![](https://assets.isu.pub/document-structure/211104210600-643ed45d27fe5f6d5c21aff08ea8fc9a/v1/7726f7a6323052be8e53c5c616619610.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
1 minute read
ALFONSO PITA
abandonadas, aquelas dos que un día tiveron que marchar e non puideron volver. Cantas cousas poderían contar e en cambio están caendo no esquecemento.
“¡Que te aman os teus fillos! ¡que os consome do teu chan se apartar! Que ximen sin consolo, se a outras terras de lonxe a morar van. Que aló está o corpo nas rexiós alleas i o espirito sempre acá, Que só viven, só alentan cas lembranzas do seu país natal e coa esperanza, coa esperanza ardente de a Galicia tornar… E ¡como n’adorarte deste modo, santa e querida nai, como non morrer lonxe daquel seio que mel de meles dá, i é groria i é contento e paraíso no mundo terreal!”
Advertisement
Saudade.
A aldea é o lugar perfecto ao que me gusta tornar sempre que podo, tanto para descansar da rutina coma para imbuírme de recordos e historia. Un lugar onde fun inmensamente feliz durante a miña infancia e no que aprendín a desfrutar da vida familiar. A aldea é a felicidade da miña nai ao restaurar unha casa antiga, as rutas en bicicleta co meu pai e o meu irmán, os almorzos do avó a base de torradas con aceite, as merendas de pan con chocolate, e mil cousas máis. Tras case corenta anos, e a pesar de vivir cada vez máis lonxe, sigo sentíndome coma en casa cando paso alí uns días, como se o tempo non pasara dende a miña nenez. Un tempo que foxe cara adiante entre as pedras das casas Fragmento do poema “¡Terra a nosa!” incluído no poemario “Follas Novas” (Rosalía de Castro, 1880)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/211104210600-643ed45d27fe5f6d5c21aff08ea8fc9a/v1/84dc1af2a53ea163c07046289981fd2c.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/211104210600-643ed45d27fe5f6d5c21aff08ea8fc9a/v1/e34a44d4904f1489ed5cab3ed6b585c8.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/211104210600-643ed45d27fe5f6d5c21aff08ea8fc9a/v1/9f9ff13b67c27fe1394d53a658f3d4e4.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/211104210600-643ed45d27fe5f6d5c21aff08ea8fc9a/v1/d2f537a67d8c0a727f142efb2d93ece4.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/211104210600-643ed45d27fe5f6d5c21aff08ea8fc9a/v1/533c0d9675694af112931e5138703734.jpeg?width=720&quality=85%2C50)