Día da Paz. 2015-16

Page 1

SUXESTIÓNS PARA O DÍA DA PAZ (FICCIÓN) Anoche hablé con la Luna Alfredo Gómez Cerdá

La ladrona de libros Markus Zusak

Luz é a nova protagonista deste libro Que paradoxo! Iso é o que ela busca sen descanso na súa vida: luz Non pode crer que haxa persoas capaces de facer tanto dano aos demais, sobre todo se os demais son seres queridos O libro introdúcenos no complexo e atormentado mundo interior da protagonista e descóbrenos unha das realidades máis duras do noso tempo que moitos mozos (mozas na súa maioría) teñen que afrontar.

Nesta novela descríbense as peripecias dunha nena alemá de nove anos desde que é dada en adopción pola súa nai ata o final da II Guerra Mundial. A súa nova familia, xente sinxela e nada inclinada ao nazismo, ensínalle a ler e, a través dos libros, Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristeza. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que finalmente lle salvará a vida.

La ruta sangrienta Sven Hassel

Las cartas de Alain Enrique Pérez Díaz

Nesta novela de Sven Hassel, autor libros centrados ao redor da actividade das tropas alemás durante a Segunda Guerra Mundial, reaparecen personaxes tan coñecidos como o Vello, Hermanito, Porta, o Lexionario... aos que se unen outros novos. A unidade á que pertence o Vello enfróntase aquí cos partisanos gregos. Os "500" van atopando na súa marcha unha ruta sanguenta...

O protagonista desta historia cóntanos como Alain, o seu mellor amigo, foi levado moi lonxe, polos seus pais, a unha perigosa aventura nun mar cheo de ondas embravecidas e outros perigos semellantes. Pero esta é tamén a historia de moitos nenos cubanos, vítimas, desde hai décadas, do enfrontamento entre unha pequena illa e un poderoso imperio.

Los girasoles ciegos Alberto Méndez

Noche de viernes Jordi Sierra i Fabra

A protagonista deste libro, composto por catro historias, é a derrota. Son historias reais da posguerra, que contaron en voz baixa narradores que non querían contar contos senón falar dos seus amigos, dos seus familiares desaparecidos, de ausencias irreparables.

Outra noite de venres en busca de liberdade. Outra noite marcada pola incongruencia que desatan o alcol e as drogas. Pero esta noite non será como outras. Ao amencer, as vidas de cinco rapaces cambiarían de forma radical.... Unha chamada á reflexión en torno ao racismo que invade a nosa sociedade.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.