SOBRE CIENCIA

Page 1

SOBRE

CIENCIA BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE CIENCIA (NON-FICCIÓN) Cien preguntas básicas sobre la ciencia Isaac Asimov Recompilación das respostas dadas por Isaac Asimov ás preguntas formuladas polos lectores da revista norteamericana Science Digest. Que hai máis aló do universo?, que é un buraco negro?, por que a Lúa móstranos sempre a mesma cara?, en que consiste a teoría da relatividade de Einstein?, pódese converter a enerxía en materia?, como empezou a vida?...

El comportamiento de los animales : Instinto, aprendizaje, cooperación Paolo Casale Todos os seres vivos desenvolven unha conduta propia, unha estratexia particular para enfrontarse ás esixencias da supervivencia e da reprodución. A etoloxía é unha apaixonante ciencia que ten por obxecto estudar o comportamento dos animais, desde as simples reaccións instintivas dos rituais do cortexo ás leis non escritas que regulan a súa organización en sociedade.

El universo : orígenes, teorías, perspectivas Roberto Capuzzo Dolcetta e Bárbara Gallavotti Unha viaxe a través do tempo e do espazo, a través de planetas, estrelas, galaxias e buracos negros, desde os mínimos detalles do visible ata os confíns do invisible e inimaxinable.

La historia de la tecnología : El hombre crea su mundo Luca Fraioli A historia da humanidade percorrida a partir dun punto de vista diferente: as innovacións, as manufacturas e os inventos. Desde a primeira pedra tallada ás máis recentes conquistas da tecnoloxía espacial.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE CIENCIA (NON-FICCIÓN) ¿Qué pasaría si…? Respuestas serias científicas a todo tipo de preguntas absurdas Randall Munroe O libro recolle as mellores ocorrencias sobre contestacións científicas a preguntas irreais que o autor levaba publicando no seu blogue durante dous anos. Nel atoparemos a resposta exacta a disparates divertidos como: Que pasaría se toda a auga dunha choiva caese na forma dunha xigante pinga de auga? Como sería o mundo se todos os continentes mantivesen a súa localización respectiva pero rotasen 90 graos? A que altura habería que lanzar un filete para que queda cociñado no instante de chegar á terra?

De los números y su historia Isaac Asimov Este libro proporciónanos unha ampla información sobre os números: a importancia do cero, os únicos dous números que poden entender as computadoras, que significa realmente o infinito, a cuadratura do círculo, por que os números imaxinarios son reais, o tamaño real do Universo en protones, por que o mundo está dividido en illas, etc. As informacións acerca dos números van desde o elemental ata o esotérico e o sorprendente.

Po de estrelas. Novas receitas científicas de “Os dados do relo eiro” Xurxo Mariño A maioría dos átomos do teu corpo creáronse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De ahí vimos todos: somos, literalmente, po de estrelas. Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo. A ciencia moderna é, ademais, unha ferramenta sólida, útil, gratificante e divertida: achéganos ideas e teorías sorpredentes sobre a natureza dos Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra.

Guía das árbores de Galicia Marisa Castro et al. As árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia e tamén as especies autóctonas e de repoboación aparecen recollidas neste libro. As descricións botánicas, concisas e claras, complétanse con notas de morfoloxía vexetal, cun repaso á historia da taxonomía, vocabulario e relación bibliográfica.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE CIENCIA (NON-FICCIÓN) La música de los números primos : el enigma de un problema matemático abierto Marcus du Sautoy Aos nenos ensínanlles que os números primos só poden dividirse por si mesmos e pola unidade. O que non lles ensinan é que os números primos representan o misterio máis fascinante ao que nos enfrontamos na nosa procura do coñecemento. Como predicir cal vai ser o seguinte número primo dunha serie? Existe algunha fórmula para xerar números primos? En 1859, o matemático alemán Bernhard Riemann expuxo unha hipótese que apuntaba á solución do antigo enigma. Pero non conseguiu demostrala e o misterio non fixo máis que aumentar. Vitaminas matemáticas: cien claves sorprendentes para introducirse en el fascinante mundo de los números Claudi Alsina Un libro divertido que ofrece as respostas a cen preguntas básicas que todos nos facemos: Por que hai tantos calendarios como civilizacións?, Pode servir o teorema de Pitágoras para deter a un delincuente?, Poden os números descubrir o verdadeiro autor dun libro?, Que ten que er o cadrado latino de Euler co sudoku?, Para que utilizan as matemáticas os creadores de películas de animación como Toy Story?, Pódese saber se nun sorteo fixéronse trampas?, Como se aplican as matemáticas aos controis de calidade? Quen era o Murphy da famosa lei?, etc.

Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas Xurxo Mariño Unha serie de breves reflexións sobre varios temas científicos que dan resposta a cuestións que nos facemos nalgún intre da nosa vida. As ilustracións foron realizadas por Xosé Lois, ͞O Carrabouxo͟.

Huellas y señales de los animales de Europa Preben Bang e Preben Dahlstroem Este volume converte os paseos pola natureza nun entretemento enriquecedor. Podemos saber, por exemplo, se o animal que roeu unha piña foi un esquío ou un rato, ou se as pegadas atopadas na neve proceden dun can ou dun raposo. Describe pegadas de aproximadamente 200 mamíferos e aves de toda Europa.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE CIENCIA. (NON-FICCIÓN)

Doce grandes científicos Mª Milagros Villanueva Este volume contén ás biografías de doce científicos senlleiros, representantes de todas as épocas e as disciplinas: Arquímedes, Galileo, Newton, Lavoisier, Faraday, Darwin, Pasteur, Madame Curie, Einstein, Böhr, Severo Ochoa e Stephen Hawking.

Domingo Fontán Gonzalo Méndez Martínez Este xeógrafo, matemático e astrónomo galego elaborou a Carta geométrica de Galicia, o primeiro mapa realizado con rigor científico en España. Para a realización desta obra, que lle ocupou dezasete anos, contou cun instrumental moi rudimentario e escaso.

Isidro Parga Pondal: Vida e Obra J.R. Vidal Romaní O xeólogo Parga Pondal e unha das grandes figuras da historia científica de Galicia. Á súa excepcional achega como científico hai que sumarlle o seu imprescindíblel papel como coordinador das investigacións que distintos grupos de traballo estranxeiros realizaron na nosa terra.

Investigadoras galegas Iolanda Casal Esta publicación é unha recompilación de distintas conversas mantidas pola autora con cincuenta investigadoras de toda Galicia sobre a súa traxectoria persoal e profesional no eido do coñecemento.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE CIENCIA (FICCIÓN) A expedición do Pacífico Marilar Aleixandre Esta é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico.A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

El curioso incidente del perro a medianoche Mark Haddon Aos seus quince anos, Christopher coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507, pero cústalle relacionarse con outros seres humanos. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Aínda que nunca foi só máis aló da tenda da esquina, a noite que o can dunha veciña aparece atravesado por unha forcada, Christopher decide iniciar a procura do culpable. El diablo de los números Hans Magnus Enzensberger A Robert non lle gustan as Matemáticas, como lle sucede a moitas persoas, porque non as acaba de entender. Pero unha noite soña cun diaño pequeno que pretende inicialo na ciencia dos números. Naturalmente, Robert pensa que é outra dos seus frecuentes pesadelos, pero en realidade é o comezo dun percorrido novo e apaixonante a través do mundo das Matemáticas. Nos soños, todo é diferente ao colexio ou á ciencia. Cando Robert e o diaño dos números falan, exprésanse ás veces de forma bastante estraña, que non entende todo o mundo.

El viaje de la evolución. (El joven Darwin) Vicente Muñoz Charles Darwin é xa un home mundialmente famoso e polémico pola súa teoría sobre a evolución das especies cando, en 1865, decide escribir para os seus fillos o relato da viaxe que, con 23 anos de idade, realizou ao redor do mundo a bordo do Beagle. Unha viaxe que cambiará a súa visión da natureza e faralle comprender que todas as especies de plantas e animais están relacionadas e teñen unha orixe común.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE CIENCIA (FICCIÓN)

Exogamia 0.3 Ramón Caride Este libro reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo.

Maldita física Carlo Fabretti Outra aburrida clase de Física. Alicia non sabe que facer para que lle entre a materia. Afortunadamente, un misterioso e sorprendente personaxe cruzarase no seu camiño, ensinándolle a enfrontarse aos misterios da Física desde unha perspectiva que xamais imaxinara.

Perigo vexetal Ramón Caride Nesta novela ambientada no ano 2075, dous irmáns orfos, de 10 e 12 anos respectivamente, póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muíño da parroquia de Loreda e descobren, grazas á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. O supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, está deseñado para substituír outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana.

Todos en círculo : ¡El libro que hace fácil la geometría! Anna Cerasoli «Eu creo que a xeometría pode ser útil para todo o mundo. Mesmo para Nube, o meu cachorro. Por exemplo, ás veces el tenta unha e outra vez entrar na súa caseta cun óso na boca, pero non o consegue porque a porta é demasiado estreita. E non se lle ocorre dobrar un pouco a cabeza para poñer o óso en diagonal! Porque en diagonal entraría, xa o creo que si!»

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE

CIENCIA BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.