Un peixe é un peixe
Leo LionniCerca do bosque había unha lagoa. Alí, entre as algas, nadaban un peixiño e un cágado. Eran amigos inseparables.
Unha mañá, o cágado descubriu que durante a noite lle medraran dúas patas pequeniñas.
–Mira –dixo orgulloso–, xa son unha ra! –Que parvada! –dixo o peixiño–. Como vas ser unha ra se onte eras un peixe coma min!
Discutiron e discutiron ata que finalmente o cágado dixo: –Unha ra é unha ra e un peixe é un peixe. As cousas sonche así!
ISBN 978-84-1343-283-0
9 7 8 8 4 1 3 4 3 2 8 3 0