Sobre libros

Page 1

SOBRE

LIBROS BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


LIBROS SOBRE LIBROS (1º e 2º de ESO)

El diccionario de Carola Carmen Gómez Ojea Nila é unha moza solitaria que non é feliz. Un día compra un dicionario de latín que pertencera a unha tal Carola Biga. A partir deste momento, Nila obsesiónase por coñecer á antiga propietaria dese libro, cargado de anotacións.

La mudanza de Adán Luis García Montero É Nadal e Adán está de mudanza. Deixa o piso paterno, cheo de recordos e añoranzas, e embárcase cos seus mobles, os seus obxectos e a súa biblioteca cara a un novo fogar. Abandona o seu edén particular disposto a crear outro, onde os libros sexan, como antes, os habitantes silenciosos dos andeis.

Matilda Roald Dahl Matilda, con só cinco anos, é unha lectora empedernida. Todos a admiran menos os seus mediocres pais, que a consideran unha inútil e ignórana. Esquécense de matriculala na escola polo que Matilda queda sempre en casa ou na biblioteca, onde fai botar a voar a súa imaxinación. Despois dunha serie de estraños acontecementos, Matilda descobre que posúe poderes máxicos. O seu pai resolve ao fin enviala á escola, un lugar é controlado con man dura pola directora Agatha Trunchbull. Un día, Matilda decide desquitarse e empeza a empregar os seus poderes contra a abominable e cruel señorita Trunchbul.

Papel mojado Juan José Millás Manolo G. Urbina, un escritor fracasado, vese envolvido nunha perigosa aventura cando investiga a morte do seu amigo Luís Mary, aparentemente un suicidio, por presións da súa ex noiva, Teresa, e por amor propio. A clave ha de estar nunha maleta que Luís Mary deixou a Teresa cunha serie de documentos, posiblemente comprometedores para os laboratorios farmacéuticos Basedow, e seiscentas mil pesetas.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


LIBROS SOBRE LIBROS (3º e 4º de ESO) Aire negro Agustín Fernández Paz Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.

Fahrenheit 451 Ray Bradbury Fahrenheit 451: a temperatura á que o papel acende e arde. Guy Montag é un bombeiro e o traballo dun bombeiro é queimar libros, que están prohibidos porque son causa de discordia e sufrimento. O Sabueso Mecánico do Departamento de Incendios, armado cunha letal inxección hipodérmica, escoltado por helicópteros, está preparado para rastrexar aos disidentes que aínda conservan e len libros.

La ladrona de libros Markus Zusak Liesel é unha animosa e valente rapaza que logra transformar a vida daqueles que a rodean durante a Segunda Guerra Mundial en Alemaña. Cando a súa nai decide que non pode facerse cargo dela, é adoptada por un matrimonio alemán. A pesar de que Liesel non sabe ler nin escribir cando chega ao seu novo fogar, o seu pai adoptivo anímaa a aprender a ler. Cando o matrimonio acolle a Max, un xudeu que foxe das tropas de Hitler, este convértese no mellor amigo de Liesel. A partir de entón as palabras e a imaxinación ofrecen aos dous amigos unha escapatoria aos dramáticos acontecementos que ocorren ao seu arredor.... Un viejo que leía novelas de amor Luis Sepúlveda Antonio José Bolívar Proaño vive no Idilio, un pobo remoto na rexión amazónica dos indios shuar (mal chamados xíbaros), e con eles aprendeu a coñecer a selva e as súas leis. Un bo día decidiu ler con paixón as novelas de amor que dúas veces ao ano lévalle o dentista Rubicundo Loachamín para distraer as solitarias noites da súa incipiente vellez. Nelas tenta afastarse un pouco da fanfarrona estupidez deses cobizosos forasteiros que cren dominar a selva porque van armados ata os dentes pero que non saben como enfrontarse a unha fera toleada porque lle mataron as crías.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


LIBROS SOBRE LIBROS (BACHARELATO) La mujer del viajero en el tiempo Audrey Niffenegger Henry é bibliotecario e padece unha estraña disfunción xenética que o fai viaxar involuntariamente no tempo; Clare, a súa muller, é artista. O seu amor é apaixonado e só aspiran a levar unha vida normal. Con todo, as viaxes ao pasado e ao futuro de Henry, que ás veces producen situacións comprometedoras e outras divertidas, son un desafío á súa relación.

Los papeles de Aspern Henry James Un mozo crítico e editor fascinado coa obra do defunto poeta Jeffrey Aspern decátase de que Juliana Bordereau, unha das súas musas, vive aínda, anciá e illada, nun palazzo veneciano. Convencido de que conserva cartas e material inédito do poeta, achégase a ela camuflando as súas intencións e consegue que o acepte como inquilino. O mozo introdúcese nun mundo agónico e fantasmagórico, envorcado no recordo, que a orgullosa anciá habita coa única compañía dunha sobriña súa, unha muller xa madura que non parece coñecer outra cousa que a reclusión e o legado dun esplendor desaparecido.

La sombra del viento Carlos Ruiz Zafón Un amencer de 1945 un raparigo é conducido polo seu pai a un misterioso lugar oculto no corazón da cidade vella: El Cementerio de los Libros Olvidados. Alí, Daniel Sempere atopa un libro maldito que cambiará o rumbo da súa vida e arrastrarao a un labirinto de intrigas e segredos enterrados na alma escura da cidade.

El coleccionista de libros Charlie Lovet Tras a morte da súa esposa Amanda, Peter Byerly, coleccionista e vendedor de libros antigos, deixa Estados Unidos e retírase do mundo. Nove meses máis tarde, instalado xa nunha casiña da campiña inglesa, atrévese por fin a entrar de novo nunha librería de vello. Mentres folea un manual do século XVIII sobre falsificacións de escritores clásicos, atopa entre as páxinas do libro unha acuarela victoriana que representa a unha muller idéntica a Amanda. Obsesionado por pescudar quen foron o autor e a muller do retrato, embárcase nunha investigación que lle permitirá resolver un dos debates máis controvertidos da historia da literatura: a verdadeira identidade das obras atribuídas a William Shakespeare.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


PELÍCULAS SOBRE LIBROS El escritor Roman Polanski Adam Lang, ex primeiro ministro británico, quere que lle escriban unha biografía. Un prestixioso escritor é contratado para facelo. Así a todo, polo despacho do ex presidente xa pasaron máis escritores e todos morreron en misteriosas circunstancias. O que ao principio parece unha gran oportunidade económica, deriva nunha perigosa investigación cando descobre información comprometedora que pode supoñer un escándalo político internacional.

The Reader Stephen Daldry Volvendo do colexio, o adolescente Michael Berg atópase enfermo e Hanna, unha descoñecida que lle dobra a idade, axúdao a chegar á súa casa. Unha vez recuperado, Michael busca a Hanna para darlle as grazas. Comeza así un secreto idilio entre ambos. Michael descobre que ela atopa un inmenso pracer nas lecturas que lle fai de fragmentos da Odisea, Las aventuras de Huckleberry Finn e La dama del perrito. A pesar da intensidade da súa relación, Hanna desaparece un día deixándoo confuso e desconsolado. Oito anos máis tarde, sendo estudante de dereito, Michael asiste aos xuízos polos crimes nazis e atópase de novo con Hanna - esta vez, como acusada nun xuízo. Descubriendo Nunca Jamás Marc Forster O famoso dramaturgo escocés J.M. Barrie observa como a súa última obra seduce e sorprende á refinada sociedade da Inglaterra do século XIX. Barrie é un xenio da literatura, pero está aburrido de abordar sempre os mesmos temas nas súas novelas, así que necesita atopar urxentemente unha fonte de inspiración. Un día, inesperadamente, atópaa mentres pasea tranquilamente co seu can polos xardíns londinienses de Kensington. Alí, Barrie tropeza coa familia Llewelyn Davies: catro nenos orfos de pai e a súa fermosa nai, que acaba de quedar viúva. A pesar de que a severa avoa dos nenos non o aproba e do resentimento da súa propia esposa, Barrie faise amigo da familia El Club de los poetas muertos Peter Weir En 1959, a Academia Walton segue mantendo o clásico modelo de educación victoriana. A mocidade que alí estuda pertence á máis exquisita sociedade e faino co único fin de triunfar no futuro. Este curso conta coa incorporación dun moderno e enérxico profesor de literatura, John Keating, amante da poesía e antigo alumno do centro. Desafiando ás autoridades escolares e aos severos pais dos alumnos, o profesor será para algúns alumnos a inspiración que faga das súas vidas algo extraordinario.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


PELÍCULAS SOBRE LIBROS

Matilda Danny DeVito

La ladrona de libros Brian Percival

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


SOBRE

LIBROS BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.