A Rosalía

Page 1

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta ¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe, coma unha vaca! Os arados van e vén dende Santiago a Belén. Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco. Un barco de prata fina que trai a door de Galicia. Galicia deitada e queda transida de tristes herbas. Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos. Cabelos que van ao mar onde as nubes teñen o seu nídio pombal. ¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe, coma unha vaca! F. García Lorca BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Cançó tòpica de les dones gallegues a Rosalía Oberts ulls sense mirada, sempre fixos mar endins. Vent no vol blancor de veles, que tornin vaixells d’e llà. Fam encara mal calmada infla ventres de negats. Quietud malson de plat, bruixes i pluja als camins. Lentes processons de ciris passen i cremen sembrats. Colgàvem de mica en mica a la cendra

de la llar guspiretes d’espera aça: foc i llum són apagats. Ales estesés de fosca, vella por del llop, la neu. On els fills, en tots els homes, o l’e yor de tants adéus? Pobres, soles nit i dia, sense cap consol ni guia, no tenim més companyia que la veu de Rosalia, que aquest plor de Rosalia, que aquest cor de Rosalia, que la seva poesia. Salvador Espriu

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Homenaje a Rosalía de Castro Se fue en el viento, volvió en el aire. Le abrí en mi casa la puerta grande. Se fue en el viento. Quedé anhelante. Se fue en el viento, volvió en el aire. Me llevó adonde no había nadie. Se fue en el viento, quedó en mi sangre. Volvió en el aire. José Ángel Valente BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


A Rosalía Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan sola na noite sin fin, ¡que inda recei pola probe da tola, eu, que non teño quen rece por min! A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, co esta se veu… Os ósos son dela que vades gardar. ¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai, dos que levan no bico un cantar! M. Curros Enríquez BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Á Rola de Galicia. Rosalía Castro de Murguía. Rousinol da miña patria, da nosa ribeira rola, pombiña con pico de ouro, xenio esprendente de groria; non sei que teñen teus cantos, non sei que teñen túas trobas, que o meu corazón inframan cando as digo de memoria; desque as deprendín de neno decote se me recordan. Cando escribes teus versiños cicaies a pruma mollas nos raios do sol, que tinguen os picoutos de luz roxa, ou de noite, cando a lúa as augas correntes doura no espello do craro río ó mirarse melancónica. Ti dos niños dos paxaros as amantes queixas roubas, e colles do val prefumes, e luz e vida das hortas, sospiros de cantos sufren, e bágoas de cantos choran, pra compoñer esas cántigas

coas que entretés e namoras, esas cantiguiñas brandas que falan de moitas cousas... ecos das voces dos ánxeles, que ó pé do Señor revoan... Non sei que dera por ter o teu xenio, miña xoia, rousinol da miña patria, da nosa ribeira rola. Bendita sea a naiciña que te arrolou coidadosa, o pai que che deu alento i o marido que te adoura, os corazós que te queiran i as almas que te conozan. Ti xa ben estar deberas pra gala da terra nosa nunha xauliña de ouro chea de pelras preciosas; deberan poñerche logo na túa frente dúas coroas, que xa llas deche a Galicia, e son dolcísima rola, unha, os Cantares gallegos, e outra as últemas Follas.

Valentín Lamas Carvajal BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


A Rosalía de Castro Dúas nais me bican, e me dan arrolo Unha, a do tempo neno, a pomba aquela que me acochou, mimosa non seu colo co xeito homilde da vitú sinxela.

Afundido no dór febrente, tolo, chamaba a morte a berros ó perdela, cando ó ler os teus libros ¡ou consolo! xurdiche ti: ¡contigo tornou Ela!

Dende enton , si ferido dos penares que ensangrentan a vida con que loito, pouso a ialma nas FOLLAS e os CANTARES.

¡Rosalía! ¡Miña Nai! ¡miña Santiña!... ¡Mentras a Rula milagreira escoito sinto unha doce man que me acariña! Ramón Cabanillas BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Decimos Rosalía Decimos Rosalía i alcéndese un espello na noite largacía. Na noite ensimesmada cai un orvallo escuro de auga lenta e calada. De auga lenta de pranto: os nosos ollos son fontes de tanto chorar, tanto. De tanto vao laído, polas serras e vales pasa un vento ferido. Pasa un río entoldado, que o entoldou un tempo de renuncia humildado. De renuncia está feito o puñal que levamos espetado no peito. Espetado en ringleiras dos galegos que marchan prás terras estranxeiras. Decimos Rosalía i o corazón da matria sangra na noite fría.

Celso Emilio Ferreiro BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


*** Non convén chorar máis. Ela chorou por todos e para sempre. Calemos... Eu véxote así: crespós nas estrelas, ollos abertos de nenos mortos cravados nas salas do pazo Calemos... Nos currunchos acendéronse os altares do silenzo; choiva de frores de estameña nos tristes pasadelos. Coa túa boca torta chamas a mortos e náufragos dende a solaina, antre a brétema, en serán infinda. Delantal de camposanto e campás antre mar e brétema; barco negro e morto no camiño; pómulos marelos deformes pola door; balcón endexamais aberto cheo de paxaros e follas secas; seios exprimidos hasta a derradeira gota de luz; maos antre mirto e lúa, debaixo da auga verde do estanque. ¿Qué fas na serán que está esmorecendo sempre ou na noite que endexamais se rematará ? Sin corpo, sin traxe, sin bruído, coroa de somas, música de pianos enloitados... (Chove sobor das rosas e da escalinata do pazo).

Luís Pimentel BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Madrigal a Rosalía A ti, sombra perdida, esprito pervagante, que entre néboas de alén andas errante. A ti, clara voz morta, ollos feridos, pazo esquecido, outono lonjano, chúvia aceda de lecer, sibila chorosa; a ti, que tes o corazón de lua traspasado, nas mans tremor de maina bris que ri, as fazulas aradas pola dor -oh estadea de bágoas sen fine na frente un fantasma aluarado: a ti, de min, aos pes, a flor dun dun siléncio ajoelhado R. Carballo Calero BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Verbas para Rosalía SANTA da Terra, ti sabes que o ceo non é noso. Soio temos o cor i o tempo, o peso da vida i o certo da morte.

Sintes a inseguranza i o abandono i acólleste á bés certos: a casa, o val, a Patria homilde.

A nosa Patria que nos negan, por quen ti cramas, furando a noite! De non oirte, houberamos esquencido o que somos, perdidos pra sempre no camiño alleo.

Mais xa velamos o sono enfexo de zafarnos dil e ganar Galicia, loitando polo home. Uxío Novoneyra BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


*** Digo o nome da Rosa e revélase a vida aspiro a luz e fíreme a saudade Evócote e achégase á memoria unha presencia murcha Unha imaxe curvada Un corpo metafísico Se te penso Achégaseme á alma un delirio inclemente Unha penumbra mesta Unha conciencia exánime Aspiro o aire e sinto unha fragancia aceda O sonido dunha harpa As camelias do pazo Digo o teu nome e pónseme nos labios unha fábula en sombras Pequenos reiseñores Unha rosa ferida Fragmentos de amargura Toda ti coma urxencia de consumar a morte BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Non te furten -raíña- o teu nome de Rosa nin a lei dos silencios feridos que dominas Era o nome unha flor que non se extingue Era cruel a palabra que maceraba en corpo de infortunio Era o gozo inocente do verbo que permite chorar en silencio A Rosa resignada que ningún sabe presentir Non te furten -Raíña- ese alento dos labios que modulan Non te furten o impulso das sílabas versais A iteración divina que se imprime no nome da Rosa O tránsito dos números que respiran en flor coma o Sar cando nace Era a palabra un diapasón no naufraxio da noite A Rosa Rosa Rosa que da tempero á alma Conciencia que se cumple nun designio de nomes e auroras Potestade da flor que morre en tempo irreversible

Luz Pozo Garza BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Rosalía Ti es pra min a barquiña que lembra toda presencia de madeiras náufragas que vive, infinda, unha traxedia líquida de peiraos sen panos e sen peixes. Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada. Ti es pra min un pobo pequeniño de vieiros sen cume, sen riadas, mergullando no seo case morto unha virxe canción, inimitable Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada. …

Ti es pra min a historia da meniña que ía soñando praias ata que deu marea a un ben triste mañá. Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada. Ti es pra min o lombo dunha sombra onde todo resulta preguntado e o paso das persoas faise lene... Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada. ¡Ti es pra min a terra dunha tumba, cumpridamente limpa de pisadas!... Xohana Torres

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


*** Inmaculábante. Eras necesaria. Inmaculábante. Es o principio da camiñada. Mira como así rabenan, remata esgotado o teu dereito a rebentar.

Nada novo, inmaculada Rosalía. Tal sempre mulleres confinadas na construcción doutros, comprendes: revólveseche a arma contra ti.

A de quen comprende non é palabra feliz. Xela Arias BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Névoa de luz e mar no recordo (Homenaxe a Rosalía de Castro) Vai suave na névoa como un sopro detido unha luz encantada de lentísima espuma. que o tempo en leves ondas envia da distáncia. Algo branco e antigo, suspenso no recordo, esvai a eséncia mesma do recordo que aboia en luminosas foulas, en aromas lonxíquos de mar salgado e puro para o cristal do tempo. Esta névoa que pasa e se detén no centro dos dias que aproximo ao presente en nostálxia, ten esa cor tan fina do pó nídio das pérolas, ese húmido sonido da frescura das praias, ese alento dos templos submerxidos na chuva, ese latexo imóvel do siléncio na altura, ese vidro inconsciente do ar no claro soño dun reino pendurado do espazo que se ondula no misterioso tempo dos espellos mais íntimos. Tantos graves ocasos, tantas alvas luzadas que viron estas águas no fulgor do horizonte. Mas a música cheia desta névoa enlevada de lembranza e sentido que medito na forma interior da saudade, ten luminosa sombra, corazón cintilante de presenzas mariñas, ecos de luz que soa dun litoral distante desta vida ancorada a un pedregal obscuro. Esta névoa remansa a tristeza do sangue BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


cando o amor se oculta nun túnel sen destino onde o prazer foi alva de olvido interminável. Unha dozura espesa vai devagar no vento entre as imensas nuvens que devalan profundas lámpadas de brandura sobre o rumor das aves frente à costa dormida. Un navio invisível. trai un soño incesante despregado de brisa brancamente acendida para o meu rosto absorto. Esta névoa penetra no meu ser unha chama sen tempo, un recordo que cresce imposível e puro no horizonte onde a morte ten nome. Que voz tan silenciosa habita este vazio! Vai suave na névoa como un sopro detido unha sombra, un recordo desmaiado no tempo, unha extraña ternura que adiviña o meu corpo. Ah mar duro das ánsias. A sosegada névoa cobre as duras feridas dos esquecidos membros que navegaron puros de paixón e de lume polas águas amantes. Todo se inclina lento como un xordo xemido que enfariña a distáncia nesta névoa pousada sobre o mar infinito, névoa de luz e mar no recordo invadido pola alvura da morte ah mar duro do olvido.

Miguel Anxo Fernán Vello BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.