O SUBSTANTIVO. O NÚMERO

Page 1

O SUBSTANTIVO. Número 1

O SUBSTANTIVO. NÚMERO O plural en galego fórmase utilizando as seguintes regras: 1. Engaden –s : 1.1. As palabras rematadas -n, vogal ou ditongo. singular can

plural cans

pantalón pantalóns son

sons

avó

avós

lei

leis

rei

reis

alelí

alelís

1.2. As palabras rematadas en consoantes inusuais, por estranxeirismos ou cultismos. Os estranxerismos tamén poden respectar a forma do plural da lingua de orixe. Os estranxeirismos, cando se trata de palabras moi integradas, forman o plural segundo as regras xerais singular

plural

club

clubs

coñac

coñacs

clip

clips

sándwich sándwichs hippy

hippys / hippies

2. Engaden –es 2.1.As palabras rematadas en –r ou –z. singular

plural

calor

calores

luz

luces

dólar

dolares

júnior

Juniores/júniors

2.2. As palabras agudas rematadas en –s, agás as rematadas en grupo consonántico.


O SUBSTANTIVO. Número 2

singular

plural

deus

deuses

revés

reveses

compás compases

2.3.As palabras monosílabas acabadas en –l. singular plural cal

cales

fol

foles

sal

sales

2.4.As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo rematado en –l. singular

plural

ollomol

ollomoles

parasol

parasoles

chuchamel chuchameles A pesar da súa aparencia, caracol e aerosol non son compostos de col e sol. Os seus plurais son, xa que logo, regulares: caracois e aerosois. 2.5. As palabras graves rematadas en –l. singular plural fácil

fáciles

útil

útiles

túnel

túneles

téxtil

téxtiles

Como excepción a esta regra, hai que citar o sufixo –bel que fai o plural en –beis: posíbel, posíbeis. 3. Engaden –is 3.1 As palabras agudas polisílabas rematadas en –l. singular plural animal

animais


O SUBSTANTIVO. Número 3

papel

papeis

candil

candís

farol

farois

cruel

crueis

Repárese que o plural de aquel é aqueles, pola mesma razón indicada para el, eles. Repárese que nos rematados en –il o resultados –iis, resólvese en –is ( mandrís, non mandriis) 4. Non varían 4.1 As palabras agudas rematadas en grupo consonántico,incluídas as acabadas en -x [ks]: luns, fax, unisex... 4.2. As palabras graves e esdrúxulas acabadas en –s ou –x [ks]: choromicas, lapis, martes, tórax... PLURAL NAS PALABRAS COMPOSTAS 1. Os compostos que se grafan xuntos ou separados cun guión forman o plural no segundo constituínte: vacalouras, xurídico-administrativos, ... 2. Os compostos que se grafan separados forman o plural nos dous elementos se están construídos por un substantivo+ un adxectivo: porcos bravos,... 3. Se a combinación está formada por un substantivo+ un substantivo só forma o plural o primeiro elemento: coches cama, pisos piloto, ... Se a combinación é un substantivo+ unha preposición + un substantivo só forma o plural o primeiro elemento: estrelas de mar, cadelas de frade, ...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.