PLAN BIBLIOTECA

Page 1

PLAN ANUAL DA BIBLIOTECA ASOREY

IES FRANCISCO ASOREY CAMBADOS CURSO 2012/2013

BIBLIOASOREY 1


En xeral proseguiremos coas liñas marcadas na nosa memoria anual que supoñen un pulo importante aos pasos dados nos cursos anteriores, mais hai aspectos mellorables que pasamos a indicar.

1. En relación coa organización e xestión. •

Dado o excelente traballo do equipo de BE, unha tarefa pendente da que se fixeron pequenos intentos sería a integración de alumnos en tarefas cotiás do centro e na organización de actividades.

Intensificación da recatalogación dos fondos de acordo cos criterios MEIGA para unificar as sinaturas de todos os fondos.

Na medida do posible incorporar sillóns de lectura e taburetes para a sección de equipos informáticos.

2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. •

É preciso deseñar un proxecto ambicioso de educación documental no que implicar a todos os departamentos, tal como se fixera no proxecto sobre o escultor Fancisco Asorey no curso 2010/2011.

As exposicións funcionan de xeito excelente para atraer a atención sobre a BE, pero sería necesario que se implicase máis aos alumnos e a outros profesores no seu diseño e elaboración.

BIBLIOASOREY 2


O traballo no blogue debe abrirse ao alumnado e contar con novas propostas, ademais de ser un diario de documentación de actividades.

3. En relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á información (competencia para o tratamento da información e competencia dixital). •

Extender actividades de formación de usuarios a alumnos de 2º de ESO, especialmente no eido da consulta por Internet dos fondos, así como na localización dos fondos. Neste aspecto a sinalización con nova e clara cartelería das seccións debe ser un feito decisivo.

Crear un directorio de direccións útiles de Internet para os alumnos, en colaboración con profesores que permitan aos alumnos ter referencias seguras en Internet para o traballo escolar.

4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto Lector de centro. •

Continuar coa política de guías e exposicións temáticas sobre xéneros literarios e temas que chamen a atención dos posibles lectores.

Abrir máis canais de suxestións de compras de fondos cos alumnos, profesores e pais.

Seguir desenvolvendo seccións que podan atraer lectores: comic, música, psicología, etc.

5. Outras actuacións.

BIBLIOASOREY 3


As actividades son o motor da BE, porque constitúen a mellor forma de mostrala e darlle presenza no centro. Hai que continuar neste camiño e crear novas ideas chamativas e motivadoras.

6. Criterios e procedementos de avaliación. Indicadores e instrumentos que se van utilizar. •

Para cada un dos equipos de traballo da biblioteca se plantexarán obxetivos por trimestres. Ó finalizar o trimestre compararánse os traballos realizados cós previstos e se explicarán os motivos das desviaciones.

Cada unha das actividades que se oferten aos alumnos será avaliada por eles a través dun breve e sinxelo cuestionario de avaliación.

Tamén se deixarán cuestionarios de avaliación (diferentes ós que se entreguen ós alumnos) na sala de profesores, para que os que voluntariamente queiran, e anónimamente, os poidan cubrir.

Haberá un canal aberto na BE e no correo da BE para suxestións, críticas, etc.

7. Persoa designada como responsable/dinamizadora da biblioteca escolar. Equipo de apoio. Horario previsto. O coordinador será o profesor de Lingua Castelá e Literatura, Fernando Tomé Rodríguez. Contará con cinco membros como equipo de apoio: Atala Paredes, Domingo Tabuyo, Sara Vidal, Gloria Escudero e Ana Blanco. O horario cubrirá, na medida do posible, unha franxa horaria ininterrompida dende as 8.45 ata as 14:25. BIBLIOASOREY 4


Cambados, 5 de xuño de 2012 O DIRECTOR,

O COORDINADOR,

Asdo. /Fernando Tomé Rodríguez

Asdo./Mª Luisa Prieto Cendán

BIBLIOASOREY 5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.