Informe de seca para Galicia
INFORME DA SECA EN GALICIA
Data de elaboraci贸n: 07/10/2011
P谩xina 1 de 10
Informe de seca para Galicia
O tempo nos últimos meses viu caracterizado por presentarse seco o moi seco en moitos puntos da Comunidade. Así, a primavera comezou cun mes de marzo con valores acumulados de chuvia normais ou inferiores ao normal na metade norte, e normais ou superiores ó normal na metade sur. Sen embargo, o mes de abril presentouse seco en xeral con moi poucos días de chuvia (considérase día de chuvia valores ≥ 1L/m2 ), causada principalmente pola presenza de treboadas. Ademais, en canto ás temperaturas, o mes foi extremadamente cálido, favorecendo así a evapotranspiración e afectando polo tanto ó balance hídrico . Por último, o mes de maio presentou moi pouca precipitación que novamente viu asociada ás treboadas. O verán caracterizouse pola ausencia de precipitación, se ven destacan as fortes chuvias que afectaron principalmente ás Rías Baixas. En menos dunha hora, rexistrouse máis precipitación na madrugada do 21 ó 22 de Agosto que en todo o que se levaba da estación estival en localidades como Vigo. Neste informe preséntase un estudo sobre a precipitación acumulada nos meses de outubro a setembro e a súa comparación cos datos climatolóxicos. A serie rexional que se estuda está constituída por 31 estacións meteorolóxicas repartidas polo territorio galego. Así mesmo, preséntanse as anomalías con respecto ó período de referencia 1971-2000. Tendo en conta a primavera que se presentou neste ano 2011, tamén se optou por mostrar os acumulados de precipitación no período de marzo a setembro, comparándoo co período de referencia 1971-2000. Na figura 1 preséntase a precipitación acumulada dende o ano 1960 ata a actualidade para a serie rexional construída para Galicia. A media climática de 1971-2000 ten un valor de 1372 L/ m2. Este valor non é moi diferente do período de referencia 1981-2010, cun valor de 1324 L/m2. As anomalías móstrase respecto ao período 1971-2000, que sigue sendo o máis empregado nos diferentes estudos. A figura 2 mostra as anomalías respecto do período 71-2000 expresadas en porcentaxe. Pódese concluír que no ano 2004-2005 tívose unha porcentaxe inferior de chuvia que este ano (67% fronte ao 70% no 2010-2011).
Páxina 2 de 10
Informe de seca para Galicia
Figura 1: Precipitación acumulada no período de outubro a setembro.
Figura 2: Anomalía de precipitación acumulada no período de outubro a setembro con respecto ó 1971-2000.
Sen embargo, destaca o especialmente seco que resulta o presente ano, se o que se estuda é o período dos meses de marzo a setembro.
Páxina 3 de 10
Informe de seca para Galicia
A continuación móstranse as figuras 3 e 4 ca comparación co período climático 1971-2000 (cun valor medio de 535 L/m2). Encontrouse que a media climática 1981-2010 tamén amosa un valor similar (524 L/m2).
Figura 3: Precipitación acumulada no período de marzo a setembro.
Figura 4: Anomalía da precipitación acumulada no período de marzo a setembro con respecto ó 1971-2000.
Nestas últimas gráficas destaca este ano como o segundo máis seco no período 1960-2011 cunha anomalía negativa de -49% e un valor de 274L/m2 acumulados de marzo a setembro. Así se dirime que choveu un 51% do valor normal. O ano máis seco foi o 1990, con 255 L/m2
Páxina 4 de 10
Informe de seca para Galicia
acumulados no mesmo período e cunha porcentaxe de chuvia con respecto do valor normal do 49%. A seca do ano 1990, enmárcase dentro dun período que foi do ano 1989 ao ano 1993 e que afectou a amplas zonas da Península Ibérica.
Prognósticos a medio e longo prazo Medio Prazo: Despois dun longo período no que Galicia apenas recibiu a visita de sistemas frontais, que son os que deixan as chuvias de tipo persistente, xeneralizado e que en función da súa intensidade poden deixar tamén importantes cantidades, os últimos prognósticos indican que Galicia podería recibir durante a vindeira semana novamente a visita destes sistemas frontais. Cabe lembrar que dende o inicio de Setembro soamente dúas destas frontes lograron chegar a Galicia (os días 3 e 28) sendo a do día 28 unha fronte moi débil. Porén, é difícil sinalar o momento preciso no que as altas presións que levan moito tempo bloqueando o paso destes sistemas frontais retiraranse levantando a barreira que impide a chegada das influencias Atlánticas. Na seguinte figura podemos ver para un punto como Pontevedra que a partir do vindeiro luns as probabilidades de chuvia aumentan considerablemente, pero persisten tamén probabilidades de tempo seco.
Páxina 5 de 10
Informe de seca para Galicia
Polo tanto a medio prazo poderíamos concluír que as chuvias durante a vindeira semana son moi probables, pero non se pode neste momento precisar en que día se poderían producir nin a súa intensidade ou continuidade. Longo prazo (prognóstico estacional) Sobre os prognósticos a longo prazo sobre Galicia compre facer dúas consideracións importantes. Por unha banda a súa fiabilidade nas latitudes medias é baixa en xeral, pero ademais están moi influídos polas condicións iniciais, de xeito que as condicións secas das últimas semanas inflúen moito nos prognósticos de anomalías de chuvia, fomentando as situacións de escaseza de chuvia nos modelos. Isto ponse claramente de manifesto nos prognósticos realizados pola centro de predición climática dos EEUU. Se ollamos para as dúas figuras seguintes:
Páxina 6 de 10
Informe de seca para Galicia
Pรกxina 7 de 10
Informe de seca para Galicia
Vemos como ambas figuras nos informan dos prognósticos de anomalía de chuvia para os seguintes meses, cun prognóstico emitido o día 12 de outubro. A diferenza entre os dous prognósticos estriba en que o primeiro toma as condicións iniciais do período 12-21 de setembro, mentres que na segunda estas condicións foron tomadas no período 2-11 de Outubro, e dicir, en condicións netamente anticiclónicas. A consecuencia é que no primeiro teríamos Outubro e Decembro lixeiramente máis secos do habitual, con Novembro normal, mentres que no segundo teríamos un prognóstico de ausencia total de chuvia en Outubro e
Páxina 8 de 10
Informe de seca para Galicia
Novembro e Decembro secos ou moi secos. Dado que a atmosfera nestas zonas pode cambiar rapidamente o segundo prognósticos parece moi pesimista. Outra versión diferente destes prognósticos podémolo atopar no Servizo Meteorolóxico do Reino Unido. Neste caso incluímos unha figura que resalta as escasas probabilidades de que o vindeiro trimestre sexa máis chuvioso do habitual.
Condicións ‘La Niña’ no Pacífico Un factor que pode axudar a que se cumpran os prognósticos de menos chuvia da habitual nos vindeiros meses é o feito de que no Pacífico ecuatorial esteamos novamente en condicións ‘La Niña’. Así como nas latitudes medias os prognósticos estacionais non teñen moita fiabilidade, nas áreas ecuatoriais si teñen máis oportunidades de cumprirse posto que o acoplamento entre a atmosfera e o océano é moi forte e o océano ten moita máis inercia térmica que a atmosfera. En definitiva é moi probable que estas condicións Niña se manteñan no que queda de outono e no vindeiro inverno. Loxicamente este factor non é o máis importante para ter en conta nos prognósticos estacionais en Galicia, pero en todo caso si está comprobado que nas épocas Niña aumentan as probabilidades dos anticiclóns de bloqueo e polo tanto das condicións máis secas do habitual. Conclusións
Páxina 9 de 10
Informe de seca para Galicia
Con todos estes datos podemos concluír que na vindeira semana teremos un cambio de tempo que nun momento ou noutro da semana deixará as primeiras chuvias de outubro, pero resulta moi complicado a día de hoxe ter unha idea de si estas chuvias serán persistentes, suficientemente cuantiosas e sobre todo si terán continuidade nas seguintes semanas, pero tanto os prognósticos estacionais como o feito de teren condicións ‘La Niña’ no Pacífico estaríannos dicindo que as chuvias poderían manterse por debaixo dos valores climáticos nos seguintes meses. MeteoGalicia Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Xunta de Galicia
Páxina 10 de 10