Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
MEMORIA: CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA
Coordinadora:
Isabel Cota Muñiz
Colaboradoras permanentes:
Mª Carmen Fernández González Antonia Roncero Martín.
•
Blog:http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arbore-vermella.php
Verín, 20 Xuño, 2012
1
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
• COMPOSICIÓN.
NÚMERO
DE
PARTICIPANTES.
PROFESORADO RESPONSABLE E COLABORADOR: Funcionou un primeiro grupo integrado por 25 alumnos de ESO todos os xoves ás 16:30. Houbo un segundo grupo formado por alumnos de 2º de Bacharelato, ex-alumnos e exprofesores do centro (un total de 14 participantes). Houbo con este segundo grupo un encontro por trimestre, dado que o feito de non estar a vivir en Verín os ex-alumnos e exprofesores dificultou atopar datas para reunirnos. De todos os xeitos os alumnos de Bacharelato puideron asistir ás reunións semanais con alumnos de ESO ás que lles foi posible, e que tamén consideramos interesantes para eles, os xoves ás 16.30. Os dous grupos estiveron coordinados por Dª Isabel Cota Muñiz, profesora de Lingua Inglesa, coa colaboración permanente de Dª Mª Carmen Fernández González, profesora de Lingua Galega e de Dª Antonia Roncero Martín, profesora de Lingua Castelá e Literatura. Contamos coa axuda e participación en moitas sesións do profesor do Dpto. de Plástica D. Víctor Rguez. Romero, cuxo papel no proxecto Poemas da cidade oculta – Libro dos cans foi fundamental. Tamén colaborou connosco, guiando as sesións musicais, D. David Rodríguez Rivada, do Dpto. de Música. Aínda que non estivo este ano connosco no centro, acompañounos dende a distancia o profesor de Lingua Castelá e Literatura D. Francisco Javier Fontenla García, agora con destino definitivo en Ourense. Tivemos a sorte de seguir contando coas sabias ideas e suxestións, tamén dende a distancia, de Dª Mónica Pazos Martínez, profesora de Lingua Galega. Ademais, novamente, aínda que lonxe (dende o seu actual destino na provincia de Zaragoza) perto grazas ás novas tecnoloxías, estivo connosco a profesora de Lingua Castelá e Literatura Dª Teresa Losada Romero, cuxo marabilloso blog (Robando Rosas http://las-rosasde-las-avenidas.blogspot.com) é sempre fonte de inspiración. Expresamos tamén o noso agradecemento a Dª Virginia Calviño Baltar, profesora de filosofía, que estivo destinada no noso centro e actualmente é docente no IES Ribeira do Louro de Porriño, polas súas suxestións: libros, longametraxes, curtas, exposicións... polas súas aportacións sempre tan enriquecedoras. Seguimos co noso proxecto conxunto Adiviña quen é (Ver: http://bibliochivite.blogia.com/2012/040301--adivina-quen-e-isaac-diaz-pardo.php) e Virxinia, o seu compañeiro do Dpto. de Dinamización Lingüística Delio e un grupo de 15 alumnas tiveron a enorme xenerosidade de vir ata Verín e compartir con nós a interesantísima actividade que levan a cabo dende hai anos: “Grandes mulleres da historia visitan as aulas galegas”.(Ver:http://bibliochivite.blogia.com/2012/031201-dia-da-muller-actuacion-dasalumnas-do-ies-ribeira-do-louro.php ) O club de lectura tivo tamén unha vinculación especial coa Axenda 21 do noso instituto (blog: http://bioquimchivite.blogia.com), que ten como coordinador a D. Javier Rodríguez García, do Dpto. de Ciencias. A Axenda 21 é un programa para desenvolver a sostibilidade a nivel planetario e gran parte dos seus obxectivos dependen case en exclusiva do papel das comunidades locais, das actitudes e comportamentos dos cidadáns. É preciso concienciar o noso alumnado e inculcarlles valores que os convirtan e cidadáns comprometidos coa vida do seu planeta, e pensamos que os cidadáns sensibles ante os problemas de sostibilidade do seu medio ambiente tamén o son ante a cultura en todas as súas manifestacións.
2
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Sinalar tamén que o traballo de promoción da lectura e a cultura do club de lectura está recollido no proxecto lector do centro e que traballos e materiais elaborados polo club (por exemplo, presentacións a partir de novelas gráficas, como Emigrantes, de Shaun Tan) son empregados por profesores que imparten Hora de Lectura. (Ver o blog creado con traballos feitos por alumnos e profesores de diversas materias: http://emigrantesinterdisciplinares.blogspot.com/) Tamén traballamos conxuntamente nalgunhas actividades co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro (blog: http://ofiadeirodalingua.blogspot.com, coordinado pola profesora Dª Carmen Rivero ( visitas de escritores e cantautores galegos, certames literarios, concursos, como Quen é o personaxe?, sobre figuras relevantes da comarca e arredores, actividades como o proxecto Compartindo a lectura, no que os rapaces leron ós seus compañeiros os seus poemas e contos favoritos, ben de autores relevantes, ben escritos por eles mesmos…). Igualmente, o club de lectura colaborarou con e recibiu a axuda do equipo da Biblioteca Escolar, do que é responsable Dª Rebeca Ares. Toda a información sobre o Club de lectura A Árbore Vermella estará no blog da biblioteca do instituto(http://bibliochivite.blogia.com) no apartado Club de lectura A Árbore Vermella: (http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arbore-vermella.php)
• ACTIVIDADES REALIZADAS: - 9 Setembro: (ex-alumnos e ex-profes): A ópera dos tres reás. - 13 Outubro: Comeza o club de lectura, O peixe vermello e A árbore vermella. - 21 Outubro: Basi e os seus amigos, Visita de Julia e Víctor. - 28 Outubro: Curtametraxes Kiwi e Black Hole, avaricia e ambición. - 3 Novembro: O cazo de Lorenzo, O meu irmanciño da lúa e Que tes debaixo do sombreiro?, historias para aprender, que nos afectan a todos. - 10 Novembro: O elefante encadeado e unha marabillosa historia sobre o amor e a dor. - 18 Novembro: Concerto de Santa Cecilia – Recital Piano-Chelo. - 24 Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia Cara ás Mulleres. - 1 Decembro: El rey pájaro y otros esbozos, de Shaun Tan. - 8 Decembro: Presentando o poeta que nos visitará este ano: Estevo Creus. - 12 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta. - 19 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta II. - 26 Xaneiro: La mujer esqueleto – Alas y olas – Clandestinos. 3
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 1 Febreiro: Concerto Despois de ti a chuvia (Carlos Caneiro e Emilio Rúa). - 9 Febreiro: Os Poemas da cidade oculta de novo no club. - 24 Febreiro: Concerto de Nach en Ourense. (Asistencia tamén de ex-alumnos e ex-profesores). - 1 Marzo: O libro dos cans, de Estevo Creus. - 8 Marzo: La casa, de J. Patrick Lewis e Roberto Innocenti. - 15 Marzo: O libro dos cans de novo no club. - 22 Marzo: Preparándonos para a chegada de Estevo Creus, construimos unha balea (Poemas da cidade oculta) e tamén facemos casas (Libro dos cans). - 23, 24 e 25 Marzo: Stand Poemas da cidade oculta no pavillón de Verín durante as festas do Lázaro. - 12 Abril: Compartimos os itinerarios (inspirados polo poemario Poemas da cidade oculta) feitos polos alumnos do club, os de Plástica e os de Deseño Gráfico Dixital. Ambientamos o instituto antes da visita de Estevo Creus. - 19 Abril: Grazas, Estevo. Estevo Creus no club de lectura. (Asistencia tamén de ex-alumnos e ex-profesores). - 24 Abril: Pais dos alumnos do club de lectura veñen a ver todo o traballo feito polos seus fillos a raíz da lectura das obras Poemas da cidade oculta e O libro dos cans. - 26 Abril: A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono. - 3 Maio: A árbore xenerosa, de Shel Silverstein. - 10 Maio: Visita a Santiago de Compostela. Asistencia ó Centro Galego de Arte Contemporánea para presenciar o espectáculo Baleadas, inspirado polo último poemario de Estevo Creus, o poeta sobre cuxa obra traballamos este ano no club de lectura. Percorrido pola cidade e visita á Cidade da Cultura. - 24 Maio: Alumnado e profesorado do club de lectura len textos escritos por eles. - 31 Maio: Adele en vivo no Royal Albert Hall. - 7 Xuño: Actuación da actriz Ana Isabel Roncero Martín.(Asistencia tamén de ex-alumnos e ex-profes)
4
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 ACTIVIDADES DETALLADAS - 9 de Setembro: A ÓPERA DOS TRES REÁS Profes, ex-profes, alumnos maiores e ex-alumnos asistimos a este incrible musical. http://bibliochivite.blogia.com/2011/090901-a-opera-dos-tres-reas.php
O grupo de ex-profes e ex-alumnos do club de lectura A árbore vermella comeza este curso 2011-2012 asistindo á representación, por parte do Centro Dramático Galego, da Ópera dos tres reás, de Bertolt Brecht en Ourense. "A compañía pública galega actualiza o clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill baixo a dirección escénica de Quico Cadaval—quen asume tamén a dramaturxia— e a dirección musical de Diego García Rodríguez. Luis Tosar, a cara más recoñecida do panorama cinematográfico actual e un dos actores máis solicitados, Marcos Orsi, Muriel Sánchez e César Goldi encabezan o elenco deste drama musical do que tamén forman parte Alba Messa, Víctor Mosqueira, Mónica de Nut, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf", Begoña Santalices e Sergio Zearreta, acompañados en directo polos músicos Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew McNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich. Baseada na peza do dramaturgo inglés John Gay A ópera do mendigo (1728), a obra constitíu o éxito teatral más importante de Brecht. Ás formulaciones escénicas do dramaturgo alemán uniuse unha fascinante partitura composta por Kurt Weill, na que incorporou cabaret, jazz e música culta, aínda que satirizada. Algúns dos seus temas musicais adquiriron grande éxito por si mesmas, como A balada de Mackie o Navalla, Jenny a dos piratas, A canción dos canóns, Barbara song e A balada do bordel que foron inmortalizados por grandes cantantes como Louis Armstrong, Edith Piaff, Nina Hagen, Tom Waits, Ute Lemper, Sting... Brecht sitúa no Londres dos anos 20 un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos, no que o popular delincuente Mackie Messer seduce a filla do rei dos mendigos. Unha voda nunha corte é o detonante dunha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas e a policía comparten protagonismo, audacias e un final sorprendente. Música e palabra, da man, ofrecen unha obra que busca o goce xunto á reflexión." 5
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 13 de Outubro: O peixe vermello e A árbore vermella. http://bibliochivite.blogia.com/2011/092201-o-peixe-vermello-na-arbore-vermella.php
O club de lectura comezará este ano descubrindo ós novos integrantes A árbore vermella e gozando todos e todas tamén cunha nova pequena xoia que acabamos de atopar: O peixe vermello (click tamén aquí). O PEIXE VERMELLO - 21 de Outubro: Basi e os seus amigos, visita de Julia e Víctor. http://bibliochivite.blogia.com/2011/090102-ilustracion-dun-conto-infantil-basi-e-os-seusamigos-.php
Julia Rivada, profesora de educación infantil (nenos de 3 a 5 anos) do centro Canicouva (Vigo), escribiu un conto titulado "Basi e os seus amigos". Baseouse na figura lendaria do basilisco, unha criatura pertencente á mitoloxía galega que é mestura de serpe, sapo e galo, e que ten o poder de matar a calquera dunha soa ollada.
6
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Xunto cos alumnos do seu anterior centro (C.R.A. A picoña, "Raíña aragonta") creou a Basi, unha basilisca do máis peculiar, que emprende unha viaxe na que atopará amigos diferentes a ela pero capaces de compartir o seu mundo. Xa cos alumnos do seu actual centro, converteu o conto nunha obriña teatral, na que houbo todo tipo de creacións: disfraces para cada personaxe, accesorios, escenarios, e incluso música ao vivo a cargo dun cuarteto de corda. No pasado curso Julia Rivada púxose en contacto con Víctor Rodríguez (profesor de plástica no noso centro) para que ilustrase o conto. O seu proxecto segue en marcha e pronto poderemos velo feito realidade. No primeiro trimestre deste curso, contaremos no Club de lectura con Julia e Víctor, para que nos expliquen máis polo miúdo o seu traballo. Este é o artigo que David Rguez. Rivada escribou no seu blog sobre a próxima visita de Julia e Víctor. http://bibliochivite.blogia.com/2011/102201-visita-de-julia-e-victor.php
Onte estiveron connosco no club de lectura Julia Rivada e Víctor Rguez para falarnos do conto "Basi e os seus amigos", que creou Julia e está a ilustrar Víctor . Julia, como vos diciamos nun artigo anterior, é profesora de educación infantil e unha vez máis demostrounos que a paixón, a creatividade a riqueza interior... van máis alá de idades, que a aprendizaxe non é unidireccional, que todos podemos compartir con e aprender de todos. Vimos o enorme traballo que se fai na educación infantil (que obra teatral montaron Julia e a súa compañeira Belén cos seus pequenos de cinco anos a partir do conto!!!!!) e como os nenos devolven multiplicado o esforzo e o cariño que se lles adica. GRAZAS Julia, es unha enorme profesional, dun talento incrible. E para talento, paixón, entrega... a de Víctor. Unha e outra vez déixanos abraiados. Víctor soubo ler con precisión o texto de Julia e darlle ás imaxes o seu toque máxico, único, diferente. GRAZAS por enriquecernos, Víctor.
7
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 GRAZAS tamén unha vez máis ós nenos e nenas do club. Un venres pola tarde e aquí estivestes, coma sempre, gozando, sorrindo... GRAZAS a Teresa Santamaría, tamén profesora de educación infantil, que estivo connosco no club cando este comezaba, hai uns anos, para falarnos doutro fermoso proxecto (que marabilloso traballo o dos compañeiros de infantil!!!!), o proxecto que rematou coa publicación do conto "A bolboreta Doreta", e que onte tamén nos quixo acompañar e compartir experiencias coa súa compañeira Julia. Se facedes click aquí e aquí accederedes ós artigos que se publicaron no blog cando Teresa nos acompañou na nosa Árbore Vermella. Visitade, premendo aquí, o exquisito artigo que David Rguez. Rivada adica no seu blog á visita de Julia. NON VOS PERDADES ESE TEXTO!!!!!!!!!!!!!! Facede click aquí para ver un vídeo que recolle parte da visita.
- 28 de Outubro: Curtametraxes Kiwi e Black Hole, avaricia e ambición. http://bibliochivite.blogia.com/2011/090101-kiwi-e-black-hole-ambicion-e-avaricia.php
Kiwi e Black Hole (click aquí para ver The Black Hole) son dúas curtas que compartiremos este curso que comeza cos rapaces que asisten ó club de lectura. Que diferenzas vedes entre avaricia e ambición? Cal das curtas reflicte mellor cada un deses conceptos? Coñecedes a historia do Rei Midas? Que adxectivo usaríades para describilo? Sabedes quen era Alí - Babá? E a el que adxectivo lle aplicaríades?
8
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 3 Novembro: O cazo de Lorenzo, O meu irmanciño da lúa e Que tes debaixo do sombreiro?, historias para aprender, que nos afectan a todos. http://bibliochivite.blogia.com/2011/090701-duas-historias-preciosas-con-formato-de-contopero-que-nos-afectan-a-todos.php
No club de lectura veremos dúas xoias gráficas que tratan o tema do respecto á diversidade, a atención ás persoas con discapacidade e a procura do seu benestar nun mundo que vai a outro ritmo. O primeiro vídeo é a historia de Lorenzo, un neno con discapacidade que recibe o apoio de alguén especial que sabe velo, e entón o mundo deixa de serlle alleo. O segundo vídeo é a historia dun neno autista, unha historia preciosa narrada por unha nena, transmitindo as emocións que rodean esa relación tan complexa entre dous irmáns. Moitas grazas, Sofía, por estes dous agasallos. Tamén veremos fragmentos do documental ¿Qué tienes debajo del sombrero?. ¿Qué tienes debajo del sombrero? conta a vida de Judith Scott, unha escultora norteamericana de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional despois de vivir 36 anos nunha institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é sordomuda. A súa historia, contada a través da súa irmá xemelga, Joyce, sen discapacidade, é o detonante dunha película que viaxa ó Creative Growth Art Center en California e descobre outros personaxes que como Judith buscan expresarse a través da arte. ¿Qué tienes debajo del sombrero? é unha reflexión acerca do aillamento que pode provocar unha discapacidade, e de como a través da arte se consegue restaurar a comunicación.
9
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 10 Novembro: O elefante encadeado e unha marabillosa historia sobre o amor e a dor de Jorge Bucay. http://bibliochivite.blogia.com/2011/090702-marabilloso-conto-sobre-o-amor-e-a-dor-elelefante-encadenado-.php
Enriba tedes un precioso conto sobre o amor e a dor que escoitaremos no club de lectura. Cóntao Jorge Bucay (de quen tamén leremos o conto que tedes enriba, O elefante encadeado, click tamén aquí e aquí ), aínda que tamén llo contara Alfredo a Totó na película "Cinema paradiso". Toda unha lección.
10
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
- 18 Novembro: Concerto de Santa Cecilia – Recital Piano-Chelo. http://bibliochivite.blogia.com/2011/090104-concerto-de-santa-cecilia-recital-chelo-pianovenres-18-de-novembro-en-verin.php
O venres 18 de novembro ás 19:00h o Club de lectura asistirá a un concerto de música clásica no que Rubén López (pianista) e David Rodríguez (chelo) interpretarán pezas de compositores como Haydn, Beethoven, Rachmaninoff entre outros. Este é o programa: 1ª PARTE -ROBERT SCHUMANN, "PIEZA FANTÁSTICA Nº 3". -SERGEI RACHMANINOFF, "VOCALISE". -JOAQUÍN NIN, "SUITE ESPAÑOLA: Vieja Castilla. Asturiana. Murciana. Andaluza" -XOÁN MONTES, "NEGRA SOMBRA". 2ª PARTE -GABRIEL FAURE, "ELEGÍA". -LUDWIG VAN BEETHOVEN, "1º MOV DE LA SONATA Nº 3 EN LA MAYOR, OP.69". -MAX BRUCH, "KOL NIDREI". -JOSEPH HAYDN, "1º MOV DEL CONCIERTO Nº 1 EN DOM PARA CHELO Y ORQUESTA".
11
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2011/111901-concerto-chelo-david-rodriguez-rivada-pianoruben-lopez-lopez-.php
Grazas, grazas, grazas, grazas, David e Rubén, pola xenerosidade coa que compartides o voso talento, un talento que onte nos fixo vibrar a todos os que estabamos no salón de actos do IES García Barbón. Non temos máis que palabras de agradecemento... Moitos dos nenos do club de lectura que nos acompañaron onte asistían e gozaban por primeira vez cun concerto de música clásica en vivo. Grazas por darlles esa oportunidade. GRAZAS.
- 24 Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia Cara ás Mulleres. http://bibliochivite.blogia.com/2011/112001-dia-internacional-da-eliminacion-da-violenciacara-as-mulleres.php
12
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mullereso club de lectura A árbore vermella adicará, como o pasado ano, a vindeira sesión a colaborar na elaboración dunha tea solidaria (click aquí e aquí), proxecto que leva impulsando o noso compañeiro Víctor, do Dpto. de Plástica, dende hai anos. Ademais, elaboraremos 60 lazos morados, para lembrar as 60 mulleres asasinadas no que levamos de ano, e todos os membros do club de lectura os levaremos postos e repartiremos os restantes entre aqueles compañeiros que queiran levalos. A sesión comezará coa lectura de dous poemas, o primeiro, Amores cativos, deRosalía de Castro: Era delor i era cólera, era medo i aversión, era un amor sin medida, ¡era un castigo de Dios! Que hai uns negros amores de índole ponzoñenta que privan os espritos, que turvan as conciencias, que morden si acariñan, que cando miran queiman, que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan. Máis val morrer de friaxen que quentarse á súa fogueira. e o segundo de Agustín García Calvo, Libre te quiero (aquí tedes a musicalización de Amancio Prada) : Libre te quiero, como arroyo que brinca de peña en peña. Pero no mía. Grande te quiero, como monte preñado de primavera. Pero no mía. Buena te quiero, como pan que no sabe su masa buena. Pero no mía. Alta te quiero, como chopo que en el cielo se despereza. Pero no mía. Blanca te quiero, como flor de azahares sobre la tierra. Pero no mía. Pero no mía ni de Dios ni de nadie ni tuya siquiera. 13
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 A continuación leremos e escoitaremos María se bebe las calles, de Pasión Vega: María pensó que el amor era un mandamiento de dos y esperando el primer beso se hace vieja ante el espejo y limpia su llanto maquilla sus heridas y se le va la vida. Recuerda la primera vez que él le juró que fue sin querer y en los hijos que vivieron prisioneros de su miedo, María soñaba con ser la princesa de los cabellos de oro y la boca de fresa. María se fue una mañana María sin decir nada María ya no tiene miedo María empieza de nuevo María yo te necesito María escapó de su grito se bebe las calles María... Ella nunca dice que no, es la esclava de su señor ella siempre lo perdona a sus pies sobre la lona, su patria es su casa su mundo la cocina y se le viene encima. Un día dejó el corazón abandonado en su colchón solo piensa en ver su cuerpo ¡ay! del quinto mandamiento María no tiene color en la sangre María se apaga y no lo sabe nadie. María se fue una mañana María sin decir nada María ya no tiene miedo María empieza de nuevo 14
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 María yo te necesito María escapó de sus gritos se bebe las calles María... María se fue una mañana María sin decir nada María ya no tiene miedo María empieza de nuevo María yo te necesito María escapó de sus gritos se bebe las calles María... María pensó que el amor era un mandamiento de dos...
http://bibliochivite.blogia.com/2011/112301-dia-internacional-da-eliminacion-da-violenciacara-as-mulleres-2.php
Enriba tedes dúas presentacións que amosan o traballo feito por Víctor, de Plástica, e os seus alumnos para recordarnos o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mulleres e tamén as actividades que o Dpto de Plástica (tea solidaria) e o Club de Lectura (sesión do día 24 dedicada a coser a tea, elaborar e repartir laciños morados e ler poemas) están a promover.
15
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2011/112501-dia-internacional-da-eliminacion-da-violenciacara-as-mulleres-3.php
Lemos poemas, cantamos e escoitamos unha canción, reflexionamos sobre o contido deses textos.... falamos de non ser posuídos e de non posuír as persoas, de ser seres completos, de dar e ter un afecto san, de liberdade, de patróns preestablecidos que aínda están gravados con lume nas nosas mentes... fixemos laciños morados e puxémolos...sacamos fotos coa tea solidaria...
16
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 1 Decembro: El rey pájaro y otros esbozos, de Shaun Tan. http://bibliochivite.blogia.com/2011/092801--el-rey-pajaro-y-otros-esbozos-de-shaun-tan.php
Como sabedes, na Árbore Vermella somos unhas namoradas do artista Shaun Tan. O noso nome procede dunha das súas obras, The Red Tree, e temos lido no club de lectura Emigrantes, La cosa perdida e Cuentos de la periferia (este ano tocaralle o turno a Los Conejos. Paseando por este blog atoparedes artigos adicados a todas esas obras)). El rey pájaro (click tamén aquí) é un libro que os adictos a Shaun Tan sen dúbida queremos para a nosa colección, xa que a través del nos acercamos ó universo do autor mediante os bocetos que realizou nos últimos anos. Di Shaun Tan: “Se ben a meirande parte do meu traballo xira en torno a proxectos que acaban publicándose, como libros, películas e cadros rematados, moitísimos deles (o substrato) permanecen en gran medida ocultos, gardados en carpetas, caixas e cadernos de bocetos. Algunhas desas obras son ideas incipientes, algunhas felizmente abandoadas, outras pendentes dunha excusa que permita resucitalas. Outras son probas que fixen durante a fase inicial ou durante o difícil proceso de creación dalgún proxecto, ilustracións eminentemente utilitarias, meros pasos previos polos que tiven que pasar antes de completar unha obra. Outros son exercicios para non perder a forma como artista, onde a práctica do debuxo está orientada a aprender a ver, un traballo que non ten fin. E, por último, hai esbozos que non obedecen a un obxectivo en particular, creados por simple diversión, que adoitan ser os máis interesantes. As obras aquí reunidas son unha mostra do material dese tipo que xuntei durante os últimos doce anos e inclúen dende debuxos máis ou menos rematados ata garabatos soltos.” Enriba tedes dúas presentacións. A primeira é unha escolma de debuxos de "El rey pájaro" feita pola propia editorial que publicou a obra, a editorial Barbara Fiore. A segunda é unha escolma feita polas coordinadoras do club que ás veces coincide coa editorial.
17
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 8 Decembro: Presentando o poeta que nos visitará este ano: Estevo Creus. http://bibliochivite.blogia.com/2011/060501-o-club-de-lectura-pensando-no-vindeiro-cursoestevo-creus.php
No club de lectura A árbore vermella xa temos en mente o poemario en galego que leremos o vindeiro ano. Trátase de Poemas da cidade oculta (AQUÍ unha escolma), de Estevo Creus. (Moitísimas grazas a Celso Fernández Sanmartín por este descubrimento). " Poemas da cidade oculta deita unha ollada sobre as causas íntimas, sobre as elipses do corazón, sobre a visión dun neno que observa como se descuartiza unha balea." Se facedes click aquí accederedes a estevocreus.blogspot.com, onde aparecen tamén algúns Poemas da cidade oculta (fai click tamén aquí). Premendo aquí chegaredes á información sobre este poeta, músico, psicólogo, fundador do grupoTalía Teatro... que aparece na páxina de AELG: Autobiografía , obra, videoteca,fonoteca, materiais didácticos, outros documentos. Aquí tedes poemas de Estevo Creus que aparecen en Enfocarte.com, nunha Antoloxía de Nova Poesía Galega publicada nesta páxina de arte e comunicación na rede. Este é un artigo publicado en El País e este foi publicado en La Voz de Galicia. En leyendopoesia.blogspot.com publicaron o artigo Estevo Creus, noticias encendidas. Tamén nos acercaremos á súa obra O libro dos cans (preme aquí e aquí)
18
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 http://bibliochivite.blogia.com/2011/121101-estevo-creus-balea2.php
Como vos diciamos nun artigo publicado neste blog (premede aquí ), este ano o poeta galego cuxa obra visitaremos no club de lectura é Estevo Creus. "Traballaremos" Poemas da cidade oculta e O libro dos cans. Estevo Creus ven de publicar un novo poemario, balea2, resultado dunha colaboración co poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín, que nos visitou o ano pasado, e con quen tanto gozamos alumnos e profes (premede aquí ). Di Estevo Creus: "Este libro existe gracias a meu ben querido amigo e poeta Celso Fernández Sanmartín, que xuntando a nenos de a cinco e a vellos de a 100 nunha residencia de anciáns, tiveron a ben escribirme e mandarme debuxos de baleas. ... Con eses debuxos e esas experiencias tentei escribir un libro que fora para todos: poemas de adultos para nenos e poemas de nenos para adultos coa intención de que a lectura fora conxunta, as explicacións e entendementos recíprocos, e de que as risas, se as houber, foran compartidas. ... Do que si estou certo, é de que todos estes textos nunca estarán á altura do acontecido eses días, e de que, etesa eu onde estea, e pasen os anos que pasen, eu sempre vivirei alí, con eles:habitando entre cetáceos."
19
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Por certo, a compañía Traspediante levou ó Culturgal, a feira da cultura galega, a súa obra Baleadas, unha peza escénica pedagóxica, que mistura o teatro e a danza. Ao atractivo destas dúas disciplinas, a peza engade a animación audiovisual xenerada en directo. A obra, dirixida ao público infantil, está inspirada no poemario Balea2 de Estevo Creus e supón un xogo permanente entre as baleas, as cores e o público (vídeo enriba). - 12 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta. http://bibliochivite.blogia.com/2012/011301-lendo-poemas-da-cidade-oculta-.php
No club de lectura xa estamos en marcha con Poemas da cidade oculta, o libro de Estevo Creus do que vos falamos en artigos anteriores. Houbo unha longa introducción na que entramos en contacto co autor e a súa obra, lemos e reflexionamos sobre os poemas iniciais e os profes, ó final da sesión, falaron do proxecto que lles gustaría levar a cabo con todos os integrantes do club a partir da lectura do poemario. Gustaríanos construir os nosos itinerarios. De feito, amosámoslles ós rapaces e rapazas dous que temos en proceso de elaboración. Agora, a seguir lendo, pensando e creando, que seguro que ideas fascinantes, que se convertirán en realidades abraiantes, sairán das cabezas dos nosos alumnos.
20
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 19 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta II. http://bibliochivite.blogia.com/2012/012001-lendo-poemas-da-cidade-oculta-de-estevocreus-ii.php
Onte continuamos lendo Poemas da cidade oculta no club de lectura A árbore vermella, e ó final da sesión tivemos varias sorpresas: Lara tróuxonos o seu "itinerario", amosounos un moi fermoso cadro feito por ela mesma e falounos do camiño que tivo que percorrer ata ser quen de rematalo, pensou que non podería facelo mais finalmente.... Logo, Marita amosounos como está a progresar o seu "camiño" e Víctor amosounos dous "itinerarios", un deles feito recentemente a partir dunha película que lle gustou moitísimo e outro elaborado hai xa moito tempo no que arquitectura, cidade, literatura... cóllense da man. Enriba tedes un vídeo no que escoitades a algúns alumnos lendo Poemas da cidade oculta e tamén a Lara falando do seu cadro e a Víctor e Marita dos seus respectivos "itinerarios". Ese vídeo e un "avance". Os "itinerarios" de todos os alumnos que os vaian facendo e os dos profes formarán parte dunha presentación que poderedes ver neste blog.
21
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 26 Xaneiro: La mujer esqueleto – Alas y olas – Clandestinos. http://bibliochivite.blogia.com/2012/013002-la-mujer-esqueleto-alas-y-olas-clandestinos.php
Os amores clandestinos, imposibles, difíciles... serán os protagonistas a vindeira semana no club de lectura A árbore vermella. A nosa compañeira Antonia, que non pode acompañarnos ultimamente, vai estar connosco dunha maneira "diferente", contándonos unha historia que descubriu hai pouco e lle resultou fascinante, a da Muller Esquelete, unha lenda inuit que aparece no libro Mujeres que corren con los lobos, de Clarissa Pinkola Estés. “As palabras sanan. Os contos son unha menciña. Sentinme fascinada por eles dende que escoitei o primeiro... Conteñen os remedios para reparar ou recuperar a pulsión perdida”. Con estas premisas foi escrito o libro Mujeres que corren con los lobos por Clarissa Pinkola, unha psiquiatra norteamericana que recolle relatos da súa infancia e tamén os selecciona de pobos aboríxenes, para facer un compendio da sabedoría feminina. Escoitade a Antonia. Ela vai ser que vos conte a lenda da muller esquelete. 22
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 AQUÍ podedes escoitar a interpretación que Antonia nos fai desta fermosa lenda de orixe inuit. Logo leremos Alas y olas, de Pablo Albo,ilustrado por Pablo Auladell e editado por Barbara Fiore, un fermoso libro cunha historia levemente inspirada pola da muller esquelete. Escoitade de novo a Antonia lendo Alas y olas. Remataremos escoitando Clandestinos, de Nach, rap onde de novo os amores difíciles son protagonistas.
- 1 Febreiro: Concerto Despois de ti a chuvia (Carlos Caneiro e Emilio Rúa). http://bibliochivite.blogia.com/2012/020102-despois-de-ti-a-chuvia.php
Onte, parte do profesorado e alumnado do club de lectura A árbore vermella asistiron en representación dos seus compañeiros e compañeiras ó concerto-recital Despois de ti a chuvia no Teatro Principal de Ourense. Xosé Carlos Caneiro (escritor) e Emilio Rúa (compositor e músico) presentaron un fermoso espectáculo que leva o mesmo título que o libro-deuvedé editado por Galaxia no que poesía e música se fusionan, ó ter musicado Rúa varios dos poemas de Caneiro que recolle o libro. 23
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Neste proxecto participaron xunto a Caneiro e Rúa os músicos José Gayoso, Seginho Sales, Alberte Rodríguez e Guillermo Prieto. Antonia escribiu unhas verbas despois do concerto: " Se levantó un día el poeta Caneiro con ganas de mirar atrás dentro del amor y se encontró a sí mismo escribiendo versos de niebla y vodka, de cuando el desamor le iluminaba los dedos con luz de luna y el corazón le latía al calor de labios nunca olvidados. Hoy, después de la lluvia, hicimos corro, abrimos unas cervezas, unos libros y él abrió su voz verdadera, de poeta, claro." - 9 Febreiro: Os Poemas da cidade oculta de novo no club. http://bibliochivite.blogia.com/2012/020901-os-poemas-da-cidade-oculta-de-novo-noclub.php
Hoxe a sesión do club de lectura comezou "pechando" a sesión anterior na biblio (premede AQUÍ). Estivemos lendo, vendo, escoitando e finalmente comentando Alas y olas, fermosísima historia levemente inspirada en La mujer esqueleto.
24
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Despois de gozar con Alas y olas, conto no que o mar ten o seu protagonismo, proseguimos coa lectura de Poemas da cidade oculta e comezamos cun poema que enlazaba moi ben con Alas y olas, un poema con mar, un poema que nos di: "amar o mar".... Decidimos ler de xeitos diferentes. Todos xuntos, en cadea.... E coidamos que ós rapaces e rapazas esta maneira de ler resultoulles atractiva, estimulante... Enriba podedes ver os nosos rapaces recitando algúns Poemas da cidade oculta. - 24 Febreiro: Concerto de Nach en Ourense. (Asistencia tamén de ex-alumnos e ex-profesores) http://bibliochivite.blogia.com/2012/022501-concerto-de-nach-en-ourense.php
Onte, venres 24 de Febreiro, asistimos ó concerto que o astro do hip-hop Nach, a quen o club de lectura ten adicado máis dunha sesión, deu en Ourense. Nach actuou brillantemente acompañado por ZPU (nunha pasada sesión do club escoitamos David contra Goliat, de ZPU), Abram e o DJ Joaking. Foi unha actuación na que todos os asistentes nos sentimos inmersos nun remuíño de enerxía: a súa posta en escena, a calidade e humanidade das súas letras, a súa forma de falar co público... e sobre todo a actitude impresionante dos seus fans: unha morea de adolescentes que sabían de memoria todos os seus temas e interactuaban coas súas intervencións, bailando, cantando, vivindo a súa música. Un exemplo do que os gregos chamaban catarse, ou purificación da alma que experimentaban os que asistían á representación dunha traxedia grega, vivindo como propias as experiencias dos personaxes teatrais. Premendo aquí accederás ó artigo que David fixo no seu blog. Moitas grazas polo teu compromiso, polo teu talento, pola gran laboura pedagóxica que estás a desenvolver cos nosos alumnos aprendéndolles vocabulario e xiros, e por todo o que nos transmite a túa música. Enriba tedes El reino del absurdo do seu último CD Mejor que el silencio. 25
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 1 Marzo: O libro dos cans, de Estevo Creus. http://bibliochivite.blogia.com/2012/030101-o-libro-dos-cans-de-estevo-creus.php
Hoxe adicaremos a sesión do club de lectura a unha obra de Estevo Creus (como sabedes, estamos tamén a ler Poemas da cidade oculta) que xa foi introducida na última sesión. Trátase de O libro dos cans, unha obra coa que tamén están a traballar os alumnos de Deseño Gráfico Dixital e por iso o seu profesor, Víctor, nos vai a guiar hoxe no noso percorrido polo Libro dos cans. Agardámosvos!!!!! http://bibliochivite.blogia.com/2012/030102-o-libro-dos-cans-de-estevo-creus-ii.php
Como vos diciamos no post anterior, a sesión de hoxe do club de lectura estivo adicada a achegarnos á obra de Estevo Creus O libro dos cans. Ese achegamento produciuse da man de Víctor, quen, levándonos por un itinerario arquitectónico no que coñecemos a Le Corbusier ou Mies Van der Rhoe acabou facéndonos reflexionar (con Estevo Creus) sobre o universo, un universo no que o importante é o avance, o camiño, o descubrimento, a observación, no que as metas "perfectas" non son probablemente nin posibles nin desexables. 26
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 8 Marzo: La casa, de J. Patrick Lewis e Roberto Innocenti. http://bibliochivite.blogia.com/2012/030701--la-casa-de-j.-patrick-lewis-e-robertoinnocenti.php
No club de lectura A árbore vermella estamos a falar moito de casas ultimamente. No post anterior falabámosvos de O libro dos cans, de Estevo Creus, que nos ten invitado a darlle voltas á noción de casa que temos, a pensar en como sería a casa dos nosos soños... Neste post queremos falarvos dun fermoso álbum ilustrado, La casa,(click aquí tamén) que foi publicado pola Editorial Kalandraka no ano 2010. É un álbum ilustrado que nos conta a historia dunha casa. O texto foi escrito por J. Parick Lewis, traducido ó castelán por Silvia Pérez e ilustrado por Roberto Innocenti. A historia de La casa comeza en 1900 e remata en 1999 (a imaxe inicial presenta uns nenos que buscan cogumelos e castañas, cando descobren a casa destruida). O edificio foi construido no ano 1656, no ano da peste. Somos testemuñas da vida dunha casa coas súas ledicias e tristuras, en momentos bos e tráxicos. Viaxamos no tempo descubrindo os cambios das estacións, así como os dos costumes da xente... No só a casa se transforma, tamén vemos cambios no entorno, como se modifica e crece a natureza. A casa feita de pedras e madeira nunha colina en anos, décadas, séculos...... ve xeracións, diferentes familias, escoita risos, suspiros, disparos... Como sería a casa dos vosos soños? Onde estaría? Que forma tería? Como cambiaría?.....
27
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 15 Marzo: O libro dos cans de novo no club. http://bibliochivite.blogia.com/2012/030801--o-libro-dos-cans-de-novo-do-club.php
Despois das sesións das semanas pasadas, nas que Víctor lle deu a volta ó noso concepto de casa, hoxe visitamos a casa na que a voz poética da segunda obra de Estevo Creus que estamos a ler (lembrade que a primeira foi Poemas da cidade oculta) agarda os seus cans (premede aquí e aquí). Enriba tedes fotos nas que podedes ver a Víctor falándonos dos planos que aparecen ó comezo deste singular poemario e tamén podedes escoitar a Juan Carlos e Irene lendo algúns fragmentos.
28
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 22 Marzo: Preparándonos para a chegada de Estevo Creus, construimos unha balea (Poemas da cidade oculta) e tamén facemos casas (Libro dos cans). http://bibliochivite.blogia.com/2012/032301-construir-unha-balea...-poemas-da-cidadeoculta-.php
Os Poemas da cidade oculta, de Estevo Creus, dos que tanto vos temos falado neste blog, van saír do noso centro e formar parte dun stand na vindeira feira que, con motivo das festas do Lázaro, terá lugar no pavillón de Verín o sábado 24 e o domingo 25 de Abril. Os alumnos do club, os de Plástica, os de Deseño Gráfico... levan xa tempo traballando neste proxecto (temos previsto que Estevo Creus visite o club de lectura o 19 de Abril), debuxando, construíndo, recitando, pensando... Onte fixemos unha balea (FOTOS ENRIBA), símbolo que percorre todo o poemario do poeta de Cee. Proximamente poderedes ver neste blog as imaxes tomadas no stand, no que estará a balea... e moito máis (avance abaixo).
29
Memoria Club de lectura A årbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2012/032101--o-libro-dos-cans-as-casas-dos-alumnos-de-1eso-b.php
30
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
Como sabedes, a raíz da lectura de O libro dos cans de Estevo Creus, temos falado bastante de casas no club de lectura A Ábore Vermella. (Facede click aquí,aquí, aquí e aquí). De feito, os alumnos de 1º ESO B (varios deles asistentes ó club) construiron as súas casas ideais e faláronnos delas. Enriba podedes ver o resultado do traballo dos rapaces e rapazas de 1º ESO B. Parabéns!!!!!! - 23, 24 e 25 Marzo: Stand Poemas da cidade oculta no pavillón de Verín durante as festas do Lázaro. http://bibliochivite.blogia.com/2012/032401-stand-poemas-da-cidade-oculta-.php
Como vos diciamos no post anterior, o proxecto Poemas da Cidade Oculta estará presente nun stand durante as festas do Lázaro de Verín. Onte, venres 23 de Marzo montamos o stand (enriba tedes imaxes) e hoxe sábado 24 foi a inauguración (fotos debaixo). Animádevos a vir ó pavillón de Verín!!!!!!!!!!!!!!!
31
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 12 Abril: Compartimos os debuxos e itinerarios (inspirados polo poemario Poemas da cidade oculta) feitos polos alumnos do club, os de Galego, Plástica e Deseño Gráfico Dixital. Ambientamos o instituto antes da visita de Estevo Creus. http://bibliochivite.blogia.com/2012/041301-itinerarios-de-alumnos-de-1-2-3-e-4-eso.php
Os alumnos de 3º e 4º ESO do profesor de Plástica e Deseño Gráfico Víctor Rodríguez ( e tamén o propio profe) plasmaron de xeito maxistral, con imaxes moi suxerentes, os itinerarios dos Poemas da cidade oculta de Estevo Creus (premede aquí, aquí, aquí). Tédelos debaixo. Gozade con eles, co vídeo Poemas e itinerarios, na parte superior do post, que inclúe recitado de Poemas da cidade oculta por parte de alumnos asistentes ó club e os itinerarios de Lara, Marita, Víctor e Sabela, co itinerario de Lucía, co de Irene, co de Carmen, vendo a María co seu, tamén a Marta (encántanlle os peluches e hai dous que foron moi especiais), e cos itinerarios dos alumnos de 1º e 2º ESO, que están ó final do post.
32
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2012/041302-visita-de-estevo-creus.php
Estevo Creus Andrade, poeta, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro dos cans) sobre os que o club de lectura A árbore vermella, xunto con alumnado de Plástica, Deseño Gráfico Dixital e Lingua Galega, leva moito tempo "traballando", vainos visitar o vindeiro Xoves, día 19 de Abril, ás 16:30. A piques de recibir o poeta, estamos a darlle uns "toques" de Poemas da cidade oculta ó instituto. Un exemplo: un dos poemas do libro trepa polas paredes ata chegar á biblioteca. Mirade:
33
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
Ademais, unha casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans, instalada na aula de Plástica, contén edificios, baleas, itinerarios (por exemplo, o feito nesa aula ó longo do tempo), casiñas, fotos... Hai carteis, letras,saúdos, unha balea de ramas...
34
Memoria Club de lectura A årbore vermella – 2011/2012
35
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 19 Abril: Grazas, Estevo. Estevo Creus no club de lectura. (Asistencia tamén de ex-alumnos e ex-profesores) http://bibliochivite.blogia.com/2012/042001-grazas-estevo.php
GRAZAS, Estevo, porque sen ti non teriamos percorrido o itinerario que nos levou ata o día de hoxe, no que tanto gozamos. Grazas pola balea, polos "ques", por todo o aprendido, por axudarnos a darlle importancia ó camiño, máis que á meta. Grazas polas túas verbas...GRAZAS.
AQUÍ tedes o post que David dedica á visita de Estevo no seu blog.
36
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 http://davidov3.blogia.com/2012/042301-la-visita-de-estevo-creus-al-club-de-lectura-unacronica.php
El pasado jueves tuvimos la visita de Estevo Creus, un maravilloso poeta sobre el que estuvimos trabajando los últimos meses en el club de lectura. Partiendo de sus dos poemarios, Poemas da cidade oculta y O libro dos cans, nuestros alumnos leyeron poesía con Marita, Isabel, Antonia y Víctor, interpretaron lo que les sugería, y realizaron muchos trabajos en Plástica y Diseño gráfico, guiados por Víctor. Prepararon un stand fantástico que expusieron en la feria del Lázaro, en el pabellón de Verín. Realizaron unos itinerarios personales llenos de música, poesía, imágenes y, ante todo, sinceridad y valentía: la sinceridad necesaria para ver adentro y reencontrarse en este paseo frenético que a veces es la vida, y valentía para compartirlo con los demás, una valentía que requiere de muchísima generosidad. La sesión del club fue única: dos ballenas muy especiales le dieron la bienvenida a Estevo (la ballena de ramas que había en el césped del instituto y una ballena hecha con la tela que Víctor lleva construyendo con el apoyo de todos los alumnos cada año, desde hace ya siete cursos). Después de la bienvenida, unos letreros maravillosos iban indicando lo que se avecinaba: los versos de Estevo, pegados en las paredes del instituto letra a letra, lo arrastraron a la biblioteca, donde le esperaba una tercera ballena (hecha con esa tela tan especial, reposando sobre las mesas de la sala) y una presentación de power point con las fotografías de todas estas actividades. Pero es que aún hubo más: Estevo pudo visitar el aula de plástica, un espacio mágico en el que había construida una casa muy parecida a la que él describía en su poemario O libro dos cans. Una casa que ocupaba casi toda el aula de plástica, rodeada por otras muchas casas que los alumnos fueron construyendo, y de sus itinerarios. Todo el suelo del aula de plástica le daba la bienvenida a Estevo, destripando todo su pasado entre láminas, dibujos, diseños, fotografías, 37
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 textos... El aula había hecho su propio itinerario, contando los secretos que había ido nutriendo a lo largo de los últimos siete cursos, y en el centro de esa casa, dentro, muchas imágenes, las interpretaciones que los alumnos fueron haciendo de los poemas de Estevo, imagen a imagen, construyendo un perfil de pisos maravilloso, con muchas ventanas abiertas y cada ventana con un dibujo, y detrás de los edificios, flotando majestuosamente, una enorme ballena de nueve metros de longitud, sonriente, azul, llena de matices. Los alumnos de diseño gráfico y digital realizaron una preciosa animación partiendo del itinerario de Isabel, un itinerario musical en el que ella enlazaba canciones de sus distintas etapas vitales, desde la más tierna infancia hasta el presente. Los alumnos le regalaron (bueno, a ella y a todos los que allí estábamos) una animación que unía las distintas canciones. A todos ellos, mil gracias. Luego, ya en la biblioteca, varios alumnos nos detsriparon sus entrañas al compartir con nosotros sus itinerarios: Débora nos emocionó profundamente con su bellísimo itinerario, a pesar de no poder estar presente ella en el momento de verlo los demás; Rosa nos cautivó con su itinerario, tan personal y musical, lleno de fotos con personas que para ella son importantes y con el acompañamiento ineludible de "The river flows in you", de Yiruma, pieza que tan bien toca ella al piano; también disfrutamos con el itinerario de Sabela, que nos mostró su evolución personal a través de su letra en distintos momentos, y sobre fondos de distintos materiales, con una dureza cambiante y gradualmente mayor, como metáfora de su evolución personal; Alejandra nos leyó en persona su magnífico itinerario personal, con fotos y frases con las que nos ponía en situación y nos hacía partícipes de su trayectoria humana, siempre desde la simpatía y la profundidad de quien es artista aunque sea joven, de quien nos da clases de valentía y originalidad cada día, gracias Alejandra... La tela de Marita colgaba delante de unas estanterías de la biblioteca, y del mismo modo en que ella es y está en la vida: con discreción, pero acompañando a quien se anime a acercarse, llena de matices y regalos, generosa y verdadera. Una tela que las personas que tenemos la suerte de deambular por su vida hemos ido cosiendo, trozo a trozo, y que ahora está llena de significados, caras, voces, palabras... En fin, hubo muchas emociones, muchas palabras de amor fraternal, familiar, etc. Una tarde curativa a todos los niveles. Ante este despliegue de medios, después de disfrutar de los itinerarios de varios alumnos (y profes), Estevo nos deleitó con una improvisación basada en la palabra "Que?", que resumía perfectamente su estado de ánimo. Nos leyó poemas, nos contó anécdotas y compartimos juntos una tarde llena de emociones, poesía y buenos sentimientos. Fue mágico. GRACIAS A TODOS LOS QUE LO HICISTEIS POSIBLE Si cliqueáis aquí accederéis al artículo del club sobre esta experiencia.
38
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 24 de Abril: Pais dos alumnos do club de lectura veñen a ver todo o traballo feito polos seus fillos a raíz da lectura das obras Poemas da cidade oculta e O libro dos cans. http://bibliochivite.blogia.com/2012/042501-grazas-.php
Moitas grazas ós pais que onte percorristes connosco e cos vosos fillos o itinerario polo que eles camiñaron nestes últimos meses no club de lectura. Moitas grazas por vir a compartir os Poemas da cidade oculta e O libro dos cans, por vir a descubrir camiños, baleas, casas de soño... Grazas polo voso interese e por axudar a facer posible que os nenos e nenas sigan, cada xoves, transitando polo itinerario da Árbore vermella.
39
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 26 Abril: A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono. http://bibliochivite.blogia.com/2012/042601-a-manta.php
Hoxe foi un día no que no club de lectura se colou o inesperado. Aínda que o planificado nos ía levar por un camiño, a conversa levounos por outro que acabou sendo moi especial. Deixamos A árbore xenerosa para unha vindeira sesión e cubrímonos cunha manta. O itinerario de Marita, esa manta feita con retais que permite que se unan moitas persoas que transitan pola súa vida, deu pé a contar historias sobre eses retais, e de aí chegamos, de maneira natural, case sen querelo, ata A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono, unha fermosa historia na que os retais que conforman a manta dunha avoa tamén serven para relatar o que se enconde detrás de cada un deles. Estivemos lendo este conto por turnos, en portugués... e pasámolo moi, moi ben. - 3 Maio: A árbore xenerosa, de Shel Silverstein. http://bibliochivite.blogia.com/2012/042301-a-arbore-xenerosa.php
mmqmmr.blogspot.com (Mil Montes Queimados, Mil Modos de Rehabilitalos) é o nome dun blog creado polo profesor de Plástica, Víctor, co obxectivo de que nel se recolla un proxecto que nos vai invitar a reflexionar sobre o drama que están a vivir os nosos montes, a nosa 40
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 natureza, a concienciarnos da necesidade de protexela, a pensar en medidas, actuacións para comezar a cambiar a nosa mentalidade e construír unha nova realidade. O club de lectura A árbore vermella vai participar nese proxecto, e o punto de partida será a lectura, o vindeiro xoves, do fermosísimo conto A árbore xenerosa (click AQUÍ), de Shel Silverstein (click tamén aquí). Publicado por primeira vez en 1964, co título The Giving Tree, este álbum gráfico proporciona múltiples niveis de lectura, constituindo un excelente exemplo de como, con moi pouco, se di e suxire moito. Esta obra conta a historia dun amor incondicional entre unha árbore antropomorfizada e un neno delicado e soñador, transformado polo tempo (e talvez pola cidade/ sociedade) nun adulto egoísta, distante e que só regresa onde a súa amiga por motivos materiais. O impacto emotivo deste libro é enorme, como veremos/sentiremos o xoves 26 de Abril na sesión do club de lectura. - 10 Maio: Visita a Santiago de Compostela. Asistencia ó Museo de Arte Contemporánea para presenciar o espectáculo Baleadas, inspirado polo último poemario de Estevo Creus, o poeta sobre cuxa obra traballamos este ano no club de lectura. Percorrido pola cidade e visita á Cidade da Cultura. http://bibliochivite.blogia.com/2012/050701-baleadas.php
A compañía TRASPEDIANTE (compañía de danza de Marta Alonso Tejada e Begoña Cuquejo) está a representar BALEADAS, espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de Estevo Creus Balea2. O día 10 de Maio o club de lectura, xunto cos alumnos de Plástica e Deseño Gráfico (moitos deles tamén asistentes ó club) que tanto traballaron nos proxectos inspirados por Poemas da cidade oculta e O libro dos cans (tamén baseados nos poemarios de Estevo Creus) asistirá á representación de Baleadas que Traspediante fará no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela. Tamén faremos un percorrido por Santiago e unha visita guiada pola Cidade da Cultura. Se premedes AQUÍ accederedes ó blog BALEADAS. 41
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2012/051201-baleadas-excursion-a-santiago.php
A compañía TRASPEDIANTE (compañía de danza de Marta Alonso Tejada e Begoña Cuquejo) está a representar BALEADAS, espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de Estevo Creus Balea2. O día 10 de Maio o club de lectura, xunto cos alumnos de Plástica e Deseño Gráfico (moitos deles tamén asistentes ó club) que tanto traballaron nos proxectos inspirados por Poemas da cidade oculta e O libro dos cans (tamén poemarios de Estevo Creus) asistiu á representación de Baleadas que Traspediante fixo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela. Foi un espectáculo fascinante, orixinal, elegante, innovador usando un recurso non tan novo ó que as artistas lle sacaron todo o partido, o programa "paint". Foi unha representación chea de cor, de momentos de grande poderío visual, forza, fascinación (meu corpo, meu corpo, meu corpo.... foi un deles, con esas verbas proxectadas no corpo dunha das bailarinas-artistascreadoras). A balea, a omnipresente metáfora totalizadora de Estevo Creus, acompañounos case permanentemente.... Que momento aquel no que, en 3D, vemos a baleeira de Cangas!!!!! Sensibilidade, brillantez, reivindicación..... todo....como a balea. Moitas grazas a Estevo Creus, presente na representación, e ás integrantes da compañía Traspediante, por proporcionarnos eses 50 minutos de maxia... e tamén pola cercanía antes e unha vez rematado o espectáculo. Despois de gozar coa arte de Traspediante, fixemos un percorrido por Santiago, revisitando uns, descubrindo outros, plazas, edificios, xardíns marabillosos... Os rapaces levaban un mapa elaborado por Víctor cun itinerario que os guiaba ó encontro de lugares, de construccións fermosas, atractivas, que ían fotografando ( temos uns alumnos que son uns grandes fotógrafos!!!!!) 42
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Comemos no parque de Bonaval, baixo as árbores, e despois puxémonos en camiño cara á derradeira etapa da nosa excursión: unha visita guiada pola Cidade da Cultura, lugar grandioso que podedes ver nas fotos debaixo.
Se premedes AQUÍ accederedes ó blog BALEADAS.
43
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 24 Maio: Alumnado e profesorado do club de lectura len textos escritos por eles. http://bibliochivite.blogia.com/2012/052401-as-alumnas-do-club-len-os-seus-escritos.php
Na antepenúltima sesión do club de lectura Marlene, Esther, Marta, Lucía e Nerea leron textos escritos por elas mesmas. Parabéns polo voso talento, sensibilidade, espírito reivindicativo, capacidade de reflexión... e moitas, moitas grazas. Ademais, Antonia leu un fermosísimo poema escrito por ela... Aínda que non nos puido acompañar, si tivemos a sorte de escoitar a súa voz. (Vós tamén podédelo facer. Está debaixo do vídeo). David escribiu un texto en vivo (click AQUÍ). Foi un experimento moi orixinal. Mentres David escribía nós iamos lendo e ademais escoitabamos as pezas que se citaban no texto. Moitísimas grazas tamén a David e Antonia e a todos os alumnos e alumnas presentes na sesión.
44
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 - 31 Maio: Adele en vivo no Royal Albert Hall. http://bibliochivite.blogia.com/2012/043001-adele-en-vivo-no-royal-albert-hall.php
Como sabedes, na Árbore vermella manexamos o concepto lectura no seu sentido máis amplo. Lemos poesía e novela, si, mais tamén imaxes e ata casas (que senón fixemos este ano da man de Víctor a partir de O libro dos cans de Estevo Creus? "Ler" as casas de Mies Van der Rhoe ou Le Corbusier, interpretalas). Con frecuencia lemos música, e xa tivemos sesións nas que escoitamos, rap, flamenco, música clásica ou folk galego. Nestas sesións quen nos guía é David, e será el quen o vindeiro xoves 10 de Maio nos faga a introducción, analizando algunha canción súa, ó concerto de Adele no Royal Albert Hall de Londres (click aquí). Témoslle que agradecer a Fernando Serrulla, membro do Consello Escolar, pai do alumno de 1º Bacharelato Miguel, o seu interese, xenerosidade e implicación, xa que foi el quen nos proporcionou o concerto desa artista de voz espectacular chamada Adele no famoso teatro londinense xa mencionado. Animámosvos a todos a vir a "ler" a música de Adele no club de lectura. Seguro que imos gozar moitísimo!!!
45
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2012/060101-concerto-de-adele.php
Onte o alumnado que asiste ó club de lectura tivo a oportunidade de ver a fabulosa actuación da cantante Adele no Royal Albert Hall (Click AQUÍ). Houbo unha introducción a cargo do profesor de música Davod Rguez Rivada, que nos deu unhas pinceladas sobre a biografía da cantante e o seu estilo, falounos tamén das características da súa voz e analizou brevemente unha das súas cancións máis coñecidas, Someone like you. Despois vimos parte do concerto, facendo comentarios entre canción e canción e incluso acompañamos a Adele cantando todos Someone like you (vídeo enriba). Pasámolo moi ben!!!! Ó final do concerto, grazas á xenerosidade de Fernando Serrulla, representante dos pais no consello escolar e quen nos proporcionou o vídeo-CD, sorteamos o DVD entre os asistentes e a gañadora foi Jasmín Fernández, de 1º ESO B. Parabéns!!!!
46
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
- 7 Xuño: Actuación da actriz Ana Isabel Roncero Martín. http://bibliochivite.blogia.com/2012/050801-actuacion-de-ana-isabel-roncero.php
Este ano teremos o inmenso pracer de rematar o club de lectura, o vindeiro 7 de Xuño, coa actuación de Ana Isabel Roncero Martín. A irmá da nosa compañeira Antonia compartirá connosco o seu talento cunha actuación que nos vai deixar abraiados, seguro!!!! Se fas click aquí accederás a un post sobre Ana Isabel Roncero e o seu espectáculo teatral Lo que somos que David Rguez. Rivada escribiu no seu blog.
47
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2012/061102-ana-isabel-roncero.php
Foi o día 7 de xuño cando recibimos a visita deste ser excepcional que é Ana. Encheunos os oídos con historias, os petos con tesouros e a alma con esperanza e certezas: a esperanza de que se pode compartir a beleza sen ter en conta a idade do público, e a certeza de que cun talento como o que ela posúe toda historia pode ter vida, esencia. Foi unha tarde máxica, os rapaces do club e os que viñan a PROA agasalláronnos cun comportamento impecable. Escoitamos historas de amor, de desamor, de vinganza, de misterio, todas unidas pola tenrura de Ana, pola súa voz camaleónica e multiforme, polos seus acenos e a súa maxistral interpretación. Engaiolounos co seu talento. Unha palabra pode cambiar unha vida, claro que sí, imaxinade que non cambiará un torrente de vida e literatura como o que ela nos ofreceu! Grazas a todos. AQUÍ tedes un álbum de fotos e AQUÍ podedes ver un collage, ambos feitos por Maite Jiménez (MOITAS GRAZAS!!!!), con fotografías tomadas durante a actuación de Ana. O primeiro vídeo que aparece enriba tamén o elaborou Maite, excepcional fotógrafa. O segundo e ós que podedes acceder premendo aquí , aquí, aquí, aquí,aquí e aquí recollen momentos da actuación da grande actriz e ser humano que é Ana.
48
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
E ADEMAIS....... Seguimos co concurso “Adiviña quen é”, que realizamos en colaboración co IES Ribeira do Louro de Porriño. Este ano os personaxes ocultos foron: VANDANA SHIVA, no primeiro trimestre: http://bibliochivite.blogia.com/2011/121501-adivina-quen-e-vandana-shiva.php
Rematou a primeira edición do concurso Adiviña quen é neste curso 2011-2012. A figura oculta era, como algúns de vós descubristres, a de Vandana Shiva. Doutora en Ciencias Físicas (1978), é unha das ecoloxistas, feministas e filósofas da ciencia máis prestixiosas a escala internacional que loitan activamente contra o modelo neoliberal de globalización e a favor dos dereitos dos pobos. AQUÍ podedes accedes a artigos seus. AQUÍ vídeos subtitulados. AQUÍ e AQUÍ entrevistas con Vandana Shiva. Parabéns a Miguel e Alejandra Franco, de 3º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, e a Mercedes Castro e Marta Cid, de 2º ESO do mesmo instituto. O gañador do IES Ribeira do Louro foi Modesto Iglesias Salgueiro. As nosas felicitacións para ti tamén!!!!!!
49
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
ISAAC DÍAZ PARDO, na segunda edición, na que tamén colaborou o Dpto. de Dinamización Lingüística do noso centro. http://bibliochivite.blogia.com/2012/040901--adivina-quen-e-nova-edicion-3-trimestre.php
Remata unha nova edición do concurso "Adiviña quen é". Efectivamente, como algúns descubristes, a figura oculta nesta edición na que, pola importancia enorme do personaxe para a cultura galega, participou tamén o Dpto. de Dinamización Lingüística, era Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. (Aquí podedes acceder a artigos sobre este sobranceiro persoeiro da cultura galega, recentemente finado. Este foi escrito por Manolo Rivas). "Quando os anos me vençam já descomposto tudo e farto de fazer tudo o que faço, nom sei o que farei... estou já tam afeito a perder que nom sei que fazer se un día ganho". Na portada de Monxoi, de Alfonso Mato -homenaxe persoal que repasa os seus 15 anos como historiador e documentalista ó carón de Díaz Pardo no Instituto Galego da Información-, esta é a cita escollida para resumir unha visión do mundo. Extractouna Mato do derradeiro libro de Isaac, Tentando construir uma esfinge de pedra (Do Castro, 2007), o máis semellante a unhas memorias por vía interposta que escribiu o ancián que en 1936 chamou "reaccionario" a Castelao, por suxerirlle que levase os pasquíns ó concello antes de distribuilos. No diálogo entre o home e a esfinxe, que é un oráculo, a esfinxe acaba traicionando á persoa. Os nosos parabéns a Marta Cid, Mercedes Castro e María Barreira, todas elas alumnas de 2º ESO do IES Xesús Taboada Chivite (co seu agasallo nas fotos de abaixo), por ter acertado quen era o personaxe descoñecido nesta edición de "Adiviña quen é". O gañador no IES Ribeira do Louro foi Borja Alonso Estévez.
50
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
ANTONIO TABUCCHI, no terceiro trimestre. http://bibliochivite.blogia.com/2012/040901--adivina-quen-e-nova-edicion-3-trimestre.php
Nova edición do concurso "Adiviña quen é", que como sabedes, lanzamos conxuntamente o IES Taboada Chivite (a través do club de lectura A árbore vermella) e o IES Ribeira do Louro de Porriño. Debaixo tedes unha imaxe distorsionada do importante escritor cuxo nome tedes que adiviñar, e enriba datos biográficos e citas que vos poden axudar a descubrir quen é este persoeiro. Coma sempre, hai que mandar un e-mail co voso nome e apelidos, curso, grupo e instituto, ademais de, por suposto, o nome do personaxe oculto, a: ribeirachivite@gmail.com Podedes participar ata o mércores 6 de Xuño. Ánimo!!!!! Hai un agasallo agardando por vós!!!!!!
51
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2012/060601-adivina-quen-e-antonio-tabucchi.php
Remata a última edición do curso 2011-2012 do concurso "Adiviña quen é". Efectivamente, o escritor oculto era o recentemente finado Antonio Tabucchi.(Premer tamén AQUÍ) Para Antonio Tabucchi a verdadeira viaxe vital foi a da escritura. Viaxes e outras viaxes, publicado en España semanas antes do seu pasamento, lémbranos que o mundo non é só iso que coñecemos. É un caderno de apuntes onde a historia das grandes cidades cede espazo a outras pequenas historias nun álbum moi persoal. Facendo click AQUÍ podedes acceder a interesantes artigos e entrevistas co grande escritor italiano namorado de Portugal. Parabéns a María Romero Rodríguez e Aarón González Rúa, de 2º ESO e a Laura Fernández González e Miguel Alves Blanch, de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, por ten acertado quen era o escritor misterioso. Pronto saberemos quen gañou no IES Ribeira do Louro.
AQUÍ PODEDES VER A LAURA, MIGUEL, MARÍA E AARÓN COS SEUS AGASALLOS.
52
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
E ADEMAIS....... Os compañeiros do IES Ribeira do Louro tamén tiveron a enorme xenerosidadede traernos ata Verín o seu proxecto “Grandes mulleres da Historia visitan as aulas galegas”. Esta actividade foi promovida pola Biblioteca, o Dpto. de Dinamización Lingüística e o club de lectura A árbore vermella. http://bibliochivite.blogia.com/2012/021601-as-grandes-mulleres-da-historia-ies-ribeira-dolouro.php
Dende hai xa varios cursos alumnas do IES Ribeira do Louro de Porriño levan a cabo a actividade "Grandes mulleres da historia visitan as aulas galegas" . Trátase dun proxecto deseñado para conmemorar o Día Internacional da Muller que ideou a profesora de Filosofía Virginia Calviño (quen impartiu clase hai anos no noso instituto) e que leva a cabo en colaboración con Delio García, Xefe do Dpto de Dinamización Lingüística e coa participación de David Barros, profesor de Música. A actividade consiste na preparación dunha serie de monólogos teatrais (aproximadamente 16 por tempada) para a súa representación nas aulas. O que se persegue é que as alumnas asuman o papel de mulleres sobranceiras da historia nas distintas disciplinas do saber co obxectivo de eliminar estereotipos sexistas e discriminatorios e, ao mesmo tempo, practicar o discurso en lingua galega. O extraordinario traballo desenvolvido por moitas mulleres ó longo da historia segue a permanecer oculto e actividades como as que nos presentan os compañeiros do IES Ribeira do Louro axuda a reivindicalas. Un bo feixe de personaxes históricos femininos (Safo, Téano,Aspasia de Mileto, Agnodice, María " a profetisa", Hipatia de Alexandría, Trótula de Salerno, Hildegarda de Binden, María Soliño, Sofía Brahe, Artemisia Gentileschi, Juana Inés de La Cruz, Olivia Sabuco, Olympe de Gouges, Ada Byron, George Eliot, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Clara 53
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 Schumann, Clara Zetkin, Marie Curie, Hellen Keller, Clara Campoamor, Victoria Kent, Maruxa Mallo, María Zambrano, Frida Kahlo, Simone de Beauvoir, Rita Levi-Montalcini, María Casares, María Wonenburger, Diane Fossey, Susan Sontag, Vandana Shiva, Rigoberta Menchú, "Mulleres de Negro", Alice Guy Blanche, Federica Montseny e Rosalind Franklin) teñen cobrado vida, non só nas aulas de Porriño. A actividade xa saiu do IES Ribeira do Louro e visitou Tui, Carballiño, o concello de Vigo (onde o proxecto foi premiado pola Concellería de Igualdade e Benestar) ... e proximamente o noso instituto terá a inmensa sorte de recibir as alumnas do Ribeira do Louro. Na revista escolar "Órbita", que editan no IES Ribeira do Louro, tedes información sobre a actividade (premede AQUÍ). Como vos diciamos, as mulleres sobranceiras da historia chegarán ó IES Xesús Taboada Chivite de Verín dende Porriño grazas á inmensa xenerosidade dos compañeiros do IES Ribeira do Louro. Van visitarnos o vindeiro 12 de Marzo: Téano: Widad Rizki Agnodice: Raja Rizki María a profetisa: Tamara Iglesia Romero Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa María Soliña: Noelia Fdez Vila Artemisa: Aroa Torres Pérez Olimpia de Gouges: María Prado Díaz George Eliot: Dayana Álvarez Dominguez Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro Federica Montseny: Clara Avendaño Campos Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz María xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva Vandana Shiva: Sara Silva Lorenzo A actividade está promovida pola nosa Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e o Club de Lectura A Árbore Vermella.
54
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 http://bibliochivite.blogia.com/2012/031201-dia-da-muller-actuacion-das-alumnas-do-iesribeira-do-louro.php
Hoxe tivemos a inmensa fortuna de contar coa presenza, nalgunhas das nosas aulas, de grandes mulleres da Historia. Viñeron dende Porriño (IES Ribeira do Louro), da man de Virxinia, profe de Filosofía no IES Ribeira do Louro, e Delio, Xefe do Dpto. de Dinamización Lingüística. Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que o talento interpretativo das alumnas-actrices do Ribeira do Louro ó poñer en escena os textos elaborados polos seus profesores, nos permitiu acercarnos a mulleres de grande relevancia na Historia mais en moitos casos descoñecidas para nós... Moitos logros de mulleres sobranceiras teñen permanecido ocultos ó longo dos séculos.
GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, polo voso traballo, polo voso talento e pola vosa xenerosidade ó vir dende Porriño ata Verín para compartir connosco esta marabillosa actividade. Profesores e alumnos quedamos encantados. As mulleres que nos acompañaron neste 12 de Marzo de 2012 foron: Téano: Widad Rizki Agnodice: Raja Rizki 55
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 María a profetisa: Tamara Iglesia Romero Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa María Soliña: Noelia Fdez Vila Artemisa: Aroa Torres Pérez Olimpia de Gouges: María Prado Díaz George Eliot: Dayana Álvarez Dominguez Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro Federica Montseny: Clara Avendaño Campos Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz María Xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva Vandana Shiva: Sara Silva Lorenzo
Fai click AQUÍ para acceder a un vídeo que amosa a 1º parte da actuación dun grupo de "Mulleres Sobranceiras da Historia". AQUÍ tedes a 2º parte e AQUÍ a terceira. As mulleres e alumnas que as interpretan son: Téano: Widad Rizki - María a profetisa: Tamara Iglesia Romero Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa - María Soliña: Noelia Fdez Vila George Eliot:Dayana Álvarez Dominguez-Federica Montseny:Clara Avendaño Campos María Xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva Na parte superior do post (1º vídeo) podedes ver e escoitar a: Agnodice: Raja Rizki - Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón Artemisa: Aroa Torres Pérez - Olimpia de Gouges: María Prado Díaz Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez - Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz - Vandana Shiva: Sara Silva Lorenzo
56
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012
http://bibliochivite.blogia.com/2012/061101-feliz-veran-.php
A árbore vermella - presentacion imagenes A todos e todas os que formades parte do club: GOZADE MOITÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO NO VERÁN, E MOITAS MOITAS GRAZAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!!!!!!!! PD: GRAZAS, Javier, por coidar tanto da árbore vermella (podédela ver enriba).
57