NON HAI FLORES NO CAMIÑO DA VIOLENCIA MACHISTA A vida das mulleres non debera estar tinguida do vocabulario e dos xestos da violencia. Unha violencia que é visible e invisible, que insulta e que bate nunha, que denigra e rouba a dignidade e que te mata. Esta violencia matou a 40 mulleres no que levamos de ano.Aínda onte unha rapaza de vinte e seis anos morreu a mans do seu mozo. Son persoas con pais, con fillos, con irmáns, con amigos e con nome propio: Os datos dan medo e reflicten que queda
moito por facer para que poidamos dicir que
vivimos nunha sociedade en que a convivencia entre mulleres e homes é exemplar. Unha sociedade na que a liberdade, o respecto, a confianza ou a igualdade de trato rexan as relacións entre ambos sexos, evitando situacións de desigualdade manifesta. Non hai nada que poida xustificar ou dar amparo ao asasinato das mulleres. Coñecerse ben, desenvolver a confianza, pode que non sexan suficientes, pero si deben estar presentes nas relacións e na convivencia entre as persoas.
Esta convivencia é unha carreira de
obstáculos, imprevisibles e constantes, e as mulleres oprimidas por un sistema cada vez máis desigual, como di Begoña Díez, sobrevivimos; e facémolo marcadas, que non recoñecidas na nosa verdadeira diferenza e identidade, mais non por iso imos asumir o rol vitimista, senón que precisamos superar esta situación e non ter medo: "Son muller... e sobrevivo e ás veces vivo. Son muller e son marca de xénero (e ás veces marca nas fazulas). Son vermello entre as pernas Son muller e non teño medo (porque son muller)
Por iso, o primeiro é avanzar nesa apropiación das nosas vidas, na superación, e para iso, escoitemos en galego os acertados versos da poeta de Granada, Victoria Ash, en "Para ti, que es especial":