Reparto de froita fresca
no IES Fin do Camiño
Subvencionado pola Consellería do Medio Rural, e co fin de fomentar o consumo de frota fresca nos escolares, esta semana faremos reparto de froita fresca nos recreos. A froita escollida neste reparto é a laranxa, ideal para facer zumes. Esta froita é rica en vitamina C, betacaroteno, ácido fólico e minerais -como o potasio, o magnesio e o calcio- ademáis de ácidos málico, oxálico, tartárico e cítrico, o que fai dela un alimento antioxidante, cardioprotector e estimulante do sistema inmune.