A Vincent B.
Moitas grazas a Claudia Berger, responsable de ensino de chinés moderno na Universidade de Xenebra, pola súa colaboración.
Título orixinal: La naissance du dragon, 2006 © da edición orixinal: Éditions Philippe Picquier, 2006 © da tradución: Fernando Moreiras, 2008 © desta edición: Faktoría K de libros, 2009 Urzaiz, 125 baixo - 36205 Vigo Telf.: 986 127 334 faktoria@faktoriakdelibros.com www.faktoriakdelibros.com Impreso en C/A Gráfica, Vigo Primeira edición: xaneiro, 2009 ISBN: 978-84-96957-53-4 DL: PO 762-2008 Reservados todos os dereitos
O nacemento do
DRAGÓN
Historia, caligrafías e selos: Wang Fei Textos: Marie Sellier Ilustracións: Catherine Louis
Antano, hai xa moito tempo, nos días en que non existían os dragóns, os homes, as mulleres e os nenos da China cazaban, pescaban e vivían en tribos baixo a protección de espíritos benévolos.
Estes espíritos asemellábanse aos animais cos que vivían desde sempre. Os pescadores da beira do mar escolleran o peixe que escintila entre dúas augas.
Os habitantes das montaĂąas adoptaran o paxaro que tan ben sabe cazar cando estĂĄ preto das nubes.
Wang Fei criouse na China, e alí aprendeu a caligrafía. A escritura chinesa non ten segredos para el. El dinos: «O presente vén do pasado e do porvir. Eu busco o camiño entre os dous». A Marie Sellier encántalle falar de arte, e sobre todo aos nenos. Concibiu e escribiu numerosos libros en que as obras de arte nos fan soñar e viaxar. Vivindo e debuxando, Catherine Louis descubriu a China e nunca volveu ser a mesma. Segue a vivir en Suíza, mais nun recanto do corazón escolleu como fogar o remoto país dos dragóns.
O papel do libro que tes nas tĂşas mans contĂŠn polpa de bosques xestionados de maneira responsable, certificados de acordo coas normas do Forest Stewardship Council.