Mulleres

Page 1

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


LA BELLA OTERO Agustina Otero Iglesias (Valga, Pontevedra 1868 – 1965)

Bailarina, cantante, actriz e cortesá afincada en Francia, unha das personaxes máis destacadas da “Belle Époque” francesa Sabemos que era filla de nai solteira, de condición moi humilde e que a súa vida estivo marcada por un acto de crueldade e violencia salvaxe, pois foi violada con só 11 anos. Da súa traxectoria nos primeiros anos sabemos pouco, ata chegar á súa etapa artística en París, xa co nome artístico de Carolina Otero. As noticias que se teñen non se sabe se forman parte da lenda, do misterio, da verdade ou da fantasía que sempre acompañaron a súa vida. A súa vestimenta, as súas xoias, a súa vida, as súas conquistas masculinas inspiraron novelas, películas, crónicas xornalísticas, postais,.... Os homes ricos e poderosos que con ela se relacionaron (príncipes, tsares, ricos empresarios...) e que, nalgún caso, chegaron ao suicidio na busca do seu amor, contribuíron tamén a engrandecer a lenda da Bella Otero. Pero ás veces esquécese que foi tamén unha muller que soubo relacionarse co mundo da cultura da época. Participou en tertulias literarias e tivo contacto coas mulleres sabias e de enormes fortunas que se reunían en París no Círculo Sáfico, que cultivaban a poesía e o canto. Retirouse dos escenarios en 1910 cunha inmensa fortuna e estableceuse en Niza, onde viviu ata a súa morte soa. A musa de pintores e poetas, do Folies Bergére, a que figuraba en todos os cartaces do Paris dos “tolos anos vinte”, deixou unha carta manuscrita que dicía que os beneficiarios do seu testamento serían os pobres de Valga, pero morreu arruinada a causa da súa ludopatía. Uxía Gato (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


ALESSANDRA AGUILAR MORÁN (Lugo, 1978)

Atleta de elite especializada en Maratón e Campo a Través Considerada como unha das mellores fondistas españolas de todos os tempos, actualmente pertence ao club Clínica Dental Seoane-Pampín e prepárase para os XXOO de Río deste ano. En 37 ocasións (entre 1999 e 2015)foi internacional absoluta e ademais acadou en 2 ocasións a categoría olímpica, participando nas convocatorias de Pekín (2008) e Londres (2012). Ten conseguido numerosos records e campionatos nacionais e internacionais, como: Campeoa de Europa Junior de Campo a Través en Charleroi (1995). Campeoa de Europa de Campo a Través por Países en Toro (2007). Campeoa na Maratón de Hamburgo (2009) Campeoa de España de Media Maratón en Albacete e A Coruña (2013-2014). Subcampeoa de España de 10.000 m l en Avilés (2007) Subcampeoa de España de 5.000 m l en Zaragoza (2006), Barcelona (2009) e Málaga (2010) Subcampeoa de España de Media Maratón en Alicante (2016) e en Birmingham (2015) 3ª no Campeonato de Europa de Campo a Través por Países en Dublín (2009), Albufeira (2010), A Coruña (2010) e Calatayud (2016). 4ª no Campeonato do Mundo de Campo a Través (2003) Ismael Francos (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


ANTÍA CAL (A Habana 1923)

Pedagoga comprometida co galeguismo e a difusión da cultura galega Antía Cal, filla de emigrantes galegos- de Muras- en Cuba, nace na Habana en 1923 e alí é escolarizada no Centro Galego. Aos nove anos, a súa nai volve cos seus fillos para Muras, onde está o resto da familia. Cursa o bacharelato no colexio Dequidt da Coruña. Máis tarde estuda Maxisterio, Peritaxe Mercantil e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. En 1947 casa con Antón Beiras García, un recoñecido oftalmólogo e galeguista de Santiago, con quen ten catro fillas e fillos. En 1961 funda o Colexio Rosalía de Castro en Vigo, centro de sensibilización galeguista en tempos difíciles (os anos da ditadura) e un foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagóxicas. Fronte á escola tradicional da época, este colexio foi pioneiro en moitos aspectos: era unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, como suxeito de dereitos, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola inserida no entorno social, comprometida coa reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica. Pero ademais, malia ser un centro privado, a propia escola tiña un pequeno sistema de bolsas que facía posible que estudasen nel rapaces e rapazas de todas as clases sociais. Colabora activamente no xurdimento da editorial Galaxia. Xubilouse en 1988, tendo recibido desde aquela numerosos galardóns. En 2012 a Fundación Otero Pedrayo concedeulle o Premio Trasalba e no 2015 o Ernestina Otero polo seu traballo a prol da Igualdade. O seu principal legado son as xeracións que se formaron nas súas aulas e que a recordan. Pero tamén escribiu obras nas que reflexiona sobre o seu oficio, como O libro dos nenos. Enciclopedia pro neno galego ou O arte para os nenos, e no ano 2015 publica as súas memorias Este camiño que fixemos xuntos.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


ANA PELETEIRO BRIÓN (Riveira, A Coruña-1995)

Atleta galega, plusmarquista modalidade de triple salto

nacional

xuvenil

na

Formouse na súa localidade natal e comezou a súa carreira deportiva compaxinando as especialidades de velocidade (50 e 100 metros lisos), salto de altura e triple salto. Na actualidade estuda INEF. Foi elixida mellor atleta española júnior dos anos 2011,2012,2013,2014 pola Real Federación Española de Atletismo, e recibiu o Premio Nacional do Deporte no 2013 e o Premio Princesa de Asturias no ano 2015. No seu palmarés destacan os seguintes títulos: •

Campeoa de España cadete en pista cuberta, en triplo salto e salto de lonxitude (Oviedo, 2010)

Campeoa de España xuvenil ao aire libre, en triplo salto (Granollers, 2011) e en pista cuberta (Zaragoza, 2011)

Medalla de bronce no Campionato Mundial Xuvenil, en triplo salto (Lille, 2011)

Medalla de ouro no Festival Olímpico da Mocidade Europea, en triplo salto (Trebisonda, 2011)

Campeoa do Mundo Xuvenil, en triplo salto (Barcelona, 2012)

Campeoa de España absoluta de triplo salto en pista cuberta (Sabadell, 2014)

Campeoa de España absoluta de triplo salto ao aire libre (Castelló, 2015) Denisse Ameijide (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


AS MARÍAS Maruxa (Santiago, 1898-1980) e Coralia Fandiño Ricart (1914-1983)

Un berro de liberdade As Marías eran dúas irmás compostelás que viviron a súa mocidade na Compostela republicana. As irmás Fandiño saían á rúa pasear vestidas coa roupa feita na casa con teas de cores, alegres e moi maqueadas. Os estudantes galeguistas e republicanos chamábanlles “Liberdade, Igualdade e Fraternidade” e os estudantes de dereitas, “Fe, Esperanza e Caridade”. Cando comezou a Guerra Civil a represión feroz chegou á súa familia. Tiñan tres irmáns que pertencían á CNT, a un deles matárono e os outros dous fuxiron. Os falanxistas trataron de utilizar a familia para pescudar o seu paradeiro e sufriron tortura, humillacións, vexacións, sacábanas núas á rúa, dábanlles aceite de ricino, rapábanas, … Finalmente os irmáns fuxidos foron arrestados e cesou a presión sobre a familia. Pero dise que todos os abusos que sufriron e a súa precaria situación económica - pois deixaron de ter encargos de costura ao seren perseguidas polo réxime franquista, acusadas de “roxas”- leváronas á loucura. Como afirma Rivadulla Corcón : "Manifestaron a súa loucura mostrándose rebeldes contra a sociedade". Conseguiron crear un mecanismo de defensa para sobreviviren: tolearon, e na súa loucura recuperaron o soño da mocidade. Nunca pasaban desapercibidas, non só pola súa rechamante vestimenta e os seus rostros maqueados con pos de arroz, senón pola súa actitude. Dicíanlles piropos aos homes, filtreaban cos estudantes e aseguraban que todos os homes se namoraban delas. Para a xente que estaba oprimida polo réxime, elas simbolizaron un berro de liberdade. Iria Villares (3º C) e Manuel Lamela (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


Carme Blanco (Lugo, 1954)

Unha voz insubmisa É autora de poesía,narrativa e ensaio. Actualmente exerce como profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, da USC. Como ensaísta, centrouse especialmente na temática da memoria histórica e na temática feminista e libertaria con libros como Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres (1994), 0 contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (1995), Mulleres e independencia (1995), Feministas e libertarias (2010). Conta ademais con varios títulos sobre literatura e cultura galega, centrándose en autores/as como Carballo Calero, Luz Pozo Garza, Méndez Ferrín, Luís Pimentel, María Mariño ou Uxío Novoneyra.Ten colaborado en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais. Unha mostra da súa poesía aparece en Estraña estranxeira (2004) e no campo da narrativa destaca a obra Vermella con lobos (2004), un conxunto de narracións, que recrean con absoluta liberdade algúns contos clásicos, pero afastándose dos seus contidos misóxinos, reaccionarios e pouco liberadores. Forma parte do movemento feminista desde os anos setenta e escribiu o poemahimno galego da Marcha mundial das mulleres, celebrada en Vigo no ano 2000, da que selecionamos uns versos: Marchando máis alá Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós Alicias Galicias libres con luces nos ollos libres imos Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos Pasos libres acompasados co paso das parias trazamos Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós David Trastoy (3º C), Silvia García (3º B) e Sonia Ferreiro (3ºB)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


CHUS LAGO María Xesús Lago Rei (Vigo, 1964)

A segunda alpinista española en escalar o Everest (1999) Chus iniciouse no alpinismo aos once anos. Empezou escalando os montes de Galicia e Asturias, continuando logo coas súas saídas internacionais: Pireneos, Andes, Kenia, Himalaya ,etc. No ano 1999 acada o cume do Everest sen osíxeno, sendo a única galega e a terceira muller no mundo. É a única muller viva no mundo co titulo de “Leopardo das Neves”, concedido aos deportistas que conseguen coroar os cinco picos máis altos da antiga Unión Soviética. No 2006 cruza Groenlandia a pé (esquiando e en trineo) de Oeste a Leste, seguindo a ruta polo Circulo Polar Ártico, aínda que tivo que abandonar sen completar o percorrido por problemas técnicos. No ano 2009 convertiuse na primeira española en acadar o Polo Sur logo de 59 días de travesía en solitario pola Antártida, sendo gravada a experiencia por ela mesma. Na actualidade é concelleira de Medio Ambiente e Vida Saudable en Vigo e lidera unha expedición acompañada de tres mulleres que están cruzando os lagos xeados de Laponia sobre esquís coa fin de concienciar ao mundo sobre o cambio climático. Este proxecto leva o nome de “Compromiso pola Terra” e é a antesala da aventura que Chus Lago e o seu equipo quere alcanzar moi pronto, cruzar os 1300 km de Groelandia de Sur a Norte no 2017. Un reto grandioso co que quere alertar sobre a necesidade de reducir a temperatura do Planeta. Marcos S. Novo (3ºC), Uxía Lamas (3º A) e Pablo López ( 3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


CONSTANZA DE CASTRO (Século XIV)

A filla rebelde do Mariscal Pardo de Cela Constanza de Castro era filla do Mariscal Pedro Pardo de Cela e de Isabel de Castro. Sabemos que o seu pai foi axustizado o 17 de decembro de 1483 tras unha longa resistencia fronte ao centralismo dos Reis Católicos. A súa dona, Isabel, e mais Beatriz, a outra filla, emprenderon toda unha serie de accións legais para recuperar os bens dos que foran desposuídas. Dona Constanza decidiu apoiar o seu home, continuando a loita iniciada polo seu pai. Na torre do Castelo de Vilaxoán, tamén chamado Caldaloba, resistiron perto dun ano o asedio de Diego López de Haro. Cegados os mananciais que abastecían o castelo, beberon a auga contaminada dun alxibe e enfermaron todos. Dona Constanza morreu e Fernán Ares foi ferido e salvou a vida a cambio de ir loitar contra os mouros en Málaga.

Ruinas do Castelo de Caldaloba (Pino, Cospeit

Andrea Prieto (3º C)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


FRANCISCA HERRERA GARRIDO (A Coruña, 1869-1950)

A primeira académica electa da Real Academia Galega Esta escritora- poeta e narradora- foi elixida membro numerario da RAG o 4 de marzo de 1945. Un mes despois a escritora xa tiña preparado o seu discurso de ingreso sobre Rosalía e os "poetas da Raza", que lle envía ao presidente da RAG. Pero ata 1947 non designan a Antonio Couceiro Freijomil para que lle responda, e este tarda outros dous anos en preparar o seu texto. Francisca Herrera falece en 1950 sen que se chegara a fixar a data do acto solemne do seu ingreso, aínda que a todos os efectos se considere que foi membro de número da institución. Adícaselle o Día das Letras Galegas de 1987. Fran Airado (3º C)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


LIDIA SENRA (Pobra do Brollón, 1958)

Destacada líder sindical labrega galega e muller do pobo, construída en mil batallas pola xustiza e pola vida Lidia Senra é unha feminista galega recoñecida, unha líder indiscutible do sindicalismo labrego galego e unha referencia obrigada dentro do movemento agrario europeo e internacional. Comezou a participar desde moi nova nas loitas e no sindicalismo labrego a través dos Comités de Apoio á Loita Labrega (CALL), das Comisións Labregas, na loita contra a Cota Empresarial e contra as cotas lácteas. Desde 1989 até 2007, ocupou o cargo de secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), desde o que promoveu a Secretaría das Mulleres, ao mesmo tempo que foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea e representante de Europa na comisión Internacional de Mulleres da Vía Campesiña. movemento labrego mundial que agrupa organizacións de América, Asia, África e Europa . Ademais, interviu en numerosos foros internacionais e impartiu numerosas conferencias sobre temas como a soberanía alimentaria, o sector lácteo, a situación das mulleres labregas, o mundo rural, a Política Agraria Común, etc. A Fundación Pedrón de Ouro decidiu outorgarlle a súa máxima distinción no ano 2011, en recoñecemento a toda unha vida de loita a prol do rural galego e tamén como símbolo de visibilización das mulleres labregas deste país. Desde o ano 2014 é eurodeputada no Parlamento Europeo por Alternativa Galega de Esquerda en Europa : A esquerda plural, en representación de ANOVA, onde loita cada día por ser a voceira dos campesiños galegos ante esta institución. Javier García (3º B)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARÍA PERES, A BALTEIRA (Betanzos?-Século XIII)

Unha das soldadeiras galegas medievais con máis sona As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar perante reis, nobres e cortesáns a cambio dunha soldada, de aí o seu nome. Temos noticia desta muller sobre todo polas burlas que lle adican en varias cantigas de escarnio algúns trobadores como o propio Afonso X de Castela. Non se sabe cales dos datos que temos dela por esas cantigas son certos, pero en todo caso, a visión que se nos ofrece está chea de prexuízos machistas: muller paradigma de todos os vicios e transgresións que a época condenaba cunha dobre moral- xuradora; practicante do tiro con bésta en competición cos homes; xogadora de dados e trampulleira; libre nas súas relacións sexuais e supersticiosa. Porén, poucas referencias hai á súa arte. Naquela sociedade a muller só podía elixir entre practicar o amor santo no claustro ou no matrimonio, lonxe do pracer, ou ser marxinal, como era o caso das soldadeiras, oficio que lixiu a pesares de ser fidalga e ter bens propios. Hoxe é vista por algúns como un exemplo do carpe diem, leda, gozadora, un caso de liberdade nas ríxidas normas da época. Carla Villares (3º C)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARÍA CASTAÑA (Século XIV)

Rebelde con causa María Castaña convertiuse en toda unha lenda. Así, para falar de tempos antigos, dise «nos tempos de María Castaña» Sabemos que vivía nas terras de Lemos e Quiroga, no que sería o actual concello da Pobra do Brollón. Eran anos de permanente violencia e conflitividade provocada polas pestes, fames e pola substitución da nobreza galega,que se vai manter até a Gran Guerra Irmandiña (1467-69). Nun enfrontamento co recadador da Igrexa, ela, o seu home e os seus fillos féreno de morte.Como sanción, vense obrigados a “ doarlle” á catedral de Lugo todos os seus bens para poder seren enterrados en sagrado, garantindo así a vida eterna. Anos despois, a fins de século, María Castaña liderou unha revolta contra o bispo de Lugo, Un episodio máis das numerosas loitas que as mulleres levaron a cabo no mundo feudal na defensa do pan, da alimentación dos seus e da paz. Jéssica García (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARÍA PITA María Mayor Fernández de Cámara e Pita (Cambre, 1556-1643)

Heroína coruñesa que defendeu a cidade fronte á armada inglesa. O 3 de Maio de 1589 as tropas inglesas atacaron a cidade da Coruña e cando estaban a punto de penetrar na cidade pola zona da porta de Aires, María Pita – con só 24 anos- logrou derribar o abandeirado inglés, acendendo así aos defensores e forzando a retirada dos asaltantes, segundo sinala a tradición, ao berro de: "Quen teña honra, que me siga” Antia Souto (3ºC), Xoel Fernández (3ºC) e Miriam García (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARIA SOLIÑA (Cangas, 1601-80)

Símbolo do sufrimento do pobo Os datos históricos sinalan que as costas de Vigo e a península do Morrazo son atacadas por naves turcas berberiscas en 1617. Algunhas das mulleres que organizaron a resistencia no Morrazo son acusadas de bruxaría ante o Tribunal da Inquisición. María Soliña é unha delas. O mito di que toleou tras a morte do seu home e os seus fillos na invasión de 1617 e que cada noite ía á praia, escoitaba as ondas e paseaba pola area, lembrando os familiares mortos. Foi apresada e torturada e os seus ben fóronlle confiscados polo Tribunal da Santa Inquisición, que a condenou por bruxaría, Malia que non foi queimada viva, como moitas outras mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida; pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo. Celso Emilio Ferreiro adicoulle un poema que di: Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, que soliña quedache, María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría: ai, que soliña quedache, María Soliña. Uxía Fernández (3ºB), Javier Pardo (3º B), Ana Díaz (3º A) e Susi Trastoy (3º B)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARUJA MALLO (Viveiro, 1902-1995)

Pintora surrealista da Xeración de 1927 Ana María Gómez González- o seu verdadeiro nomeera unha muller independente e moderna, que vivía a súa vida como unha revolución permanente contra as convencións artísticas e sociais do mundo. Estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, e neses anos mantén amizade con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Lorca, Buñuel, Miguel Hernández e, en especial, con Rafael Alberti. En 1928 e grazas ao escritor José Ortega e Gasset realiza a súa primeira exposición nos Salóns da Revista de Occidente, de Madrid. En 1930 exerce de profesora na Escola de Cerámica e na Residencia de Estudiantes de Madrid. En 1932 viaxa a París, onde coñece a Miró e participa en tertulias con André Breton e Paul Eluard. Debido á Guerra Civil exíliase a Bos Aires, onde é recibida como unha artista de renome e vive durante máis de vinte e cinco anos. En 1964 volveu a España e en 1967 recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes. Creativamente, a súa obra foi evolucionando desde un tipo de representación irónica e barroca de temas populares, a tons cada vez máis escuros e sombríos, no que as figuras se nos amosan rotundas e monumentais. Maruja crea a súa propia linguaxe artística, atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular.

A verbena

Mensaxe do mar

Paulo Domínguez (3º A) e David de la Fuente (3º C)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MENCHU LAMAS (Vigo, 1954)

Unha das artistas xóvenes galegas con máis proxeción internacional Deuse a coñecer en mostras colectivas na súa cidade en 1976. Entrou en contacto co grupo poético Rompente, co que colaborou en dous libros de poema e a comezos dos anos 80 pasou a formar parte do grupo Atlántica, un grupo de artistas galegos interesados en romper co “modernismo manierista e rexionalismo estilizado” que prevalecía daquela. Para eles, o uso da cor vibrante foi unha liberación que lle permitiu desenvolver unha linguaxe propia nunhas pinturas íntimas e monumentais a un tempo. Menchu Lamas leva unha distinguida traxectoria de exposicións e a súa obra atópase entre as coleccións públicas e institucionais máis importantes, como o Museo Reina Sofía ou o Museo Español de Arte Contemporánea (Madrid), Fundació La Caixa e MACBA ( Barcelona) ou a Fundación Thomas (Munich). A artista soe traballar en grandes e rectilíneos formatos e as súas vigorosas pinturas icónicas, caracterízanse por mplas pinceladas aparentemente torpes e cores primarias, case chillonas, así como por unha iconografía redutiva baseada en formas sinxelas: torsos, mans,círculos.

Man e serpe

O pescador

Ángel García (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


PEPA A LOBA (A Estrada?- Século XIX)

A máis famosa bandoleira galega, mito que se debate entre a lenda e a realidade A súa vida é probablemente o relato máis apaixoante sobre bandoleirismo e consérvase na súa meirande parte por distintas historias rescatadas da tradición oral. Os que aseguran que se trata dunha personaxe histórica sinalan que o seu nome era Mª Xosefa Esmorís Gay e que era filla de nai solteira, con quen vive nunha choza miserenta ata os 7 anos que more aquela. É recollida despois por unha tía que a maltrata. O seu alcume de “A Loba” vén de cando era ben pequena.Estaba alindando ovellas no montee, xunto co seu can,enfróntase ao lobo e saen vencedores. Por orde da súa tía, Pepa pasea o lobo atravesado nun burro de aldea en aldea para sacar algún proveito. Logo vai traballar nunha tenda de ultramarinos propiedade dun irmán do seu pai, quen a acolle, lle dá a instrución básica e a nomea herdeira. Alí coñece o que será o seu home, Daniel, con quen vive unha fermosa historia de amor. O asasinato do seu tío, levado a cabo polo seu propio irmán -pai de Pepa- para se apoderar dos bens do morto, mudará o destino desta muller, pois é acusada do crime e condenada a prisión, onde pasa anos até a súa fuxida. Entón empezará a súa venganza dándolle morte ao seu pai. Desde aquela converterase en capitá dunha gavela de homes que cometerá crimes, roubos e asaltos en camiños, encrucilladas,facendas, pousadas e reitorais de toda a xeografía galega. Cando sabe que vai ser nai foxe ao norte e merca unha casa en Xermade, no lugar de Abelleira, en Lousada. Os ricos odiábana, temíana e falaban da súa crueldade, salvaxismo e brutalidade, pero os campesiños sentían simpatía e admiración por ela, pois sentíanse identificados en certa maneira co seu espírito anárquico e esa vida azoutada pola miseria e a inxustiza, asegurando que era unha muller tenra e valente, vítima das súas terribles circunstancias. Así, comeza unha lenda que aínda segue a ser transmitida en moitos lugares frecuentados pola bandoleira. Rosa Mª Rodríguez (3º C)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


SALETA CASTRO (Pontevedra, 1987)

Triatleta profesional galega Seleccionada polo Equipo Nacional Sub-23 (Distancia Olímpica) e Campioa Nacional da categoría Élite en Longa Distancia no ano2010. Representa ao club galego Cidade de Lugo Fluvial, e adestra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. En 2003, con 15 anos, participou na súa primeira competición ITU e clasificouse en quinta posición no Campionato de Equipo de Xuventude europeo en Győr (20 de xullo de 2003). En 2009 foi a número 1 no ránking de elite español aínda que só participara en tres dos 10 circuítos.Nos Campionatos galegos sub-23 situouse segunda e no Campionato Elite clasificouse terceira. En 2010 Saleta Castro foi a número 3 no ránking español elite e gañou a medalla de ouro no Campionato elite galego. A partir do 2011 centrouse nos tríatlóns de longa distancia.ao ser becada entre os DAR (Deportistas Alto Rendemento), dentro dos triatletas de élite de España. Dende o 2014 está residindo en Lanzarote para mellorar a súa preparación de cara a afrontar as principias probas a nivel internacional. Resultados destacados: 1ª Cto. de España de Larga distancia 2010, 1ª Cto. de España de Media distancia 2011,4ª Triatlón internacional de Zarautz 2011, 3ª Cto. de España de media distancia 2012, 7ª Ironman de Lanzarote 2012. María López (3ºA)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


SÉS María Xosé Silvar (A Coruña, 1983)

Cantautora galega, un ciclón con enerxía para regalar Comeza a súa formación no baile e na música tradicional galega. É licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía social, pero a súa paixón pola música lévaa a crear un grupo no ano 2007 chamado Chamalle Xis! e nese ano gaña o concurso A Coruña Son. Actualmente dirixe unha banda que conta con dez músicos, e ela mesma é a compositora e a vocalista de todas as súas cancións, que ás veces acompaña tocando a guitarra. En ocasións vai acompañada só por Tito José Calviño como guitarrista, para deste xeito poder chegar a todos os sitios e manter un contacto moito máis próximo coa xente. A súa música é de ritmos variados, latinoamericana, blues, rock, soul…Sés aposta por crear un proxecto totalmente en galego e feminino, tendo na actualidade un importante recoñecemento dentro e fóra de Galicia. A música e a letra das súas composicións amosan unha muller comprometida coa realidade social e os problemas actuais, a reivindicación dos dereitos da muller e a defensa do uso da lingua galega. Como di no seu tema: Non son fada nin princesa: Comer e deixar que comas, vivir e deixar que vivas, loitar se a loita é precisa e rir se é preciso rir. Non son fada nen princesa a quen mirar Marcos S.Novo( 3ºC), Iyán Maoxu (3º A), José Vázquez (3º C) e Uxía Rodríguez

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


VERO BOQUETE Verónica Boquete Giadans (Santiago de Compostela,1987)

Futbolista profesional, a mellor futbolista española e unha das mellores do mundo. Nominada ao Balón de Ouro no 2014 Dende o 2005 formou parte de diferentes equipos de fútbol feminino e en diferentes países: España, Rusia, Suecia, EEUU e Alemaña. Na actualidade xoga no Bayern de Múnich na Bundesliga Alemana. É a capitana da Selección española de Fútbol feminino. Dende 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.Vero Boquete foi quen de triunfar nun deporte basicamente considerado de homes e ademais onde as desigualdades por razóns de sexo son abismais.Está a facer historia, e aínda que no seu camiño atopou moitas limitacións e obstáculos é unha verdadeira loitadora na defensa das condicións do fútbol feminino . Grazas á súa petición aos dirixentes de ES SPORTS de que incluíran mulleres nos videoxogos de fútbol, por primeira vez aparecen seleccións Femeninas no xogo “FIFA 16”. Ao non ser en España o fútbol feminino profesional, para mellorar no plano tanto deportivo como económico, veuse obrigada a vivir noutros países . No 2015 lanzou ao mercado a súa propia marca de roupa. É a primeira muller Embaixadora de “La Liga”. “Nunca crin en aquilo de que o rosa é para mulleres e o azul para homes. Por esta razón non tardei moito en darme conta que o que eu quería era vestirme de princesa par xogar ao fútbol”. Ayné S. Novo (3ºA), Alberte Roca (3º C) e Diego Paredes (3º C)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


XULIA MINGUILLÓN (Lugo, 1906 - Madrid, 1965)

Pintora galega da posguerra Os primeiros contactos coa pintura datan da época en que viviu cuns tíos paternos en Burgos e en Valladolid, mentres estudaba o bacharelato. Volve a Lugo con 17 anos e consegue unha bolsa de estudos da Deputación, coa que vai estudar á Escola de San Fernando, en Madrid. Cando comeza a Guerra Civil, instálase na casa paterna de Vilanova de Lourenzá. Casa en 1939 e comeza o seu percorrido por Lugo e por outras cidades debido aos destinos profesionais do seu home. En todas elas desenvolve unha intensa actividade como retratista de prestixiosos personaxes. Foi unha das escasas mulleres españolas que obtivo primeira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes (1941), grazas á súa obra máis coñecida: A escola de Doloriñas. O seu estilo está a cabalo entre o postimpresionismo e o naturalismo. A súa pintura figurativa adecúase ao gusto estético da posguerra e amosa unha realidade na que non aparecen nin a miseria nin o amargor, á que algúns denominan estética da felicidade. Traballou coa paisaxe, os retratos, esceas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso. Os seus cadros non esquecen a realidade, que é a fonte de inspiración, nin a figura, que ás veces xeometriza, cun claro protagonismo feminino.

A miña familia

A escola de Doloriñas.

Andrés Montenegro (3ºC)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MADAME DE CHÂTELET (París, 1706 – Lunéville, 1749)

A muller que traduciu ao francés a obra de Newton e que pedía que a xulgaran polos seus méritos e non polo seu sexo Matemática, física e filósofa, Émilie du Châtelet é recoñecida por ser a tradutora ao francés dos Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica de Newton. Foi a figura feminina máis importante na física durante a época da Ilustración na Francia de principios do século XVIII. Ao traducir a obra de Newton, Châtelet incluíu os seus propios comentarios, extrapolou as ideas de Newton e agregou a noción da conservación da enerxía no seu manuscrito. En 1725, aos 19 anos, casouse co Marqués de Chastellet-Lomont, tendo el 30 anos. Aínda que o seu marido era Marqués de Chastellet, e ela firmaba con ese nome as súas publicacións, a versión do seu apelido como “Châtelet” foi introducida por Voltaire, con quen mantivo unha relación amorosa de 15 anos, e quen recoñecía a tal punto a súa intelixencia que a equiparaba a Newton e Horacio. A pesar da ruptura amorosa a súa amizade e colaboración académica duraría ata morte dela. En 1748 coñeceu na corte do Duque Estanislao en Luneville, na Lorena, a Jean François de Saimt-Lambert, un novo poeta e oficial da garda do duque. Emile namorouse profundamente del e nos dous anos escasos que durou a relación continuamente longas e apaixonadas cartas, en cambio os sentimentos de SaintLambert parecían menos intensos. Nesta época Émile estaba traballando na tradución dos Philosophiae Naturalis Principia Mathemática de Newton, cando en 1749 soubo que estaba embarazada, intensificou o traballo porque tiña o presentimento de que o parto podía ser fatal. Poucos días despois do mesmo empezou a sentirse mal e a ter unha febre alta, pediu que lle entregaran a tradución dos Principia e engadiulle a data “10 de setembro de 1749”. Pouco despois morrería. María López (3ºA)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARÍA ZAMBRANO (Málaga, 1904 – Madrid, 1991)

A primeira muller á quen se lle concedeu o Premio Cervantes de Literatura no ano 1988 María Zambrano foi unha filósofa e pensadora española, discípula de Xavier Zubiri e amiga de Ortega e Gasset, Maruja Mallo e Rafael Dieste, entre outros. Naceu en Málaga, pero só viviu alí tres anos, xa que se trasladou coa súa familia a Xaén e posteriormente a Segovia; cidade na que cursou o bacharelato. Tamén estivo en Madrid, onde estudou Filosofía e onde exerceu de profesora na Universidade de Madrid. O seu pensamento estaba vinculado ás correntes vitalistas do século XX. Para ela era preciso establecer tres modos de razoamento: o cotiá, o mediador e o poético. Dende este último aproximouse ao sagrado, o lugar onde se atopa a explicación do transcendente, a lóxica do misterio. Publicou varias obras, entre as que cómpre destacar “Pensamiento y Poesía en la vida española” e “Filosofía y Poesía”. Nelas denuncia o carácter do discurso filosófico masculino e defende a contribución das mulleres á transformación do pensamento europeo. A súa extensa obra non foi recoñecida en España ata o último cuarto do s.XX, tras un longo exilio. Tamén se lle concedeu o Premio Príncipe de Asturias en 1981. Carmen Ferreiro (3º A) e Denisse Ameijide (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARINA SUBIRATS MARTORI (Barcelona, 1943)

Catedrática de Socioloxía da UAB e Premio Cataluña de Socioloxía de 2011 Naceu en Barcelona. Entra na Universidade de Barcelona, na facultade de Filosofía e Letras onde cursará estudos e se licenciará en Filosofía en 1965. Ampliará estudos en París, Francia, obtendo o Diplôme d'Etudes Approfondies en Socioloxía en 1967. Será profesora de Socioloxía na Universidade de Barcelona (1970-1973) e na Universidade Autónoma de Barcelona (dende 1973). Traballará de investigadora na Fundación James Bofill e no Instituto de Ciencias da Educación da UAB. Doutoruse en Filosofía na Universidade de Barcelona en 1974. No 1977 realizará estancias de investigación na Universidade de Wisconsin e no 1978 na Universidade de California (ambas en Estados Unidos) e no 1987 no Institute of Education de Londres. En 1992 gaña a Cátedra de Socioloxía da UAB, especializándose nos campos de Socioloxía da Educación e Socioloxía da Muller. Dende 2006 é catedrática emérita. Durante o franquismo e os primeiros anos da democracia militou nos partidos Bandera Roja, PSUC e Iniciativa por Cataluña Verdes. Foi directora do Instituto da Muller do Ministerio de Asuntos Sociais (1993-1996). Membro da Comisión de Igualdade de Oportunidades da Unión Europea entre 1993 e 1996, e presidenta da mesma en 1995. De 1999 a 2007 foi concelleira do Concello de Barcelona. Foi presidenta do Consell de Sants-Montjuïc de 1999 a 2003, e do Consell de Distrito de Nou Barris de 2003 a 2006. É membro do Consello Escolar do Estado dende o ano 2004. En 2015 firmou un manifesto en apoio a Barcelona en Común. Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de setembro de 2015 anunciouse que Marina Subirats xunto a Vicenç Navarro cerrarían a lista de Cataluña Sí que es Pot, pola circunscripción de Barcelona. No 2006 recibe o Premio Cruz de San Jorge. No 2011 a Asociación Catalana de Socioloxía recoñece a Marina Subirats co Premio Cataluña de Socioloxía. Tamén escribe libros. Entre as súas obras destacan: Mujeres y Hombres. ¿Un amor imposible? (2007) Barcelona: de la necessitat a la llibertat. Les classes socials al tombant del segle XXI (2012). Forjar un hombre, moldear una mujer (2013) Manuel Lamela ((3º A) e Ainé S. Novo (3ºA)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


MARY WHITON CALKINS (Connecticut, 1863 – Massachusetts, 1930)

A primeira muller en ser presidenta da Asociación Americana de Psicoloxía (APA) no ano 1905 Foi unha filósofa e psicóloga estadounidense. Naceu o 30 de marzo de 1863 en Hartford, Connecticut. Era a maior de cinco irmáns, filla de un ministro. Mudouse a Massachusetts en 1880 ca súa familia. En 1882 entrou no Smith College, pero en 1883, tras a morte da súa irmá deixou temporalmente os estudos e estudou pola súa conta, regresando en 1884 a universidade para graduarse nunha dobre licenciatura: filosofía e clásicos. Despois da súa graduación, Calkins e a súa familia viaxaron durante 16 meses por Europa e alí aprendeu grego. Ao regreso traballou como profesora de grego en Wellesley College durante tres anos. Calkins decideu tomar clases de Psicoloxía na Universidade de Harvard. Formouse no entorno de William James e o seu sucesor en psicoloxía en Harvard, Hugo Munsterberg. Mary Calkins defendía unha idea de psicoloxía como ciencia do “self”, ou da persoa como totalidade única e complexa, relacionada ca súa entorna física e social e coa experiencia cotiá. Durante o seguinte ano traballou con Edmund Sanford para establecer o primeiro Laboratorio de Psicoloxía do Welleskey College. Tamén realizou investigacións sobre a desigualdade da muller e nunha Convención Nacional do Sufraxio admitiu que prohibir o voto feminino era inconsistente pois as mulleres utilizaban a lóxica nas súas decisións. En 1918 foi nomeada presidenta da American Philosophical Association Uxía Lamas (3º A) e Iria Villares (3º A)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.