A DEFINICIÓN

Page 1

A DEFINICIÓN A definición consiste en delimitar a comprensión dun concepto para distinguilo dos demais. TIPOS DE DEFINICIÓN

1. Definición esencial: É o tipo perfecto de definición. Consiste en expresar a esencia dunha realidade a través da definición da súa especie. Faise unindo o termo xeral, ou xénero próximo, e a diferenza específica. Por exemplo, a definición esencial de "home" sería "animal (xénero) racional (diferenza específica)". 2. Definición descritiva: Achégase á esencial pero sen alcanzala. Consiste na indicación dunha ou varias propiedades do concepto 3. Definición causal: Consiste en definir unha cousa, non en si mesma, senón pola súa causa. DEFINIR UN SUBSTANTIVO Para definir un substantivo debemos indicar outro substantivo que indique o que é (termo xeral, hiperónimo, …): persoa, animal, moble, instrumento, concepto, alimento, .. e algunha característica que o individualice. A palabra que se define non pode aparecer na definición. Úmero: Óso do brazo que vai desde o ombreiro ao cóbado.

DEFINIR UN ADXECTIVO Para definir un adxectivo podemos comezar empregando expresións do tipo: “Dise …”, “Refírese a …”, “Aplícase a ...”, “ Relativo a …” ou só “ Que …” . Podemos seguir cun sinónimo ou expresión sinónima, indicando algunha relación ou característica, … Ledo. Que sente ledicia lene. Que é agradable ao tacto pola súa brandura, dozura etc

DEFINIR UN VERBO Para definir un verbo débese comezar por outro verbo Disfrazar.1 Vestir [alguén] cun disfrace .Tamén verbo pronominal 2 figurado Desfigurar [algo] de xeito que non se pode recoñecer



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.