Ortografía. A diérese 1. A diérese É un signo diacrítico que en galego se usa: 1. Úsase coa letra u para indicar que se pronuncia esta vogal nas sílabas güe, güi, fronte a gue, gui ( dígrafo) :
antigüidade, bilingüe, argüír, argüían, lingüista, lingüística, mingüedes, ungüento etc.
2. Úsase tamén coa letra i na primeira e segunda persoas de plural dos copretéritos de indicativo dos verbos rematados en -aer (caer, decaer, recaer, traer, atraer, contraer, distraer, extraer), -oer (roer, corroer, doer, moer, remoer), -aír (saír, sobresaír) e -oír (oír):
caïamos, caïades, doïamos, doïades, moïamos, moïades, oïamos, oïades, saïamos, saïades, traïamos, traïades etc.
A razón de colocar esta diérese é que o i forma sílaba en por si (ca-i-a-mos), aínda que é átono. Desta maneira distínguense estas formas das do presente de subxuntivo, en que o i forma ditongo: caiamos, caiades (ca-ia-mos, ca-ia-des). Consecuentemente, tamén levan diérese os copretéritos de indicativo dos verbos en -uír, aínda que neles non haxa posibilidade de homonimia co presente de subxuntivo:
argüïamos, constituïamos, constituïades.
ACTIVIDADES Poñer g, gu ou gü nas seguintes palabras por exemplo, ..ota: gota; ..erra: guerra; arg..imos: argüímos
1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
lin..a g..elfo san..íneo anti..idade ar..ír meren..e distin..o er..er prosi..an
1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
ambi..o ..ieiro si..o ..indar ar..irás bilin..e e..a monolin..e ..ato
1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
san..e anti..o ..uante ..itarra ..iso ambi..idade consi..amos pin..e azoug..e
1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
..edella tre..a alber..e ..erreiro lin..ística persi..as extin..ades ping..ín exig..o