– A falta de relación lóxica e temática entre o que se pregunta e o que se responde obstaculiza a coherencia local da secuencia porque se viola a necesaria implicación lóxica entre a pregunta e a resposta.
1. O TEXTO. AS PROPIEDADES TEXTUAIS SOLUCIÓN ÁS CUESTIÓNS
1. (páx. 11) Expositiva. Persuasiva (entre outras posibilidades).
4. (páx. 19) Contraste: porén, agora ben, mais, non obstante, aínda que...
Persuasiva.
Adición: á parte, tamén, así mesmo, enriba...
Poética.
Concesividade: a pesar de todo, con todo, pese a todo, malia todo...
Narrativa. Expositiva e/ou poética. Expositiva. 2. (páx. 13) – O tratamento excesivamente familiar dirixido a unha persoa que se atopa nun plano social e profesional diferente ao do emisor e o uso do rexistro coloquial nunha situación que require o formal constitúen dous inconvenientes salientables para a adecuación do texto ao contexto situacional, á vez que denotan unha considerable falta de cortesía e unha deficiente educación cívica. – A utilización de léxico específico da linguaxe científica nunha situación normal da vida cotiá, que esixiría un rexistro coloquial, é un obstáculo para a comunicación espontánea; de non tratarse dunha broma resulta unha pedantería. – A escolla dunha estrutura textual inapropiada para a intención e a finalidade da mensaxe é o trazo que empece a adecuación do texto. – O inoportuno tratamento familiar con que se alude ao interlocutor nunha situación que require formalidade e respectuoso distanciamento constitúe o principal obstáculo para a elaboración dun texto adecuado. 3. (páx. 16) – A evidente contradición entre o expresado na primeira oración e o que se afirma na segunda perturba a coherencia local do enunciado porque viola unha presuposición. – A errónea relación causa-efecto establecida entre a oración principal e a subordinada estorba a coherencia global do enunciado, xa que carece de relación temática. – A incongruencia informativa da mensaxe convértea nunha secuencia discursiva que non pode ser interpretada cabalmente porque contradí o noso coñecemento do mundo e isto afecta á coherencia local do enunciado.
SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES DA SECCIÓN INICIAL (páxs. 22-26)
1. a) Expositiva b) Persuasiva c) Expositiva d) Narrativa e) Poética. 2.
COLOQUIAL-VULGAR
ESTÁNDAR-MEDIA
FORMAL-CULTA
Escarallar, ir a pique, chafar, cascar, estragar
Derramar, botar a perder, murchar, podrecer, merar
Deteriorar, danar, arruinar, malograr, inutilizar
Mangar, levantar, limpar, botarlle a man, ratear, repañar
Roubar, levar, furtar, rapinar
Largar, botar a lingua a pacer, baduar, esbardallar, fungar, barallar, latricar
Falar, charlar, parolar, conversar
Expropiar, usurpar, espoliar, subtraer
Expresar, expor, manifestar, pronunciar, dialogar
3. Resposta aberta. 4. – A incoherencia radica na falta de implicación lóxica entre o que se afirma na primeira parte do enunciado e o que se comunica ao final. Trátase dunha secuencia que falla na coherencia local, na continuidade das ideas expresadas, resultando por iso contradictoria. – Este fragmento adoece de falta de unidade temática e, polo tanto, carece de coherencia global. Non se dá relación de causalidade entre o contido das dúas oracións malia a utilización dunha marca de conexión —a locución por iso— que aparentemente transmite ese valor. – Esta secuencia contradí o noso coñecemento do mundo real e da historia, está inzada de anacronismos e imprecisións que prexudican a súa coherencia xa desde o nivel local. 5. a) O carrizo; o carrizo; o carrizo; os paxariños; o boi; o boi; o boi. Trátase, efectivamente, dun deíctico, pois é unha forma lingüística que serve para sinalar na mensaxe a un
1