Publicación didáctica dirixida a mestres e mestras de educación infantil. Para esta idade en que a lectura de contos lles resulta tan próxima e atractiva a nenas e nenos, quixemos seleccionar, entre os que se publican en lingua galega, aqueles relatos que nos dan pé a traballar hábitos saudables: a alimentación e a actividade física. Ademais, decidimos acompañalos desta guía na que se recolle unha exemplificación didáctica para cada unha das narracións, así como outros materiais (recursos, experiencias de centros educativos, bibliografía e ligazóns web ) que nos han axudar a traballar un tema tan serio e transcendente como é o do estilo de vida que levamos, do que forman parte hábitos cotiáns tales como o xeito de combinar os alimentos ou o movemento do corpo cada día.