O SUBSTANTIVO. O xénero

Page 1

MORFOLOXÍA: O Xénero

O XÉNERO Os substantivos que designan seres inanimados teñen un único xénero gramatical. Por mor da presión do castelán acontece, en ocasións, que ditos substantivos teñen modificado o seu xénero. De aí que debamos lembrar que en galego:  Son de xénero masculino 1. Os nomes rematados en –o: o paso, o bolso, pero a moto, a dínamo, a radio (“aparello radiorreceptor”) 2. Os nomes das letras: o ce, o gue, o a… 3. Moitos substantivos reparados en -ote e –ume: o dote, o cume, o acedume, o legume, o teitume, o queixume, o coiote, o alcaiote ( “ Persoa que facilita e encobre relacións amorosas ou sexuais”),o betume, o pesadume… Excepto: a servidume, a mansedume e podredume. 4. Moitos substantivos rematados en –me: o crime, o nome, o arame, o vexame, o raizame…. Pero a derme, a epiderme, a fame e a síndrome ( e a SIDA). 5. Os nomes dos números: O un, o vinte e sete, o cinco centos tres… 6. As árbores froiteiras que teñen o froito masculino (do cal procede o nome da árbore): o pexegueiro, o limoeiro, …Excepción: a figueira e a concheira ( sinónimo dialectal de nogueira). 7. Os substantivos : o antípoda, o capicúa, o bechamel, o berce, o cal (“das paredes”), o cárcere, o cordame, o couce, o cuspe, o diadema, o dote, o fantasma, o fin ( “finalidade”), o friame,o fel, o labor, o ligame, o mar, o masacre, o mel,o nada, o nariz, o negrume, o pagode, o paradoxo, o pelame, o pesadume, o raizame, o rapsodo, o sal, o sangue, o sinal, o riso, o sorriso, o térmite, o til, o ubre, o vexame, o xiz, o áspide…  Son de xénero feminino: 1. As árbores froiteiras que teñen froito feminino ( do cal depende o nome da árbore): a pereira, a laranxeira, … Excepción é o castiñeiro, granadeiro e framboeseiro. 2. As palabras rematadas en –axe: a hospedaxe, a paisaxe, a carraxe, … Excepción: axe (“segunda vértebra da rexión cervical”), balaxe (“rubí de cor morada”), traxe, paxe e garaxe. OBSERVACIÓN : Personaxe xeralmente adoita empregarse como masculino, pero para referirse a seres sexuados femininos emprégase o xénero feminino ( a personaxe) 3. Moitos substantivos rematados en –se e –te: a eclipse, a elipse, a diabete, a dose, a hepatite, a paréntese, a énfase, a xénese, a apoteose, a análise, … Agás o pase, o éxtase, o envase, o interese, o vals, convite, desquite, envite, satélite… 4. Os substantivos rematados en –ade: a bondade, a entidade, a liberdade, a señardade … Pero o trade, o almohade, o frade. 5. Os substantivos: a ábsida, a auga, a árbore, a arte, a ananás, a análise, a azouta, a canle, a cal (“canle”), a calor, a color, a cor, a cute, a dolor, a dor, a fame, a feluxe, a ferruxe, a fénix, a flegma, a fin (“final”, a fronte, a fraude, a lavalouza, a marxe, a orde, a omoplata, a orixe, a pantasma, a


MORFOLOXÍA: O Xénero

peluche ( “tecido ou boneco”), a plasma, a ponte, a pube, a reuma, a sentinela, a sebe, a síndrome, a suor, a vertixe, a viruxe… Cómpre lembrar que en galego as formas que comezan por “a”, tales: alma, arte, auga, aula, arma… teñen xénero feminino e así debemos escribir : a alma, a arte, a auga… evitando os castelanismos do tipo: o alma, o arte…


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.