A ciencia como profesión 1

Page 1

CAMPUS TERRA - LUGO

XUVENCIENCIA NA AULA- 2019

A CIENCIA COMO PROFESIÓN Os científicos adoitan ser persoas curiosas, que lles gusta descrubrir cousas novas, pero ao mesmo tempo son excépticos á hora de crer algo do que non teñen probas. Son considerados frikis e moi intelixentes, pero sen vida social. Realizamos un estudio facendo dúas preguntas: Que esperas da tua carreira profesional e que podes ofrecer. Podemos observar diferencia nos resultados, non só entre homes e mulleres, senón tamén entre científicos e estudiantes. Na grafica que representa a elección dos científicos, a diferencia entre homes e mulleres non está tan marcada. Coinciden na primeira pregunta, sendo as 4 opcións máis escollidas polos dous sexos: “ter tarefas motivadoras”, “aprender continuamente cousas novas”, ter “flexibilidade á hora de organizar o traballo e a xornada laboral” e ter ‘liberdade para pór en práctica ideas novas’. Na segunda pregunta, solo cambian en duas das catro opcións máis escollidas. Coinciden na importancia da creatividade e da paciencia e perseveraza para ser un bo científico. Sen embargo, para as mulleres é mais importante o traballo en equipo e o pensamento crítico, mentras que para os homes é mais importante a habilidade matemática e a capacidade analítica e rapidez de percepción. En comparación coas opcións máis escollidas polos científicos, están os datos recollidos dos estudiantes, nos que tamén se pode observar unha diferenciación por sexos. As opcións máis escollidas polas estudiantes na primeira pregunta, foron aprender continuamente cousas novas (32%) , facer algo importante e contribuir á sociedade (48%), ter tempo para a familia e amigos (48%) e ter estabilidade e seguridade laboral (48%). Na primeira coinciden ambos os grupos (científicas e alumnas) dándolle importancia (83% das científicas), mentras que a segunda, ainda que non foi das máis escollidas polas mulleres científicas, si que tivo bastantes votos (32%). Sen embargo, as mulleres científicas non lle deron tanta importancia ás dúas ultimas (3,2% e 11,3% respectivamente). En canto aos homes, tamén hai diferencia. As opcións máis escollidas polos estudiantes nesta primeira pregunta foron ter tempo para a familia e amigos (59%), un bo soldo (50%), estabilidade e seguridade laboral (32%) e facer algo importante contribuindo á sociedade (28%). A ningunha destas opcións lle deron importancia os cientificos, contando a primeira cun 5,5% de votos, a segunda e a terceira cun 9%, e a cuarta cun 34% (neste caso máis que a valoración dos estudiantes)

IES PERDOURO

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
A ciencia como profesión 1 by Karina Parga - Issuu