1
O VERBO En galego hai tres conxugacións: -AR/ -ER (pór)/-IR. A conxugación ten tres modos: -Indicativo: modo da realidade. Ten os seguintes tempos: presente, pretérito, futuro, copretérito, antepretérito e pospretérito. -Subxuntivo: modo da posibilidade. Ten os seguintes tempos: presente, pretérito e futuro. -Imperativo: expresa unha orde. Só ten presente. A primeira e segunda persoa do plural do pretérito de subxuntivo son esdrúxulas. Ningunha outra forma verbal en galego é esdrúxula. Nunca se pode empregar unha forma verbal composta co verbo HABER aínda que poida haber perífrases verbais con este verbo. Nos verbos regulares o SUBXUNTIVO FUTURO e o INFINITIVO PERSOAL son idénticos. O IMPERATIVO só ten dúas persoas: a segunda e a quinta agás o verbo HABER que non ten imperativo e o IR que ten unha cuarta persoa (vamos). Os verbos rematados no infinitivo en –CER (agás facer e derivados) e –CIR (agás dicir e derivados) son regulares. A característica modo-temporal do antepretérito é -ra- e a do pretérito de subxuntivo é -se- polo que nunca deben empregarse unha pola outra. Os verbos acabados en -aer, -oer, -oír, aír e -uír levan diérese na cuarta e quinta persoa do copretérito para evitar a concorrencia coas mesmas persoas do presente de subxuntivo. Hai algúns verbos que teñen alternancia vocálica no radical e son considerados por isto como verbos semiregulares aínda que condicionan ao presente de subxuntivo e ao imperativo: -e- por -i- nas formas rizotónicas do presente de indicativo: mido, mides, mide, medimos, medides, miden. ADHERIR, ADVERTIR, AGREDIR, CONCERNIR, CONFERIR, COMPETIR, DIFERIR, DISCERNIR, DIVERTIR, DIXERIR, ESPELIR, ESPIR, INFERIR, INSERIR, INVESTIR, INXERIR, MEDIR, PEDIR, PREFERIR, PROFERIR, REFERIR, REFLECTIR, REPETIR, REVESTIR, TRANSGREDIR, TRASFERIR, VESTIR… -e- por -i- na primeira persoa do presente de indicativo e por -ε- na segunda terceira e sexta persoa: sirvo, sεrves, sεrve, servimos, servides, sεrven. FERIR, SEGUIR, MENTIR, SENTIR e SERVIR. -u- por -с- na segunda, terceira e sexta persoas do presente de indicativo: durmo,dсrmes,dсrme, durmimos, durmides,dсrmen:ACUDIR, BULIR, CONSUMIR, CUBRIR, CUSPIR, CUMPRIR*, DESCIBRIR, DESLUCIR, ENCUBRIR, ENTRELUCIR, ENSUMIR, FUNDIR*, FUXIR, LUCIR, MULIR, MUXIR*, PULIR, REBULIR, RECUBRIR, RELUCIR, RUXIR, SACUDIR, SUBIR, SUFRIR, SUMIR, TRANSLUCIR, TREMELUCIR, ULIR, XURDIR E XUNGUIR. VERBO Cumprir* Fundir* Muxir*
ALTERNANCIA ser mester render quitar o leite
SEN ALTERNANCIA rematar un prazo derreter son das vacas
Hai un infinitivo persoal ou conxugado que é atemporal e amodal polo que nunca pode ir nas oracións simples nin nas principais das subordinadas. O seu uso sempre está condicionado ao verbo da proposición principal. Úsase: -Cando o suxeito da proposición de infinitivo é distinto do suxeito da Twan 2012