Colexio Divino Maestro - Ourense
1. PARALELAS E PERPENDICULARES CON PLANTILLAS Observa como se colocan a escuadra e o cartabón para trazar paralelas e perpendiculares. Traza líñas paralelas e perpendiculares sobre os modelos, fai 10 liñas en cada modelo, crea ti ademáis outro ou outros modelos nos espazos libres da ficha.
1. PARALELAS E PERPENDICULARES CON PLANTILLAS - APLICACIร NS Primerio copia o modelo, se queres podes empregar lรกpices de cores. Despois, crea unha imaxe nova no rectรกngulo inferior.
2. ÁNGULOS CON PLANTILLAS Observa a medida dos ángulos das plantillas. Coloca a escuadra e o cartabón de diferentes formas para acadar outros ángulos mediante sumas. Traza liñas que formen coas rectas os ángulos que se indican en cada caso.
3. DISTANCIAS CO COMPÁS Observa como se trasladan as distancias co compás. Toma as medidas dos segmentos AB , CD e EF ,co compás e trasládaas. Traslada as distancias dos segmentos: AB a partir de A’, o CD a partir de C’ e o EF a partir de E’. Despois, traza circunferencias sobre a recta r, prestando atención a que todas teñan o mesmo radio.
3. DISTANCIAS CO COMPÁS - APLICACIÓNS Primeiro, copia o modelo trasladando distancias a partir do eixe de simetría. Despois, crea unha nova imaxe.
4. MANEXO DO COMPร S Observa como se trasladan medidas co compรกs sobre rectas na lรกmina 3. Aplica o mesmo procedemento para trasladar medidas co compรกs sobre curvas e circunferencias. Debuxa flores trasladando a medida do radio sobre unha circunferencia de radio 5 cm.
4. MANEXO DO COMPÁS - APLICACIÓNS Primeiro copia o modelo. Despois, crea unha imaxe nova. Observa os puntos nos que son secantes as circunferencias.
5. MEDIARIZ DE UN SEGMENTO Tómase co compás unha distancia mayor que a metade da lonxitude do segmento. Logo, con ese radio e facendo centro sucesivamente en A e en B, trázanse dous arcos que, ó cortarse, dan lugar ós puntos 1 e 2. A mediatriz é a recta é a recta que pasa polos puntos 1 e 2. Traza as mediatrices dos segmentos que se indican.
5. MEDIARIZ DE UN SEGMENTO - APLICACIÓNS Primeiro, copia o modelo. Despois, crea unha imaxe nova.
6. PERPENDICULARES CO COMPÁS 1. Tómase co compás unha distancia calquera e, con centro en P, trázase un arco que corta a recta en dous puntos (A e B). 2. Co centro en Q e un radio maior que a distancia entre Q e s, tázase un arco que corte a recta en dous puntos (C e D). En ambos casos trázase a mediatriz do segmento obtido (AB ou CD). Traza perpendiculares que polos puntos que se indican en cada caso.
1. PERPENDICULAR QUE PASA POR UN PUNTO P DA RECTA
2. PERPENDICULAR QUE PASA POR UN PUNTO Q EXTERIOR Á RECTA
7. PARALELAS CO COMPÁS Tómase un punto P da recta. Con centro en P e un radio calquera, trázase un arco que corte a r nos puntos 1 e 2. Co mesmo radio e facendo centro sucesivamente en 1 e en 2, trázanse outros arcos. Únense os puntos de corte. Traza paralelas, ás rectas s, t e v empreñando so o copás e a regra.
8. DIVISIÓN DE UN SEGMENTO EN PARTES IGUAIS Debúxase unha recta (r) que pase por un extremo do segmento e que forma un ángulo calquera con él. A partir de A, márcanse sobre r tantas partes iguais, de calquera lonxitude, como divisións queiramos. Únese con un segmento o último punto (C) con B. Finalmente trázanse as paralelas a CB polas divisións de r. Dividir o segmento AB en 5 partes iguais, o CD en 8 partes iguais e o EF en 9 partes iguais.
7. PARPALELAS CO COMPÁS – APLICACIÓNS. Copia o modelo no cuadro que tes debaixo de cada un. Ó remate emprega cores.
8. DIVISÓN DE UN SEGMENTO EN PARTES IGUAIS – APLICACIÓNS.
9. BISECTRIZ E TRAZADO DE ÁNGULOS DE 60º E 30º Bisectriz. Con centro en O e un radio calquera, trázase un arco, que cortará ós lado do ángulo en 1 e en 2. Con un radio maior que a distancia entre 1 e 2, faise centro en 1 e en 2 e trázanse dous arcos que darán o punto 3. Ángulo de 60º. Con centro en O e un radio calquera, trázase un arco, que cortará a r no punto1. Con centro en 1 e radio O1, trázase un arco, que dará o punto 2. Ángulo de 30º. Só hai que trazar a bisectriz do ángulo de 60º. Como exercico trazar: 1.A súa bisectriz. 2. Un ángulo de 60º. 3. Un ángulo de 30º.
BISECTRIZ DE UN ÁNGULO
ÁNGULOS DE 60º E 30º
9. BISECTRIZ E TRAZADO DE ÁNGULOS DE 60º E 30º - APLICACIÓNS Primeiro copia o modelo, Despois, crea unha nova composición. Podes empregar cores
10. HEXÁGONO E TRIÁNGULO EQUILÁTERO INSCRITOS Para debuxar o hexágono, faise unha circunferencia de radio r. A partir de un punto calquera da circunferencia, trasládase a medida do radio e obteñense os puntos 1, 2, 3, 4, 5 e 6 que son os vértices do hexágono. O triángulo obtense unido os vértices alternos do hexágono. Debuxa un hexágono e un triángulo equilátero inscritos nunha circunferencia de 4 cm de radio.
10. HEXÁGONO E TRIÁNGULO EQUILÁTERO INSCRITOS - APLICACIÓNS Primeiro copia o modelo. Despois crea unha imaxe nova, podes darlle cor para así acadar mellores efectos.
11. CADRADO E OCTÓGONO INSCRITOS Para trazar o cadrado, debúxase a circunferencia de radio r e dous diámetros perpendiculares. Os puntos A,B,C e D son os vértices do cadrado. Para debuxar o octógono, trázanse as mediatrices de dous lados contiguos do cadrado que, ó cortar á circunferencia darán os catro vértices restantes. Traza un cadrado e un octógono inscritos nunha circunferencia de radio 6cm.Pinta cada un de unha cor.
11. CADRADO E OCTÓGONO INSCRITOS - APLICACIÓNS Primeiro copia os modelos.
Ahora fai unha imaxe nova.
12. MÉTODO XERAL PARA TRAZAR POLÍGONOS INSCRITOS 1. Divídese o diámetro, AX, da circunferencia en tantas partes iguais como lados vaia ter o polígono (na figura nove). 2. Con centro en X e radio AX, trázase un arco que cortará á prolongación do diámentro horizontal en V. Trázase unha recta que pasa por V e pola segunda división do diámetro (punto 2). A distancia AB é o lado do polígono. Trazar un eneágono inscrito nunha circunferencia de 4 cm.
12. MÉTODO XERAL PARA TRAZAR POLÍGONOS INSCRITOS-APLICACIÓNS Copia o modelo. Observa que as estrelas teñen un aspecto diferente en función da orde en que se unan os vértices do polígono do que proceden (únenese deixando libre un vértice, dous, ou tres vértices libres).
Crea un endecágono (11 lados) inscrito nunha circunferencia de 5 cm de lado.
13. TRIÁNGULOS EQUILÁTERO, ISÓSCELES E ESCALENO En xeral, trázase un segmento que será o lado horizontal (AB). Despois, facendo centro sucesivamente en A e en B fórmanse co compás as lonxitudes dos outros dous lados, debuxando dous arcos que, ó cortarse, darán o punto C, e dicir o terceiro vértice do triángulo. Traza 3 triángulos, onde os lados teñan as lonxitudes que se indican.
l1
l1 l2
l1
l2
l3
14. CADRADO E OCTÓGONO DADO O LADO Cadrado. Debúxase un segmento AB de lonxitude l. Trázanse as perpendiculares a AB polos extremos. Trasládase sobre cada perpendicular a lonxitude l e obtéñense os vértices C e D. Octógono. Trázase o cadrado de lado l e as súas diagonais, debúxase a mediatriz de AB. Logo, con centro en x e radio xA, trázase un arco que cortará a mediatriz no punto O. O punto O é o centro da circunferencia que inscribe ó octógono de lado l. 1. Debuxa un cadrado de lado 3cm. 2. Debuxa un octógono de 3 cm de lado