Guía de como desenvolver a competencia en consumo responsable na educación infantil. Ofrece o marco teórico e curricular da educación para o consumo; posibilidades de abordaxe desde as distintas actividades e servizos que se desenvolven no centro escolar infantil. Recolle unha escolma de 30 títulos de literatura infantil que brindan a posibilidade de traballo sobre o consumo responsable. Complétase con 3 exemplificacións didácticas, para cada un dos niveis, unha centrada en consumo e emocións, outra en consumo e arte e a terceira sobre consumo e trazabilidade dun producto.