SUXESTIÓNS PARA O NADAL BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. FICCIÓN. (1º e 2º de ESO) Contos para Manuela Mario Pereira Son, como o propio autor di, "case contos", reducidos a un principio e tres finais para que o lector escolla o que lle guste máis ou imaxine outros moitos posibles. Falan do iglú que quere marchar a países quentes, do mirasol que non mira para o sol, do peixe atrapado nunha foto, e doutros moitos personaxes que nos engaiolarán nos dezaseis relatos que compoñen esta obra.
Dragal I, A herdanza do dragón Elena Gallego Abad Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino.
A malvada María Xosé Miguel Vázquez Freire María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estuda nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas. Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso.
El secreto del buhonero Juan Farias A chegada dun vello quincalleiro cargado de antigallas e a inauguración dun novo internado revolucionan o pobo de Manuel, un mozo de doce anos e gran espírito aventureiro. Aínda que ninguén sospeita nada, pronto se comprobará que non son precisamente dúas boas noticias. Porque... alguén pode asegurar que todo é como aparenta ser?
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. FICCIÓN. (1º e 2º de ESO) En el nombre de los hombres Manuel Nonídez Albert Thomas, alias de Alberto Mas, cínico e desencantado xornalista do mundo da parapsicoloxía, acode a unha reunión organizada para desenmascarar a un grupo de personaxes que afirman posuír dotes paranormais. Ao finalizar a sesión, un home desesperado trata de convencelo para que lle axude a recuperar ás súas fillas que, segundo el, foron captadas polo velado grupo que rodea a unha coñecida vidente.
Nunca seré tu héroe Maria Menéndez Ponte Andrés está farto do colexio, dos grans, do rolo da súa nai, da pesada da súa irmá, da vida en xeral e do profesor de Historia en particular. Dani e el propuxéronse cambiar o mundo e fan un esconxuro que lles fará inmunes ás pantasmadas dos ricos, pelotas e demais aves preeiras, e converteraos en heroes. Bo, polo menos iso é o que estaba previsto. Se logo as cousas se torcen...
As meigas de Lupa María Solar María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns, Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.
A la sombra del maestro Juan Farias Esta obra transpórtanos ata a sociedade rural dunha España perdida, onde o mestre tenta que os habitantes comprendan e apliquen ás súas vidas o concepto de igualdade, palabra que o alcalde non acepta nin tolera. O escribán da vila, observador vital, narra unha inesquecible historia de amor e odio na que conflúen variados personaxes.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. FICCIÓN. (3º e 4º de ESO) Ariadna Xosé Miranda Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, grazas a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas.
La canción de Dorotea Rosa Regás Aurelia Fontana, profesora universitaria en Madrid, vese obrigada a buscar a alguén que coide do seu pai enfermo, prostrado nunha casa de campo. Adelita, miúda, falangueira e eficiente, parece a persoa indicada; e unha vez gañada a confianza de Aurelia, segue como garda da casa ao falecer o ancián. A dona, que pasa na leira contados días ao ano, asiste entre incómoda e fascinada ás explicacións de Adelita; ata que desaparece un valioso anel.
La espada de los elbos Wolfgang e Heike Hohlbein Lancelot impediu a morte de Arturo a mans do malvado Mordred e agora o rei débelle a vida. Chegou o día da voda e o pobo celebra alborozado a próxima ligazón entre Arturo e a súa futura esposa, Xenebra. Pero cando a parella atópase xa fronte ao altar, aparece na capela Morgana, a nai de Mordred, e secuestra á noiva. Lancelot ponse en camiño para tratar de liberala. Leva consigo a máxica espada dos elbos, á que ningún inimigo pode vencer. Mentres, as hostes de Mordred dispóñense a atacar.
Helena e o solpor Juan Cruz Igerabide Dende o tramo final da súa adolescencia, o protagonista mira cara atrás e atopa na figura fermosa e brillante de Helena unha encarnación da alegría de vivir. E, en contraste con Helena, a rapaza morena do parque, presa dun destino desgraciado. Dúas rapazas ben distintas que se erixen en símbolos dos diferentes camiños que a vida lle vai abrindo a cada ser humano.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. FICCIÓN. (3º e 4º de ESO) Leonel Antón Cortizas Miguel, un mozo estudante, desprázase á aldea dos avós que apenas coñecía para pasar o verán estudando o que suspendera. Miguel non imaxinaba que este verán sería o máis apaixonante da súa vida. E non só porque se ía atopar un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida da cidade; nin porque se vería mergullado na solución dun apaixonante misterio; nin porque había de coñecer a Leonel e a Metralla; nin porque se namoraría de Ana...
Marxinados Pepe Carballude Unha estrela do baloncesto decide un día rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por unha historia de amor.
Sin noticias de Gurb Eduardo Mendoza Perdido na Barcelona preolímpica, o extraterrestre Gurb pon ao servizo da súa supervivencia a estraña calidade de adoptar o aspecto que lle praza. Pérdese coa aparencia de Marta Sánchez, mentres o seu compañeiro alieníxena inicia a procura na xungla urbana. Polo seu diario persoal imos coñecendo as incribles peripecias dun extraterrestre en Barcelona.
La ola Morton Rhue Cando o profesor Ben Ross aborda durante a clase de historia o período do nazismo, os alumnos non poden entender o comportamento cego dos alemáns nin por que se deixaron manipular. O profesor decide levar a cabo un experimento para demostrar como se poden desenvolver comportamentos autoritarios, e probar que o que pasou en Alemaña pode repetirse en calquera lugar e momento. Con todo, o experimento váiselle das mans e empeza a tomar dimensións perigosas. A historia baséase en feitos reais que tiveron lugar na clase de historia dun instituto de Palo Alto, California.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. FICCIÓN. (BACHARELATO) Afirma Pereira Antonio Tabucchi Pereira, un xornalista dedicado durante toda a súa vida á sección de sucesos, recibe o encargo de dirixir a páxina cultural dun mediocre xornal, o Lisboa. Pereira ten un sentido un tanto fúnebre da cultura: prefire a literatura do pasado, dedicarse á elexía dos escritores desaparecidos, preparar necrolóxicas anticipadas. Necesitado dun colaborador, contacta cun mozo, Monteiro Rossi, quen a pesar de escribir a súa tese acerca da morte está inequivocamente comprometido coa vida.
Los amores lunáticos Lorenzo Silva O protagonista narra as súas peripecias amorosas e tamén as súas dúbidas, os seus medos, as súas expectativas e frustracións, é dicir, como sente. A súa sinceridade e espontaneidade confiren ao relato unha gran credibilidade e un gran verismo. Está a falarlle do que lle pode pasar a calquera mozo como el, pero non desde o paternalismo, senón desde a camaradería.
O club da calceta María Reimóndez Seis mulleres moi diferentes entre si asisten a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero onde, ao mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Estas mulleres, desde as súas diferenzas, conseguen atopar na unión a forza necesaria para sobrepoñerse a un presente que as nega ou menospreza.
As cousas claras Xosé A. Neira Cruz En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe cuberta de ameazas e preocupacións. Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocrisía só poden ser superadas con amor.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. FICCIÓN. (BACHARELATO) El sonido de los cuerpos Fernando J López O suicidio de Jorge, un director de cinema no seu mellor momento creativo, deixa a Mario nun desconcerto absoluto. Entre a desolación e a rabia, tenta descubrir o porqué da decisión da súa parella coa axuda do caderno onde este empezara a esbozar as escenas da súa próxima película. Liñas e imaxes que conducirán a Mario ata outras estrañas mortes para as que Alma, unha xornalista en horas baixas, busca desde hai meses unha explicación.
El sueño del celta Mario Vargas Llosa A aventura narrada nesta novela empeza no Congo en 1903 e termina nun cárcere de Londres, unha mañá de 1916. Aquí cóntase a peripecia vital dun home de lenda: o irlandés Roger Casement. Heroe e vilán, traidor e libertario, moral e inmoral, a súa figura múltiple apágase e renace tras a súa morte. Casement foi un dos primeiros europeos en denunciar os horrores do colonialismo con argumentos.
Todo é silencio Manuel Rivas O destino dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á procura de restos de naufraxios, estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo.
As sete mortes Carlos Vila Sexto “Varona inclinouse sobre o cadáver e apartou a saba. Laura quedou paralizada. Soubo de inmediato que aquel caso non ía facer máis que complicarlle a vida..." Un relato fascinante que combina crime, esoterismo e misterio. Para quedar atrapados ata a última páxina... polo inevitable.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. NON-FICCIÓN. De la autoestima al egoísmo: un diálogo entre tú y yo Jorge Bucay Que significa realmente autoestimarse? Egoísta, ególatra, egocéntrico, son sinónimos? Jorge Bucay establece unha charla imaxinaria cos seus lectores. Trátase dunha conversación cálida e amigable sobre algúns dos temas que preocuparon aos homes e as mulleres ao longo do tempo e que, en conxunto, preséntanse como un desafío para ser cada día mellores. Este diálogo, convídanos a cuestionar as nosas crenzas máis arraigadas e a meditar sobre cuestións que tocan o máis fondo da condición humana.
Cien preguntas básicas sobre la ciencia Isaac Asimov Este volume recolle as respostas dadas por Isaac Asimov ás preguntas formuladas polos lectores da revista norteamericana Science Digest. Que hai máis aló do universo?, que é un buraco negro?, por que a Lúa móstranos sempre a mesma cara?, en que consiste a teoría da relatividade de Einstein?, pódese converter a enerxía en materia?, como empezou a vida?...
Cociña galega para xente nova Adela Couto González Este libro está elaborado ex profeso para xente nova, pensando nese momento no que vos independizades e descubrides que debedes asumir unha tarefa que tal vez non dominades en exceso e na que sempre se agradece un apoio ou unha orientación. Son 95 receitas da cociña tradicional galega, onde atoparedes sopas, caldos, peixes, carnes, arroces, pastas, tortillas, ovos, castañas, filloas, salsas, sobremesas, consellos…, e sobre todo unha forma de cociñar moi sinxela que poderá evitarvos multitude de atrancos na cociña.
La especie elegida Juan Luis Arsuaga e Ignacio Martínez É o home «a especie elixida», a consecuencia necesaria da longa marcha da evolución? É, pola contra, un accidente, o resultado dunha de tantas opcións posibles na historia da vida? Que foi antes, un ser bípedo ou un ser intelixente? Desde cando falan os seres humanos? Eran monógamos os nosos antepasados, como vivían, de que se alimentaban? Este libro foi concibido para dar respostas a estas e a moitas outras preguntas acerca das nosas orixes. Os autores ofrécennos unha documentada síntese do enigma do home.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. NON-FICCIÓN. Guía das árbores de Galicia Marisa Castro et al. Aquí recóllense as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia e tamén as especies autóctonas e de repoboación. As descricións botánicas, concisas e claras, complétanse con notas de morfoloxía vexetal, cun repaso á historia da taxonomía ou sistemática, vocabulario e relación bibliográfica. Debuxos a liña e un importante apartado de fotografías a toda cor completan a obra.
100 personajes de la mitología clásica Malcolm Day Instrutivo e entretido, este libro presenta a 100 dos personaxes máis importantes da mitoloxía grecorromana, desde as deidades primordiais ata os deuses do Olimpo, pasando polos sombríos habitantes do Hades. As súas historias, que abordan temas universais como o amor, os celos, a ira, a ambición, a mentira e a beleza, son tan actuais hoxe en día como o foron na antigüidade.
Tus zonas erróneas Wayne W. Dyer Tes ás veces a sensación de estar desbordado pola existencia? Dominado por complexos de culpa ou inseguridade? Non proxectes a túa insatisfacción noutros, a causa está en ti, nas zonas erróneas da túa personalidade, que che bloquean e impiden que che realices.
As mulleres nas artes e nas ciencias. O xerme da liberdade Rocío Chao Fernández e María Dorinda Mato Vázquez A información sobre a vida e as achegas das mulleres que máis sobresaíron nos eidos das artes e das ciencias preséntase cunha breve reseña. E en todos os casos, desde as da Antigüidade ata as nosas contemporáneas, trátase de grandes precursoras nas diversas disciplinas que, grazas ao seu empeño, explanaron un camiño cheo de obstáculos.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. BANDA DESEÑADA. El hombre de papel Milo Manara A Lapin Blanc divírtelle chamarse "O home de papel". Xunto a Míster, o ancián oficial do exército inglés, desexa cruzar a vella Norteamérica porque cre que no lugar ao que se dirixen atoparán homes mellores e que a vida será máis pracenteira. Durante esta viaxe coñecerán a unha moza sioux prisioneira en poder da patrulla de cabalería, coa que terán que proseguir a viaxe.
Engurras Paco Roca Emilio, un antigo executivo bancario, é internado nunha residencia de anciáns pola súa familia tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alí, aprende a convivir cos seus novos compañeiros, cada un cun cadro "clínico" e un carácter ben distintos, e os coidadores que lles atenden. Emilio penetra nunha rutina diaria de cadencia morosa con horarios prefixados: a toma dos medicamentos, a sesta, as comidas, a ximnasia, a volta á cama... e no seu pulso coa enfermidade para tentar manter a memoria e evitar ser trasladado á última planta, a dos impedidos, conta coa axuda de Miguel, o seu compañeiro de habitación... Estoy reventado Fukumitsu Shigeyuki Este manga estrutúrase en historias curtas que manteñen algún protagonista común e narran episodios da vida de personaxes normais sobre os que acontecen situacións estrañas. Aínda que en xeral a irregularidade é a norma, destacan especialmente as historias cuxo protagonista é un anónimo administrativo xa maior, calvo e con lentes que rompe a súa monotonía con ramallazos de tolemia que non deixan de ter unha particular coherencia: xa sexa como asasino en serie, boxeador ou, sinxelamente, traballador namorado. Os cosmonautas do futuro Lewis Trondheim e Manu Larcenet Gil e Marta son dous nenos aparentemente normais ... só un pouco obsesionado cos videoxogos... ! Para Gil , todos os nenos son estranxeiros . A proba: ter un computador para recibir instrucións . Para Martha , todos os outros nenos son robots . A proba: cando os belisca , teñen estímulos externos que lles obrigan a gritar para acreditar que son humanos . Pero Gil non é un robot : non chora cando Marta o belisca. E Marta non é un alien: non ten ordenador! O que significa que están feitos (case) un para outro e deben unir as súas forzas para loitar contra os invasores terrestres.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. BANDA DESEÑADA. Emigrantes Shaun Tan Que é o que leva a tanta xente para deixalo todo atrás para viaxar cara a un país descoñecido, un lugar no que non teñen familia nin amigos, onde nada ten nome e o futuro é unha incógnita? Esta novela gráfica sen palabras é a historia de calquera emigrante, refuxiado, desprazado, e unha homenaxe a todos os que realizaron a viaxe.
Érase una vez en el futuro Carlos Giménez Este volume consta de catro historias de ciencia-ficción (Los verdugos, Aquí base Sahamis llamando a Jessie, El misionero e Agonalia) basadas en relatos de Jack London y en Diarios de las estrellas de Stanislaw Lem. O autor plasma o irracional e o absurdo nas vidas dos máis inocentes e os personaxes viven situacións límites, cercanas á tolemia.
O Rei Catastrofe 1. A Adalberto non lle falta cara Lewis Trondheim Unn neno, con apenas unha década ás súas costas e levantar pouco máis dun palmo do chan, dirixe o seu reino de Porto Cristo - polo menos, téntao-, cunha rara arrogancia: e é que Adalberto abúrrese soberanamente sobre o seu trono. Así que para matar o tempo dá renda solta aos seus caprichos, tan inútiles como rocambolescos.
Thom Andrés Meixide Thom é un granxeiro norteamericano cunha soa particularidade que o aparta do común: abandonou o seu país e trasladouse a unha aldea de Galicia, onde vive en compañía dun galo portugués - si, como eses de cerámica negros e con cola de cores -, unha vaca tola e un porco moi pasado de voltas e folgazán que se chama Cholo.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. PELÍCULAS. Las uvas de la ira John Ford Tras unha tempada entre reixas por un homicidio, Tom Joad volve ao seu fogar para atoparse a granxa familiar arruinada pola seca e a avaricia dos bancos. Con poucas perspectivas de atopar un emprego na desértica Oklahoma, a familia ao completo reúne todos as súas pertenzas e parte cara á terra prometida: California. Pero a ardua viaxe e as duras condicións non deixan moito asomo para a esperanza, e as tensións no seo da familia resultan ser tan desalentadoras como os retos que cada día terán que afrontar. El niño con el pijama de rayas Mark Herman Bruno é un neno de 9 anos que se ve obrigado a abandonar Berlín e deixar atrás aos seus amigos cando o seu pai, un oficial nazi, recibe o mando do campo de concentración de Auschwitz. Coa súa inocente personalidade, Bruno non entende que ocorre no campo de concentración nin por que aí dentro todo o mundo viste de forma tan rara. Pronto a curiosidade véncelle e comeza a explorar os límites do campo de concentración sempre que pode. Durante unha das súas escapadas, Bruno coñece a un neno xudeu chamado Shmuel que se atopa alén do valo, vestido cun curioso 'pixama' de raias. Los ríos de color púrpura Mathieu Kassovitz Pierre Niemans, un detective con gran experiencia no mundo da criminalidade, trasládase a Guernon para investigar un estraño caso de asasinato preto dunha universidade dos Alpes. Non se trata dun asasinato común, o crime deu lugar a pistas inexplicables. Á súa vez, Pierre coñece a Max Kerkerian, un impetuoso policía que tenta localizar ao asasino dunha nena que desapareceu hai 20 anos. Ambos unirán as súas pistas para descubrir quen se esconde tras estes sucesos arrepiantes. Salir del armario Francis Veber François Pignon traballa como contable nunha fábrica de goma. Pronto descobre que, debido a unha reestruturación de persoal, van despedilo. Ademais, a súa vida non anda nada ben no ámbito persoal: divorciado e cun fillo que non lle fai caso. Tantos desastres acumulados levan a Pignon ao bordo do suicidio. Con todo, o seu novo veciño consegue salvarlle a vida e proponlle unha idea para que non perda o emprego. Débese facer correr o rumor de que Pignon é homosexual e, así, coaccionar aos directivos da fábrica que consideren o seu despedimento xa que sería contraproducente para a empresa ter que asistir ao tribunal por un caso de discriminación sexual.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL. PELÍCULAS. El show de Truman Peter Weir Truman é un home duns trinta anos que vive desde o seu nacemento (e sen sabelo) nunha burbulla de fantasía, que é o argumento principal dun show televisivo de gran audiencia. Nace nun estudo de televisión e a súa vida é retransmitida vía satélite a todo o planeta. Todos os que o rodean, familia, amigos, compañeiros de traballo,… son actores. A inocencia do protagonista representa a clave da popularidade do programa. Pero chega un momento en que se namora dunha actriz arrepentida de toda esta trama e que lle axudará a descubrir a gran mentira na que se desenvolveu a súa vida. Aos poucos Truman comeza a sentir a manipulación que existe ao seu derredor e acaba por descubrir a verdade. Thelma y Louise Ridley Scott Thelma é un ama de casa convencional cunha vida terriblemente aburrida e nada gratificante. Darryl, o seu marido, detestable e machista, trátaa como a unha nena. Louise é camareira e cre que cada un ten o que busca; leva unha vida toleada e frustrante e o seu noivo, Jimmy, é dos que non queren asumir compromisos. Xuntas póñense en marcha conducindo un Thunderbird do 66 convertible no que debía ser unha excursión de tres días cuxo obxectivo é saír un pouco das rutinas e as frustracións que rodean as súas vidas. Un encontro cun violador potencial transforma o seu tranquilo fin de semana nunha fuxida campo a través que cambiará as súas vidas para sempre. También somos seres humanos William A. Wellman A acción sitúase en Italia, durante a Segunda Guerra Mundial. A compañía C do 18 de Infantería do Exército Americano, á fronte da cal se atopa o Capitán Walker, atravesou Italia e atópase agora fronte a Monte Casino, unha fortaleza intocable para a aviación aliada que está a ser utilizada polos alemáns como posto de observación. Ninguén quere destruír o monumento. Acompañando aos soldados vai Ernie Pyle, un veterano xornalista, correspondente de guerra, que quixo estar en primeira liña para contar aos seus lectores a propia experiencia vivida xunto ás tropas.O que Pyle escribirá sobre a Compañía C non será unha reportaxe normal. La vida de Pi Ang Lee Pi Patel é un mozo cuxo pai é o gardián do zoolóxico de Pondicherry, na India. Toda a súa familia embarcará nun buque de carga con destino a Canadá, coa intención de buscar unha vida mellor nun novo país. Durante a travesía, o barco naufragará, quitándolle a vida a practicamente todos os seus membros. Só sobrevivirá Pi, que logrará alcanzar unha balsa na que poder refuxiarse de morrer afogado. Unha barcaza que non se atopa precisamente baleira. Pi terá uns curiosos compañeiros de viaxe: un orangután, unha cebra, unha hiena... e un precioso tigre de bengala.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
SUXESTIÓNS PARA O NADAL BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17