TEGRIÑA Nº 4 xuño - 2009
EeI MONTE DA GUÍA
EDITORIAL O Curso 2.008-09 xa nos deixa, e con él remata tamén a traxectoria profesional da “Profe Mari Carmen”-tras moitos anos de dedicación e traballo con varias xeracións-,e remata tamén a da “teacher Charo”. Chégalles agora unha ben merecida prexubilación e descanso, para poder adicar o seu tempo ás súas moitas inquedanzas… Para elas vai adicado pois este número de “tegriña”, con todo o agarimo e gratitude da comunidade escolar. E que saiban que non é unha despedida, porque estarán ,xa para sempre, presentes en nós e na escola.
¡Unha aperta moi forte!
ASÍ SOMOS ALGÚNS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS
E ASÍ NOS VÍAMOS OS MAIORES DO COLE CANDO ERAMOS OS MÁIS PEQUENOS.
ADRIANA
JAVI
NOA
ALVAR
NEREA
NOELIA
...a que se nota o paso do tempo?
ANDREA
NICOLÁS
PABLO
COCIÑAMOS
COCIÑAMOS
E FIXEMOS ROSQUILLAS
OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DO MONTE DA GUÍA TAMÉN TIVERON TEMPO DEPLANTAR UNHA HORTA NO SEU PATIO
AULAS ABERTAS Ademáis de Contacontos, tamén contamos con vós para apoiar o traballo de aula en moitas outras actividades...
Para falar dos animais, coa visita de Fran e a iguana Felipe
Para deleitarnos cun concerto de gaita, grazas a Benito
テ]geles tamテゥn nos trouxo moitos instrumentos galegos e fテュxoos sonar coma ela sabe, coa axuda de Lois
Jose deu unha clase maxistral e interactiva coas ferramentas
Pili e a súa familia, ademáis de compartir con nós unha divertidísima piñata e cancións co aroma mexicano, tamén prepararon unha sesión de cociña que foi todo un éxito...
Tamén tivemos visitas didácticas do Servicio de Igualdade do Concello, de Regueifeiros...
ESCOLA VIAXEIRA ¡Cómo nos gustan as saídas, excursións e todo o que sexa coller o bus e saír na búsqueda de “novas emocións”, investigar e cheirar o que se move fóra do Cole...!
Os Bombeiros portáronse , e poidemos tocar moitas cousas, que é o que máis nos gusta.
Encantóunos o C.A.T., foi toda unha sorpresa.
Tesouros de Papel, unha “chulada”.
O Museo do Mar, xenial, porque foi moi interactiva e as monitoras estaban encantadas con nós , e nós con elas(!ata lles cantamos de agasallo “A saia da Carolina”!).
No CORRELINGUA, o 5 de maio, sentímonos moi maiores porque éramos d@s mais cativos que alí estaban, pero quixemos estar, porque a nosa Lingua nos necesitaba e o Monte da Guía non podía faltar.
!Qué ben se está no Monte do Castro! E todo o que aprendemos...
E, como remate, unha visiti単a ao Mercado.
O VIRUS DO CONTO Este Cole ten un fermoso “virus”: o do Conto (creemos que ás vosas casas tamén chegóu, non si?) e @s nen@s levan contaxiados con él toooodo o curso. ¿Recoñecedes os síntomas? Estes son algúns dos portadores....mamás e papás:
profes doutros Coles
Lupe (profe da EEI O Con) profesionais da epidemia
Fran Insua
Ana Mª Fernández
¡ogallá dure o contaxio, e mesmo sexa unha epidemia!
E non podía faltar unha visita pola nosa BIBLIOTECA do centro, que sempre contamos e contaremos coa colaboración dos alumnos/as e familias.
POESÍA
Xuntos na biblioteca, están sempre alí esperando que algunha manciña inquieta se decída a espertalos. As súas follas son ventaniñas, que abren con alegría para levarnos a un mundo de aventura e fantasía. As veces leo de bruxas, outras veces, de planetas, de princesas, de animais ou dun neno en bicicleta. Por favor non me interrumpan, deixademe agora tranquilo, que quero ler un libro e compartilo contigo.
Hola
a todos e a todas, son a mascota da biblioteca e gustaríame compartir con vos, unha lista de libros que teño pensado ler este verán e anímovos a que tamén os leades en compañía dos vosos país/nais. ¡Seguro que vos encantarán!
Rosalina y la hormiga Desobediente El diente mágico
ASÍ NOS VEMOS OS NENOS E AS NENAS DE 3 ANOS:
ADRIÁN ANA ÁNGELA
CRISTINA
IZAM
ESTELA
EZEQUIEL
JAILSON
JUDITH
LUCÍA
PALOMA
PEDRO
XIÁN C
PABLO
TEO
JOSE
NÓS SOMOS OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS. QUE VOS PARECE?
¡QUÉN O DIRÍA!” É un gran segredo, pero vai sendo hora de descubrilo: @s profes non naceron “así”, porque fai moooito tempo...foron nen@s tamén, e non tiñan pelo, nin gafas, nin mandilóns, nin dentes... ¿Qué vos parece? E se non volo podedes creer, aquí está a proba, pero tedes que adiviñar quen é cada un deles, e unir cada nome coa foto...Adiante.
RAQUEL SANDRA JACOBO CHUS
MARI CARMEN BERTA
ROSA
ANA SUSI
ESCOLA FESTEIRA
¡E que non nos falten nunca as Festas e Celebracións! Castañiñas do Magosto, qué ben feitas (graciñas, Ceferino e José )
O Samaín e os Medos...¡cantas emocións! E o Cole cheíño de cabazas e imaxinación.
O Nadal, panxoliñas e mooooitas caixas: Outra festa á creatividade.
¿E qué dicides do Entroido? Exipto invadíunos de cheo (temos que revisar a historia )e nós aprendemos unha ollada diferente ante o mirar...e sobre todo, o que din @s profes, que aprender cousas é algo que temos que facer sempre e que é unha ledicia.
QUEN SABE GALEGO, SABE MÁIS
No noso taboeiro “O RUXE_RUXE” aparecían, ademáis de informacións, peticións para a vosa colaboración, Familias, e dende aquí queremos agradecervos o voso apoio e participación, ao longo de todo o curso.
“CONTACONTOS
DE MERENDA”
Aínda que xa o citamos no “Virus do Conto”, graciñas unha vez máis, porque foi un agasallo para tod@s.
“APADRIÑA
UNHA PALABRA”
@s nen@s agardaban cáseque cada día as novidades...
“EXPOSICIÓN
INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS”
Aprendemos moito vocabulario, sons e tamén, moitas cancións tradicionais que a ben seguro aínda disfrutades (“A Rianxeira”,”A saia da Carolina”, etc)
“RECOLLEITA
POESÍA GALEGA”
Todo un éxito, tanto da vosa participación, coma das “consecuencias”: tódolos días nas aulas lemos poesía, de moitos xeitos e cores. Que saibades que a máis repetida foi ...Rosalía de Castro.
“CONTAMOS
CONT@DOS”
O anterior curso xa estivemos mergullados neste proxecto, como sabedes, con outros Colexios . Este ano , en vez de “producción escrita” tentamos facer unha “audiovisual” e o resultado foi un DVD que levades hoxe con “Tegriña”.
“AS
LETRAS GALEGAS”
Cántas cousas aprendemos de RAMÓN PIÑEIRO...Case que era un máis na clase ;de feito, nunha das aulas unha nena dixo na súa casa que tiña un novo compañeiro, e cando lle preguntaron como se chamaba e o dixo...sospeitaron un chisquiño.
Tamén aprendemos moitas cousas de Galicia: a súa bandeira, as cidades, comidas, costumes, illas...No nos cansamos de aprender. (E de comer, porque a bica que fixemos estaba riquíííííííísima).
E para xogar nas vacacións: 6 maneiras de botar sortes Pavís, pavós a filla do rei casada con vos escoller en vós. Un gato caíu nun pozo as tripas fixeron “gua” arre moto tipi topo arre moto tipi ta salvadiño estás.
Unha mazá podrida 1, 2, 3, saída unha mazá sandada 1, 2, 3, salvada. Pelo, gato vintecatro un, dous tres, catro.
Nun café rífase un gato a quen lle toque o número catro 1, 2, 3, 4.