O xénero O xénero é inherente ós substantivos, non está condicionado polas necesidades de concordancia dentro do enunciado e reflicte a seguinte oposición: xénero marcado (tamén chamado "feminino") e xénero non marcado (tamén chamado "masculino").
Feminino Son substantivos femininos os rematados en -axe: aldraxe, aprendizaxe, carraxe, ramaxe, agás paxe, traxe e garaxe. -se: análise, trombose, cirrose, mímese, con excepción de envase, interese, pase, valse. -ite: apendicite, bronquite, gastrite, (son de orixe grega); os masculinos son escasos e teñen distinta procedencia: convite, desquite, envite, satélite. -(i)tude: altitude, aptitude, magnitude. -ade: lealdade, vontade, bondade, señardade, claridade, liberdade. Outros substantivos femininos: A ábsida. A aguia. A análise. A apocalipse. A apócope. A apóstrofe. A árbore. A armazón. A arte. A augardente. A cal (canle). A calor. A canle. A carraxe. A color. A contraorde. A cor. A cute. A dolor. A dor. A eclipse. A fame. A fin (=final). A fraude. A friaxe. A orde. A orixe. A paisaxe. A paréntese. o/a personaxe. A pez. A ponte. A psicodrama. A pube. A reuma. A samba. A sentinela. A servidume. A síncope. A síndrome. A suborde. A suor. A viaxe. A xénese.
Masculino Son substantivos masculinos os rematados en -ote e -ete (na súa orixe diminutivos): capote, garrote, barrote, camarote, piquete, bigote; ou en -ate: chocolate, iate, tomate, etc Tódolos deverbativos con sufixo en -e, alternante no masculino con -o: tisne, encaixe, ruxe -ruxe,... -án ou -an, salvo "man": tulipán, volcán, afán, pan, ademán -ame ou -ome: agás síndrome e fame -ume: betume, cerume, costume, cume, estrume, fume, legume, lume, queixume, teitume, vagalume, volume (pero a servidume, a podredume...). 1
Os nomes das letras, números, cabos, montes, ríos, océanos: o "a", o "be"
Outros substantivos masculinos: O acedume. O azucre. O betume. O cablegrama. O cal. O cárcere. O contrasinal. O cordame. O costume. O couce. O cume. O cuspe. O dote. O fel. O fin (=finalidade). O fume. O labor. O legume. O leite. O lume. O mar. O masacre. O mel. O nariz. O pagode. O paradoxo, o/a personaxe. O pesadume. O plasma. O pudor. O queixume. O rapsodo. O riso. O rubor. O sal. O sangue. O sinal. O sorriso. O teitume. O til. O ubre. O vagalume. O xiz.
2