VISITA Á CORUÑA CASA DAS CIENCIAS: Edificio. Entorno. Interior. ACUARIO: Entorno. Interior
Para chegar á Coruña temos que percorrer, en autobús, unha distancia de 73,5 km e dispoñer de case 1 hora de viaxe para ir e outra para volver. Este é o traxecto máis curto pero temos que ir por autoestrada. A visita á Casa das Ciencias dura 1 hora e a do Acuario 2 horas. Para ir da Casa das Ciencias ao Acuario necesitamos 15 min.
A Casa das Ciencias está situada no Parque de Santa Margarita. Nun palacete construído no ano 1950 para ser unha emisora de radio e posteriormente no ano 1985 inagurouse como Casa das Ciencias. Ten planta octogonal e está rodeada por un pórtico. Na súa fachada ten un logotipo que se basea na historia da mazá de Newton.
No ano 2005 plantaron diante da Casa das Ciencias unha maceira, idĂŠntica a que inspirou a Newton (1643-1727), para descubrir a gravidade dos corpos.
No entorno da Casa das Ciencias atopamos outras sorpresas: - A fonte da bola, formada por unha bola de granito de 1.500 quilos, e que se pode mover cunha soa man. - Unha rĂŠplica do caparazĂłn de Harriet, unha das tartarugas mĂĄis lonxevas do mundo.
O edificio conta coa planta baixa onde destaca o péndulo de foucault (unha esfera de 120 quilos colgada dunha corda de 14 m de lonxitude), a 1º planta adicada a experimentos, a 2ª e 3ª planta para exposicións e remata nunha cúpula na que se atopa o planetario.
Na planta baixa da Casa das Ciencias podemos observar como nacen os pitos nunha incubadora. No terceiro andar hai exposiciรณns sobre natureza .
Pero o realmente interesante son os experimentos, a planta 1ª , na que se atopan os módulos interactivos. Tamén o planetario, que nunha cúpula de 10 m de diámetro permitenos ver os astros, representar o firmamento ou representar como estaban os planetas noutras épocas.
ACUARIO
O Aquarium Finisterrae, tamén é coñecido como a Casa dos Peixes, atópase na cidade da Coruña á beira do océano Atlántico. O entorno natrural é espectacular. Está moi preto da Torre de Hércules, o único faro de orixe romano que sigue en funcionamento.
As piscinas exteriores permĂtennos ver ĂĄs focas nun habitat natural.
O edificio sĂł ten unha planta, parte do museo estĂĄ soterrado baixo do mar. Nunha zona da terraza aparece debuxada no chan unha rosa dos ventos : un cĂrculo cunhas puntas que sinalan os puntos cardinais. Para orientarnos sempre temos que mirar ao norte.
O acuario está formado por varias salas, nunha delas está a OceanoSfera, unha enorme bola do mundo (1,5 m de diámetro) con dous proxectores no seu interior que simulan fenómenos naturais: tsunamis, formación de nubes, correntes marinas… A súa función é sensibilizar sobre o medio ambiente.
Outras salas destacadas son: A Nautilis, unha sala sumerxida no mar, donde nadan miles de peixes: tiburóns, mero, rodaballo… A Maremagnun, con módulos interactivos para tocar, escoitar, ulir… e resolver dúbidas. Tamén con acuarios de gran volumen que representa a todos os ecosistemas da costa galega.
Na piscina exterior habita unha colonia de focas que podes observar como comen, xogan, coidan ás súas crías ou miran aos visitantes. Outra sala a Octopu´s Garden, está adicada aos polbos , moluscos cefalópodos (invertebrados) que carecen de cuncha; teñen oito brazos ,son omnívoros, ovíparos e poseen tres corazóns: dous levan sangre sin osíxeno ás branquias e outro sangue con osíxeno ao resto do corpo.
Medusas, sanmartiĂąos, sepias e calamares.
Os equinodermos, animais sin oso, ovĂparos que viven nas profundidades dos fondos mariĂąos.
Artrópodos e moluscos… todos invertebrados con características moi distintas.
Ademáis de salas con fotografías e moitos paneis informativos non podía faltar ó peixómetro, un panel donde aparecen as medidas mínimas que deben ter os peixes para ser pescados, se non alcanza esa medida temos que devolvelos ao mar. Tamén hai exposicións temáticas que non deixan de sorprendernos.