O SUBSTANTIVO. Número 1
O SUBSTANTIVO. NÚMERO O plural en galego fórmase utilizando as seguintes regras: 1. Engaden –s : 1.1. As palabras rematadas -n, vogal ou ditongo. singular can
plural cans
pantalón pantalóns son
sons
avó
avós
lei
leis
rei
reis
alelí
alelís
1.2. As palabras rematadas en consoantes inusuais, por estranxeirismos ou cultismos. Os estranxerismos tamén poden respectar a forma do plural da lingua de orixe. Os estranxeirismos, cando se trata de palabras moi integradas, forman o plural segundo as regras xerais singular
plural
club
clubs
coñac
coñacs
clip
clips
sándwich sándwichs hippy
hippys / hippies
2. Engaden –es 2.1.As palabras rematadas en –r ou –z. singular
plural
calor
calores
luz
luces
dólar
dolares
júnior
Juniores/júniors
2.2. As palabras agudas rematadas en –s, agás as rematadas en grupo consonántico.