CITAS

Page 1

CITAS ­

Eu son conservador­libertario. Eu digo conservador porque naturalmente os conservadores agora non son conservadores. O único que queren conservar é os privilexios. Mandar e quedarse con todo. Eu digo que son conservador no senso de que hai que conservar o antecedente da historia, tamén desde o punto de vista arquitectónico. Pero ó mesmo tempo hai que ter liberdade para mover as cousas, para cambiar a economía, o sistema de vida.

­

Son un descrido porque teño pouca fe nas cousas. Non creo que teñan moita solución os problemas que hai. Sempre hai moitos egoísmos. O home é un animal que trata de quedarse con tódalas cousas.

­

Non son relixioso, pero tampouco me opoño a nada. A relixión é unha cousa que crea o mesmo individuo, que espontaneamente lle vén de dentro, porque xa se ve que tódolos pobos son relixiosos, dunha maneira ou doutra. É buscarlle un sentido. Temos talento, pero non sabemos en qué aplicalo. Creamos deuses, virxes e tódolos santos ou o que sexa.

­

Non hai liberdade para levar a cabo un periódico coas nosas ideas mantendo a independencia....... No xornal no que colaboro habitualmente déixanme dicir esas barbaridades que digo porque as digo en galego e non as le ninguén. Os meus amigos pero ninguén máis.

­

Galicia é actualmente un país colonizado económicamente..... Por exemplo, os ríos son nosos, pero non nos beneficiamos deles porque están explotados por unha empresa de Madrid, que liquida os seus impostos en Madrid. Así non hai forma de que este país vaia para diante. Fabricamos moitos coches, pero son franceses. Esas empresas son rentables para si mesmas, pero non o son para Galicia. E faría falta un equipo de economistas que dixera estas cousas, pero ninguén se atreve.

­

A min que me boten nunha fosa, sen caixa e sen nada, e que me boten a terra por riba.

­

Penso que o único que fixen ben foi traballar e punto. Non hai lugar para crer que se fixo un labor trascendente, porque nada o é.

­

Ó mellor a espiña que me queda cravada é a de non ter nacido. A vida ten demasiadas complicacións. A vida non ten moita importancia. Se morremos agora non pasa nada.

­

España non ten outro remedio que federarse, porque está formada por uns pobos que teñen unha identidade diferente. É unha invención histórica.

­

Son unlimpamerdas e un sopragaitas.

­

Tócame morrer. Xa están a morrer todos, xa non queda ninguén


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.