OURENSE
75 ANIVERSARIO MISIONERAS DIVINO MAESTRO 1945-2020 Un 7 de decembro de 1944, baixo a idea sucinta “O Evanxeo é anunciado aos máis pobres”, Francisco Blanco Nájera e Madre Soledad de la Cruz fundan a “Congregación Religiosa de Misioneras del Divino Maestro e Cooperadores Seglares del Divino Maestro”. Eles sentiron a necesidade de que na Igrexa houbese unha dedicación especial ás clases humildes como remedio da descristianización crecente. Por iso, fundan una Congregación relixiosa para a educación e formación de nenos/as e mocidade, que lles lembra as circunstancias persoais que os propios fundadores experimentaron na súa propia infancia. Deste xeito, inician con grande decisión a gran Misión de formar a mente e mailo corazón dos homes e mulleres do mañá tendo como único modelo a Xesucristo, verdadeiro Mestre de todo educador.
Un 7 de decembro de 1944, baixo a idea sucinta “O Evanxeo é anunciado aos máis pobres”, Francisco Blanco Nájera e Madre Soledad de la Cruz fundan a “Congregación Religiosa de Misioneras del Divino Maestro e Cooperadores Seglares del Divino Maestro”. Eles sentiron a necesidade de que na Igrexa houbese unha dedicación especial ás clases humildes como remedio da descristianización crecente. Por iso, fundan una Congregación relixiosa para a educación e formación de nenos/as e mocidade, que lles lembra as circunstancias persoais que os propios fundadores experimentaron na súa propia infancia. Deste xeito, inician con grande decisión a gran Misión de formar a mente e mailo corazón dos homes e mulleres do mañá tendo como único modelo a Xesucristo, verdadeiro Mestre de todo educador. Nace unha Congregación dedicada totalmente a evanxelizar aos pobres por medio da docencia. A obra, fundamentalmente, estaría centrada en dous polos: o seguimento de Cristo e a súa irradiación entre os pobres. Este é o espírito legado polos Fundadores.
6
Educar é ensinar a vivir Cristo todo e en todas as cousas