LUNS 25 MAIO Perú necesítanos! MARATÓN ORACIONAL Baixo o lema “Tiende la mano al hermano” tomaremos conciencia da situación que están a vivir outros nenos e familias “Divino Maestro” “MASTER CHEF” SOLIDARIO Como en anos anteriores os alumnos/as e as familias poderán contribuir coa campaña misioneira a través de postres e outros alimentos que poderemos degustar na tarde misioneira. Aqueles que queiran participar deben comunicarllo ó seu titor/a e traelos o luns 25 pola mañá. TARDE MISIONEIRA Dende as 15:30 horas ata as 17:30 horas podemos disfrutar de xogos, obradoiros, mercadillo, inchables, degustación gastronómica, cantina, ...
Este día suspéndense as actividades extraescolares excepto Guitarra.
O comedor e aula matinal funcionarán con normalidade.
MARTES 26 MAIO 9:30 HORAS Festival “Yo fui a EGB” para os alumnos MÉRCORES 27 DE MAIO 18:30 HORAS Festival “Yo fui a EGB” para os pais de E.S.O. e Ed. Infantil XOVES 28 DE MAIO 18:30 HORAS Festival “Yo fui a EGB” para os pais de Ed. Primaria.
Os alumnos entran pola porta de sempre ás 18:15 h. e rematado o festival, as familias recollerán ós seus fillos pola porta que acostuman. Os alumnos non poderán asistir ao festival de pais; Os irmáns que non teñan outra posibilidade serán atendidos por persoal do centro mentres os pais estean no festival.
DOMINGO 31 MAIO
A ANPA e o claustro de profesores convídanvos a participar no tradicional Día da Familia que este ano terá lugar nos Milagros. A recepción será ás 11:45 horas e a Eucaristía será ás 12:00 horas. A partir das 16:00 horas haberá xogos organizados pola ANPA. Cada familia levará a súa comida. Poderanse anotar na portaría do colexio ata o xoves 28 de maio inclusive.
Agradecémosvos, outro ano máis, a vosa participación e colaboración solidaria.