OUTONO DE LECTURAS
“Abrir un libro é deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendo, de paisaxes...Unha maxia secreta e inesgotable que a nós nos corresponde descubrir.” Agustín Fernández Paz
“Todos temos un libro que nos espera, do mesmo xeito que a todos nos agarda un amor nalgún sitio: a cousa é descubrilo. Os que non gozan coa lectura son aqueles que non atoparon aínda ese libro, esa obra que os atraparía e os deixaría trementes e exhaustos como sempre deixan as grandes paixóns. Síntoo por eles.” Rosa Montero
“Cun libro na man son perigoso: penso, soño, fago preguntas, son responsable, habito o tempo... inicio a revolución silenciosa que fará outro mundo mellor.” Pep Bruno
“A lectura non só nos axuda a medrar como persoas, senón que tamén é imprescindible para construír unha sociedade mellor, máis xusta, con cidadáns críticos e responsables.” Agustín Fernández Paz
“Que non vos estrañe: o desenvolvemento humano non avanza en zigzag nin a saltos, senón que normalmente constrúe sobre o anterior. A loita por comprender e utilizar as novas tecnoloxías dixitais esixe moitas cousas novas, si; pero presupón as antigas. E a máis importante delas é a lectura.” José Antonio Millán
“O progresismo non consiste en dotar de infraestruturas as cidades, senón en dotar de infraestruturas as cabezas das persoas. E iso comeza co hábito lector dos nenos.” Jorge Emilio Bóveda
BIBLIOTECA I.E.S. FIN DO CAMIÑO