Día Internacional da Muller

Page 1

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Ficción ¡Asústate Merche! Fina Casaderrey A través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para descifrar a situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser a viaxe.

La gran Gilly Hopkins Katherine Paterson Pasou por tres fogares en menos de tres anos. Non resulta nada fácil convivir coa rebelde Gilly Hopkins. Afortunadamente, non hai nada que a paciencia e o agarimo non poidan resolver. E diso sabe moito a señora Trotte.

Rúa Carbón Marilar Aleixandre Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi coma ela mesma, militante de ETA político-militar e morreu, antes que Paula nacera, cando colocaba un coche bomba. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane provocarán na vida de Paula unha conmoción tremenda e un nó moi difícil de desennovelar.

Sense and Sensibility Jane Austen As irmás Dashwood, Elinor e Marianne, teñen personalidades opostas que exemplifican dúas posibles respostas femininas ante a hipocrisía dominante: o sentido común e a sensibilidade. Ao morrer o seu pai deberán abrirse paso na sociedade da Inglaterra de principios do século XIX.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Ficción A sombra descalza An Alfaya Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza.

Los secuestradores de burros Gerard Durrell David e Amanda veranean nunha aldeíña dunha pequena illa grega, onde o seu amigo Yani, orfo, está a piques de perder a súa casa e as súas terras. Só con gran enxeño e astucia, os tres novos serán capaces de enfrontarse á inxustiza.

A noite da raíña Berenguela Xosé A. Neira Cruz Na catedral de Santiago unha raíña dorme o seu soño de pedra. Unha noite no ano, cando o ceo de Compostela se enche de luces, a raíña Berenguela acorda e percorre a cidade para lles contaxiar a súa beleza a todas as mulleres que atopa no seu camiño.

¿Qué te angustia, Nuria? Gloria Llobet Cando os seus pais se separaron Núria tiña doce anos, e pensaba que ningún outro desastre podería haber na súa vida que a afectaría tanto. Pero ós catorce anos todo o seu mundo se vai ver trastocado por unha nova decisión da súa nai, que vai cambiar a vida de toda a familia. David, un rapaz de dezasete anos, está a cear co seu pai cando este lle comunica algo que seguro vai producir un cataclismo na súa vida. Ninguén pode afirmar que o camiño de ambos xoves será fácil.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Ficción Corredores de sombra Agustín Fernández Paz No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña invo luntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida. A expedición do pacífico Marilar Aleixandre A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

Usha María Reimóndez Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. A negrura do mar Ramón Caride Said e Sheila reciben unha alarma ambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos no océano Atlántico e nas praias galegas. Mentres algúns habitantes da costa adoptan medidas para impedir que a marea negra se estenda, os irmáns descubrirán que esta vertedura ten a súa orixe no accidente dun petroleiro ilegal trinta anos antes e do que nunca se deu coñecemento ás autoridades. Non dubidarán en buscar aos responsables e en levalos ante as autoridades para que sexan xulgados.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Ficción Poetízate Fran Alonso “A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. “ O libro percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas de perto de 80 autoras e autores. Cartas de amor Fran Alonso As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas xon a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración… E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais –persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía.

A muller mariña X. L. Martínez Pereiro “E velaí que o cazador, desde a súa privilexiada situación de cabaleiro, víu deitada na beira, como durmindo xunto ás penas, unha criatura extraordinaria que, de os ollos non mentiren, tiña parte de muller e parte de peixe. O mar estaba tan calmo que podía sentirse o escaravellar da senrada entre os mexillóns e tamén a respiración humidosa da serea. Froián, hipnotizado, non lograba quitar a vista da aleta caudal que lle nacía pouco máis abaixo do embigo. ¡Así que era verdade que existían!

Matilda Roald Dahl Matilda, con só cinco anos, é unha lectora empedernida. Sensible e intelixente, todos a admiran menos os seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais ten poderes estraños e marabillosos... Un día, Matilda decide desquitarse e empeza a empregalos contra a abominable e cruel señorita Trunchbull.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Non ficción

As mulleres na filosofía : materiais para coeducar a través da filosofía Inés Fernández Buján Esta obra trata dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, o que os filósofos pensaron sobre as mulleres e, por outra banda, o que pensaron as mulleres cando accederon ao estudo da filosofía.

Mulleres de mortos: cara a unha antropoloxía da muller galega Marcial Gondar Portasany Como reacciona a muller diante da morte, moi principalmente a viúva nova que perde ó seu marido?. Os mitos, as visións, os ritos e as crenzas de distinto tipo que o home tece ou constrúe arredor da gran traxedia individual, o pasamento, adquiren unha dimensión nova e clarificadora. Na nosa sociedade agrícola ou mariñeira, a muller desempeña un papel decisivo no sostén da casa, no fogar, no traballo, na educación dos fillos, na economía doméstica é, polo tanto, tamén na transmisión da memoria e dos valores básicos da célula familiar. La mujer en el siglo XX Julián Marías Este é un estudo da realidade histórica da muller desde o mundo vitoriano no ata os nosos días: a súa instalación nun mundo con fisuras, a incorporación á universidade, ao traballo e a innumerables posibilidades humanas, as vixencias femininas, a función das ideas e as crenzas na muller, a nivelación, a interpretación freudiana, a corporeidade e a humanidade da muller, os seus proxectos e a procura da súa identidade, a súa relación co tempo e as idades, a amizade intersexual e o namoramento como argumento e culminación da vida persoal.

Historia das mulleres en Galicia. Idade moderna Ofelia Rey Castelao e Serrana Leal García Neste libro dase unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Non ficción

Mulieris dignitatem Juan Pablo II O autor trata nesta carta apostólica a dignidade e vocación da muller. Os nove capítulos de que consta a carta, con estilo e carácter de meditación, naceron do sentimento de agradecemento, de admiración e respecto da verdade esencial do ser feminino ao longo de dez anos de pontificado. Son o colofón do ano mariano.

La mujer en la Grecia clásica Claude Mossé A autora,profesora emérita de Historia na Universidade de París VIII, descríbenos a situación da muller en Grecia desde os tempos homéricos ata a época helenística, recoñecendo o papel secundario da muller na vida antiga, limitado á procreación e ao goberno da casa. As grandes figuras femininas como Helena, Andrómaca, Penélope, Clitemnestra, Hécuba, Areté e moitas outras, por non citar ás deusas, teñen tanta cabida nesta obra como as cortesás ?Neera, Aspasia, Teodota-, as serventas, as escravas e as guerreiras espartanas, resultando de todo iso unha visión rigorosa da muller na Antigüedad.

Mujeres españolas Salvador de Madariaga Madariaga considera que “a vida española ten un sabor especial fundado no predominio da muller, realzada polo seu carácter”. Nesta obra hai desde un personaxe literario -Melibea- a Rosalía de Castro, pasando por Catalina de Aragón e Lady Smith, a estremeña Juana María dos Dores León ata Malibrán e Paulina Viardot.

Mulleres e independencia Carmen Blanco Esta serie de ensaios sobre muller, sociedade e cultura está dividido en tres apartados: "O mundo que queremos", " A memoria que perdimos"," As cousas que nos quedan", que reagrupan, respectivamente, os escritos máis claramente políticos, os que recuperan a xenealoxía feminina e os que se centran nas creacións das mulleres ou nas mulleres creadas.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Non ficción

Galegas Manuel José Carballido Castro Neste libro figuran parte desas conciencias singulares xa desaparecidas. Algunhas quizais descoñecidas para o público en xeral .Outras, aínda que non debidamente tratadas,acadaron máis sona dada a influencia das súas pegadas a través do tempo.

Salon Kitty Peter Norden Este é unha reportaxe cuxa principal fonte de documentación son o vinte e cinco mil discos que rexistraron todas as conversacións do Salón Kitty, un bordel que encubría ao centro de espionaxe mellor organizado polo Servizo de Seguridade nazi.

La bella Otero Carmen dePosadas Preto dos noventa e sete anos e completamente arruinada, Carolina Otero cre que chegou o momento da súa morte. Así o indican a procesión de pantasmas e recordos que ela sempre procurou evitar e que durante dous días visítana. Xogadora empedernida, fai unha nova aposta, esta vez consigo mesma: a Bella Otero estará morta antes de que alume o día. Pero a morte, como a ruleta, non se comporta como esperan os xogadores.

Dezaseis días de maio e María Pita Esteban Perelló Renedo Esta obra responde a unha crónica dos dezaseis días que durou o ataque inglés á cidade da Coruña e na que se procura conciliar o rigor histórico coa amenidade. María Pita aparece no fragor da batalla gañando co seu heroísmo un lugar na historia e na mitoloxía popular

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


SUXESTIÓNS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO. Non ficción

Marie Curie Robert Reid Marie Curie é unha científica consagrada. Miúda e de aspecto físico fráxil, posuía unha gran enteireza de carácter que lle axudou a superar todos os obstáculos que atopou: prexuízos, envexas, falta de medios... As súas conquistas foron difíciles, pero contundentes: foi a primeira muller que conseguiu unha cátedra na Sorbona e dous premios Nobel.

María Mariño. V vida e obra Carmen Blanco A autora do libro aborda desde o feminismo cuestións problemáticas como a idade de María Mariño, a súa imaxe física, o seu estatus de escritora, o seu afastamento da cultura oficial e o suposto achegamento á cultura popular, así como as influencias de Rosalía e Novoneyra. Ademáis o libro realiza un percorrido polas distintas visións e escasas relacións que a escritora noiesa mantivo en vida e contén unha rigorosa análise da obra poética de María Mariño

The Diary of Young Girl Anne Frank Ana Frank, é unha nena xudía de trece anos que nos relata a invasión dos nazis en Holanda e como oito persoas escondéronse nunha bufarda dunhas grandes oficinas, durante dous anos, desde xuño do 1942 ata agosto de 1944.

Isabel la Católica Basilio Losada Unha biografía breve que abarca desde o seu nacemento -pasando pola conquista do poder, as bases económicas da época, a estrutura social, a guerra de Granada, a expulsión dos xudeus e o descubrimento de América- ata a morte da raíña.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015/16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.