Ursula Wรถlfel
Ilustraciรณns de
Neus Bruguera
1 A HISTORIA SOBRE AFIAR OS LAPIS
Unha muller tiña a intención de escribir un gran libro e, para iso, comprou un montón de papel, cincuenta lapis novos e un bo afialapis. A partir daquel día, o seu home e os seus fillos só falarían baixo e andarían na punta dos pés, pois a muller quería empezar a escribir o libro. Primeiro, preparou o papel e o lapis e, mentres tanto, pensaba na primeira frase. Despois, afiou outro lapis, pero aínda pensaba na primeira frase. A muller afiou ata o final os cincuenta lapis e outros sete mil cincocentos doce. Non tardou nin tres semanas e aínda non escribira a primeira frase, pero xa era a campioa do mundo en afiar lapis e saíu no xornal. 7
2 A HISTORIA DA FAMILIA QUE SEMPRE QUERÍA LEVAR A RAZÓN
Había unha familia que sempre estaba a rifar. Un día, foron pasear ao parque. Era inverno e, de súpeto, levantouse unha tormenta de neve. O pai dixo: «Pola dereita chegaremos antes á saída do parque». «Que disparate! –dixo a nai–. Temos que ir pola esquerda». «Estades tolos! –berrou a filla–. A porta está detrás nosa! Temos que dar a volta!» Detivéronse porque non se daban posto de acordo. Fíxose de noite, a tormenta ía a máis e cada vez ía máis frío. Os tres seguían a rifar e non se decataban de que se lles estaban conxelando os pés. Un garda foi cerrar a porta do parque. Viuse diante de tres bonecos de neve, e oíu que gritaban: «Dereita!». «Non, esquerda!». «Volvede!». As voces soaban apagadas. O garda asustouse tanto que volveu, correu para a casa e deixou a porta do parque aberta. Tivo que tomar sete copas de cana para tranquilizarse un pouco. Pola mañá, estaban os tres tesos e xeados. Agora vían que a porta estaba diante deles. Alegráronse de que ningún levase razón, pero soamente podían dicilo coa ollada. Nese momento, volveu o garda e viu os ollos dos tres bonecos de neve moverse. Así que non lle quedou máis remedio que volver tomar sete copiñas de cana. Despois, foi buscar a policía e os bombeiros. 9
C O L E C C I Ó N
Unha familia que non paraba de discutir ata quedar conxelada, un baño con tanta escuma que desbordará a bañeira, un levantador de pesos que levita, unha piruleta que engorda, unha enfermidade contaxiosa de nome «pips», ou un ser enigmático chamado Prantocox, forman parte destas «29 Historias disparatadas» que Ursula Wölfel nos ofrece. Con elas continúa a serie que iniciou coas «27 Historias para tomar a sopa» e as «28 Historias para rir».