Guieiro 2015 2016

Page 1

Colexio Plurilingüe "Divino Maestro" Ourense Infantil Primaria Secundaria

Rúa Madre Soledad de la Cruz, 1 32001 – Ourense Telf: 988 217 800 Fax: 988 511 215 E-mail: codimaou@mundo-r.com http://centros.edu.xunta.es/cprdivinomaestro



ÍNDICE OS FUNDADORES DO COLEXIO

4

A NOSA OFERTA EDUCATIVA

5

O MÉTODO EDUCATIVO

6

A COMUNIDADE EDUCATIVA

7

PROXECTO XERAL DO CENTRO

8

UN CENTRO PLURILINGÜE

10

UN CENTRO EN PASTORAL

11

ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS (AMPA)

13

CLAUSTRO DE PROFESORES

14

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

16

DATAS DE ENTREGA DE NOTAS

17

ORGANIGRAMA

18

NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA

19

DEREITOS E DEBERES DOS ALUMNOS

22

CALENDARIO ESCOLAR

24

ACTIVIDADES CULTURAIS E FORMATIVAS

26

GRUPOS DIVINO MAESTRO

27

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

28

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

29

HORARIOS

30


OS NOSOS FUNDADORES Madre Soledad de la Cruz

Nace en Zamora o día 1 de febreiro de 1904. Crece á calor do amor dos seus pais Manuel e Paula. Soledad é unha nena ampla, sinxela, estudosa, alegre, delicada… Aos 16 anos sente o desexo de ser relixiosa e non dubida en dar este paso, ingresa coas RR. Escolapias. En 1941 coñece a Francisco Blanco Nájera, un tempo despois proponlle: - “Padre, ¿por que no hacemos una fundación para niños pobres?” O día 7 de decembro de 1944 este soño faise realidade. Morre en Madrid o 28 de outubro de 1965.

Francisco Blanco Nájera

Nace en Logroño o 24 de maio de 1889. Os seus pais Eduardo e Patricia. Francisco é un neno alegre, inquieto, con grandes dotes para a música. Aos 13 anos ingresa no Seminario e o 20 de decembro de 1927 é ordeado Sacerdote. Francisco foi un home coherente na súa vida, tiña un amor especial polos máis pobres e necesitados e o seu desexo era axudar para que nestes a semente do Evanxeo medrase e dese froito abundante. Morreu o 15 de xaneiro de 1952. Xunto coa Madre Soledad fundou as “RR. Misioneras del Divino Maestro”, as cales hoxe a través dos Colexios “Divino Maestro” fan presente o seu ideal por todo o mundo, “levar a luz da verdade e o lume do seu amor á mente e ao corazón de todos os homes” a través da Educación. 4


A NOSA OFERTA EDUCATIVA Nunha sociedade pluralista o noso centro trata de ofertar unha educación integral, conforme a unha visión humana e cristiá da vida baseada nos valores do Evanxeo. Queremos: 1. Mellorar a calidade educativa tendo en conta os catro piares da escola:    

Aprender a coñecer Aprender a facer Aprender a convivir Aprender a ser

2. Desenvolver a dimensión transcendente na vida dos nosos alumnos, segundo o Evanxeo de Xesucristo “Divino Maestro”, favorecendo o ideal da educación cristiá: “a reprodución de Cristo no educando”. 3. Fomentar o respecto, o esforzo, o sentido crítico, a solidariedade e a liberdade dentro do marco dunha convivencia agradable. 4. Potenciar a adquisición das técnicas instrumentais que posibiliten a aprendizaxe por si mesmos “aprender a aprender”. 5. Facilitar a todos os alumnos a asimilación dos contidos básicos de cada un dos niveis ou cursos. 6. Propiciar a aprendizaxe no amplo campo da cultura humanística, científica e artística. 7. Dar canle de participación efectiva e activa entre Escola e Familia, ao servizo do educando, centro da escola e da familia. 5


O NOSO MÉTODO EDUCATIVO 1. A través dunha acción titorial personalizada e en grupo axudar ao alumno a abrirse ao mundo dos valores que constrúen as persoas dende dentro e as fan de verdade máis valiosas. 2. Que os alumnos experimenten mediante a práctica e a teoría. 3. Fomentar a autoestima para facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento de relacións positivas consigo mesmo e cos demais. 4. Poñer especial interese no desenvolvemento das capacidades e na madurez intelectual, social, moral, afectiva e relixiosa. 5. Tender “pontes” para que o labor educativo Familia-Escola sexa eficaz e fecundo. 6. Cultivar no centro:  A cooperación activa do alumnado na dinámica educativa.  Un estudo diario e levar ao día as tarefas  Un aseo persoal, orde e limpeza na aula, corredores, patio… e o bo uso do edificio, material e mobiliario do centro.  A puntualidade ao centro e ás clases (non permanecer nos corredores ou outras dependencias do colexio).  Un trato correcto cos membros da comunidade educativa.

6


A COMUNIDADE EDUCATIVA Toda a comunidade educativa (pais, profesores e alumnos) colaboramos para conseguir un ambiente de: SINXELEZA,TRABALLO, LEDICIA, RESPECTO, SOLIDARIEDADE E LIBERDADE RESPONSABLE. Para isto decidimos asumir certos compromisos: Os profesores comprometémonos a:  Colaborar para facer realidade os principios do Proxecto Educativo.  Crear un clima adecuado para o desenvolvemento do proceso educativo dos alumnos e o logro dos obxectivos pedagóxicos. Os pais dos alumnos comprométense a:  Prestar apoio e colaboración á dirección do centro e aos profesores para facer eficiente o Proxecto Educativo. Os alumnos comprométense a:  Confiar nos seus educadores.  Levar aos seus pais toda a información que reciben.  Manter una actitude positiva ante o estudo e a normativa do centro.  Representar adecuadamente ao colexio nas viaxes, espectáculos, saídas culturais, competicións deportivas… e no seu comportamento diario.

7


OPCIÓN POR UNHA ESCOLA QUE TRANSFORME

INTEGRANDO FE – CULTURA PARA MELLORAR A SOCIEDADE 8


¿QUE? Construción social do coñecemento

¿QUEN? Entorno, mestres, alumnos, compañeiros de traballo; apoiados coa aportación de condutistas, cognoscitivistas, humanistas e construtivistas ¿DONDE? Na comunidade escolar, laboral, social, política, cultural ...

¿PORQUÉ? Facilita o desenvolvemento cognitivo

APRENDIZAXE COOPERATIVA

¿PARA QUE? Para desempeñar unha labor docente exitosa para o logro de aprendizaxes significativas

¿COMO? Mediante o uso de estratexias, apropiación de novos esquemas e eliminación de paradigmas.

9

¿CANDO? Intercámbianse puntos de vista, complementan ideas, solucionan problemas e existe unha retroalimentación ¿CANTO? Non é cuantificable, porque depende de moitos factores


UN CENTRO PLURILINGÜE O dominio de linguas estranxeiras, en concreto do inglés, implica a posibilidade de acceder a outras culturas e costumes ao mesmo tempo que fomenta as relacións interpersoais, favorece unha formación integral do individuo desenvolvendo o respecto cara outros países, os seus falantes e as súas culturas, e nos permite comprender mellor o idioma propia. Seguindo ao apartado referido ás linguas estranxeiras do RD/2007 do 29 de maio no que se fala de “preparar aos nosos alumnos para vivir nun mundo progresivamente máis internacional e plurilingüe” trataremos de preparar aos alumnos para que o uso da lingua inglesa sexa vehículo de comunicación con falantes doutras linguas e que entendan a importancia do uso deste idioma. Chegados a este punto, resulta lóxico que nun contexto cultural e social coma o que nos atopamos optemos pola vía de adecuación educativa máis salientable para garantir o máximo aproveitamento dos nosos alumnos, motivando un cambio de marca rexistrada: o noso Colexio pasa a ser un Centro Plurilingüe. Esta renovación responde a múltiples causas, unhas de carácter obvio e outras dun máis marcado carácter social. O propósito do equipo docente vai ser o de cumprir os obxectivos e as esixencias da sociedade na que estamos inmersos, preparando aos alumnos e alumnas para vivir nun mundo progresivamente máis internacional, multicultural e multilingüe á vez que tecnoloxicamente máis avanzado. Polo tanto, o noso principal desexo é acadar que os nosos estudantes, de todos os niveis, aprendan a amar e empregar con soltura a lingua inglesa, familiarizándose tamén coa cultura dos países anglofalantes e abrindo a súa mente a novos pobos, xentes e culturas, entendendo que moi a miúdo a lingua inglesa é o vehículo máis universal para acadar dito obxectivo. Como desde este centro non queremos que o carácter plurilingüe quede marcado somentes a título nominal, as medidas que se van a adoptar non fican na docencia de materias a priori afastadas do inglés (é o caso das materias de Plástica en EP e de Educación Física en Secundaria) e a súa impartición progresiva e en ascenso na lingua inglesa. No colexio cremos nunha visión global e non afastada dun contexto social cada vez máis esixente; por iso mesmo tomamos parte activa na consecución de titulacións que poden ser decisivas non só en canto a formación dos nosos alumnos senón con miras a una mellor integración no mundo laboral (Exam Preparation Cambridge). Como punto e seguido, somentes recalcar o feito de que o carácter plurilingüe responde a un desexo xa de lonxe manifestado e, ante o cal, o noso equipo docente só pode respostar con esforzo, interese e, sobre todo, ilusión. 10


UN CENTRO EN PASTORAL

DEJAD que los niños se ACERQUEN a mí (Mt 19,14)

“Para los obreros mi corazón y mis energías. Vosotros jóvenes sois mi esperanza y aliento” (F.B.N 206. 210)

Ven, Ven, Ven, Ven, Ven,

acércate… acércate… acércate… acércate… acércate…

a Dios. al colegio. a Francisco y Soledad. a los pobres. somos Iglesia.

VEN, ACÉRCATE 11


(ESTROFA) Vamos todos juntos al encuentro de Jesús Él nos espera y nos llama ¿Quieres acercarte tú? Sigue todos sus pasos Busca siempre el camino Pisa todas sus huellas Cristo siempre va contigo.

(ESTRIBILLO) POR ESO PONTE EN MARCHA Y EMPIEZA A CAMINAR. NO TENGAS MIEDO VEN A MÍ, LÁNZATE YA. COGE MI MANO NUNCA TE ABANDONARÉ DAME TU MANO

12


ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS O obxectivo da asociación de pais/nais é participar na marcha do Colexio a través dos representantes regulamentarios elixidos para os diversos órganos colexiados do mesmo. Colaboran co Colexio na realización e coordinación doutras actividades artísticas, culturais, formativas e recreativas para pais e alumnos. Xunta da A.M.P.A.:    

Presidenta: Secretario: Tesoreiro: Vogais:

Nieves Pereira Conde Manuel A. Delgado Iglesias Óscar López Iglesias Santiago Saco Rivera

Alberto González Gómez Mª Pilar Dorribo Castro Natalia Pernas Nogueiras Beatriz Paula González Patricia Fernández Rodríguez

 Representante da ANPA no Consello Escolar: Alberto González Gómez HORARIO DE ATENCIÓN A FAMILIAS NA ANPA 1º martes de cada mes

15:30 a 16:30 horas

13


CLAUSTRO DE PROFESORES EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 4º EI 5º EI 6º EI

TITORES Carmen Feijoo Rodríguez Lucía Constenla Fernández Héctor Vilas López

ATENCIÓN PAIS Luns de 16:30 a 17:30*

EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 1º EP 2º EP 3º EP 4º EP 5º EP 6º EP

TITORES Belén Vidal Rodríguez María del Carmen Campo Carreira Manuel Martínez Fernández Rut Chaves Iglesias Ledicia Estévez Couceiro Álvaro Cid Bragado

MATERIAS

OUTROS PROFESORES Fco. Javier Vázquez Fernández Educación Física David Manzano González Relixión, Ed.Cidad. María Luz Grande Blanco Pedag. Terapéutica Andrea Covelo Saavedra Música Carmen Nóvoa Torres P.T. e A.L. María Bobillo Fernández Inglés Marco A. Novelle Fernández Psicom. Arts Crafts Uxía Estévez Pateiro Diana Alonso Martínez Audición e linguaxe Natalia Taboada Francisco 14

ATENCIÓN PAIS Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 18:30 a 19:30* Luns de 16:30 a 17:30*

ATENCIÓN PAIS Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 15:30 a 16:30* Venres de 9:00 a 10:00* Venres de 9:55 a 10:50* Mércores de 16:30 a 17:30* Luns de 11:20 a 12:15* Venres de 12:15 a 13:10* Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 13:10 a 14:00*


EDUCACIÓN SECUNDARIA CURSO 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO

TITORES Concepción Vilachá Fernández María Luz Grande Blanco Patricia Borrajo Zon Salomé Vilachá Fernández

ATENCIÓN PAIS Martes de 13:10 a 14:00* Luns de 15:30 a 16:30* Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 16:30 a 17:30*

MATERIAS

OUTROS PROFESORES

ATENCIÓN PAIS

C.N., TCN, Infor., E.P.V E.P.V. Inglés, Lengua Cast. Música Educación Física

J. Florencio Pérez Campos Mª del Carmen Campo Carreira Marco A. Novelle Fernández María Teresa Rodríguez Vázquez Fco. Javier Vázquez Fernández Álvaro Cid Bragado Mª del Carmen Fernández Dopazo

Xoves de 13:10 a 14:00* Luns de 18:30 a 19:30* Luns de 11:20 a 12:15* Martes de 11:00 a 12:00* Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 15:30 a 16:30*

Apoio

* Previa petición de cita.

15


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Pretende potenciar a educación integral dos alumnos/as atendendo aos tres principios básicos da orientación: prevención, diagnóstico e intervención acadando a máxima implicación do profesorado e das familias no proceso educativo.

ORIENTADORA

ATENCIÓN PAIS

Mª Carmen Fernández Dopazo

AULA DE EDUCACIÓN ESPECIAL Pedagoxía Terapéutica Audición e Linguaxe Orientación

Luns de 15:30 a 16:30*

ATENCIÓN PAIS

Andrea Covelo Saavedra María Bobillo Fernández Diana Alonso Martínez Natalia Taboada Francisco Mª Carmen Fdez. Dopazo

Venres de 9:00 a 10:00* Mércores de 16:30 a 17:30* Luns de 16:30 a 17:30* Luns de 13:00 a 14:00* Luns de 15:30 a 16:30* * Previa petición de cita.

16


DATAS DE ENTREGA DE NOTAS EDUCACIÓN INFANTIL 1ª Avaliación

Luns, 14 de decembro

2ª Avaliación

Luns, 14 de marzo

3ª Avaliación e final

Xoves, 23 de xuño

EDUCACIÓN PRIMARIA Sesión de avaliación

Entrega de notas*

1ª Avaliación

Luns, 14 de decembro

Martes, 15 de decembro

2ª Avaliación

Luns, 14 de marzo

Martes, 15 de marzo

3ª Avaliación e final

Xoves, 23 de xuño

Luns, 27 de xuño

EDUCACIÓN SECUNDARIA Sesión de avaliación

Entrega de notas*

1ª Avaliación

Luns, 14 de decembro

Martes, 15 de decembro

2ª Avaliación

Luns, 14 de marzo

Martes, 15 de marzo

3ª Avaliación Luns, 20 de xuño Xoves, 23 de xuño Avaliación Final *As notas serán entregadas aos pais ou titores legais. Avaliación de Pendentes

Luns, 27 de xuño

Martes 12 e 19 de xaneiro. 1º parcial de pendentes. Martes 3 e 10 de maio. 2º parcial e final de pendentes. 17


ORGANIGRAMA CPR PLURILINGÜE “DIVINO MAESTRO” - OURENSE ENTIDADE TITULAR Misioneras del Divino Maestro

CONSELLO ESCOLAR

PRESIDENTE F. Javier Vázquez Fernández

DIRECTORA TITULAR Amalia Garabatos Vázquez ADMINISTRADORA Sheila González González

PAIS Nieves Pereira Conde Mª Teresa Bernárdez Canal Paula Varela López

DIRECTOR PEDAGÓXICO Fco. Javier Vázquez Fernández

P.A.S. Montserrat Gutiérrez Suárez Mª Ángeles Barreiro Lorenzo Mª Teresa Rodríguez Calzada

A.M.P.A. Alberto González Gómez

Y PEDAGÓXICA Mª del Pilar Rodríguez XEFE DEGarea ESTUDOS

Álvaro Cid Bragado

SECRETARIO J. Florencio Pérez Campos

COORDINADORES DE ETAPA COORD. DPTO. EDUC. RELIXIOSA Mª Luz Grande Blanco

Carmen Feijoo Rodríguez (Infantil) Ledicia Estévez Couceiro (Primaria) Patricia Borrajo Zon (Secundaria)

PROFESORADO Álvaro Cid Bragado Ledicia Estévez Couceiro Salomé Vilachá Fernández Héctor Vilas López AULA ED. ESPECIAL Andrea Covelo Saavedra ENTIDADE TITULAR Amalia Garabatos Vázquez Mª Carmen Campo Carreira Mª Luz Grande Blanco P.A.S. Montserrat Gutiérrez Suárez

EQ. DIRECTIVO COORD. PASTORAL ESCOLAR Mª Carmen Campo Carreira

GABINETE PSICOPEDAGÓXICO

DEPARTAMENTOS EQUIPOS DIDÁCTICOS

CLAUSTRO DE PROFESORES 18

TITORÍAS

ALUMNADO Vanessa Dos Santos Vides Álex Calviño Iglesias

AULA DE ED. ESPECIAL


NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA (Extracto da Normativa de Convivencia en vigor distribuída a toda a Comunidade Educativa)

Algunhas normas relativas aos pais 1. Coñecerán e atender a Normativa de Centro. 2. Atender as citacións do Centro. 3. Absterse de visitar e telefonar tanto os seus fillos como aos profesores durante as clases ou recreos sen causa xustificada. 4. Ter un comportamento correcto dentro do recinto escolar. 5. Velar polo rendemento académico dos fillos no estudo e na realización de tarefas revisando diariamente a axenda escolar. 6. Non desautorizar a acción dos profesores en presenza dos seus fillos. 7. Facilitar información veraz ao profesorado. 8. Colaborar co profesorado naquelas actividades para as que se solicite axuda. 9. Concertar cita previa para entrevistarse cos profesores. 10. Facilitar o cumprimento das obrigas dos seus fillos co Centro: puntualidade, orde, limpeza, hixiene persoal, vestimenta axeitada (o uso do chándal e camiseta do Colexio nas clases de Educación Física para todos os alumnos e nas saídas complementarias para os de EI e EP, así como o uso do mandilón do Colexio en EI) ... 11. Xustificar a ausencia e retrasos dos seus fillos por escrito. No caso de exames a xustificación deberá facerse antes do exame, exposición ou traballo. 12. Os alumnos non poderán saír do Centro durante o horario escolar sen autorización previa por escrito do pai/nai/titor, indicando quen é a persoa que ven a recollelos e que será identificada presentando o seu DNI e asinando o consentimento. 13. Os pais/nais/titores/as ou familiares non poderán asistir ás actividades programadas para os seus fillos, tanto dentro como fóra do Centro, sen autorización previa do profesor encargado de dita actividade ou da Dirección do Centro.


Algunhas normas relativas ao alumnado 1. Deberán ser puntuais nas entradas. 2. Non poderán saír do Centro durante o horario escolar. 3. A asistencia a clase é obrigatoria independentemente da participación dos alumnos na actividade programada polo Centro. 4. Nas horas de recreo os alumnos non deben permanecer nas aulas e corredores. 5. Non realizarán xogos violentos tanto na clase coma no patio de recreo, evitando agresións físicas, psicolóxicas ou o emprego de verbas malsoantes. 6. Non permanecerán fóra da aula durante as horas lectivas, agás expresa autorización do profesor. 7. Manteranse na aula unha actitude que permita o normal desenvolvemento da actividade lectiva, garantindo o dereito de estudo dos compañeiros e mailo dereito do profesor a desenvolver o seu traballo en óptimas condicións. 8. Entrarán e sairán das clases con orde, cedendo o paso aos máis cativos. 9. Respectarán a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da Comunidade Educativa, fóra e dentro do Centro. 10. Non se permitirán os teléfonos móbiles, aparellos electrónicos ou similares no Centro. Non nos facemos responsables da perda dos mesmos. 11. Durante as visitas fóra do Centro os alumnos seguirán as indicacións do profesor ou persoas responsables das mesmas considerando falta contraria a esta Normativa o deterioro ou dano causado durante a mesma. 12. Respectarán e participarán nas actividades organizadas polo Centro en relación a súa ideoloxía e carácter propio. 13. Coidarán o aseo persoal e traerán unha vestimenta axeitada: o uso do chándal e camiseta do Colexio nas clases de Educación Física para todos os alumnos e nas saídas complementarias para os de Infantil e Primaria, así como o uso do mandilón do Colexio na etapa de Infantil é obrigatoria. 14. Respectarán os materiais (mobiliario, ordenadores, proxectores, encerados…), dependencias e instalacións do Centro facendo un uso axeitado dos mesmos. 15. Estudarán e realizarán as tarefas programadas polos profesores cada día. 20


16. Cumprirán as medidas de corrección emanadas da aplicación do Regulamento de Réxime Interior (R.R.I.) Algunhas normas relativas ao profesorado 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10.

Actualizarse e perfeccionarse na súa profesión. Preparar adecuadamente as clases. Asistir con puntualidade ás clases e reunións para as que fora convocado. Vixiar ao alumnado no recreo, segundo as quendas correspondentes. Colaborar no mantemento e bo uso do material e instalación do Centro Respectar a personalidade de cada alumno, potenciando as súas capacidades. Non facer distincións entre os alumnos. Asumir as decisións do Claustro, do Consello Escolar e das autoridades educativas. Manter contactos periódicos cos pais/titores dos alumnos no horario establecido. Cooperar no mantemento da orde e disciplina necesarias para a actividade escolar. Aplicar a normativa de convivencia.

Como establece o RD 192/1998 do 4 de marzo do 1998 está rigorosamente prohibido fumar en calquera dependencia do Centro.

21


DEREITOS E DEBERES DOS ALUMNOS (R.D. 732/1995 do 5 de maio polo que se establecen os Dereitos e Deberes e as Normas de Convivencia dos Centros) Dereitos 1.

Á formación no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.

2. Á adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así coma de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos. 3. Á formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos. 4. Ao desenvolvemento harmónico da afectividade, da autonomía persoal e da capacidade de relación cos demais. 5. Á participación na mellora da calidade do ensino. 6. Ao fomento da súa capacidade e actitude crítica. 7. Ao respecto da súa dignidade e da súa condición social. 8. Á orientación escolar e profesional. 9. Á participación na vida do Centro.

22


Deberes 1.

Aceptar o carácter propio do Centro e as accións que o Colexio determine.

2. Asistir ás clases con regularidade e puntualidade. 3. Participar nas actividades orientadas ao desenvolvemento dos plans de estudio. 4. Respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades. 5. Seguir as orientacións do profesorado verbo da súa aprendizaxe. 6. Respectar o exercicio do dereito ao estudo dos seus compañeiros. 7. Respectar a liberdade de conciencia e as convicións relixiosas e morais, así coma a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da Comunidade Educativa. 8. Non discriminar a ninguén por razón de raza, sexo ou por calquera outra circunstancia persoal ou social. 9. Respectar e utilizar correctamente os bens inmobles e as instalacións do Centro. 10. Participar na vida e funcionamento do centro. 11. Deber de cumprir as normas de convivencia. 12. Deber de respectar ao profesorado e aos demais membros da Comunidade Educativa.

23


CALENDARIO ESCOLAR 2015/2016 SETEMBRO

1ª quincena 10, xoves 15, martes 2ª quincena 28, 29

Elaboración do Plan Xeral Anual Inicio das clases de Infantil e Primaria Inicio das clases de Secundaria Avaliacións iniciais e convivencia de alumnos ESO Reunión cos pais e entrega do guieiro

OUTUBRO

12, luns Do 12 ao 18 28, martes 30, venres

Día da Hispanidade* Campaña do Domund Lembranza da morte de Madre Soledad Día do Ensino*

NOVEMBRO

2, luns 9, 1O 11, mércores 12 e 13 25, mércores 29, domingo

Festivo autonómico sustitución Todos os Santos* Comisións de pais San Martiño * DIVINO MAESTRO (o 12 non haberá extraescolares) Día Internacional contra a Violencia de Xénero Comeza o tempo de Advento

DECEMBRO

Do 1 ao 11 6, domingo 8, martes 10, xoves 14, luns 15, martes 16, mércores 17, xoves 19, sábado

Conmemoración Estatuto de Autonomía de Galicia Día da Constitución Día da Inmaculada Concepción * Día Declaración Universal dos Dereitos Humanos Inauguración do Belén Cea do Pobre Festival Nadal (alumnos mañá e pais tarde ESO e EI) Festival de Nadal (tarde, pais EP) Inicio das vacacións de Nadal *

XANEIRO

7, xoves 18, 19 25, 26, 27 30, sábado

Reinicio das clases Comisións de pais Titorías grupais con pais Día Escolar da non Violencia e da Paz 24


FEBREIRO

1, luns 5, venres 8, 9 10, mércores 11, xoves

Lembranza nacemento de Madre Soledad Pasarrúas do Entroido Entroido* Mércores de Cinsa* (Inicio da Coresma) Imposición da Cinsa (Parroquia de Sta. Teresita)

MARZO

8, martes 7 ao 11 15, martes 18, venres 19, sábado 29, martes

Día Internacional da Muller Traballadora Semana da prensa Día Mundial dos Dereitos do Consumidor Motivación da Semana Santa Inicio vacacións Semana Santa* Reinicio das clases

ABRIL

7, xoves 18, 19 Do 18 ao 22 25, 26, 27

Día Mundial da Saúde Comisións de pais Animación á lectura. Día do Libro Titorías grupais con pais

MAIO

1, domingo 9, luns Do 9 ao 17 16, luns 17, martes 23, luns Do 4 ao 6 Por determinar

Día do Traballo Día de Europa Semana das Letras Galegas Día de libre elección* Día das Letras Galegas* Xornada Misioneira Excursión fin de etapa EP Festival Fin Curso (segundo as avaliacións Lomce)

XUÑO

5, domingo 22, mércores

Día Mundial do Ambiente Inicio das vacacións (EI, EP e ESO) Gradación de 4º de Ed. Secundaria Gradación alumnos de 6º de Ed. Infantil * Indica os días non lectivos

23, xoves

25


ACTIVIDADES CULTURAIS E FORMATIVAS EDUCACIÓN INFANTIL Animación á lectura Magosto Nadal Entroido

EDUCACIÓN PRIMARIA Encontros con Xesús Teatro en inglés Teatro Viario Animación á lectura Visita á Praza Abastos Almorzos saudables Policía Local Concello de Ourense Primeiros auxilios EDUCACIÓN SECUNDARIA Convivencias Ourense literario Ourense Etnográfico Catedral de Ourense Día da Paz Día das Letras Galegas Semana da Prensa

Día do libro Saídas culturais Excursión Fin de Curso Convivencias

Tren das termas Visita ao entorno

Coñece a túa cidade A.F. educo en valores Excursión Fin de Curso Saídas culturais Convivencias Parque de Bombeiros Día da árbore Horta interxeracional

Tren das termas Día do Libro Parque de tráfico Enerxías renovables Obradoiro astronomía Policía Nacional Entre fontes Excursión Fin de Curso Excursión Fin de Etapa

Teatro Concertos didácticos Tecnopole Depuradora Potabilizadora Empacadora de lixo Monte Invernadoiro

Excursión A Coruña Excursión Cambre Animación á lectura Excursión Fin de Etapa

* Esta relación de actividades programadas están sometidas a variacións en función das propostas expostas polo Concello, a Consellería de Educación e outras entidades colaboradoras. 26


GRUPOS DIVINO MAESTRO Obradoiros Saídas Xogos Convivencias Campañas

Oración Reflexión Desde os Grupos Divino Maestro queremos ofrecer aos nenos e nenas alternativas de formación, como medio de crecemento na Fe.

Xuntos podemos descubrir, compartir e vivir experiencias de amizade, solidariedade, xustiza e colaboración. 27


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES LUNS

15:30 16:30

ENGLISH (2º a 6º EP) TOY LIBRARY Music (4ºEI a 2ºEP)

MARTES 15:30 16:30

PINTURA (Anpa) (4ºEI a 2º EP) GDM (3º EP a 4º ESO)

16:00 17:30

BALONCESTO INF. (m/f) VI Instituto (1º-2º ESO)

MÉRCORES

15:30 16:30

TOY LIBRARY Workshop (4ºEI a 2ºEP) ENGLISH (2º a 6º EP) ENGLISH (ESO)

16:30 17:30

ENGLISH (1º EP) TEATRO (2ºEP a 4ºESO)

16:30 18:30

PINTURA (Anpa) (3º EP a 4ºESO)

16:30 17:30

ENGLISH (1º EP)

17:30 18:30

TEATRO (2ºEP a 4ºESO)

17:30 19:00

BALONCESTO ALEV. (5º a 6º EP)

17:30 19:00

BALONCESTO BENX. (1º a 4º EP)

17:30 19:00

BALONCESTO BENX. (1º a 4º EP)

19:00 20:00

GUITARRA (4º EP - 4º ESO e adultos) ENGLISH (Adultos)

19:00 20:00

GUITARRA (6º EI - 3º EP) XIMNASIA RÍTMICA (6ºEI-4ºESO) 19:30-20:30 ENGLISH (Adultos)

XOVES

VENRES

15:30 16:30

TOY LIBRARY (Sports) (4ºEI a 3ºEP) ENGLISH (ESO)

15:30 16:30

16:00 17:30

BALONCESTO INF. (m/f) VI Instituto (1º-2º ESO)

16:00 17:30

BALONCESTO INF. (m/f) VI Instituto (1º-2º ESO)

17:30 19:00

BALONCESTO ALEV. (5º a 6º EP)

17:30 19:00

BALONCESTO ALEV. (5º a 6º EP)

19:00 20:00

XIMNASIA RÍTMICA (6ºEI-4ºESO)

TOY LIBRARY (Computer) (4ºEI a 3ºEP)

Do 14 de setembro ao 10 de xuño (agás GDM)


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Acollida matinal e comedor escolar Todos os días de 7:45 a 9:00 horas e de 14:00 a 15:30 horas. Rede Abalar Proxecto Abalar en 1º-2º de ESO como resposta á integración das TIC na educación. Cambridge ESOL Exam Preparation Centre. Plataforma de comunicación coas familias A través de Esemtia información puntual dos aspectos dos nosos alumnos. Centro Promotor de Actividade Físico Deportiva Aposta polo deporte e a actividade física como medio fundamental no desenvolvemento integral dos nosos alumnos. Seguro Escolar “Mapfre” É voluntario para os alumnos. Cobre calquera accidente que poidan sufrir dentro do recinto colexial, ou en calquera actividade que sexa organizada polo colexio. Programa SI Proxecto de saúde integral para os alumnos de Educación Infantil impulsado e pola Fundación SHE (Foundation for Science, Health and Education) e o Concello. Biblioteca de alumnos Ofrecemos a posibilidade de préstamo de libros aos alumnos con carné.


HORARIOS Co fin de comezar as clases con puntualidade, a hora de entrada será sempre 5 minutos antes da fixada nos horarios.

Infantil e Primaria De 9:00 a 14:00 horas

Secundaria Mañá: de 8:05 a 14:00 horas Tarde do luns: de 15:30 a 17:20 horas

Plan de pendentes e reforzo ESO Martes de 16:30 a 17:30

DIRECCIÓN Luns: 16:30 a 17:30 e Martes: 9:00 a 10:00 horas Mércores: 9:00 a 10:00 horas Venres: 9:00 a 10:00 horas SECRETARÍA Luns: 11:15 a 12:15 horas Xoves: 11:30 a 12:30 horas Venres: 10:00 a 11:00 horas

XEFATURA DE ESTUDOS Luns: 12:15 a 13:15 horas Mércores: 12:15 a 13:15 horas Xoves: 13:00 a 14:00 horas Venres: 12:15 a 13:15 horas Xoves: 13:00 a 14:00 horas

30


31


50 anos sen Soledad … 28-10-1965

28-10-2015

… a súa obra segue viva 32


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.