Ortografía. Guión
1. O guión 1.1. O guión ou trazo: é un signo ortográfico que pode ter diferentes funcións: 3.1.1. Para partir unha palabra ao final de liña. 3.1.2. Para separar os dous membros en certas palabras compostas. 3.1.3. Para unir a variante alomórfica –lo do artigo ao adverbio u :
dicionario galego-inglés, u-la navalla? *De se usar o alomorfo –lo do artigo tras unha forma verbal ou pronominal rematada en –s ou en –r, únese tamén con guión, porque nestes mesmos contextos tamén pode aparecer o pronome átono :
tráiovo-lo libro mañá/ Tráiovolo 1.1.1. Partir unha palabra o final da liña. *Esta división só pode facerse mantendo íntegras as sílabas dos dous segmentos. *Os dous elementos dun dígrafo non se poden separar, por constituíren a representación dun son único: ce-/rra-/lleiro, ma-/chada, co-/rromper, pre-/rrogativa, algu-/nha, ningu-/nha, etc. *Por razón estéticas adoita evitarse deixar orfa unha vogal ao final ou ao principio de liña. *Cando un guión que separa dúas palabras ou dous membros dunha palabra complexa coincide en final de liña, cómpre repetilo ao comezo da liña seguinte: diccionario galego-/-inglés. * A pesar do dito arriba, en palabras derivadas por prefixación en que aínda non se perdese a conciencia do prefixo, recoméndase facer a partición da palabra ao final de liña entre o prefixo e a base: bis-/avó, des-/abrigar * Non obstante, naqueles casos en que a silabación habitual así o permita, non se considera incorrecta a partición sen ter en conta os elementos mórficos da palabra: tran-/soceánico, bi-/savó, supe-/rabundante. 1.1.2. Nas palabras compostas. Escríbense con guión as palabras en que o primeiro elemento é non (nonintervención, non-proliferación, non-aliñados, non-fumadores), asociacións ocasionais non fixadas na lingua (dicionario alemán-galego; estudos xurídico-