PEQUENA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (texto)

Page 1

Pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA


Sergio:

Boa tarde Dámoslle as grazas ao alumnado de Música de 2º de ESO, que vén de interpretar O son do ar e O himno da alegría e imos dar comezo ao acto. No noso empeño por afirmar a identidade da Terra Chá, que proxecta cara ao mundo o mellor do seu patrimonio humano, estamos hoxe aquí para render unha humilde homenaxe ao noso veciño Agustín Fernández Paz, un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil de todo o estado, e cunha extensísima obra que conta con máis de cincuenta títulos. Aínda que non lle foi posible estar presente, agradecémoslle o seu interese por colaborar neste acto e, sempre, en todo o que se lle pode requirir. Coidamos que non existe mellor homenaxe que darlle o nome da nosa biblioteca a este contador de historias que sempre amou, por riba de todo, a lectura. Agustín pasa a súa infancia en Vilalba, ata que, aos 13 anos vaise á Universidade Laboral de Xixón estudar Oficialía Industrial, onde vive 7 anos interno nos Xesuítas, pois aínda non existía este Instituto, do que -como sabedes- estamos a celebrar o cincuentenario. Despois xa será cando estuda Maxisterio na Coruña e empeza a súa dedicación ao ensino, non só dando clases en primaria e secundaria, senón tamén participando na fundación dos primeiros movementos de renovación pedagóxica e elaborando materiais didácticos de Lingua Galega e Literatura. Os seus libros obteñen numerosos premios. É recoñecido dúas veces como o mellor autor do ano e noutras dúas ocasións recibe o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao Mellor Libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano. No 2008, o Ministerio de Cultura concédelle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, pola súa novela O único que queda é o amor. Así mesmo, salientar que é un escritor recoñecido e premiado en numerosas ocasións no ámbito internacional, chegando algún libro seu,

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 1/13


como é o caso de Contos por palabras, a ser considerado no ano 2010 un dos once títulos esenciais da Literatura Infantil e Xuvenil española do século XX. No 2011, outórganlle en México o VII Premio Iberoamericano SM da Literatura Infantil e Xuvenil, en recoñecemento á súa traxectoria literaria, e en diversas ocasións é nominado a galardóns coma o Astrid Lindgren ou o Premio Andersen, que veñen sendo como o Nobel de Literatura Infantil e Xuvenil. Ademais, a Asociación de Escritores en Lingua Galega propón no 2015 a este chairego universal para o Nobel de Literatura, xunto con Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza, proposta da que coidamos que é que sobradamente merecedor como representante da nosa literatura. Pero para chegar aquí, houbo un percorrido. Mariña vainos ler un fragmento de O rastro que deixamos:

AS PAISAXES DA MEMORIA Os fíos cos que vou urdindo as miñas historias teñen a súa orixe nos anos da infancia, nunha Vilalba onde aprendín a nomear o mundo: nos contos que escoitei, nos libros e tebeos que lin, nas películas que vin nuns cines que xa non existen, nos fríos días escolares e nas aventuras daqueles veráns luminosos e eternos… Todo segue alí, nas paisaxes gardadas na miña memoria. Ainé:

Así comeza a obra de Agustín Fernández Paz O rastro que deixamos, ensaio literario ou pequena antoloxía de artigos, traballos e relatorios utilizadas en diferentes foros polo autor ao longo dos anos. Desta obra imos entresacar algunhas reflexións que fai o autor sobre episodios fundamentais da súa vida, etallos da e o ia para achegármonos á súa personalidade. AS SÚAS DÚAS PATRIAS, A INFANCIA E A LINGUA

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 2/13


Agustín subscribe as palabras do poeta alemán Rilke, cando aseguraba que a pat ia das pe soas é A INFANCIA . E el engade: Das lembranzas da infancia nacen a maioría dos fíos cos ue o st uí os eus li os . Pois ben, a súa infancia transcorre no mesmo barrio de Vilalba no que estamos agora, As Fontiñas, que vai dende o xulgado ata este instituto, onde antes comezaban as abidueiras que estaban ás beiras da estrada e que chegaban ata a capela de Guadalupe, as árbores máis características e que ello defi e a paisaxe da Te a Chá, as pastoriñas dos montes pa a Aquilino Iglesia Alvariño. Nas Fontiñas vivía con súa nai Antoñita- intelixente, xenerosa e disposta a todos os sacrificios polos seus ; co seu pai Antonio –carpinteiro da familia dos de Xan de Grande e trompetista na Orquestra Mato, apaixonado da lectura e do cine ; coa súa irmá maior Tita, intelixente, alegre, vitalista, cómplice e o seu irmán Luís, o verdadeiro artista , segundo Agustín: bo pintor, tallista, músico. As Fontiñas eran o e t o do u do daquel neno que medrou, coma todos os da época, na rúa, sen televisión e mesmo sen radio ata os dez anos, xogando ao fútbol, a vaqueiros e indios, ás quedas, á billarda, ao marro, ao guá ou a aila o peó de uxo ue lle fixe a seu pai,… e ue ía oa súa pizarra e o seu pizarrillo á Escola Graduada do Campo da Feira, rodeada naquel entón de enormes castiñeiros, xusto onde hoxe -lamentablementeestá a Praza do Cementón, diante do Concello. Eran tempos nos que se pegaba na escola, se rezaba á entrada e á saída, e se tomaba leite en po a media mañá. Porén, Agustín sempre ten boas palabras para o que foi o seu mestre durante varios anos, don Félix, un home bondadoso que lle pedía que lese en voz alta aos outros nenos, aínda sendo o máis pequeno da clase. O pequeno relato que vai ler Gabriel a continuación, Un peón de buxo, foi escrito polo autor en 1997 para a revista Peonza: Nos meus anos de neno, naquela Vilalba da gris década dos cincuenta, o tempo tiña unha dimensión circular; o paso das estacións traía cada ano as mesmas festas, os mesmos labores comunais e, tamén, os mesmos xogos. Cando chegaba o tempo dos

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 3/13


peóns, meu irmán Luís e mais eu gozabamos dun singular privilexio. Os outros nenos do barrio mercaban os seus nas tendas da vila, sobre todo na de Gaioso. Alí habíaos de diversas formas e tamaños, coas franxas de cores impecablemente pintadas sobre a madeira clara. Todos moi feitiños e vistosos, mais ben se notaba que eran de fábrica . O orgullo meu e de Luís nacía de que os nosos peóns eran distintos. Estaban feitos por meu pai, na carpintaría familiar onde traballaban todos os irmáns. Pecho os ollos e aínda podo velo. Meu pai collía un pau de buxo, suxeitábao no torno que había nun cuarto entre o taller e o serradoiro e, con aquelas trenchas especiais que tiñamos prohibido tocar, facía saltar as labras polo aire, ao tempo que o recinto todo se inundaba co recendo da madeira. E así, co paso dos minutos, ía aparecendo o peón gardado no corazón do buxo. Despois de lixalo e de lle colocar a punta metálica, pintáballe unhas liñas vermellas e verdes, máis imperfectas que as do comercio, pero tamén máis verdadeiras. Cando se trataba de lanzar os peóns e ver cal duraba máis tempo, ou cal durmía mellor (que así lle chamabamos a ese intervalo máxico en que o peón parece inmóbil, coma se estivese a soñar ou reconcentrado no seu xiro), quizais non tiñamos ningunha vantaxe especial. Mais se o xogo consistía nesa especie de combate en que os xogadores van tirando cadanseu peón, tratando de expulsar os dos outros do círculo marcado na terra ou no cemento, entón nós eramos os reis. Era aí, neses choques violentos que remataban tantas veces coa rotura do trompo adversario, cando tiñamos toda a vantaxe. Porque o noso podía sufrir croques, ou rabuñaduras superficiais, pero non quebraba. É que o do Agustín é de buxo , dicían os outros nenos, conscientes da impotencia do seu esforzo. Entre as maiores afeccións daquel neno estaban os tebeos, os cómics que dicimos agora, que el cualifica de verdadeiros tesouros , unha especie de cine para pobres e que se intercambiaban entre os nenos. Cómics de aventuras, como El Jabato, El Guerrero del Antifaz, Hazañas Bélicas, Capitán Trueno, Batman y Robin, Supermán, El Llanero Solitario, … e tamén de

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 4/13


humor, de risa , como Jaimito, DDT, Pulgarcito, Tío Vivo, … e xa máis tarde, outros como Flash Gordon ou El Hombre Enmascarado. O curioso e triste é que a ditadura chegou mesmo a prohibilos durante anos por consideralos nocivos para os nenos, porque podían inducilos a pensar que os heroes tiñan os mesmos poderes ca deus. O cine era a súa outra paixón, tamén herdada do seu pai. Daquela había dous cines en Vilalba, o Cine Villalbés e o Cine Parroquial. Agustín lembra mesmo a primeira película que viu no Villalbés, e como moitas veces o pasaba gratis o señor Antoñito, un veciño que traballaba alí de acomodador. Por iso non é de est aña ue atope os ta tas efe e ias a esa fábrica de soños”, como el lle chama, en obras súas como o libro de relatos Amor dos quince anos, Marilyn, ou mesmo que o cine sexa o motor doutras, como é o caso da novela Fantasmas de luz, da que se di que é unha auténtica declaración de principios sobre o cine e a súa importancia na vida do ser humano. Sergio:

Agustín afirma tamén, como os escritores Thomas Mann ou Pessoa: A iña pat ia é A LINGUA . Refírese, claro está, á lingua na que fala e na que desenvolve a súa vida, o galego, aínda que sexa unha lingua ameazada e moi lonxe aínda de estar normalizada. Con todo, o feito de escribir nunha lingua minorizada non lle impide ser un dos autores máis traducidos: non só ao castelán, catalán e éuscaro, senón tamén ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe, f a és e italia o,… po ue as oas histo ias o sa e de f o tei as e so universais, non importa en que lingua sexan escritas. Agustín é unha persoa comprometida coa nosa lingua, que loita activamente pola súa dinamización e normalización, e así atopámolo, por exemplo, como membro fundador da plataforma cidadá Prolingua, creada en Compostela no ano 2009. Non é de estrañar, entón, que a minorización social da lingua galega sexa outro dos temas recorrentes nas súas obras, tanto en ensaios e

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 5/13


intervencións públicas como na súa obra narrativa, como se ve neste fragmento de O centro do labirinto. Para os que non a leron, trátase dunha novela ambientada no ano 2054, que ten como protagonista a Sara, unha científica de ascendencia galega que vive en Bruxelas, onde traballa como asesora do G-12, unha organización que controla e rexe o destino dun mundo globalizado desde que entraron en vixencia as Leis de Unificación, que dividen o mundo en 8 zo as e de la a o eu oi glés li gua o ú . Pe o, aí da así, as Zo as No Controladas existen grupos de resistencia, que defenden e loitan pola diversidade cultural e a sustentabilidade no planeta Terra. Sara chega a Galiza co seu fillo. Este ten un accidente e é curado e logo retido por un destes grupos para facerlle ver que a apocalipse mundial está próxima se non se lle pon remedio. Neste fragmento que vai ler Rosa, Sara e unha amiga están a falar cun rapaz destas Zonas Non Controladas: Meu pai afirmaba que as persoas non somos nada sen memoria. Meu pobre, aínda menos mal que non lle tocou vivir estes tempos - vendo a expresión das dúas, engadiu -: Tranquilas, que non vos vou amargar o día. Díxenvos iso porque a peza que vou cantar é unha defensa da memoria; a ver que vos parece. Punteou as primeiras notas e, docemente, a súa voz uniuse á música que saía da súa guitarra: Nunca olvido. Alimento as tramas da memoria. … Sara escoitou con atención aqueles versos, que lle chegaban a través dunha melodía ante a que era imposible permanecer indiferente. Ao primeiro custáralle traballo recoñecer o idioma en que Daniel estaba a cantar, pero, coma se fosen anacos de cartas esquecidas que un día atopamos inesperadamente, foron volvendo na súa memoria as palabras que súa nai lle aprendera de nena. Cando a canción rematou, dixo:

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 6/13


- Que bonito! Pero eses versos están en galego, non si? Entendín

case todo: miña nai falábame ás veces nesa lingua, cando eu era máis nova. De onde os sacaches? - Son dun libro do século pasado. … Non lembro agora o nome,

non lle sabería dicir. Pero sei que estes versos foron escritos cando aínda as Leis non cambiaran todo e o galego era a lingua da xente deste país. A Sara non lle pasou inadvertido un certo ton crítico nas palabras de Daniel. E non puido evitar unha sombra de agresividade na súa resposta: - Ti es moi novo, é curioso que fales así das Leis de Unificación.

Seica non tes unha boa opinión delas? A historia demostrou que eran necesarias; e sen elas, Europa nunca sería a realidade que hoxe é. E ti e mais eu non nos poderiamos entender, porque falariamos linguas diferentes. - E por que non habiamos poder? Vostede mesma, polo que eu

sei, domina os catro idiomas oficiais do mundo. E, se non estou mal informado, coñece tamén varios dos que foron desaparecendo, prohibidos polas Leis. Ou non é así? … Que nos impedía a todos nós coñecer máis dunha lingua? Era necesario afogalas todas para aprendermos o euroinglés? Para falar da riqueza que supón a pluralidade, Agustín utiliza moitas veces unha metáfora, a da colcha de trapos que fixera súa nai e que tiña de neno na súa cama, que el ve coma un mosaico de etnias, costumes e linguas , de xeitos diferentes de entender o mundo. Esta colcha tamén aparece nesta novela, O centro do labirinto, cando Sara se volve atopar co seu fillo David, que sufriu unha fonda transformación e lle anuncia que vai ficar en Galicia. Le ese fragmento Celeste: Tamén ela prefería quedar, esquecerse do G-12 e deixar que o mundo fose esvarando cara á súa perdición. Pero non podía ser, estaban en xogo demasiadas cousas …

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 7/13


Tes diante un camiño difícil. Poderás facelo, mamá? Paga a pena intentalo; tamén pola túa avoa- contestou Sara … Nunca che falei da colcha de trapos? Que ten que ver nisto a avoa? De que colcha falas? Da que atopei nun dos seus armarios. Unha colcha vella e moi gastada, dos seus anos de infancia, feita de retallos de teas de diferentes debuxos e cores. Busqueina porque falaba moitas veces dela no seu diario. Dicía que de nena a fascinaba contemplala, imaxinar que era como un gran territorio, formado por unha morea de países diferentes. … Para ela, o engado da colcha estaba naqueles retallos: todos diferentes, todos imprescindibles. …) Agora sei con certeza que a diversidade é o fío profundo que nos une a todos os que vivimos neste vello planeta Porque, como os homes do Grupo Nós, Agustín afirma que só se pode ser cidadán do mundo cando se está ben asentado nas propias raíces e que a súa forma de participar na cultura da humanidade é partindo da propia cultura, da cultura galega. Ainé:

O OFICIO DE ESCRIBIR Agustí defí ese o o u o tado de histo ias realmente é ler as que escriben outros.

ue o

ue a a

Xa dixemos que a súa paixón pola lectura herdouna de seu pai, que tiña u ha oi hu ilde i liote a , a ue ha ía li os o o A illa misteriosa, de Julio Verne, que lle permitiu viaxar polo tempo e polo espazo sen moverse da súa casa das Fontiñas. Di Agustí , o o Bo ges, Eu so os li os ue li . Ta é o pai de Sara, a protagonista de Noite de voraces sombras lle di á súa filla que se pode coñecer como é unha persoa examinando a súa biblioteca. Por iso

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 8/13


moitos dos seus libros falan de libros, están ateigados de referencias literarias, como acontece nalgúns fermosísimos relatos de O único que queda é o amor. En Agustín deixan pegada de neno escritores como Poe, Dumas, Salgari, Cunqueiro, Fole e, xa máis tarde, Gianni Rodari, Roald Dahl, Michael Ende, Rosalía, Castelao, Risco, Neruda, Borges, Brecht, Paul Auster, Kafka, Camus, Sartre, Neruda ou José Ángel Valente, o poeta que sempre o acompañou. Pero as historias que conta nos seus libros tamén beben doutras fontes: das narracións orais coas que medrou- como as historias de medo que contaba a señora Xenerosa na casa da súa avoa Amadora-; dos seriais radiofónicos e, como non, do cine. E é que as persoas necesitamos historias para vivir. Como di José Ángel Vale te: El ue da u a pala a, da u do . A súa biografía está, pois, tamén nos seus libros, porque como sinala Agustí : A lite atu a a e da e o ia e da i axi a ió . Todos os li os ue escribín, coma as tramas dunha tea, están feitos combinando os fíos da miña vida No ano 2008, Agustín Fernández Paz foi o encargado de escribir o Manifesto do Día da Biblioteca , que se publicou en forma de cartel, e que dicía: Onde hai unha biblioteca hai unha luz, do cal vai ler Uxía uns fragmentos: ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca. Estamos nun lugar especial, sería imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior. …

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 9/13


Quizais poderiamos seguir vivindo se nos faltase este aire que fai vibrar todas as células do noso corpo, se cadra as persoas continuariamos coa nosa existencia rutineira se non existise a biblioteca, mais algún lugar decisivo ficaría baleiro no noso corazón. Faltaríanos a enerxía que nos fai desexar unha vida mellor, unha cidadanía máis libre, unha sociedade máis xusta. Doeríanos non escoitar a voz das persoas que sufriron a historia e a das que a sofren agora mesmo; sería insoportable oír só as palabras dos que tentan dirixir e controlar as nosas vidas. Para que isto non suceda, abre as portas e entra … Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras, talvez sexa unha característica inscrita no ADN da humanidade. Necesitámolas coma o comer, como beber auga, xaora que si. Para entendermos o mundo e para entendernos a nós mesmos, para soñar outros destinos, para loar os dons que a vida nos dá. Sabemos que non poderiamos vivir sen o alento da imaxinación e da creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e dos nosos sentimentos. … ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 10/13


Sergio:

LER E ESCRIBIR PARA TRANSFORMAR O MUNDO Un dos libros de cabeceira de Agustín Fernández Paz é a Gramática da fantasía, de Gianni Rodari, do que destaca estas palabras en numerosas ocasións, como por exemplo, no discurso pronunciado en Guadalajara (México) con motivo da entrega do Premio Iberoamericano SM no ano 2011: Ler para transformar o mundo. Le Rocío: A creatividade e a fantasía serven ás persoas precisamente porque aparentemente non serven para nada. Pero serven á persoa completa. Se unha sociedade baseada no mito da produtividade só ten necesidade de homes mutilados –fieis executores, dilixentes reprodutores, dóciles instrumentos sen vontade– quere dicir que está mal feita e que cómpre cambiala. Para cambiala precísanse homes e mulleres creativos, que saiban utilizar a imaxinación. Desenvolvamos a creatividade de todos, para transformar o mundo. Di Agustín que as utopías hai que soñalas antes se queremos que algún día cheguen a facerse realidade . Ese era tamén un dos lemas da revolución estudantil de maio do 68: “exa os ealistas, pida os o i posi le . Pois ben, Agustín pertence ao grupo dos que cren que outro mundo é posible , máis solidario e máis xusto. E non para de intentalo, non só dende as aulas e a súa vida e compromiso diario senón tamén dende a súa literatura, aportando o seu gran de area, soñando utopías para camiñar e a ia o u do , como di Eduardo Galeano. Así, atopámolo cuestionando a globalización e uniformización dun mundo controlado polo capitalismo máis brutal; rexeitando con enerxía o racismo, o machismo, o consumismo e o alarmante deterioro do medio ambiente; combatendo a inxustiza, a insolidariedade, as guerras e o maltrato aos animais; loitando contra a desmemoria e pola recuperación da memoria histórica, para honrar a memoria das vítimas esquecidas da Guerra Civil e da

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 11/13


posguerra e devolverlles a dignidade, porque convén coñecer os erros do pasado- as sombras - para que non se repitan. E ademais, amosa ese seu compromiso vital e literario coa lingua galega que xa mencionamos, ata o punto de rexeitar no ano 2010 o Premio Cultura Galega de Literatura da Xunta de Galicia, nun xesto de coherencia e dignidade, en protesta pola política lingüística do goberno galego, ou máis ben, pola falta de política lingüística ao aprobar medidas como o Decreto de Plurilingüismo. Xa para rematar, en relación a este punto, gustaríanos lembrar que hai 100 anos, o 18 de maio de 1916, constituíanse na Coruña as Irmandades da Fala, organización fundamental na defensa do idioma e dos dereitos políticos do país... A primeiros de novembro dese mesmo ano, a iniciativa do vilalbés Lois Peña Novo, un fato de comerciantes, profesionais e eruditos locais, como Antonio García Hermida, Santiago Mato Vizoso ou Plácido Peña Novo reuníanse na redacción de El Heraldo de Villalba para crear a Irmandade da Fala de Vilalba, á que seguirían outras por Galicia adiante, coa vontade expresa de promover, en primeira instancia, a lingua e a cultura galegas. Pois ben, desde hai anos outro vilalbés, Agustín Fernández Paz, reivindica o seu legado, así como o dereito a vivir plenamente en galego. Ainé:

Parece que o que levamos dito, máis o feito de que estea presente na meirande parte das nosas casas, xustifica dabondo que pensaramos en poñerlle o seu nome á nosa Biblioteca. Agora imos dar paso a Manuel Bragado. Gran amigo de Agustín e compañeiro de moitos anos de ilusións e traballos, Bragado é director xeral de Edicións Xerais de Galicia desde 1994, onde dirixiu a elaboración e os proxectos didácticos de máis de dous centos libros de texto de ensino primario e secundario, e onde dirixe varias ole ió s de lite atu a i fa til e xuve il, o o Fó a de xogo . Pero ademais, ten publicados varios libros de carácter pedagóxico ou estudos sobre o estado da edición en lingua galega e é un dos axentes culturais máis di á i os,… ue asi a e tos de a tigos, o e ta ios e i fo a ió , EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 12/13


especialmente do ámbito cultural, tanto na rede como en distintos medios de comunicación. Dámoslle as grazas por ser tan xeneroso e se desprazar dende Vigo para asistir a esta pequena homenaxe do Basanta Silva de Vilalba. (Intervención de Manuel Bragado) Ainé:

Moitas grazas a todos pola asistencia e mentres se procede á descuberta da placa que leva o nome de Agustín na biblioteca, voltamos escoitar aos compañeiros e compañeiras de Música de 2º de ESO, que interpretarán a banda sonora de Carros de fuego e Scarborough Fair.

EQUIPO DA BIBLIOTECA E ENDL DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Páx. 13/13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.