O LIBRO ELECTRÓNICO
-Índice: 1ºIntrodución 2ºDefinición 3ºFuncionalidades 4ºA evolución do libro electrónico 5ºPorqué a xente opta por mercalo?
1ºIntrodución Un libro electrónico é unha versión electrónica ou dixital dun libro. Na ficción unha das mostras mais coñecidas é no filme 2001: Unha odisea do espazo de 1968, no que aparecen dous astronautas lendo un xornal nun dispositivo de lectura portátil.
Os primeiros dispositivos reais apareceron a mediados dos anos 80 coa popularización da informática, xa que un libro electrónico pódese ler nun PC, nunha PDA, nun portátil ou en calquera dispositivo cunha pantalla.Non obstante, por agora, o libro electrónico non conseguiu desbancar ó de papel.
2ºDefinición
O libro electrónico é un aparello portátil destinado primordialmente a lectura de textos nunha pantalla. Ten unha tecnoloxía baseada nos formatos e ferramentas dixitais pero moito máis simple ca dun ordenador. Está destinado a un público lector que precisa dun aparello máis lixeiro cun ordenador portátil ou tablet pero máis cómodo e funcional cun teléfono móvil ou smartphone.
Algunhas editoriais e librarías tradicionais están a desenvolver liñas específicas no sector do libro electrónico, e dicir, páxinas web onde podemos descargar libros a moi baixo prezo do seu real(o libro de papel) ou algúns podémolos atopar de balde.
3ºFuncionalidades As principais características son: ●
●
●
Dispositivo lixeiro e de tamaño pequeno. Visualización máis respectuosa para a vista.Por iso se fala de tinta electrónica. Almacenamento de grandes cantidades de obras.
●
● ●
●
Ferramentas para clasificar, buscar e organizar obras. Facilidades para marcar e organizar as páxinas. Posibilidade de visualización de texto a tamaños diversos. Autonomía da batería a dun ordenador portátil clásico. Algunhas marcas tamén posibilitan:
●
Orientar o formato da pantalla para ler de forma vertical ou horizontal.
●
Escoitar audios (musicais ou textuais).
●
Realizar anotacións.
4ºA evolución do libro electrónico Hai moitos dispositivos que se poden usar como lector de libro electrónico:PC, PDA, portátil,e, xeralmente calquer dispositivo con pantalla e memoria. Con todo, ao final da primeira década do século XXI comezaron a aparecer dispositivos cuxa función era servir exclusivamente como libro electrónico.
Estes dispositivos caracterízanse por ter un deseño que permite amular a versatilidade dun libro de papel tradicional. Así, buscouse movilidade e autonomía(dispositivos móbiles con baixo consumo de enerxía para permitir lecturas máis longas sen recarga), con pantallas grandes dabondo como para amosar documentos tradicionais(un A4 ou A5) e alto contraste mesmo baixo a luz do día. Neste contexto aparece a tinta electrónica, que ten un “efecto papel” que produce que o consumo de enerxía sea baixo porque só a precisa ao cambiar de imaxe na pantalla.
5ºPor qué a xente opta por mercalo? Moitos optan por mercar esta nova invención pola súa comodidade a hora de ler, polas simples rezóns de que ten moito menos peso ca un libro normal e esa dota tamén nos permite a facilidade de transportalo a calquera lugar desexado, por conexión a internet...
FIN
TRABALLO FEITO POR: ROSALÍA OTERO IRIA GÓMEZ MARÍA PEREIRA ANDRÉS BONOME IVÁN GONZÁLEZ DAVID GONZÁLEZ 1ºESO D 28/5/13