Información Xeral

Page 1

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EEI MONTE DA GUÍA R/ Irmáns Misioneros dos Enfermos Pobres, 37 Teléfono e FAX 986379779 E-mail: eei.montedaguia@edu.xunta.es VIGO

INFORMACIÓN XERAL CURSO 2009-10 ESTRUCTURA ORGÁNICA DO CENTRO


DIRECTORA

Raquel Gómez Fuentes

COORDINADORES/AS CICLO

Mónica Castro García

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Mª Jesús Iglesias García

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

Jacobo Pérez Fernández

DINAMIZACIÓN BIBLIOTECA Jacobo Pérez Fernández DINAMIZACIÓN TICS

José Antonio Pazos Pazos

PROFESORAS TITORAS 5 anos

Mª Jesús Iglesias García

4 anos

Mónica Castro García

3 anos

Raquel Gómez Fuentes

OUTRO PROFESORADO INGLÉS

José Antonio Pazos Pazos

AUDICIÓN E LINGUAXE

Jacobo Pérez Fernández

APOIO A INFANTIL

Evangelina Chamosa Fraiz

RELIXIÓN CATÓLICA

Mª Concepción Alonso Sarmiento

ORIENTACIÓN

Alfredo Fornos Pérez


NORMAS XERAIS 1. A hora de entrada no cole é as 9:00, se ben a porta do Centro permanecerá aberta ata as 9:30, dándolle este marxe os nenos e nenas de 3 anos. Aquelas persoas que cheguen despois das 9:30, deberán asinar no libro de incidencias, indicando o motivo. No caso de reiteradas faltas de puntualidade, estás serán comunicadas ás instancias pertinentes (Inspección educativa e Servicios Sociais). 2. Os nenos e nenas de 3 anos sairán ás 13:50 Hs. 3. Os nenos/as deben traer roupa cómoda, evitando cinturóns, tirantes ou moitos botóns...O mandilón debe abotoar por diante có nome e unha cinta para podelo colgar no percheiro. As mochilas, cazadoras, etc tamén levarán o nome e cinta para colgar. 4. Ningún neno ou nena pode vir enfermo ao cole. Un neno enfermo sinte malestar, está irritado, cansado,..., polo que non está en condicións de soportar unha xornada escolar. Se ademáis a enfermidade é de orixe vírica, infecciosa, etc, pode contaxiar aos demais (conxuntivite, gripe común, varicela,...) 5. Ningún neno/a traerá vaso para deixar no cole. Cada neno/a terá unha botella de auga, co seu nome que traerá e levará a diario. Non se poderán deixar na clase. É necesario que na casa os concienciedes que deben beber única e exclusivamente da súa botella. 6. Desde o centro debemos levar un control riguroso das faltas de asistencia, así como comunicar estas ás instancias pertinentes, polo que é imprescindible que nos fagades saber o motivo da falta. En caso de enfermidade, debedes traer un xustificante médico onde indique o tipo de enfermidade. 7. Non se administra medicación. 8. Non se admitirán no cole xoguetes bélicos. 9. As nais, pais ou familiares que traian ou recollan aos nenos/as non entrarán nas aulas. 10. O comedor escolar e as actividades extraescolares son organizadas pola ANPA. Para calquera suxestión relacionada con estes servizos deberán dirixirse a dita asociación (presidenta: ) (encargada de comedor: ) 11. O patio do cole non é un parque infantil, polo que non se permitirá a presencia dos nenos/as unha vez sexan recollidos por unha persoa adulta.


CALENDARIO ESCOLAR O curso académico abranguerá desde o 10 de setembro de 2009 ata o 22 de xuño de 2010. PERÍODOS DE VACACIÓNS NADAL: Do 23 de decembro de 2009 ao 7 de xaneiro de 2010 (ambos inclusive). SEMANA SANTA: Do 29 de marzo ao 5 de abril de 2010 (ambos os dous inclusive). ANTROIDO: 15, 16 e 17 de febreiro de 2010.

DÍAS NON LECTIVOS DÍA DO ENSINO: 8 de xaneiro de 2010. 2 de novembro de 2009. 18 de maio de 2010. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DA DIRECCIÓN: Luns: de 13 a 14 Hs. Mércores: de 9 a 10 Hs.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.