27 historias para tomar a sopa - Ursula Wölfel / Pablo Bernasconi

Page 1

para tomar a

Ursula W枚lfel Ilustraci贸ns de

Bernasconi


Unha vez un neno non quería tomar a sopa. A nai díxolle: «Voucha dar eu». Entón o neno respondeu: «Está moi quente!». A nai remexeu a sopa. Agora xa non estaba quente. Pero entón o neno virou a cabeza e repuxo: «Non teño fame. Non quero comer. Quero xogar». Daquela a nai empezou a contarlle un conto para que tomase a sopa.




•1 • A HISTORIA DA ÁRBORE DOS NENOS

Era unha vez unha nena que tiña un globo e o vento arrincoullo da man. «Para, para!» berrou a nena, e a árbore prendeulle o globo. A nena subiu a un banco, do banco subiu á árbore e agarrou o globo coas dúas mans. «Baixa!», berráronlle os outros nenos. Pero a nena respondeu: «Non podo baixar, que teño que agarrar o globo». Entón un neno gabeou pola árbore. «Baixa!», berráronlle os outros nenos. Pero o neno dixo: «Non podo, que teño que agarrar a nena, e a nena ten que agarrar o globo». Entón unha rapaza gabeou pola árbore. «Baixa!», volveron berrar os nenos. Pero a rapaza dixo: «Non podo baixar que teño que agarrar o neno, e o neno ten que agarrar a nena, e a nena ten que agarrar o globo». Entón un rapaz gabeou pola árbore. Primeiro colleu o globo e despois todos volveron baixar da árbore. 9



•2 • A HISTORIA DO PARRULO NOITÉBREGO

Unha vez un parrulo quixo saber como era a noite. Así que non se foi cos outros parrulos para o galiñeiro; sentou no prado e observou como ía escurecendo. Púxose o sol e saíron as estrelas. Era todo tan fermoso que quedou abraiado ollando para elas. Pero cada vez ía escurecendo máis. O ceo era inmensamente grande e o parrulo era moi pouca cousa no medio do prado. De súpeto apareceu vagarosa a lúa por detrás das montañas. O parrulo estaba asustado, quería botarse a correr pero a lúa estaba en todas as partes. Pechou os ollos, pero a lúa seguía estando alí. O parrulo botouse a correr para o galiñeiro berrando: «Cuá, cuá, cuá!». Entón chegou unha muller, riuse e meteuno no galiñeiro. 11


C O L E C C I Ó N

Un raposo que non atopa as escaleiras para baixar da torre, un saltalonxe e un saltaalturas que adoitan discutir, un osiño de peluche que consegue que o pinchopau se balancee, unha lebre orelluda que salvará ás súas compañeiras, un gato ao que lle encanta o flan, unha vaca que cansou de comer herba ou unha bolboreta que tiña medo a voar, son os habitantes destas vinte e sete historias cheas de tenrura que conseguen poñernos un sorriso.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.