cura do conto e, con aquela sorrinte calma do abade experimentado que comprende e transixe, volveu polo avó e o neto. ¡Que diaño! O vello estaba rufo, curado polo sol e o arume dos piñeiros, e non había de rendelo moito a viaxe. Así foi que puxeron no carro un feixe de palla para asento do vello, meteron nun garabelo unha forte merenda, e moi de matinada puxéronse en camiño, deica chegaren ó iñorado e apodrecido apeadeiro onde agardan inquedos o miragre. Coma un estraño rebuldar de gatos brancos —así lle pareceu ó neno—, correu, lonxe, por riba dun pinal, unha fumarada, e un primeiro asubío foise perder nalgunha erma penedía. Outro máis furente foise espetar no ceo. E outro, imperioso e longo, axiña denunciou, co tremer da terra, a veciñanza do Non Visto. ¡Alí viña xa o tren, unha riola de monstros ben mandados, co alteiro capitán de ferro ó fronte! ¡Medraba, medraba! Salaios de condanado, sichos brancos, topadas, trasacordos, e de seguida todo ficou en gran silencio diante dos ollos aglaiados dun labrego vello e dun neno que aquel día estreara uns zoquiños novos. Foi só un pequeno intre de repouso. Non baixou ningún viaxeiro. Case que ningún abicou. Subiron moi á presa nun coche de terceira dúas mulleres atrancadas de cestos, máis torpes canto máis espavoridas polo apremio. O tren parecía sufrir a impertinencia das moitas cortesías cando se está apurado. E fuxiu de novo, cheo de indiferencia, como para non se lembrar máis do pobre apeadeiro apodrecido.


rodeira

rodeira

O neto fala moito. ¡Como corría o tren! E non levaba cabalos. E había un neno coma el que abicara pola ventaíña. Un neno ben vestido, de cara fina, que tiña nos ollos esa expresión dos ricos nenos das cidades, que andan en tren e viven en casas moi altas. Aquel neno non se asombraba de ir en tren. ¡Que secreta finura había naquela indiferencia! E tamén ía unha señorita cunha teíña leviá coma as que fan as arañas, cubrindo a face... Unha teíña morada.

PERSONAXE

CARACTERIZACIÓN

O vello

....................................................................

O neto

....................................................................

O vello fala pouco. Vai satisfeito pero un tanto tristeiro. Naquel mundo que lostregara un intre diante del, abesullaba moitas cousas endexamais presentidas alá nas altas toxeiras. Había máis mundos có seu. Mundos embruxados, ledos e tentadores. Mais el, xa, malpocado...

A filla

....................................................................

O xenro

....................................................................

De súpeto o rapaciño dixo:

O cura

....................................................................

—Eu cando medre tamén hei de andar en tren. As enrugas do vello teceron unha sombriza tristura. O rexo carro de bois voltaba rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea de nome bravo e silvestre perdida entre calados cumios. Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno

ANÁLISE DO CONTIDO E DA FORMA 1. Busca no dicionario o significado das palabras que descoñezas. 2. Indica cal é a estrutura deste relato. • Redonda.

— Os personaxes son planos ou redondos? Xustifica a túa resposta. 7. O relato está ambientado en dous lugares. Di cales son e como están caracterizados cada un deles. 8. No relato tamén se dá unha contraposición entre o mundo do vello e os que abesulla por uns momentos. Responde: Como é cada un deles? Que sentimentos lle provoca abesullar esoutros mundos? Por que? 9. Desoutros mundos tamén é consciente o neto. Indica se el reacciona igual que o avó e por que.

• Paralelística.

10. Indica que tipo de narrador hai no relato. Razoa a túa resposta.

• Circular.

• Narrador protagonista.

— Sinala a razón.

• Narrador testemuña.

• Porque comeza e remata practicamente coas mesmas palabras. • Porque remata de forma diferente a como pensamos. • Porque o final é sorprendente. — Explica que efecto pretende conseguir o autor con esta estrutura. 3. Observa as partes do relato e determina o que abrangue cada unha e o contido. PARTES

— Quen son os protagonistas? E os personaxes secundarios? Que papeis desenvolven os personaxes secundarios?

ABRANGUE...

CONTIDO

Introdución

...................................

...................................

...................................

...................................

Desenlace

...................................

...................................

• Narrador omnisciente. 11. O relato comeza e acaba con esta expresión: «o rexo carro de bois, que rinchaba, xemía e daba tombos». Sinala os dous recursos estilísticos que hai nela. • aliteración e metáfora • hipérbato e personificación • aliteración e personificación — Explica o valor expresivo de cada recurso. 12. Relaciona estoutras expresións tiradas do texto co recurso que presentan. 1. Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan. 2. Calados cumios.

4. Explica cal é o conflito que se presenta no relato. — Como se resolve a primeira vez?

4. Coma un estraño rebuldar de gatos brancos.

— E a segunda? Quen axuda na resolución? Por que o fai?

5. Erma penedía.

5. Sinala razoadamente cal é o tema do relato. 6. Explica como están caracterizados os personaxes do relato.

52

3. Catro reflexións ao vello e catro azoutas ó pícaro.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

A. Paralelismo sintáctico. B. Epíteto. C. Personificación. D. Metáfora. E. Comparación. F. Personificación.

6. Unha riola de monstros ben mandados. — Explica o valor expresivo de cada un dos recursos.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

53


rodeira

13. Amais dos recursos anteriores, hai outras personificacións, comparacións e metáforas. Tira exemplos e explícaos. 14. No relato alterna a linguaxe culta e a popular. Extrae exemplos de cada unha e explica en que momento e por que se usa cada unha delas. 15. Velaquí os trazos que Dieste consideraba esenciais nun relato. 1. Unha unidade emotiva conséguese no conto pola obsesión do que ten de sobrevir. 2. O remate ha de ter a virtude de facer simultáneas no espírito as imaxes que foron sucesivas. 3. A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en todos os recunchos do relato. 4. O remate é unha imaxe que fai estoupa-lo conto nas verbas derradeiras, depois de inzalo poderosamente. 5. O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz. — Sinala que trazos se dan neste relato e como.

REDACCIÓN DO COMENTARIO 16. Agora redacta o comentario. Sigue esta estrutura: introdución, exposición argumentativa e conclusión.

Antoloxía Primeiro terzo do século XX

rodeira

54

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |


Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

(31) Toda humilde belleza Vago xirón de brétema, atavío soberbio de irta xesta, reidora, fulgurante doíña de rocío (pazo do sol e lágrima da aurora) raiola de lunar que bica o río flor mareliña que entre espiñas chora, ou das redes da a araña un tenue fío, toda humilde belleza me namora. É un vermiño de luz o amigo caro do meu nume saudoso… Antes reparo na nudez adorable dunha estrela que nas rosas dos vales, que sorríen, que nos mantos dos pinos, que se engríen, que nas blondas do mar, que se rebela. Antonio Noriega Varela, Do ermo

(56) A brétema A brétema, ¿tu sabes?, é ceguiña, os piñeirales pouco a pouco explora, i anda sempre descalza, e si se espiña, sangrar, non sangra, pero chorar, chora… ¡Chora copiosamente a pobresiña!, como chorou Jesús, cal chora a aurora, i en maus do sol é cada lagrimiña derramada, unha estrela briladora… ¡Lagrimiñas preciosas!, recollelas mil veces se me ocurre, pra con elas facer… (si xa non soño, ¿que eu faría?)

rodeira


rodeira

rodeira

¿Unha sarta me pides? Lograreina, ¡como un rei a quixera pra unha reina!, como nunca se veu na xoiería.

son cal rosas cortadas das roseiras, estreliñas ausentes das alturas. Lembranzas son de lindas pegureiras, de fascinantes, meigas criaturas, que en noites de lunar das Coruxeiras baixan ó fiandeiro de Cesuras.

Antonio Noriega Varela, Do ermo

(69) Túa divisa ¿Unha fouce? Mais… ¡non! Túa divisa ¡unha cruz sinxeliña!, prenda cara que a Tradición ó Ermo lle legara coas lágrimas da aurora i a sorrisa.

A lúa cheia bríndalles raiolas, mentras, solene, as ve camiñar solas, pero entóldase axiña… Coma bruxos. aparecen arteiros rondadores… Elas cantan, i os bravos aturuxos, turba, a paz dos pinos fungadores.

Mimosa pasión da alma é a pythonisa que á singular Galicia benfadara doise do sol que morre, non repara na rudeza do déspota que a pisa.

Antonio Noriega Varela, Do ermo

Dun natural piedoso, que eu admiro, ¡en presencia da Virxen é un suspiro!, i aínda esmagar un verme lle repuna.

¡Alma nacional e ardente, canta anque che custe bágoas! ¡Teus cantares son semente!

Cos ánxeles das trebas non quer nada, e mellor que asistindo a unha asonada, se alcontra, amouchadiña, onda unha cuna.

¡Astra que os ladróns enxorden1 entre as cantigas que bican pon as que feren e morden!

Antonio Noriega Varela, Do ermo

Está cativa a roseira, mais, despois de tanto inverno... ¡Galicia ha ter primaveira!

(77) Como chove miudiño…

¡Xa sei, xa sei que fan falla moitas fouces, moitos mistos e moitos feixes de palla!

Vagaroso chover… Este zarzallo que alxófares espalla, de mansiño, é bendición de Dios i é un irmauciño das lágrimas, da brétema e do orballo.

¡Axiña esperta Galicia que xa se escupe ós caciques e fai ruxi-la inxusticia!

O ceio inda non ten outro agasallo mellor pra demostra-lo seu cariño ás froliñas da urce i ás do espiño, i á ramaxe pomposa do carballo.

¡Xa o novo día alumea! ¡Xa a Sociedá dos labregos ten choza de seu na aldea! ¡A noite é fría e escura pro, ó fin, o amañecer tráenos co sol a quentura!

E Galicia, sin par, onde eu nacera, traio rico presente, quizá espera do irmau sol, rei da luz, unha raiola…

¡Patriano, o meu rogo escoita! ¡Eu quero un posto á túa beira o roxo día da loita!

¡Quizá!, pois xa notou a ialma miña que, si adoita de estar na cruz soliña. ó sentirse feliz, non quere ser sola.

Ramón Cabanillas, No desterro (1913) enxordar: quedar xordo.

1

Antonio Noriega Varela, Do ermo

Himno de Acción Gallega (88) Lembranzas ¡Oh, divina Saudade! compañeiras che eu mostrara, si é certo que as precuras

58

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos! ¡Desde Ortegal ó Miño a folla do fouciño fagamos rebrillar!

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

59


rodeira

rodeira

Que vexa a vila podre, coveira da canalla, a aldea que traballa disposta pra loitar. Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos desde a montaña ó mar. ¡Ergámonos sen medo! ¡Que o lume da toxeira envolva na fogueira o pazo señorial!

Ramón Cabanillas, Na noite estrelecida (1926) zarrar: cerrar, atrancar.

1

baril: dotado de forza física e vigor.

2

arela: desexo moi forte de algo, anhelo, devezo.

3

O CARBALLO

Xa o fato de caciques ladróns e herexes fuxe ó redentor empuxe da alma rexional!

Cando soio, ó serán, vou paseniño cara ó fogar, de volta do traballo, sempre detén meus ollos un carballo ergueito nun mallón, sobre o camiño.

Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos desde a montaña ó val.

Lanzal o tronco, as ponlas alongadas, o follaxe de dosel, forte, senlleiro, ten a medosa traza dun guerreiro vixiante de castros e valgadas.

Ramón Cabanillas, Vento mareiro (1915)

Ó romper novo día, a barca milagreira atracou antre as laxes dunha nova ribeira. Unha brétema escura desfacíase en bágoas no curuto das pedras e no limpo das ágoas, e zarraba1 o camiño á terra de arribada, como forte parede por xigantes labrada ó longo da ribeira, impoñente penedo sin rubida nin asalto nin buraco segredo. Galahaz colleu terra levado do seu sino, o corazón escravo dun mandado divino, e mentras desparece o escuro neboeiro e a barquiña se alonxa guiada do luceiro, ollou, dunha raiola de sol dependurada, descer dos outos ceos brilante e longa espada que abrindo no rochedo unha fonda ferida, ficou nel encravada, deica ó puño afundida. Á vista do milagro, o baril 2 cabaleiro aceso nunha sagra fervenza de romeiro e no peito unha arela3 que maior non podía, que lle acorra e lle vala pregou Santa María. E chegándose á pedra, de ánimo esforzado botoulle man á espada e cingueuna ó costado. O penedo, a tal intre, foi por medio fendido deixando aberto e franco un camiño frorido que corría unha terra verdecente e mimosa na que os pinos erguían a súa voz maxestosa, eran groria dos ollos rebrilos dos orballos nas herbiñas das leiras e as follas dos carballos, un río de ágoas limpas, azúes e sereas

60

durmíase nun leito de douradas areas, recendo de fiúnchos enchía o vento mol e as lavercas voaban en circos cara ó sol. E Galahaz trunfante e cheo de ledicia entrou camiño adiante, en terras da Galicia.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

O chegar ó pé na atardecida, da lexendaria edade saudoso, quixérao ver cadeira frerecida dun rei celta, barbudo, fazañoso, ou soleada, verdecente ermida dun santiño aldeán e miragroso. Ramón Cabanillas, Da terra asoballada (1917)

U..Jujuuu... (poema futurista) Terra Duas áas diagonaladas d'azur baten no mar Sóbor do Atlántico a diastole imensa da raza Vapor en todol-os motores do mundo Añudadol-os nosos ñervos á todol-os fíos eléctricos Terra. A Cruña fita ás brétemas d'Irlanda Vigo os raña-ceos de Nova York GALICIA FOR EVER CRUÑA Puntos de tensión máxima da vida VIGO Nudo de todol-os fios enfiando todal-as vilas do mundo Todal-as aireñas a un tempo a sonar Tres pintados de sol furando a terra. no cabo de todol-os paralelos Terra As flechas das arelas solagadas da Atlántida Ñas nosas espadañas.onde repican o bautizo dos séculos novos Antenas pra radiografial-os nosos himnos as estrelas Terra

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

61


rodeira

rodeira

Folgos de millos de peitos Manan Brinco de todal-as vontades Estralar de todol-os miólos Terra N.S.E.W. Terra Chuvia d'estrelas Alborada Lostrego Rayos X Profecía Terra O ceo rachou d'arriba abaixo Terra HIP HIP HIP HURRA

¡Quen dera ser nao senlleira naquel mar non presentido das xa mergulladas terras! Sen ceo, sen astros, sen vento, sempre á toa polas ondas deitado no esquecimento, nin andar nin desandar, nin ter outro coido acedo que leixarse ir polo mar... ¡Quen dera ser nao senlleira! Sen fito —estrela nin porto— ser eu a propia ribeira! ¡Quen dera... Fermín Bouza Brey, Nao senlleira (1933)

Vicente Risco. Xaneiro, 1920.

VERSOS DO MEU SILENZO Ollos na noite pensantes os das estrelas lonxanas, que ennovelados 1 nas tebras tráenme a túa lembranza.

MARIÑEIRO Era un peixe e ficou presa a tua ollada sangal no aparello do hourizonte sin poder ir máis alá.

Antre o agarimo da lúa salouca o meu corazón que añora a surrisa túa.

Pigoreiro das mansas foulas que borracho de lua estás, nos teus ollos debalan os lonxes como as foulas no horfo areal.

Por camiños de luceiros enfondados na distancia, a túa voz sinfoniza os ecos da miña alma.

No Stadium do mar aberto sintindo a marea ampear ganache o Derby do vento Jockey en foulas pur sang.

Estou a pensar en ti e nas miñas mans saudosas ate o mesmo delor ri. Baixo a pregaria oxival do zarco 2 mar dos teus ollos, afóganse as miñas verbas que van pousar no teu colo.

Mariñeiro, — poeta das ágoas — o teu remo bravo e lanzal escribíu unha estrofa na ría para un canto de libertá. Teu corazón ao garete algún día ancorarás nos portos sentimentaes que treman no teu ollar. Mariñeiro de ollos viaxeiros — irmandado cô temporal —, o proel ispido da canzón tua no argazo balbo foi aniñar... Nunha noite de galerna os ventos atoparán, como unha cruz, teu cadavre nas mans viudas do mar. Luís Amado Carballo, O galo (1928),

62

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

Tan outo cal un luceiro, porei o meu corazón pra que alume o teu vieiro. Luís Amado Carballo, Proel (1927) ennovelados: velados, cubertos.

1

zarco: de cor entre azul clara e verde (castelanismo, en galego é gacio ou garzo).

2

INTENCIÓNS Encheremos as velas coa luz náufraga da madrugada Pendurando en dous puntos cardinaes a randeeira esguía do pailebote1 branco Coas suas mans loiras

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

63


rodeira

rodeira

acenan mil adeuses as estrelas Inventaremos frustradas descubertas a barlovento 2 dos horizontes pra acelerar os abolidos corazóns dos nosos veleiros defraudados Alaremos polo chicote 3 dun meridián innumerado Na illa anónima de cada singladura esculcaremos o remorso da cidade. Ela noitamula desfollará como unha margarida prostibularia a Rosa dos Ventos 4 do noso corazón Encadearemos adeuses de escuma pra tódalas praias perdidas Xuntaremos cuadernos en branco da novela errante do vento Pescaremos na rede dos atlas ronseles de Simbad 5 E cazaremos a vela sobre o torso rebelde das tormentas pra trincar a escota 7 dunha ilusión 6

Manuel Antonio, De catro a catro (1928) 1

pailebote: embarcación de vela con dous paus.

2

barlovento: lado de onde sopra o vento.

3

alar o chicote: tirar polas cordas da rede.

4

Rosa dos Ventos: figura en forma de estrela que sinala as 32 direccións do horizonte.

5

Simbad: mariñeiro que protagonizaba sete relatos das Mil e unha noites.

6

cazar a vela: tensar as velas para navegar máis rápido.

7

trincar a escota: amarrar os cabos que gobernan as velas.

NAVY BAR Este bar ten balances E tamén está listo pra se facer á vela Enchéronnos o vaso con toda a auga do Mar pra compor un cocktail de horizontes Pendurados das horas atlas xeográficos d'esperantos están sin tradución E tatexan as pipas co ademán políglota das bandeiras Ese cantar improvisado é o mesmo que xa se improvisou nalgures Quen chegou avisándonos desa cita noiturna que temos co vento ao NE na encrucillada das estrelas apagadas?

64

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

Eiquí bebe de incónito o Mariñeiro Desconecido — sin xeografía nin literatura — A noite dos naufraxos co seu brazo salvavidas aferrará connosco unha vela de chuvascos O vaso derradeiro estaba cheo de despedidas Polas rúas dispersas íbamonos fechando cada un dentro da súa alta mar No repouso dalgún vaso tódalas noites naufrga o Bar. Manoel Antonio, De catro a catro (1928)

SÓS Fomos ficando sós o Mar, o barco e máis nós. Roubáronnos o Sol. O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco. Roubáronnos o vento. Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte. Este oucéano desatracou das costas e os ventos da Roseta ourentáronse ó esquenzo. As nosas soedades veñen de tan lonxe como as horas do reloxe. Pero tamén sabemos a maniobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singladura. No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: O cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito. Fume de pipa. Saudade. Noite. Silenzo. Frío. E ficamos nós sós sin o Mar e sin o barco nós. Manuel Antonio, De catro a catro (1928)

ADEUS Antre a calima traspondo o meu ollar esquivou-se o velamio Deixou-nos a badía chea d'a sua ausenza

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

65


rodeira

rodeira

e a mañán sin perspeitiva Agora en terra arredado de mín mesmo por un oucéano de singladuras o vento da Ría vai virando a folla de cada emoción

Rompéu a súa vida nova e os seus relembros perdidos, ai amor! Rompéu a súa morte fría e a luz crara dos seus picos, ai amor! Álvaro Cunqueiro, Mar ao norde (1932)

—O Sol indiferente Sirena augardentosa d'os vapores Un retrayo de fume n-o rompeolas d'a paisaxe Os engranaxes d'a grua esmoen a mañán mornaDebaixo d'os meus pasos xurde o ronsel d'a Vila natal Ela c'os seus brazos cheos de sono teima salvar-me d'un naufraxo antigo E os meus ouvidos incautos queren dormir n'o colo d'as cantigas vellas Eu cacheaba todol-os segredos d'as miñas mans baleiras porque algo foi que se perdeu n'o Mar alguén que chora dentro de mín por aquel outro eu que se vai n-o veleiro pra sempre coma un morto c'o peso eterno de todol-os adeuses. Manuel Antonio, De catro a catro (1928)

NO NIÑO NOVO DO VENTO No niño novo do vento hai unha pomba doirada meu amigo! Quen poidera namorala. Canta o luar i o mencer en frauta de verde olivo. Quen poidera namorala meu amigo! Ten ares de frol recente cousas de recén casada meu amigo! Quén poidera namorala. Tamén ten sombra de sombra i andar primeiro de río. Quen poidera namorala meu amigo! Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Ribeira (1933)

O Alveiros tocou o timbre. Oíronse pisadas, oíuse un cerrollo, unha chave e logo o pestillo. —Faga o favor de pasar e non se quite o sombreiro. A entrada estaba ás escuras. O home de bata e gorro turco fixo pasar ó Alveiros a un despacho moi curiosiño, á americana cun buró, e enriba del unha lámpada con gran «Abat-jour» verde. —Sente, faga o favor.

No mencer da herba mol caiéu unha estrela viva, ai amor! Rompéu os ollos albeiros coma o son da miña amiga, ai amor! Rompéu os cabelos verdes neve de sal namorada, ai amor! Rompéu seu ver de ladeira color de donda laranxa, ai amor! Rompéu a súa voz de escumas, segredo de eclipse morna, ai amor! Rompéu seu andar lixeiro e a mar longa da súa cola, ai amor!

66

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

Entón viu o Alveiros que a face de aquel señor era unha caveira que o ollaba cos seus buratos mouros, e a man que lle mostraba o asento era un feixe de ósos da cor dos dentes dun elefante. —Non me estraña que lle impoña o meu tipo —dixo Dehmel ó ver que se botaba para atrás—. Ténme que dispensar, pero, xa ve... non tiña outro xeito de me presentar... Os dous calaron. —¿Trouxo o escrito? —dixo logo Dehmel para pegar a conversa. —Velaquí está —respondeu o Alveiros mostrando o seu muíño de man... Tragou cuspe e comezou a dicirlle ó outro a maneira como había que facer para conseguir o efecto que procuraba e a historia enteira do rescrito. —Paréceme ben —dixo Dehmel— e agora teño que polo a vostede en autos... E non sei como hei de facer para preparalo... ¡Téñolle dado mil voltas! Pero, ó conto... Afellas lle digo que vai vostede a se meter nun mundo que non sospeita seguramente a pesar dos seus estudios, porque é hoxe o día que os homes non se teñen ocupado del... Soamente na Idade Media... Mais a todas estas vostede non sabe con quen está falando; voulle dicir denantes de nada e tamén como fun encargado desta angueira, para a que lle xuro que non tiña eu experiencia nin costume. Eu chámome Roberto Dehmel, son de Dusseldorff; hai 15 anos que vin aquí representando a unha casa de aparatos de óptica; aquí vivín e tiven o meu despacho ata hai 5 anos que morrín dunha doenza crónica na gorxa, anque gracias á miña industria, a miña casa, como ve, áchase como cando a deixei para ir ó camposanto, e así é

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

67


rodeira

rodeira

como podo inda vir a ela cando me peta e esto veume moi ben para o asunto este... Está á súa disposición... e pobre como foi o dono... logo verá, pois de aquí a un pedazo imos cear... —¡Ai eso non! —dixoo Alveiros—. Eu voume; tenme que dispensar, señor Dehmel. Estímollo, ben o sabe Deus, pero non podo... Deus llo pague... —¡Alto aí! —clamou Dehmel pegando na mesa cos ósos da man—. Vostede ten que pasar a noite ca miña compaña. Non lle podo volver a liberdade ata romper o día. As ordes que teño non admiten desculpa. Vostede queda, ou non leva o premio. Agora, vexa o que lle convén mellor. —E que non sabía esto, meu santo. Arrepase que eu non podo faltar da casa... Xa ve... ¿que vai dicir a miña xente? —Non pase pena. Todo ten compostura neste mundo. E déixese de andrómenas, que os trinta mil pesos ben valen que un pase unha mala noite. Non sexa tolo, e faga o que eu lle digo... Mire, no xantar non se fixe, que inda que eu non coma senón caviar e pan de gluten, para vostede ha de haber do que comen os vivos. E na viaxe tampouco... —¿Pero hai unha viaxe? ¡Vostede seica quere acabar comigo! —Non, home, non. Eso non vale nada. O tren non sae ata dar os tres cuartos para as doce. Ás once e media habemos estar na estación. Inda temos tres horas para que eu lle poida falar de todo... E Dehmel deulle un cigarro ó Alveiros, acendeu el outro e púxose a fumegar por tódolos buratos da súa caveira. —Dicíalle antes que se ía meter vostede nun mundo que os vivos non sospeitan, e élle certo. Pouco ou nada saben os homes do que agarda ó espírito atrás da morte, pero aínda menos é o que se sabe do que lle ha pasar ó corpo... Vostede vai ser o primeiro que estando vivo vai ollar de fronte ese misterio.

—Meu fillo, vai ó despacho e descolga aquil mapa grande... Quero vélo dinantes de morrer... —O sobriño ca axuda do señor Pascoal trouxo á alcoba o mapa de Fontán. Pendurárono da parede. Os ollos do enfermo reviviron. A man figuraba sinalar hourizontes. Unha pura alegría animaba a faciana murchiña e branca. Adrián cunha vela na man ía alumeando os lugares que o vello dicía con voz lonxana: Corme, Laxe, Camariñas, Niñós... Adrián non sabía sempre atopar os sitios. O enfermo falaba: —Non, á dereita, á esquerda, un pouco ao norte —a vela alumeou longamente o nome e o sitio de Compostela. Adrián lía nomes de montes, de ríos, de pobiños, de ermidas. A luz ía seguindo os trazados dos camiños. Naqueles instantes extraños e fondos figuraban locir no mapa agras marelas de centeo, ermos vestidos de frores de toxo e de piorno, serras penedosas, campanarios barrocos, xente que vai polos sendeiros ós muíños e ás feiras, verdeceres de camposantos, fuxir de augas, praias douradas, galgar de ondas nos cons, velas que saen ronseleando a mar, orballeiras sobre os arboredos mestos, rúas de vellas cidades, soedades de esquencidos mosteiros. Adrián sentíase conmovido ata o máis fondo do seu ser. Tremándolle a man foi alumeando todo o camiño de Santiago, a terra de Ourense, as dúas aldeíñas xemelas do val onde eles estaban, paróu un instante como un cirio funeral no nome do pobiño no que morría D. Bernaldo e logo foi percorrendo todo o debuxo das fronteiras e costas de Galicia. Don Bernaldo xa non falaba. Sorría. Grosas bágoas queimaban as fazulas do Adrián. Tivo que saír á sala e liberar os seus saloucos na fiestra, cara á noite. Logo, atendendo os signos do doente púxolle o crucifixo nas mans. Xa non o afastaba dos beizos. Chegaba dona María co abade. Un feble suspirar fuxía aixiña do leito. O crego marmulaba as oraciós de agunía. Un rumor como o da derradeira auga dunha fonte que se enxoita. Don Bernaldo morría docemente, e unha negra sombra corría sobre o mapa de Galicia. Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si (1930) (fragmento)

Vicente Risco, Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros (1913) (fragmento)

galgar: saltar.

1

cachón: fervenza pequena.

2

angueira: tarefa, labor, faena.

3

benzón: bendición.

4

O gran sol do San Xohan afondía o verde brilar das viñas, dibuxaba en ouro o galgar 1 dos piñeirás polas costas, tremelocía no cachón 2 do río. Tempo de espranzas xa calladas, de madureza de primaveira, de torrón aínda fresqueiro baixo os longos días trunfantes. No pobo da outra banda badelan as campás. Un istante paran as angueiras 3 labregas, e vai correndo polo val a nova: Don Bernaldo está a morrer. A procisión do viáteco baixa polas canellas do logar. O mordomo do enfermo, o señor Pascoal tan vello como il, vai ca testa núa, cos ollos mollados tocando a campaí-ña. As salas e os corredores da casa énchense dunha moitedume axionllada. Dona María ten todo dispostiño: brancos panos sobre as mesas, acendidas as lámpadas das imaxes. O día figura máis raiolante, máis fondo e puro o azul do ceo. Cantan os paxariños como aqueles que están engaiolados na dourada capela do Cristo de Ourense. Cando El señor chegóu á alcoba, todas as facianas se baixaron ó chan, e no silenzo ouvíase o tremar dos curazós: o velliño desfeito e caducado, tan pretiño da morte tirouse do leito sin que houbera forzas pra retelo; botáronlle por riba un vello manteo e axionllado no medio da estancia, cos brazos en crus comulgóu santamente. Dona María choraba nun recuncho. Logo don Bernaldo sentiuse mellor. Bendiciu longamente a dona María e o Xacobe. Trazóu no aer unha crus ca man enrugada e serea. Aquila benzón 4 voaba coma unha pomba sobre o río e foise pousar na testa murcha da irmá tolleitiña. Cando falóu, foi para preguntar pra preguntar polo Adrián. Decorreron cerca de dous días calados, fondos, atentos ó máis pequeno movemento do doente. Dona María soilo deixaba a casa pra ir un instante a bicar á velliña. Contáballe piadosos enganos. Ata lle dixo que don Bernaldo desexaba un dociño de guindas, que había na casa. Dona María fitaba fría e descoñecida ó Xacobe, sin lle dicir palabra. Anoitecendo o segundo día chegóu Adrián da estación. Viña máis fraco, desfeito da viaxe. A nai, refuxiándose no seu peito, chorou por fin bágoas consoadoras. Fuxía a derradeira inquietude da faciana do doente e a súa man acariñaba a testa do sobriño axeonllado. Na noite ficaron soilos. Entón o doente faloulle ó Adrián:

68

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

Leutor: Certo día fitoume unha vaca. ¿Que coidará de min?, pensei eu; e naquel intre a vaca baixou a testa e sigueu comendo na herba. Agora xa sei que a vaca somentes dixo: —Bo, total un home con anteollos. E ó mellor eu non son máis que o que coidou a vaca. Velaí a ledicia de pensar que cando a miña calivera estea ó descuberto xa non poderá xuzgarme ningu-nha vaca. A morte non me arrepía e o mal que desexo ó meu nemigo é que viva até sobrevivirse. Eu son dos que estruchan a cara pra apalpa-la propia calivera e non fuxo dos cimeterios endexamais. Tanto é así que teño un amigo enterrador nun cimeterio de cibdade. Iste meu amigo non é, de certo, amigo meu; é somentes un ouxeto de esperencia, un coelliño de Indias. Un enterrador sabe sempre moitas cousas e cóntaas con humorismo. Un enterrador de cibdade que dispe e descalza ós mortos pra surti-las tendas de roupa vella, ten de sere home que lle cómpre a un humorista. Un enterrador que saca boa soldada co ouro dos dentes das caliveras tiña de sere meu amigo. Iste enterrador tense por home de ben e cóntame cousas tráxicas que fan rir e cóntame cousas de rir que arrepían, e coas sorpresas da súa conversa fuxen as horas sen decatarme. Boeno; o conto foi que un día collín o camiño do cimeterio e atopei ó enterrador un pouquiño non sei cómo, e dispois de falarmos moito díxome que tiña de contarme en segredo unha cousa, sempre que eu fose home de ben e amigo leal. Eu fiquei un pouco encorado polo medo á sorpresa descoñecida e, dispois de collerme polo ombreiro e arrechegarme os seus beizos podres á miña orella, díxome paseniñamente:

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

69


rodeira

rodeira

—¡Atopei uns papeles nunha caixa…! Nunha caixa que non sei de quen sería. O esquelete tiña na calivera un ollo de vidro que me fitaba con senreira.

—O meu fillo xa non precisa de médicos. Eu xa sei que o coitado non pasa da noite. E váiseme, señor; ¡váiseme e non teño ningún retrato seu!

E o enterrador sacou de a rentes do coiro uns papeles enrugados. O enterrador non sabía ler e doumos a min pra que llos lese. Eran cachos de periódico, papeles de fumar... todos numerados, e no primeiro campaban istas verbas: «Memorias dun esquelete».

Ai, eu non fora chamado como médico; eu fora chamado como retratista, e no intre sentín ganas acedas de botarme a rir.

Aquela letra era traballosa de ler i estaba feita cun garabullo. Cando rematei a leutura xa escomenzara o antre fusco e lusco e o enterrador, moi amocado, xurou que se non fose por Deus íñase ó esquelete i escacháballe a calivera cun sacho. Despedinme dil e cando xa iña pola estrada, camiño da cibdade, oín que me chamaba dende a porta do cimeterio.

E por verme ceibe de xeira tan macabra díxenlle que unha fotografía era mellor ca un deseño, asegureille que de noite poden facerse fotografías, e botando man de moitos razonamentos logrei que Melchor largase de min á cata dun fotógrafo. A cousa quedaba arrombada, e funme durmir, con mil ideas ensarilladas na chola. Cando estaba prendendo no sono petaron na miña porta. Era Melchor. —¡Os fotógrafos din que non teñen magnesio! E díxomo tremendo de anguria. A face albeira, e os ollos coma dous tetos de carne vermella de tanto chorar.

—¡Oia, veña acó! E dispois quediño e moi solermiñamente deitoume na orella ista pregunta: —Vostede, que é médico, ¿non sabería onde mercan ollos de vidro?

Endexamais fitei a un home tan desfeito pola dor.

E por catro cartos fíxenme dono do ollo de vidro e das memorias.

Pregaba, pregaba, e collíame as mans, e turraba por min, e o malpocado dicía cousas que me rachaban as entrañas:

As memorias do esquelete é o que ides a ler. Escoitade, pois, a un home do outro mundo, pregándovos por adiantado que non me fagades solidario das súas ideas.

—Considérese, señor. Dous riscos de vostede nun papel e xa poderei ollar sempre a cariña do meu neno. ¡Non me deixe na escuridade, señor!

Eu nascín, medrei e fíxenme home, e un bo día enfermóuseme un ollo. Fun aos médicos e lambéronme unha manchada de cartos e no remate de contas o ollo sandar sandou, pero quedoume grolo. Por aquel tempo tiña un galo tan amante que viña comer na miña man. Chamáballe Tenorio.

¡Quen teria corazón para negarse! Collín papel e lápiz, e alá me fun con Melchor, disposto a facer un retrato do rapaz moribundo.

Un día estando eu agachado cos graos de millo na cunca das maus, veuse cara min, paseniñamente, tripando a terra con aquel de señorón fidalgo. Plántase diante de min, ergue o pescozo pra fitar de perto, cicais bulronamente, aquel meu malfadado ollo grolo e, cavilando que sería cousa de manxar, axeitoume un peteirazo tan ben dirixido que me deixou torto. Agora si, os médicos, dispois de lamberme outra manchada de cartos, puxéronme un ollo de vidro, tan ben imitado que bulía e todo.

Todo estaba quedo e todo estaba calado. Unha luz cansa alumeaba, en amarelo, dúas facianas arrepiantes que ventaban a morte. O neno era o centro daquela pobreza da materia. Sen dicir nada senteime a debuxa-lo que ollaban os meus ollos de terra, e soamente ó cabo dalgún tempo conseguín afacerme ó drama que fitaba e aínda esquecelo un pouco, para poder traballar afervoado, coma un artista. E cando o deseño estaba xa no seu punto a voz de Melchor, agrandada por tanto silencio, feriume con estas verbas:

¡A cantas mulleres engaiolei chiscándolles o ollo de vidro…!

—Pola alma dos seus defuntos, non mo retrate así. ¡Non lle poña esa cara tan encoveirada e tan triste!

Morrín antre cobertores como morren a cotío os bos homes, e ben afeitado e ben peiteado e co meu traxe dos días de festa —que por certo levoumo o enterrador ó día seguinte de enterrarme— fun pra debaixo dos terróns sen que ninguén se lembrase de quitarme o ollo de vidro. [...]

Confeso que ó volver á realidade non souben que facer, e púxenme a repasa-las liñas xa feitas do retrato. O silencio foi esgazado novamente por Melchor:

Foi unha noite de luar cando saín da cova por primeira vez. Traballiño custoume desentolle-las pernas e cando me erguín e botei a miña cachola fóra da terra, fiquei pasmado... Aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sírveme agora pra mirar.

De súpeto naceume unha grande idea. Rachei o traballo, ensumín o meu ollar nun novo papel branco e debuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi bonito, moi bonito: un anxo de retábulo barroco, a sorrir.

Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922) (fragmento)

Entreguei o debuxo e saín fuxindo, e no intre de poñe-lo pé na rúa sentin que choraban dentro da casa. A morte viñera.

—Vostede ben sabe como era o meu rapaciño. Faga memoria, señor, e debúxemo rindo.

Agora Melchor consólase ollando a miña obra, que está pendurada enriba da cómoda, e sempre di coa mellor fe do mundo:

O RETRATO

—Tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o que me morreu. Velaí está o retrato que non mente.

Por amaina-la conciencia guindei co meu título de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite foron requiridos os meus servicios. Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Deume as boas noites e rompeu a chorar, e por entre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que soamente logrou dicirme que tiña un fillo a morrer. O pobre pai turraba por min, e eu deixábame levar, enfeitizado pola súa dor. ¡Despois de todo eu era médico titulado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de compracelo que sentín xurdir nos meus adentros unha grande ciencia... Cando chegamos á casa de Melchor logrei arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento confeseille que sabía pouco da carreira...

Castelao, Retrincos (1934)

2.º ACTO É a noite do 7 de nadal de 1483, chove, trona e lostreguea. Sala de entrada e recibo no pazo de Castrodouro: â esquerda unha gran fenestra de vidros de cores ô fondo ancha porta que deixa ver o corredor en volta que leva ô patio de armas: â dereita unha pequena porta falsa. O Mariscal -

E entón Melchor, facendo un esforzo, díxome quedamente:

Dende a Frouseira vin a cabalo, percorrendo os frentes ô longo da montana contra o río, baixo o vento e a neve a tarde enteira,

70

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

—Repara que hai moitos anos que non visito enfermos.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

71


rodeira

rodeira

e, si o cansazo non, tomóume o frío; mais xa todo pasou.

novas que me deixaron amargoso, cousas de mais altura e de mais monta.

Don Alfonso -

Esta mañán chegóu da Torre Augusta, onde meu sogro de tremor abala e soio ô medo seu vixir axusta, un criado c-un priego no que fala, como un vello que é laiando coitas, de que non xuzga tempo, - anque é xusticia, e ten de ser nosa mais forte arela de botar de Galicia os ladrós alleiros de Castela; que as súas penas son moitas (19...) e os seus días contados, e que no-agarde para as nosas loitas nin sua axuda ni-a dos seus soldados.

Señor, termade ben da vosa saúde! O Mariscal Non tivera outra punxente dor que me roera e, por Deus e en verdade que sin medo poidera botar fora de min toda inquedade! Don Alfonso Libre e tranquía está toda a bisbarra. Tenme, con todo, a alma cavilosa a retirada estrana e silenzosa das tropas de Mudarra! Pedro Mir Son do mesmo pensar!

Non fora o sangue seu, ai! o que corre nas veas do meu fillo e de Sabela. E as sombrizas paredes da súa torre saberían quen é Pardo de Cela!

O Mariscal -

Ramón Cabanillas – Antón Villar Ponte, O Mariscal (1926)

Conezo abondo o bispo ruín, treidor, de Mondoñedo e sei que alá, no fondo do seu peito, apreixado pol-o medo, pasa os días compondo a negra traza de algún pran segredo. A hoste castelán está acampada do Masma na riveira, a cousa todo o máis, d-unha xornada, ben en axexo de ocasión doada de asaltar a Frouseira ben agardando novas compañías de lanzas e arqueiros que, ô fin Mudarra, ô camiñar dos días decatóuse que ten ô seu comando uns probes mesnadeiros feitos â man para ladróns de gando, floxos para trunfar de cabaleiros. Pedro Mir A mesma conta fago. Os peós que fixemos prisioneiros na liorta en redor do Cadramón, xa falaron de lanzas de Santiago e xinetes de Burgos e León.

ESCEA III (Un apartamento cunha fiestra lateral. En principio termo unha cortina. Falan Micaela e o portugués. Dispois aparece Don Ramón). Micaela.- Don Ramón anda toliño por min, e pouco a pouco irá caendo todo canto ten nas miñas mans. O portugués.- E nas miñas. Non esquezas o trato. Micaela.- O noso trato é casar dispóis. (Escoitando) Parece que abriron a cancela... ¿Será Don Ramón? O portugués.- Será o rapaz. Micaela.- Déixame axexar pola fiestra. (Vai mirar e vólvese alarmada) Ai, ¡nunca Deus me dera! Anda, condenado; agáchate detrás da cortina que velaí vén Don Ramón. O portugués.- (Poñéndose diante da cortina) A ver si acabas dunha vez e o chimpas fóra deseguida. Micaela.- Mira que o vello pode facer a nosa felicidade. Déixame a min e ten paciencia, corazón. (Micaela séntase á beira da fiestra e axiña asoma por alí a figura de Don Ramón). Don Ramón.- ¿Podo entrar, Micaeliña? Micaela.- Vostede tolea, Don Ramonciño. ¡Xa ando na boca das xentes pola súa culpa e aínda me quer perder máis! ¿Non lle mandei decir que non viñese hoxe? Don Ramón.- Non podo deixar de verte. Micaela.- Pois o que é hoxe ben se podía quedar no pazo e non vir a comprometerme, que unha é moza solteira e a conducta logo se perde.

Pedro (fillo) -

Don Ramón.- Se a perdes por min, estou disposto a pagala. ¿Ques todo canto teño por ela? Non che podo ofrecer máis.

Endebén! Somos fortes e están con nós a honra e o dereito!

Micaela.- Aínda que son probe non me vendo por canto hai no mundo. [...] A min non me importan os homes. ¡Que os leve a todos xuntos o demo! ¡Que os coma un carrizo!

O Mariscal -

Don Ramón.- ¿Tamén ques que me leve a min o demo? Pois non pases coidados, Micaela, que non tardará en levarme se sigues despreciándome...

Cadran nos mozos os altivos portes e as falas d-ese xeito, mais compre agora para o empeño noso medir outras razós e ter en conta

72

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

Micaela.- Eu non o desprecio, Don Ramonciño, porque vostede non é coma os demais. ¡Boa proba lle din onte! ¡Boa proba lle din! Don Ramón.- Total un bico. [.,..] Pois hoxe veño a por outro.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

73


rodeira

rodeira

Micaela.- ¿De día? ¡Ai, que vergonza! (Tapándose a cara e, logo, descubríndoa) ¿Vostede pensa que eu son unha calquera, Don Ramonciño?

Antonio.- Ben, deixémolo aparte... Facendo, digo eu, ise arremedo de cadro, o don Miguel de don Miguel, poida que non se mova do seu ser...

Don Ramón.- Se me das un bico, regáloche outra leira.

Don Miguel.- ¡Supoño que non! O cadro dicirá o que queira. ¡Non por iso eu vou deixar de ser quen son!

Micaela.- Nunca lle din un bico a ningún home, ¡Abofé que vostede levou o primeiro...!, pero eu teño medo, ¿sabe? Teño medo de perder o sentido e que dispois vostede... que é un raposo... porque unha tamén é de carne e ten corazón, ¿sabe? [...] Agora non llo dou. Agora non. Teño moita vergonza.

Antonio.- (Seguindo) Pero o don Miguel dos outros, o de Matapitos, o do señor Baldomero, o das gavotas, o do mar, o do seu nome vivo, ¿coida que non vai padecer nos seus alicerces?

Don Ramón.- ¿E logo...? ¿Cando...? Micaela.- Esta noite, á saída do baile. [...] E non se esqueza do ofrecido, porque unha é probe e non quixera andar a pedir cando chegue á vellez. Don Ramón.- ¡Quen sabe se todo canto teño será para ti! Micaela.- Agora váiase, si, Don Ramonciño, que hoxe é domingo de Antroido e pode velo a xente e dispois todas son faladurías. Don Ramón.- Si, muller si, a xente deiquí é moi ruín. Xa me vou, e deica a noite, Micaeliña. Micaela.- Vaia con coidadiño e xa sabe no que quedamos.

Don Miguel.- Se ises que di saben quen son, non vexo que unha pantasía máis ou menos posta ahí en troques da fiestra, poida muschar pra iles o meu nome... Non, por ahí non me vai faguer cambiar na miña teima. Antonio.- A súa teima non é súa. Por ahí empezo eu. E por iso non pode pasar ao seu retrato. Sería o retrato de outro ou, mellor dito, de ninguén. Vostede poderá, polo que sexa, pedirme que lle faga o retrato de don Ninguén como se fose o seu; cun fondo dun xardín, o xardín de Ningures, pero eu non podo tomar sobre min isa encomenda. ¿Quer saber por que? Porque lle quero ben. Don Miguel.- Se me quixera, ¿non cedería, como eu cedín por cariño á miña filla?... Antonio.- Xa sei, xa sei. ¿Como ía vostede a ceder por outra cousa? Pero ¿non ve tamén que, xustamente por cariño á súa filla, non lle está permitido ceder? Don Miguel.- Sospeito que me estou liando. Imos por partes...

Don Ramón.- Adeus logo.

Antonio.- Eiquí non vexo partes.

Micaela.- Adeus, ¿si? (Vaise don Ramón, e Micaela queda un bocadiño na fiestra. O portugués sae da cortina). Micaela.- (Volvéndose cara ó seu amante) Non te queixarás de min. O portugués.- O que é a ese vello pódeslle arramplar con todo canto ten, e dispois nós... Ja, ja, ja. ¡Non o traballas mal, non, abofé! Micaela.- Todo esto fágoo por ti, ¡ladrón! O portugués.- Cada bico unha leira... ¡non está mal! Pois o que é polos que me deches a min pódeslle pedir o pazo. Micaela.- (Abrazándoo) ¡Meu lacazán! O portugués.- (Abrazando a Micaela) Meu repoliño. [...] (O pano cai a modo, para mudar o cadro). Castelao, Os vellos non deben de namorarse (1941)

Don Miguel.- Moi ben. Eu tampouco. O que ela quer é agora o todo para min... O demáis... Cando eu me vaia diste mundo... Antonio.- Está lonxe ise día, don Miguel. Pero poñámonos no caso. Deixe voalo seu amor máis alá da morte. Veleiquí o pai, o pai disa rapaza que deberá lembralo... Don Miguel.- É cousa súa. Antonio.- ¡Non! ¡Hai que axudala dende agora a se lembrar ben de seu pai, i a sentilo e querelo na lembranza como il foi de verdade, e non como non foi nin quería ser! Don Miguel.- Deixar voa-lo amor máis alá da morte é cousa ruda. Antonio.- Pero fai vivir. ¡E ver! Don Miguel.- Estou vendo, estou vendo. Cun pouco máis de pulso xa me parez que podería ser pintor. Pero unha cousa é ver, e outra dicir si ou non, cando dicindo non se fire a unha rapaza noviña, cheia de ilusiós. Antonio.- A isa rapaza hai que educala.

[Vila mariñeira. Casa de Don Miguel, un indiano rico. Este fala con Antonio, un pintor novo que lle fai un retrato. Don Miguel quere, presionado pola súa filla, substituír a escena mariñeira que se ve pola fiestra do fondo cadro por un xardíns] Antonio.- (Serio pero con cordialidade) ¿Como lle vai, don Miguel? Non sei se adeviño para o que me chama... Don Miguel.- Co que xa lle falei o outro día, pódese adeviña-lo principal.

Don Miguel.- Ter, ten estudios. Antonio.- Adornos, adornos. Polo demais ela é quen fire ¿ou non? Don Miguel.- [...] E ben, eiquí antre homes... Eu, certamente, non deixei de me sentir unha miga aldraxado cando isa rapaza... Antonio.- Non me conte nada. Adeviño. Rafael Dieste, A fiestra valdeira (1927)

Antonio.- Ah, xa entendo. Non é para segui-la nosa obra sen desvia-lo rumbo... Anublóuseme a pouca espranza que traguía. ¿E cal é entón a novedade? Don Miguel.- Sempre se poden volver a considerar mellor as cousas... Non pense que non cavilei ben no que me dixo. Si, ben sei que para un artista sinceiro como vostede ten que sinificar sagrifizo –non digo traballo nin dificultade: sagrifizo– poñer man nun cadro para estrangoar a súa unidade, como vostedes din. Pero ao mellor con algúns dises toques que o artista sabe... En fin, eu diso non entendo. Somente se pregarlle... Eu non son máis que un vello que quer deixar contenta á súa filla. Antonio.- Por favor, don Miguel, lémbrese ben. Si lle falei da unidade do cadro, foi pra me referir á de vostede... Don Miguel.- Algo recordo, si. Pintando un falso cadro, mintireiro... Antonio.- Un cadro que nin sequera vostede, alá no fondo, quer que se pinte... Don Miguel.- ¡Dixemos iso aparte!

74

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

75



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.