Filgueira Día das Letras Galegas 2015

Page 1

Xosé Filgueira Valverde

Cronobiografía 1906 1923 Creación do Museo de Pontevedra.

1927 1929

Secretario do Patronato do Museo de Pontevedra.

1940 1941

Membro numerario da Real Academia Galega.

1944 1946

Director efectivo do Instituto de Pontevedra

1959 1968

Xubílase como catedrático de Instituto.

1976 1982

Renuncia á dirección do Museo, do que é nomeado director emérito.

Morre o 13 de setembro de 1996.

1986

Nace en Pontevedra o 28 de outubro. O mesmo ano que inicia os seus estudos universitarios, participa na formación do Seminario de Estudos Galegos. Director do Museo de Pontevedra.

Director en funcións do Instituto de Pontevedra.

Convértese en alcalde de Pontevedra. Cesa como alcalde.

Conselleiro de Cultura de Xunta de Galicia.

1990 1996

Presidente do Consello da Cultura Galega.

1


Xosé Filgueira Valverde

2

Infancia e xuventude Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Seu pai era médico e natural de Mourente (Pontevedra) e súa nai, natural de Ugíjar (Granada). Segundo el, a súa lingua materna foi o andaluz. Algo que seguramente tivo relación coa súa escolla como profesor de lingua española, labor que desenvolveu durante 40 anos. O primeiro ano de ensinanza do instituto realizouno por libre. Foi no segundo ano cando se incorporou aos estudos presenciais. Foron profesores seus, entre outros, Losada Diéguez e Castelao. Na casa de Losada Diéguez participou nas Xuntanzas de Estudos Galegos. Á parte do ambiente de ciencia e humanismo que viviu na casa e no instituto, Filgueira refire tamén o influxo das clases populares, que lle aportan saberes da tradición oral. A ciencia, o humanismo e a tradición popular foron un bo caldo de cultivo para o seu incansable quefacer a prol da cultura galega. Na universidade, estudou Filosofía e Letras e Dereito, obtendo moi boas cualificacións.


Xosé Filgueira Valverde

3

Profesor Foi profesor axudante de literatura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra en 1928, conseguindo a cátedra en 1933. Dous anos máis tarde gaña por oposición a cátedra da mesma especialidade do Instituto Jaime Balmes de Barcelona, para pasar ao de Melilla e, o mesmo ano, ao de Lugo. En 1940, volveu a Pontevedra, ao instituto, que logo se chamaría instituto Sánchez Cantón, do que sería director desde 1946 ata a xubilación, en 1976. Cómpre salientar que, baixo a súa dirección, o instituto de Pontevedra estivo catalogado entre os mellores de España. Tamén foi pioneiro en introducir no centro o Gabinete de Psicoloxía e o deporte, no que destacaban no atletismo. Outra faceta era a musical: o instituto de Filgueira tiña un coro de voces mixtas que paseou toda España e varios países de Europa.


Xosé Filgueira Valverde

4

Seminario de Estudos Galegos O Seminario foi fundado en outubro de 1923, en Santiago de Compostela, por un grupo pouco numeroso de estudantes universitarios, entre eles Xosé Filgueira Valverde xunto a Lois Tobío e Fermín Bouza Brey. Xosé Filgueira Valverde estivo vinculado, desde os seus anos de estudante, ao Seminario de Estudos Galegos. Este grupo de mozos realizou varias xeiras de investigación por Galicia. Tiñan un proxecto ben artellado: estudo experimental, in situ, interdisciplinar e en equipo. Percorreron Galicia a pé, por duros camiños.

Retrato dos membros do Seminario

Ao longo dos trece anos de existencia da institución, Figueira asumiu moitas responsabilidades e tarefas de notable relevancia: → Secretario de información e correspondencia. → Censor → Secretario Xeral → Director da sección de Historia da Literatura → Logo foi nomeado director de honra da institución.


Xosé Filgueira Valverde

5

Museo de Pontevedra O Museo de Pontevedra é un dos proxectos máis destacados na traxectoria de Filgueira Valverde, no cal estivo totalmente implicado ao longo da súa vida. Este proxecto surxe pola iniciativa da Deputación Provincial, o 30 de decembro do ano 1927, presididida entón por Daniel de la Sota. Filgueira foi nomeado Secretario do seu patronato fundacional. Compoñíano tamén outras personalidades como Casto Sampedro, Castelao, Losada Diéguez, etc. Foi director do museo dende 1940 ata 1986, mais seguirá vinculado a este ata o momento da súa morte, no ano 1996. Algúns dos acontecementos máis importantes que teñen lugar no museo e nos que Filgueira Valverde está implicado son: - En 1942 comeza a publicarse a revista oficial do museo. - O 15 de agosto de 1954 inaugúrase o segundo edificio: “García Flórez”. - No ano 1958 crea a figura de Colaborador do Museo de Pontevedra, que actualmente segue existindo. - No ano 1977 publica diversos católogos do Museo de Pontevedra. O museo caracterizouse sempre por ser moi didáctico, incluso na actualidade. Así, os alumnos podían e poden colaborar dentro deste, feito imposible nun museo de estilo almacén, os máis habituais.


Xosé Filgueira Valverde

6

Vida política e Consello da Cultura Galega Político Ao longo da súa vida, desempeñou distintos cargos: ●

O día 10 de novembro de 1959, Xosé Filgueira tomou posesión como alcalde de Pontevedra, posto no que se mantivo ata 1968. Durante este período destacou pola defensa do patrimonio histórico, artístico e cultural de Pontevedra, pola participación nos plans de industrialización, especialmente no sector forestal e agropecuario, e pola proxección de Pontevedra cara ao exterior e normalización das súas relacións coa cidade irmá, Vigo. En 1982, foi nomeado Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.

Consello da Cultura Galega Axuda na creación do Consello da Cultura Galega e é elixido presidente en 1990, ano no que morreu o antigo presidente Ramón Piñeiro.


Poesía

Xosé Filgueira Valverde

7

En canto á poesía, dentro da tendencia neotrobadoresca, Filgueira Valverde publicou en 1941 as Seis Cantigas de mar “in modo antico” as cales foron a continuación natural do seu traballo como investigador da literatura medieval e como animador da súa recuperación e vivificación no marco do Seminario de Estudos Galegos.

Froito do seu esforzo foi a antoloxía Cancioneiriño de Compostela (1932), continuada en 1969 co Cancioneiriño Novo de Compostela. Nela deu entrada a cantigas medievais e a outros textos posteriores que fan mención á capital galega.


Xosé Filgueira Valverde

Narrativa e teatro Obras narra tivas: Obra ilustra da por Luís Pintos Fonseca e coa cube rta e contracube rta de C astelao (1925). Co nsta de 15 contos de extensió n breve, d irectos e escritos en primeira persoa, publicados nun libriño da editorial L ar co rubro do Seminario de Estudos G alegos. So n todas sinxelas e n ostálxicas h istorias de nenos de aldea e de cidade, de nenos pob res e ricos, de n enos fdalg os, etc. ue non Obra de 1927 q novela, chega a ser strutura mais supera a e . É o de conto breve o de poema simbólic da e Pontevedra ma da Moureira, o poe xente da dignidade ue son mariñeira no q es as máis important propios evocacións cós ivos. elementos narrat

Últi m 19 7 a e n t re g 1 a, nar , ao r a ti de vo Val e d ver i de. e Filg do de uei pro ra U n div s a f e s idi poé ixe par das tica te e Arti s: O n ca s st tr s n en o Ob as ra ald os, nom doiro eá n ean s, e dei Os r os .

e dend o t i r c s xa aba e t s dor, e a v e u o q n ias or in atral, p e t cenc e o i l t x x o e h t s e Este s da ende e r t p ermit n r a p o s s r , o auto 1932 nte, 5 an e 6 o m , e l r , ne lib ons á que o l omm a C c que if d e n o v i ó t i m a Crea ondic te c n e a nin l a m a c i x a n s u l ú expre veñan omo é un c n o r o n a d m e n t ro an poñe : Ag a result r i a e s r r n fa a xe e nova n i n til qu ú e ! m s e u d a meno aced anda é m r i n é s ó e e i l d c b u l o berro culpa a so r a t e aptad c s d e a t , e o Se d afect mar, texto o o r g r a A r e ula a peza calqu estim a , d e imar r d a a a i g d c a irman esen para a s o ideal. a í n r n a e u t n s a 6 2 lle m e da r aos s o a t i n escr os ne d a z re enxeb

8


Xosé Filgueira Valverde

Ensaio O ensaio foi o xénero no que Filgueira foi máis prolífico. Escribiu sobre historia, arqueoloxía, antropoloxía, literatura etc. En lingua galega, especializouse fundamentalmente no estudo da lírica medieval galego-portuguesa. Filgueira afirmou no seu discurso de entrada na Real Academia Galega: “Ningunha lírica do medievo románico mellora o número das nosas cancións; poucas poden ter comparanza con ela na fondura do sentimento e na gama dos seus xeitos expresivos.” As súas obras ensaísticas máis destacables en galego son as que se citan a seguir:

O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón Fernández-Oxea en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, T. IV, 1932, pp. 93-143. Lago González, Arcebispo galego (1934), 40 p, Pontevedra. Da épica na Galicia medieval, discurso de ingreso na RAG en 1941. A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980). O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta ( 1988), ISSN 0210-7791. Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (19251987), 1992, Galaxia, .[31]ISBN 84-7154-789-9 Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996), Santiago, Xunta, ISBN 84-453-1847-0.

9


Xosé Filgueira Valverde

Premios Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort (1961) Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (1964) Medalla de Ouro da Cidade de Pontevedra (1969) Premio da Deputación da Coruña (1973) Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra (1977) Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (1980) Medalla Castelao (1984) Premio Otero Pedrayo (1986) Premio Fernández-Latorre (1989) Premio Trasalba (1990) da Fundación Otero Pedrayo. Doutor Honoris Causa polas universidades de Santiago de Compostela e Vigo (1996) Premio Nacional de Historia de España (1998) Nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Pontevedra. (2007)

10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.