DÍA DA MULLER
8 de marzo
Las chicas son guerreras, de Irene Cívico e Sergio Parra. É a historia de 26 rebeldes que cambiaron o mundo; mulleres que crearon inventos ou obras de arte, defenderon ideas políticas...
Olympe de Gouges, de Catel Muller e Jose-Louis Bocquet. É considerada a primeira feminista da historia. Da súa pluma naceu a “Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadana”.
Estas son as nosas recomendacións: libros e películas coas mulleres como protagonistas.
Biblioteca I.E.S. Fin do Camiño
Persépolis, de Marjane Satrapi. Narra a vida dunha muller iraní, cos cambios políticos e sociais do seu país como telón de fondo.
A condesa rebelde, dirixida por Zaza Ceballos. Céntrase na figura da intelectual e escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán, que destacou como pioneira da integración das mulleres nas institucións educativas e culturais españolas.
La vida en Irán. Nylon Road, de Parsua Bashi. A autora reflicte un diálogo consigo mesma acerca da súa condición de activista política, estudiante de arte, madre, muller divorciada e inmigrante.
Ágora, dirixida por Alejandro Amenábar. Historia de Hipatia, unha muller culta, recoñecida matemática e astrónoma, admirada polos seus discípulos que ademais se nega a convertirse a unha relixión na que non cre.
Aya de Yopougon, de Marguerite Abouet. Nel se describe a vida nun apacible barrio de Abiyán, en Costa de Marfil, nun África sen conflitos bélicos nin pobreza extrema.
Las astrónomas. Chicas estrella, de Sara Gil Casanova. Como funciona o Universo? Esta é a historia de moitas mulleres que se preguntaron eso mesmo: Hipatia, Caroline Herschel, Maria Mitchell...